CD As Pontes Feminino

CATRO MEDALLAS PARA O GRUPO XUVENIL NO CAMPIONATO GALEGO DE PISTA DE VETERANOS

O equipo pontés de piragüismo logrou dous ouros, unha prata e un bronce. 

Esta pasada fin de semana celebrouse en Verducido, en Pontevedra, o Campionato Galego de Pista para Veteranos e cara aló se desprazou o Grupo Xuvenil con catro deportistas.

Jose Ángel Pico, Jose Antonio Menéndez, Ernesto Gancedo e Antonio Polo lograron o ouro no K4 1000, dándose o luxo de quedar por diante do Ría de Aldán, segundo, encabezado polo Campión Olímpico, Carlos Pérez Rial “Perucho”.

Antonio Polo foi tamén ouro no K1 1000, na orla de 40-44, sendo Menéndez sexto e Gancedo sétimo.
Jose Ángel Pico acadou a prata no K1 1000, entre 35 e 39 anos, nunha regata gañada por Jesús Rodríguez, de O Barco.

Por último, no K2 1000, Polo e Menéndez foron bronce, nunha proba gañada, esta vez si, polo Aldán de Perucho, e Pico e Gancedo acabaron na oitava posición.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O SILVA CONQUISTA A COPA RFEF

O equipo de Chus Cañizares será o representante galego nesta competición

O Silva coruñés conquistou a Copa RFEF a nivel de Galicia tras impoñerse na final ó Alondras por 2-1. No conxunto da Grela, ademáis do pontés Cañizares militan xogadores con pasado azul como Kata ou Callón.

A pesar de que o equipo de Cangas se adiantou pronto por medio do ex xogador pontés Aitor Díaz, un gol de Jacobo antes do descanso e outro de Cardelle preto do final déronlle a copa ó conxunto coruñés na final disputada en Santiago de Compostela.

Chus Cañizares saiu tralo descanso, e o xogador pontés, que debutou na segunda xornada, xa leva dous goles en só tres partidos nun equipo que actualmente marcha terceiro clasificado na Terceira Galega.

Para facerse co título o Silva tivo que desfacerse anteriormente de dous grandes equipos. En cuartos de final gañou 0-2 ó Bergantiños, actual líder da Terceira, e en semifinais 2-1 ó Cerceda, equipo que actualmente xoga na Segunda División B.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía Futgal

COPA DE GALICIA. O ESTEO FS – AD PRONE LUGO FS (4-2)

Triunfo de prestixio do equipo pontés ante un histórico do fútbol sala 

Triunfo de prestixio do Esteo pontés de Fútbol Sala 4-2 nos oitavos de final da Copa de Galicia ante o histórico Prone de Lugo.

O equipo lucense, antigo Azkar, militou 14 campañas na Primeira Divisón, ademáis de gañar a Recopa de Europa en 2006, e polo equipo pasaron xogadores como Fernandinho, Orol, Riquer, Marcelo, Adri, Dudu Morgado, Pipe ou Werner, entre outros moitos.

Comezaba adiantándose o conxunto pontés nunha xogada na que o tiro de Rober Paz supera ó defensa baixo paus do Prone (6´). Pero pouco durou a ledicia pois Javito lograba pouco despois bater de tiro raso a Jesús colandolle o balón entre as pernas (7´).

De aí ó descanso resaltar un tiro ó poste de Martín (10´) e outro ó longueiro de Villoria (18´), ata que faltando once segundos, nunha boa xogada de equipo, pasa Rober Paz a Ayala que chega só o segundo pau e pon o 2-1 antes do descanso (20´).

Saiu con todo o equipo lucense no segundo período, e no primeiro minuto, un tiro de Manuel María, é rexeitado por Jesús, con tan mala fortuna que rebota no corpo do xogador visitante que acaba quedando só e anotando a porta baleira.

Achuchou nestes primeiros instantes o cadro lucense, con varias boas intervencións de Jesús, ata que nun potente disparo de falta de Martín Otero, o Esteo voltaba a poñerse por diante (28´).

Antes de xogar con porteiro-xogador os visitantes resaltar un tiro ó poste de Javito (32´), e preto do final, tras varias ocasións dos locais, tras recuperar unha bola Martín en media pista cédella a Gerardo, que acaba marcando de tiro cruzado (38´) a sentenza e o pase do equipo pontés a cuartos de final.

FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Jesús, Juan Cruz, Héctor, Rober Paz, Ayala – cinco inicial – Dani, Martín, Gerardo, Gago.
AD PRONE LUGO FS: Sergio, Pablo, Manuel, Villoria, Manuel María –cinco inicial- Óscar Iglesias, Javito, Porto, Luis Longo, Castilla, Monín.
ÁRBITROS: Raquel Manteiga, Borja Moreira, Begoña López (Coruña-Ferrol). Amarelas a Jesús, Dani, Javito, Porto e Manuel María.
GOLES: Min. 6 (1-0), Rober Paz. Min. 7 (1-1), Javito. Min.20 (2-1), Ayala. Min. 21 (2-2), Manuel María. Min. 28 (3-2), Martín. Min.38 (4-2), Gerardo.
INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 5 – ATLÉTICO ESCAIRÓN 1

Goleada do As Pontes que se sitúa noveno con seis puntos

Contundente triunfo do As Pontes ante o Atlético Escairón por 5 goles a 1. Nun comezo de contrastes, puidose adiantar o cadro visitante no primeiro minuto cun gol de cabeza tras saque lateral de falta, anulado en fora de xogo dubidoso.

Foron sen embargo os locais os que case sentenciaron no primeiro cuarto de hora. Primeiro é o central Castro quen, nun intento de despexe, introduce o balón na súa porta (8´). Co porteiro descolocado, o balón bota tralo despexe, e acaba entrando polo escuadro.

Posteriormente Eloy cabecea dentro da área cara a Dani, quen incorporándose marca de forte disparo dentro da área pequena (10´). Despois é Ramos o que lle pasa o balón a Adrián Iglesias, e o xogador de Agolada, de costas a portería, e sen deixala caer, marca dun potente disparo que se cola poloa escuadro (15´) poñendo o 3-0 no marcador, e case establecendo a sentenza.

En pleno desconcerto visitante Ramos case consigue regatear ó último defensa, que finalmente logra despexar o balón e evitar que o xogador ferrolán se quedara só ante Javier (17´).

De aí ó descanso o xogo ralentizouse un pouco, pero houbo tempo para ver un centro dende banda de Adrián ó que non chega Eloy por pouco (30´) ou un bo tiro de Aitor no que Paco fai una gran parada (37´).

Preto do intermedio poñíanselle as cousas definitivamente de cara ós locais tras ser expulsado con vermello directo o visitante Iván González, supostamente por dirixirse en malos termos ó colexiado (42´). E puido chegar o cuarto nun cabezazo en plancha de Eloy ó lateral da rede (45´).

O segundo tempo comezou con grandes ocasións para os de Marco Roca. Nunha xogada entre Adrián e Ramos dentro da área, acaba rematando frouxo o xogador ferrolán (51´). Logo, un tiro cruzado de Alex marcha por pouco (52´), ou nun control perfectamente orientado de Eloy queda só de cara a porta, e o seu remate despexao milagreiramente Javier (55´).

Pero sen embargo, e a pesar de xogar cun menos, foron os visitantes os que nunha contra se prantan no borde da área, despexa Paco o tiro, pero chegando só ó segundo pau, o capitán Quiroguita marca de tiro cruzado a porta baleira (66´).

O tanto xerou algo de incertidume, ata que o recén ingresado Pardo se volve a marchar por banda dereita, centra preto da liña de córner, e Eloy dentro da área pequena marca un golazo de tacón sorprendendo ó gardamallas lucense (72´).

Co equipo vermello volcado no ataque puido chegar o quinto dos azuis. Nun xogadón de Pardo, que recorre toda a banda dereita, prantase só ante Javier, pero coa dúbida de si centrar ou rematar, acaba disparando frouxo (76´). Un bo pase cara atrás de Quique, tamén é rematado frouxo por Jaime en posición franca (80´).

Nos últimos minutos os azuis tamén xogaron con dez trala lesión de Chis, e ter os cambios feitos agás o do cancerbeiro Kiko. Non se notou a baixa, pois o quinto chegou tras un potente disparo raso do canteirán Dani Carballeira dende fóra da área (89´).

E puido caer a media ducia, xa que o propio Carballeira non atina a rematar de tacón co porteiro vencido (90´), nunha internada de Pardo por banda esquerda, o seu forte disparo despexao Javier como pode (92´), e cun disparo de Bossa por alto que case sorprende ó porteiro rematou o encontro (94´).

Sen tempo para celebracións, o As Pontes xa pensa en tentar conseguir os tres puntos a vindeira xornada en casa ante o Xallas. Os azuis son novenos con seis puntos e reciben a un conxunto que leva dous empates. Por riba destacan o Paiosaco, con doce puntos e pleno de vitorias, e con nove están Polvorín e Dubra.

5 CD As Pontes. Paco, Criado, Alex, Chis, Dani, Roberto, Ramos (Pardo 64´), Bossa, Eloy (Carba 79´), Fidi (Jaime 79´), Adrián Iglesias (Quique 64´)

1 Atlético Escairón. Javier, Aitor (Manu 67´), Leo (Couñago 62´), Iago, Castro, Iván, Carrasco (Carlitos 45´), Caio (Dafo 74´), César, Quiroguita, Pandiani (Basan 30´).

Goles: 1-0, Castro, en propia porta (8´), 2-0, Dani (10´), 3-0, Adrián Iglesias (15´). 3-1, Quiroguita (66´), 4-1, Eloy (72´), 5-1, Carba (89´).

Árbitro: Rubén Reborido Rodríguez (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Sánchez Martínez e Juncal García. Amarelas a Roberto, Pardo, César, Iago e Couñago. Expulsado Iván González con vermella directa (42´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde encapotada. Antes do comezo do encontro gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Jose Julio Franco, “Che”, ex directivo e delegado de diversos equipos de base, pai do directivo Jose Antonio Franco “Minchi”, e avó do xogador do xuvenil Jose María Franco “Chema”.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2017/18: RESULTADOS 15-16-17 / SETEMBRO /2017

Vitorias do Xuvenil, Cadete, Infantil e Alevín A

Vitorias do Xuvenil, Cadete, Infantil e Alevín A

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CULTURAL MANIÑOS SD – CD AS PONTES

Derrota do feminino 3-0 no inicio ligueiro ante o campión de todo o ano anterior, Liga, Copa, Copa Afaco e Fase provincial, a Cultural Maniños, tantos de Uxía, no primeiro período, e Bea e Cris no segundo.

Na vindeira xornada reciben ó Discalzas, equipo que debutou en competición oficial gañando nin máis nin menos que ó Racing de Ferrol, 3-2.

Xogaron Leti, Yoli, Uxía, Nerea, Indira, Noelia Ameneiro, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Yara.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª Fase (Grupo A)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES (1-6)

Contundente vitoria do Xuvenil 1-6 en San Sadurniño. No primeiro período Vilela, Cristian e Andrés adiantaban ós de Felipe Mieres, e pese a que Joel daba un pouco de esperanzas ós alaranxados despois do descanso, outros tres goles de Chema, Josiño e outro de Critian poñían o 1-6 definitivo.
Segundos cun 6 puntos e un encontró menos, reciben ó líder con pleno de tres vitorias, CD Narón A. Xogaron Meidán, Fraga, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Óscar, Chema, Cristian, Xose e Andrés, entrando no segundo tempo Carlos, Lino, Alex, Dani e Jose.

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª Fase (Grupo A)
CD AS PONTES – EFB AMISTADE DE MEIRÁS “B” (12-0)

Vitoria do Cadete, e segunda goleada, 12-0, ante o Amistade de Meirás. Son quintos con 6 puntos, antes de visitar ó Ortigueira, oitavo con tres.
Xogaron Andrei, Eyob (1), Xavi (1), Alejandro, Antonio, Santi (1), Adrián (1), Xoel (1), Vicente (4), Xan (1) e Joan (2), entrando despois Mohamed, Iván, Juan e Dani.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª Fase (Grupo A)
CD AS PONTES – SDCR NARÓN O FREIXO (2-1)

Debutou o Infantil con vitoria 2-1 ante o Narón O Freixo. No comezo do segundo tempo anotaron Samuel e Xoel Purriños, e aínda que Adrián recurtou distancias os de Rivas sacaron os tres puntos.
Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Carlos, Samuel, Mario Fraga, Xoel, Hugo Blanco, Sergio, Jandro e Diego, entrando despois Íker, Hugo Bouza, Ángel, Iago e Luis.

CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
CCRD PERLÍO “B” – CD AS PONTES (3-14)
CD AS PONTES “B” – CEDEIRA SD “B” (2-7)

O Alevín A estreouse con unha contundente vitoria en Perlío 3-14. Anxo Blanco (4), Xandre Fernández (3),Israel Varela (2), Sergio Vázquez, Antón Varela, Diego Lozano, Bruno Picos, e un en propia meta. Na vindeira xornada reciben ó Ortigueira, que perdeu 1-6 co Racing de Ferrol C.
O Alevín B pola súa banda debutou con derrota 2-7 ante o Cedeira B, tantos de Nicolás Meizoso e Yeray Paz. Na vindeira xornada visitan ó Galicia de Mugardos A, que nesta xornada descansou.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s