CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 29-30 SETEMBRO/1 OUTUBRO

O CD As Pontes visita ó Castro nesta sexta xornada

O As Pontes visita esta fin de semana ó Castro, equipo co que coincidiou a tempada pasada na Terceira División, 2-1 en Lugo, 1-1 no Poboado. Ambos conxuntos tamén se enfrontaron esta pretempada, con resultado de empate 3-3.

Con apenas 7 puntos, e a seis dos postos de cabeza, o As Pontes precisa sumar ante o Castro e despois vencer na visita do Ordes, para non quedar descolgado.

O Castro está cos mesmos puntos, pero chega con mellores vibracións, non en van, veñen de vencer 0-1 ó San Tirso, campo no que os azuis perderon por un contundente 3-0.

PREFERENTE
CD CASTRO-CD AS PONTES (DOMINGO 1, 12:00)

FEMININO
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA (SÁBADO 30, 17:00)

XUVENIL
FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES (SÁBADO 30, 18:00)

CADETE
CD AS PONTES-MEIRÁS CF (VENRES 29, 18:15)

INFANTIL
CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (SÁBADO 30, 11:30)

ALEVÍN
EFR FERROL C – CD AS PONTES A (MÉRCORES 27, 17:30)

BENXAMÍN
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES A (VENRES 29, 18:00)
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES B (SÁBADO 30, 10:00)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-NARÓN O FREIXO B (VENRES 29, 18:00)
CULTURAL MANIÑOS-CD AS PONTES B (SÁBADO 30, 12:10)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS-CU OURENSE COOSUR B.

O equipo pontés inicia a Liga este sábado ás 16:30

Esta fin de semana comeza a Liga na Segunda Territorial Galega de Rugbi de cara á nova tempada 2017-18.

Os verdes teñen os mesmos rivais do ano pasado, o campión Crat A Coruña B, e o terceiro, e equipo que eliminou ós ponteses nas semifinais, Zalaeta de Arteixo. Tamén o Santiago, cuarto, Vigo B, quinto, Ourense B, sexto, e Barbanza, sétimo.

O equipo pontés do Fendetestas inicia a súa andaina este sábado no Monte Medulio, recibindo ó Ourense B.

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA (1ª Xornada)
CR FENDETESTAS-CU OURENSE COOSUR B
SÁBADO 30 – SETEMBRO – 2017 (16:30)
CAMPO MONTE MEDULIO

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s