CD As Pontes Feminino

ALVARIÑO CAE NA FRECHA DE DESEMPATE ANTE O RUSO BALDANOV

Pablo Acha foi o mellor competidor español tras alcanzar a cuarta rolda

O pontés Miguel Alvariño García caeu na frecha de desempate na rolda de dezaseisavos de final no Mundial de México ante o ruso Arsalan Baldanov.

O duelo foi moi disputado. O ruso gañou o primeiro set 25-27, e Miguel o segundo 29-28. Tras empatar o terceiro 28-28, ambos repartíronse o cuarto (29-28) e quinto (28-29).

Na frecha de desempate fixeron un nove, pero o do ruso algo máis próximo á diana, o que lle deu o pase aos oitavos de final.

Rolda que alcanzou Pablo Acha, tras vencer 6-2 ó alemán Florian Kahllund, e caer despois ante o holandés Steve Wijler polo mesmo marcador.

Precisamente o holandés, e o verdugo de Alvariño, pelexarán o bronce, mentres que polo ouro, Wei, de China Taipei, e Im, de Corea do Sur.

No feminino, a única española en competición, Mónica Galisteo, caeu na terceira rolda contundentemente ante a francesa Brianne 0-6, clasificando para disputar o bronce a estadounidense Brown, e Tan, de China Taipei, e polo ouro, a coreana Chang e a rusa Perova.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

MIGUEL ALVARIÑO AVANZA DÚAS ROLDAS NO MUNDIAL DE MÉXICO

Competirá nos dezaseisavos de final entre os 32 mellores

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García alcanzou neste mércores o acceso á rolda dos 32 mellores, dos 120 participantes, tras vencer nos seus dous envites.

Coa 25º mellor marca, Miguel cruzouse no primeiro enfrontamento con Nima Wangdi, de Bhutan, 88º da previa, ó que gañou por 6-2.

Na seguinte venceu 6-4 ó xaponés Sugio Tomoki, 40 da previa, nun duelo moi igualado, no que se adiantou o nipón no primeiro set, Miguel logrou o segundo, houbo sendos empates no terceiro e cuarto, e no quinto un 27-26 de Maikel deu o pase ós dezaseisavos de final nos que enfrontará ó ruso Arsalan Baldanov, oitavo da previa.

Moi ben tamén Pablo Acha, que gañou apuradamente 6-4 ó brasileño Marcelo Costa, e 6-4 tamén ó belga Nico Thiry, e competirá contra o alemán Florian Kahllund na seguinte rolda. Miguel Ángel Pifarre perdeu co xaponés Hideki Kikuchi 3-7.

Nas mulleres, a mellor foi Mónica Galisteo, que gañou 6-2 á india Saren, e 6-0 á locataria Valencia, polo que competirá en dezaseisavos contra a francesa Brianne.

Peor sorte tiveron as outras dúas españolas. Celia Castaños venceu a estonia Parnat 6-2, pero non tivo sorte na frecha de desempate coa china Cao Hui, 5-6. Alicia Marín non competiu na primeira rolda gracias a súa boa 19ª praza da previa, pero na segunda caeu ante a arxentina Leithold 1-7.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

XORNADA CALIFICATORIA E POR EQUIPOS NO MUNDIAL DE MÉXICO

Alvariño conseguiu a 25ª mellor marca da previa

O pontés Miguel Alvariño García debutou no Mundial que se está a disputar en México coas tiradas previas de 72 frechas, nas que ocupou a 25ª praza con 655 puntos.

Quedou a un só punto de Pablo Acha, que foi 22º con 656, e polo tanto será o representante español masculino na proba de Recurvo Mixto xunto a Alicia Marín. Undécimos, competirán contra o sexto, EEUU.

Lamentablemente Miguel Angel Pifarre só puido ser 96º con 619 puntos, o que lastrou moito a puntuación por equipos, e España foi decimosexta e última dos que calificaron á rolda final, nove puntos por diante de Ucraina e Gran Bretaña.

Tiveron que cruzarse con Corea do Sur, coa que perderon 6-2. Italia e Francia xogaranse o título, tras desfacerse nas frechas de desempate de Corea do Sur e Canadá, respectivamente, que pelexarán o bronce.

O equipo feminino español, que tiña a 12ª mellor marca, caeu 5-4 ante Xapón, quinto da previa. Corea do Sur e o locatario México loitarán polo ouro, e polo bronce China e China Taipei.

Alvariño enfrontarase ao representante de Bhután, Nima Wangdi, e de conseguir gañar, ao vencedor do duelo entre o xaponés Sugio e o romanés Iepuri.

De conseguir vencer estes dous duelos accederá aos dezaseisavos de final, entre os 32 mellores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

NOVO ADESTRAMENTO PARA SERGIO OTERO E DANI PAJARO

Terá lugar este mércores en Padrón

Os ponteses Sergio Otero e Dani Pajaro volven a ser convocados para un adestramento da Selección Galega sub18 que se levará a cabo este mércores día 18 ás 17:00 horas en A Escravitude (Padrón).

O Celta é o equipo con máis representantes, oito, mentres que con seis acuden Deportivo e Areosa.

Destacan o ex internacional sub16 Martín Rafael, e Mujaid Sadick, que estivo na preselección española para o Mundial sub17 que se está a disputar na India, ó que si acudiu o xogador de Oleiros Diego Pampín. Tamén o fillo do ex xogador celeste nos anos 90, Bajcetic.

A lista de 36 xogadores é a seguinte:

Real Club Celta de Vigo: Aldán Naval, David Álvarez, Ignacio Pego, Martín Rafael, Miguel Fernández, Raúl García, Sergio Carreira, Tiago Rodríguez
RC Deportivo de A Coruña: David Rojo, Jorge Valín, Julián Nieto, Kilian Molina, Mujaid Sadick, Pablo Brea
CD Areosa: Antón Guisante, Diego Saldaña, Pablo Lafuente, Pablo Expósito, Pablo González, Santiago Taboada
Racing Club de Ferrol: Alberto Rodríguez, Luis Rodríguez, Sergio Otero Pedre
ED Val Miñor Nigrán: Adrián Campos, Brais Martínez, Jovan Bajcetic
CD Lugo: Brais Vázquez, Jesús Gabarre, Martín López
Santiago de Compostela CF: Javier Armas, Jorge Tomé
Ural CF: Alejandro Pérez, Daniel Pájaro Otero
Coruxo FC: Mario Costa
Ourense CF: Pablo Novoa
Pontevedra CF: Santiago Garrido

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEIS PONTESES NAS SELECCIÓNS COMARCAIS

Para unhas xornadas que terán lugar o martes e o mércores

As seleccións comarcais sub15 e sub12 adestrarán este martes con seis ponteses nas súas filas.

As alevíns adestrarán na Gándara. O combinado feminino, con Patricia Adega e Andrea Cruz, ás 17:15, e o masculino, con Anxo Blanco e Xandre Fernández, ás 18:30, mentres o seleccionado feminino sub15, con Lucía Barro, faráo ás 18:15 no Campo do Pote, en Maniños.

Mentres, o combinado sub15 masculino, con Eyob Santamariña, terá este mércores ás 17:30 o seu segundo encontro de preparación no Campo da Gándara.

As convocatorias son as seguintes:

SUB15 MASCULINA

Racing Club de Ferrol: Adrián Martínez, Luis Dopico, Isaac González, Pablo Herba
Galicia de Caranza: Mateo Rey, Daniel Quintela, Elías González, Esteban Feal
Racing San Pedro: Kevin Alfredo, Andrés Santiago
CD Cariño: Erick Schulze, Alejandro Pena
Eume Deportivo: Roi Golpe
SD O Val: Iago Fernández
SRD Portuarios: Manuel Costoya
CCRD Perlío: Aarón Martínez
SD Rápido de Neda: Alejandro Piñeiro
CD San Sadurniño: Javier Vizoso
CD As Pontes: Eyob Santamariña

SUB15 FEMININA

EF Racing de Ferrol: Martina Soto, Nora Pérez, Martina Oliveira, Lucía Rivas
Galicia de Mugardos: Uxía Cabada, Elisabeth Gañán, Uxía García
Eume Deportivo: June Moreno, Ainhoa Tenreiro
SD O Val: Sara De La Fuente, Valeria Filgueira
CD Cariño: Ania Rodríguez, Lucía López
CCRD Perlío: Sofía Martínez, Sabela López
Galicia de Caranza: Aroa González
SCDR Narón O Freixo: Laura Testa
SCDR Ánimas: Alba Platas
SD Rapido de Neda: Alexandra Pérez
CD San Sadurniño: Clara López
UD Cebarca: Sofía Paz
CD As Pontes: Lucía Barro

SUB12 MASCULINA

EF Racing de Ferrol: Adrián Bouzas, Lucas Martínez, Lucas Castro, Nicolás Vilariño
Galicia de Caranza: Íker Castro, Hugo Guizán, Diego Miranda, Brais Varela.
CD Narón: Xabier Pita, Iván González
SD O Val: Héctor Rico, Bruno Fonticoba
SCDR Narón O Freixo: Sergio Prados, Bruno Gondar
CD As Pontes: Anxo Blanco, Xandre Fernández
Eume Deportivo: Yago Rojo
Galicia de Mugardos: Martín Veiga
Numancia de Ares: David Vilasánchez
SD Cedeira: Pablo Aneiros

SUB12 FEMININA

SRD Portuarios: Carmen Beceiro, Sonia Fernández, Claudia Cumbrao, Eva Montero
SCDR Narón O Freixo: Olivia Saavedra, María Díaz, Candela Gómez, Ana Díaz
Meirás CF: María Vázquez, Alba Cruz, Paula Rico
Galicia de Caranza: Sara Cerdido, Iria Pita
Galicia Mugardos: Clara Pérez, Sabela Romero
SD Cedeira: Yaiza García, Nuria Garrote
CD As Pontes: Patricia Adega, Andrea Cruz
AD Miño: Yaiza Salazar
FC Ortigueira: Clara Villar
CCRD Perlío: Uxía López
Amistade Meirás: Paula Martínez
CD Cariño: Claudia Pardo
SD O Val: Celsa Méndez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-CD ALBENSE FS (9-4)

O Esteo golea ó líder, con 9 tantos en 15 minutos, conseguindo o seu maior marcador na Segunda B

O Esteo pontés de fútbol sala goleou no día de onte ó que era líder da categoría con pleno de puntos, o Albense, de Alba de Tormes (Salamanca).

O partido en si resultou moi sorprendente, porque os visitantes chegaban con catro triunfos, mentres os ponteses apenas puideran derrotar ó que é colista da categoría, pero este sábado pasaron por riba dos de Salamanca, cun 5-0 ós oito minutos, e o 9-1 co que se chegou ó descanso, aos catorce.

Destacou o mítico Pana, que anotou 4 goles. No segundo tempo os de Javi saa, deixaronse levar, pensando xa no seguinte encontro, mentres os de Alba de Tormes, tentaron recurtar o marcador ata deixalo no 9-4 defintivio faltando catro segundos.

O Esteo é noveno con seis puntos, antes de visitar ó Ventorrillo, penúltimo con un. Os ponteses tentarán seguir sumando para alonxarse pouco a pouco dos postos de abaixo.

Este é o maior resultado do equipo pontés nas cinco campañas que leva na Segunda B. Anteriormente na Terceira División, o Esteo marcou nove ou máis goles en catorce ocasións.

Os ponteses anotaron doce goles ante, Melyde Eypar (12-2, 2012), Carballiño (4-12, 2012), Negreira Bar Arranca (6-12, 2009), e Automoción La Junquera (8-12, 2005).

Dez tantos lográronse ante Cidade de Viveiro (10-0, 2013), Redondela (2-10, 2009), e San Cristobo Arzúa (3-10, 2009).

Nove goles anotáronse ante Negreira Bar Arranca (9-0, 2008), Boqueixón (9-2, 2007), Irote Coton (9-3, 2006, e 4-9, 2005), Pazos de Borbén (9-4, 2012), Begasucegsa Fene (6-9, 2011) e Redondela (8-9, 2006).

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Martín, Héctor, Pana, Ayala – cinco inicial – Gerardo, Rober Paz, Ayrton, Gago, Andy, Dani.

CD ALBENSE FS: Miguel, Javier, Diego, Mora, Pablo – cinco inicial – Roberto, Sierra, Cristian, Borja, Moasin.

ÁRBITROS: Fernández Becerra, Darriba Villamor, Prados Caamaño (Lugo-Ferrol). Amarela a Dani e Pablo

GOLES: Min. 2 (1-0), Martín. Min. 3 (2-0), Ayala. Min.3 (3-0), Pana. Min. 4 (4-0), Pana. Min. 8 (5-0), Gago. Min.9 (5-1), Sierra. Min. 11 (6-1), Pana. Min. 11 (7-1), Pana. Min. 12 (8-1), Martín. Min.14 (9-1), Ayala. Min. 32 (9-2), Cristian. Min. 37 (9-3), Sierra. Min.40 (9-4), Diego.

INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Partido correspondente á quinta xornada de Liga, terceira na casa. Uns 200 espectadores.
Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE: CD AS PONTES 1 – BOIMORTO CF 1

O As Pontes empata in extremis ante un Boimorto recén ascendido

Mal partido do conxunto pontés, que empatou in extremis ante o Boimorto, que era o quinto clasificado pola cola, e ascendido de Primeira Autonómica.

Os locais dispuxeron das mellores ocasións no primeiro tempo, aínda que con certos despistes. Así, Rego perdeu un balón nunha acción finalmente solventada (4´), ou nun avance centra Figu e o balón pasease pola área local (5´).

Manu sacalle un balón a Eloy, que encaraba só, e tralo rexeite é Ramos quen remata e despexa un defensa (11´). Noutra xogada dentro da área, nin Eloy nin Quique atinan a rematar (19´).

Logo chegou un tramo de certo desatino dos locais, e un mal pase de Bossa acaba en córner (22´), unha perda de Chis acaba en remate sen oposición fora de Sergio (28´), ou nunha xogada na que quedaron sós ata dous visitantes acaba levando por diante Kiko a Nieto, e por sorte despexando cos puños (32´).

Aí chegaron os mellores minutos dos locais. Gran centro á área de Bossa, pero Adrián Martínez controla mal e remata escorado (34´). Chis cabalga só cara a portería dende o medio do campo, pero remata algo forzado e despexa o porteiro (35´). Nunha curiosa xogada con cabezazos cara atrás de Chis para Rego, e de Rego para Eloy, a cabezada do xogador coruñés desviao in extremis Manu cando xa se colaba (36´).

Cun remate de Chis que rebota no corpo dun defensa (41´), e co cambio de Adrián Iglesias polo lesionado, non de gravidade, Quique, remataba o primeiro tempo.

No segundo tiveron as ocasións máis perigosas os visitantes, con máis fondo físico que os locais, como xa acontecera ante o Xallas.

Nunha perda de Chis, achégase só Sergio ante o porteiro e dispara cruzado (57´). O lateral Corral incorporase ó ataque, remata, e despexa a córner in extremis Kiko tras desviar un defensa (62´). O propio cancerbeiro viveirense salva por pouco un remate tras saque de córner (63´).

Os minutos pasaban e os locais non daban sensación de perigo. Tras una perda de Dani, centra Kevin dende banda dereita, sacaa Kiko coa luva, o balón queda morto, pero afortunadamente estaba Rego para despexalo (78´). O propio Kevin centra despois dende banda esquerda, e o balón pasease pola área pequena sen atopar rematador (81´).

Os mellores destellos dos locais chegaron nunha internada por banda de Alex Cabarcos, que centra, e en posición franca, mandaa Ramos por alto (83´), tendo o propio xogador ferrolán unha anterior, que rematou de media volea ás mans do porteiro (80´). Preto do final, nunha contra, cédella Eloy a Ramos, que centra dende banda dereita, e chega Dani só ó segundo pau, pero remata fóra cando xa se cantaba gol (90´).

Pero foi no desconto cando chegaron os dous tantos. Coa metade dos xogadores azuis na área pequena, e a outra metade incorporada ó ataque, tras un córner, o balón quedalle morto ó ex xogador local Samu, e como xa acontecera con Marcote, no borde da área, e, sen oposición, marca de forte tiro cruzado pegado ó pau (93´).

Pero, este tanto sentoulle algo mal ós vermellos, que se defenderon máis ou menos ben todo o partido, pero despistáronse algo nos tres minutos máis que prolongou o colexiado, e tras varias chegadas dos azuis, Adrián Iglesias, remata por dúas veces na área visitante, tras rebotar o balón nun defensa, e acaba marcando de forte disparo a media altura a igualada definitiva, que non sastisfizo ós visitantes, nin moito menos á parroquia local.

Un As Pontes moi lonxe dos postos de ascenso que marcan Paiosaco (22), e Arzúa (18), visita con 14 puntos a vindeira semana ó Outeiro de Rei, terceiro pola cola.

1 CD As Pontes. Kiko, Adrián Martínez, Alex, Rego, Dani, Chis, Quique (Adrián Iglesias 41´), Bossa, Eloy, Fidi (Carba 66´), Ramos.

1 Boimorto CF. Manu, Corral, Pose, Joseba, Nacho, Sergi, Andrés (Samu 84´), Luismi, Nieto (Numa 68´), Sergio, Figu (Kevin 77´).

Goles: 0-1, Samu (93´), 1-1, Adrián Iglesias (96´).

Árbitro: Alejandro Vázquez Méndez (Lugo). Auxiliado nas bandas por Pérez Rodríguez e Seijas Rodríguez. Amarelas a Eloy, Chis, Adrián Martínez, Adrián Iglesias, Manu e Corral.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores, moitos visitantes, en tarde soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 20-22 OUTUBRO

Vitorias de Feminino, Xuvenil, Cadete, Infantil, Benxamín B e Prebenxamín A

FEMININO
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES (2-3)

Primeira vitoria a domicilio da campaña do feminino, que derrotou 2-3 ó Mugardos. Xeila adiantaba no primeiro tempo ás azuis, e pese a que no comezo do segundo tempo Inma empataba, dous tantos de Carlota e Paula Baamonde poñían o 1-3 que recurtaba Sheila, a dez minutos do final.

Pero o marcador non se moveu e as de Julio Montero son sétimas con 10 puntos antes de recibir ó Cebarca, undécimo.

Xogaron Leti, Andrea Pita, Carolina Paz, Indira, Noelia Ameneiro, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Lucía.

XUVENIL
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (2-5)

Oitava vitoria do equipo xuvenil, nesta ocasión en Neda, 2-5. Un tanto de penalti de Josiño e dous goles de Cazás, poñían o 0-3 antes do descanso, pero na reanudación David e Joel recurtaban distancias. No tramo final, Cristian e Óscar, poñían o 2-5 definitivo.

Con 24 puntos e a clasificación a semifinais de Copa garantizados, reciben ó Cedeira, noveno, e rematan esta primeira fase co Perlío, terceiro.

Xogaron Lino, Carlos, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Óscar, Chema, Cazás, Xose, Alex Barro, e despois Cristian, Fraga, Jose, Meidán e Antón Paz.

CADETE
CD AS PONTES-CD NARÓN A (3-1)

Boa vitoria do cadete ante o narón, 3-1. Adiantáronse os de Ruben pardo con tantos de Jandro e Vicente, e a pesar de recurtar distancias Iago, outra vez Vicente preto do final sentenciaba a vitoria e os tres puntos.

Son terceiros con 21 puntos, a tres de San Pedro e seis de Ánimas. Quédalles visitar ó Miño, noveno, e recibir ó Narón O Freixo, undécimo.

Xogaron Juan, Adrián, Xavi, Eyob, Antonio, Nono, Jandro, Santi, Vicente, Xan e Joan, entrando despois Andrei, Alejandro, Xoel, Mohamed e Iván.

INFANTIL
CD AS PONTES-ÁNIMAS SCDR (2-0)

Boa vitoria do Infantil 2-0 ante o Ánimas, goles no segundo tempo de Samuel Seco, e Xoel Purriños preto do final.

Xogaron Hugo Bouza, Eloy, Xose, Anxo, Samuel, Mario, Xoel, Hugo Blanco, Sergio, Diego, Luis e Íker, Francisco, Ángel, Iago e Mateo.

Lideran con 15 puntos xunto a Rápido de Neda e Portuarios, e con 13 os ferroláns. A próxima xornada reciben ó cariño. Quinto con dez.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA (1-2)
GALICIA DE MUGARDOS B-CD AS PONTES B (4-1)

Derrota do Alevín A 1-2, gol de Carlos Villasuso, ante o líder o Galicia de Caranza, que se adiantou por dúas veces. Baixan á cuarta praza con 13 puntos, a dous de Cariño, ó que visita a vindeira xornada, e Ferrol C e a cinco do equipo que pasou hoxe polos Campos do Poboado.

O Alevín B perdeu 4-1 co Galicia de Mugardos B, tanto de Miguel Dopico, e recibirá ó CD Narón B no encontro entre os dous equipos aínda sen puntuar.

BENXAMÍN
SD O VAL-CD AS PONTES A (2-2)
CD AS PONTES B-SD CULTURAL MANIÑOS B (10-1)

O Benxamín A empatou 2-2 co Val, e fíxoo por dúas veces, goles de Almahdi Belhaj e Xoel Vigo, dado que os valexos se adiantaron 1-0- e 2-1. Ambos equipos chegaban a este encontro con pleno de triunfos, que agora só ten o líder Caranza B, con 18 puntos, por 16 de As Pontes, que descansa a vidneira xornada, e 13 de Ánimas e O val.

Primeira vitoria, e contundente, do Benxamín B, que gañou 10-1 á Cultural Maniños B, goles de Xalo Cebreiro (3), Naul Súarez (3), Nacho Villasuso (2), Xandre Domínguez e Felipe Riveira. Cos seus tres primeiros puntos na vindeira xornada reciben ó colista sen puntuar O Val C.

PREBENXAMÍN
CEDEIRA SD B-CD AS PONTES A (1-13)
CD AS PONTES B (Descansa)

O Prebenxamín A gañou 1-13 ó Cedeira B, goles de Xoel Galego (4), Yago Romero (2), David Otero (2), Mario Lozano (2), Xalo Cascudo, Brais Varela, Martín Laherrán, e líderes con 12 puntos descansan na vindeira xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2017-18

O Mav Abogados continúa de líder, seguido de preto por Muebles Eume e La Galaxia

Cuarta xornada da Liga de Veteranos na que o Mav Abogados segue poñendo terra de por medio, tras gañar á Cepa por 3-0. Muebles Eume e La Galaxia tampouco perden comba, pese a gañar apuradamente ó Bar Jardín, 1-0, e As Pontes 74, 3-2, respectivamente.

O Mav Abogados suma doce puntos, Muebles Eume e La Galaxia nove. Con seis están Bar Jardín Lecar 712 e Galiorient, e con catro Farmavida, As Pontes 74, e A Cepa. Tres puntos ten MMYPEn e con un Electricidad J&O.

Na táboa de goleadores están empatados Tomás (Galiorient), Juan (La Galaxia) e Juan Diego (Mav Abogados), con cinco tantos, seguidos con catro por Rubén (La Galaxia).

A CEPA-MAV ABOGADOS (0-3) (Reboredo, Kanche, Fornos)
ELECTRICIDAD J&O-GALIORIENT (1-4) (Alberto / Tómas 2, Kata 2)
AS PONTES 74-LA GALAXIA (2-3) (Timi, David Carballo / Juan 2, Rubén 1)
FARMAVIDA-MMYPEN (3-1) (Juanjo 2, José Luis / Oscar)
MUEBLES EUME-BAR JARDÍN LECAR 712 (1-0) (Miguel)

CALENDARIO 5ª XORNADA
Sábado 28/10/2017
Electricidad J&O -MMYPEN
Muebles Eume – La Galaxia
Domingo 29/10/2017
As Ponte 74 – Galiorient
Bar Jardín – A Cepa
MAV Abogados- Farmavida

Nova cortesía de Tino Prieto e Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s