—
CHUS CAÑIZARES, NO PARTIDO DA SELECCIÓN GALEGA
Será este mércores contra o Coruxo
A Selección Galega Uefa xoga este mércores o seu primeiro encontro de preparación de cara a primeira fase desta competición, que disputará antes do Nadal, ante Asturias e Cantabria.
Despois dun primeiro adestramento, os do seleccionador Pichi Lucas xogarán este mércores ante o Coruxo FC, decimoquinto clasificado da Segunda B, no Campo de Coia, ás 18:00.
O pontés Chus Cañizares, que xa estivo no primeiro adestramento, foi convocado para este encontro xunto a outros 24 compañeiros.
Chus está a facer unha sensacional campaña co Silva coruñés, co que marcha segundo clasificado, empatado co líder Compostela, e él é o segundo máximo goleador da categoría. Leva 9 tantos, incluidos catro no 0-4 ante o Céltiga, empatado con Javi Pazos, a só un de Rubén Rivera.
No partido tamén estará o cedeirés Marcos Souto, porteiro que fora do primeiro equipo e do xuvenil pontés varios anos, ao igual que o dianteiro Santi Gegunde, tamén ex xogador pontés. Acuden tres xogadores do Somozas, dous do Vilalbés, o pontedeumés Alex Ares e o cedeirés Juan Martínez.
Estos son os 25 convocados:
CD Choco: Antón Escobar, David Cortegoso, Lucas Fernández, Rubén Comesaña
SD Compostela: Alejandro Ares, Roberto Fernández, Santiago Fernández
Bergantiños CF: Aarón Rama, Iago López, Rodrigo Alonso
UD Somozas: Carlos Riveiro, Jacobo Millán, Juan Martínez
CD Barco: Cassio Luis, Ismael Quevedo, Omar Navarro
Racing Club Vilalbés: Diego Villares, Marcos Souto
Arousa SC: Javier Pazos, Manuel Justo
Silva SD: Diego Fernández, Jesús Cañizares
Alondras CF: Álvaro Fernández
Ourense CF: Eduardo Otero
SD Negreira: Rodrigo Iglesias
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
BRUNO SILVÉN, COA SELECCIÓN GALEGA SUB19
O futbolista pontés estivo este luns en Ordes
O xogador pontés Bruno Silvén Fernández adestrou este luns coa Selección Galega Sub19 de Fútbol Sala.
O futbolista de 17 anos acudiu a Ordes para este primeiro adestramento da Selección xunto a outros catro compañeiros de equipo, dado que o seu clube, o Lugo Sala, era o de maior representación no equipo, con ata cinco xogadores.
Os 15 convocados foron os seguintes:
ADC Lugo Sala: Borja Corral, Bruno Silvén, Cley Nogueira, Jorge Pereira, Luis Vila
Leis Pontevedra FS: Adrián Sancho, Mauro Rodríguez, Nicolás Crespo
Santiago Futsal: Alberto Miras, Pablo Martínez
Troula Betanzos FS: Alfonso Edreira, Daniel Fernández
Burela FS: Edmilson Monteiro
ED Vigo 2015: Pablo García
ADFS Bueu: Lucas Soage
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
DOUS XOGADORES DO CD AS PONTES CONVOCADOS PARA O TORNEO DE ABEGONDO
A selección de Ferrol xogará contra o Deportivo, A Coruña e Santiago
Os xogadores do Alevín do CD As Pontes, Xandre Fernández Tembrás e Anxo Blanco Ardao, foron convocados pola selección ferrolá sub12, para a disputa do torneo de Abegondo.
O combinado ferrolán xogará nun cuadrangular contra o Deportivo de A Coruña e as Seleccións de A Coruña e Santiago.
Esta é unha convocatoria de mérito, pois son só 16 os futbolistas elixidos, sendo catorce ós que xogarán no Torneo de Seleccións Comarcais.
Tamén durante esta semana adestrará outra vez a sub12 feminina, e entre as 20 convocadas están as xogadoras pontesas Patricia Adega e Andrea Cruz.
Os 16 convocados son os seguintes:
EF Racing de Ferrol: Adrián Bouzas, Lucas Martínez, Lucas Castro
SCDR Galicia de Caranza: Íker Castro, Diego Miranda, Brais Varela
SD O Val: Raúl Primoy, Bruno Fonticoba
SCDR Narón O Freixo: Martín Hernánez, Bruno Gondar
CD As Pontes: Anxo Blanco, Xandre Fernández
Eume Deportivo: Iago Rojo
SD Cedeira: Javier Pita
SDR Numancia de Ares: David Vilasánchez
FC Ortigueira: Elías Otero
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS-O ESTEO FS (5-1)
O Esteo é antepenúltimo antes de recibir a un rival directo coma o Leis de Pontevedra
O Esteo pontés de fútbol sala perdeu na súa visita ao Barco de Valdeorras co Pizarras Los Tres Cuñados, terceiro clasificado e que levaba catro vitorias consecutivas, por 5-1.
Adiantáronse os locais cun solitario tanto antes do descanso, e outro de Dilin no segundo poñía o 2-0 no marcador, e aínda que Martín recurtaba distancias, nos últimos minutos os ourensáns puxeron terra de por medio cos tantos de Juanma e Bruno (2).
O equipo pontés apenas pode afrontar os derradeiros encontros con 7 ou 8 xogadores, co que os rivais, que contan con máis efectivos, acabanse impoñendo co paso dos minutos.
O Esteo xa é antepenúltimo con sete puntos polo que necesita gañar este próximo sábado a un rival directo como é o Leis de Pontevedra, que ten os mesmos puntos.
FICHA DO PARTIDO
PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS: Maelo, Dilin, Bruno, David, Durán – cinco inicial – Juanma, Javi, Corzo, Cris, Josiño.
O ESTEO FS: Javichu, Martín, Héctor, Rober Paz, Dani – cinco inicial – Gago, Pellón e Andi.
ÁRBITROS: Vilas López, Menéndez Nistal, Doval Rodríguez. Amarelas a Javi, Rober Paz, Gago e Dani.
GOLES: Min. 18 (1-0), Rober Paz (pp). Min. 26 (2-0), Dilin. Min.27 (2-1), Martín. Min. 28 (3-1), Juanma. Min.34 (4-1), Bruno. Min. 35 (5-1), Bruno.
INCIDENCIAS: Pavillón de Calabagueiros. Uns 200 espectadores
RESULTADOS EQUIPOS DE BASE – LIGA DA TERRA CHÁ –
Cadete. Pastoriza-O Esteo (2-2)
Infantil. Begonte B-O Esteo B (3-1)
Infantil. Pastoriza-O Esteo A (6-8)
Alevín. Begonte-O Esteo (0-6)
Benxamín. Begonte-O Esteo (7-3)
Prebenxamín. Begonte-O Esteo (1-1)
Nova cortesía de Moisés Fernández e Xose Ferreiro
—
PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 5 – SDC RESIDENCIA DE LUGO 0
O As Pontes logra un contundente triunfo antes de encarar os seis complicados partidos que lle restan na primeira volta
Contundente triunfo do As Pontes 5-0 nun partido no que dominou de principio a fin e no que puido conseguir incluso máis goles, perante un Residencia de Lugo, que anteriormente gañara a Betanzos e Dubra, e empatara co líder Paiosaco, entre outros.
Voltou o As Pontes a encarrilar o encontro case desde o inicio, como fixera nas dúas primeiras xornadas caseiras ante Sofán (4-0) e Escairón (5-1), e así puxo terra de por medio nas dúas primeira oportunidades que tivo.
Primeiro é Ramos quen se vai por banda dereita, centra e remata de primeiras en boca de gol Eloy Díaz (2´). Importante gol para o dianteiro coruñés, que non marcaba dende a quinta xornada e consigue o seu cuarto gol da campaña. Despois, tras un gran pase en profunidade de Bossa, queda só Eloy, que avanza, e logo cedella a Adrián iglesias que só ten que empurrala (8´).
Seguiu dominando o cadro local, e tras unha internada de Iglesias que remata cruzado Fidi (22´), seguiulle una gran pase en profundidade de Bossa, centra Criado sobre a liña de córner e Iglesias remata contra o corpo do defensa (27´).
Logo foi Eloy quen realizou un forte disparo dende fóra da área, que ía cara o escuadro e desviou a córner in extremis Diego (29´), e posteriormente nunha internada de Alex por banda esquerda, centra, dalle Ramos de primeiras co calcaño e o balón vaise por riba do longueiro (32´).
Ata que chegou o tanto do Mago de Viveiro. Tras unha falta clara sobre iglesias, o medio centro colocou o balón no segundo pau, a onde non puido chegar Diego, casi sentenciando o encontro (36´).
A única ocasión visitante chegou tras un despiste defensivo no que Elías queda só, regatea a Kiko, pero escorado remata ao lateral da rede (40´). Non obstante, cun remate de Rego a rentes do pau, tras saque de córner (44´), e unha xogada na que Fidi lla cede a Ramos, que regatea ó defensa, pero remata ás mans do porteiro (46´), chegouse ó descanso.
O segundo tempo comezaba coa mesma tónica, e así, tras un tiro cruzado de Fidi, o balón toca levemente nun defensa, Diego non consigue atallalo, o balón queda morto, pero despexa un xogador visitante antes de que chegue Iglesias (46´).
Foi pouco despois que chegou a sentencia. Desmarcase Iglesias por banda dereita, e tras un gran pase en profunidade de Fidi, queda só, avanza, pasa o balón, este golpea en dous defensas e finalmente acaba no fondo das mallas antes de que o empuxara Ramos que chegaba só (50´), facendo o quinto gol da campaña o dianteiro de Agolada.
Seguiu dominando o As Pontes, e Eloy tivo unha moi clara tras pase de Iglesias, que en boca de gol enviou fóra (51´), e noutra contra o balón vai dunha banda a outra, e Alex Cabarcos conecta un forte disparo que acaba despexando como pode Diego con unha perna (59´).
Ata que chegou o quinto gol pontés, tras un centro dende banda dereita de Criado, controla só Carballeira, dispara, e ó rexeite do gardamallas está atento Diego Chis para empalar ó fondo da rede o seu primeiro gol da campaña (77´).
O propio xogador de Narón fixo unha bonita vaselina, pero estivo atento Diego atallando o balón (83´), e o mesmo fixo nunha xogada na que Ramos disparou dentro dá área (88´).
Con un perigoso cabezazo de Iglesias ó lateral da rede (89´), e outro paradón de Diego a un gran remate de cabeza do asturiano Roberto (90´) rematou o encontro.
O As Pontes sitúase sexto con 21 puntos antes de afrontar as seis etapas pirenaicas e alpinas. Visita ao Dubra, quinto, e posteriormente ó líder Paiosaco e ó Ribadeo. E na casa recibirá ó Betanzos, Viveiro e Arzúa, xa no 2018.
Nin que decir ten que de como supere estas etapas dependerá os seu futuro no que reste de Liga. Sería sublime gañar os encontros da casa e intentar pescar algún triunfo a domicilio.
De momento, complicada visita a Dubra o vindeira xornada, un moi bo equipo, con xente experimentada como Rubén Márquez, Mariño, Adrián Vázquez, ou Gonzalo, entre outros.
5 CD AS PONTES. Kiko, Criado, Alex (Roberto 61´), Rego, Dani, Adrián Martínez, Ramos, Bossa (Jandro 79´), Eloy (Carba 71´), Fidi (Chis 67´), Adrián Iglesias.
0 SDC RESIDENCIA. Diego, Rober, Esteban (Zapico 61´), Adrián, Borja, Raposo (Dani 54´), Rasilla (Lucas 74´), Yeray, Aldo (Simón 54´), Mauro, Elías.
Goles: 1-0, Eloy (2´), 2-0, Adrián Iglesias (8´), 3-0, Bossa (36´). 4-0, Adrián Iglesias (50´), 5-0, Chis (77´).
Árbitro: Marcos Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Insua Lago e Cedeira Méndez. Amarelas a Bossa, Adrián Martínez, Adrián, Mauro, Rasilla, Yeray. Expulsou con vermello directo ó preparador físico visitante.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Máis de 100 espectadores.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 53 -PONTEVEDRA MAREANTES RC B 10
O clube pontés suma o seu cuarto triunfo da campaña
O Fendetestas pontés de rugby venceu este sábado por un contundente 53-10 ó Mareantes de Pontevedra B, chegando ó descanso cun marcador de 22-0.
Dous ensaios de Rober e Miguel, e un de Pablo, Álvaro, Joel e Antonio Gómez. Rober acertou tamén cinco lanzamentos a paus e un golpe de castigo.
Cuarto triunfo dos verdes, tras gañar na xornada inaugural, 64-10 ó Ourense B, a domicilio a Barbanza (0-7), e ó líder Muralla (13-24), caendo co Zalaeta de Arteixo (29-14).
Nos outros encontros do sábado, o Muralla de Lugo gañou 54-12 ó Barbanza e o Santiago 51-5 ó Ourense B. Os ponteses pechan esta primeira volta dentro de dúas semanas visitando ó Vigo B.
A falta da disputa do Zalaeta-Vigo B deste domingo, lidera a táboa o Muralla con 21 puntos, 19 teñen ponteses e santiagueses, cun encontro menos, o que teñen pendente entre eles. Mareantes ten 15, Barbanza 12, Zalaeta 10, Vigo B 7 e pecha a táboa o Ourense B con 6.
Xogaron Antón, Pablo (Roberto), Joel, Antonio Ferreiro, Rober, Antonio Gómez, Javi (Jesús), Miguel, Álvaro, Iván, Óscar, Ramón (Xóse), Luis, Ramiro, Ángel.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 10-11-12 NOVEMBRO
Triunfos do Alevín A e ambos Benxamíns
FEMININO
CD AS PONTES-EF RACING DE FERROL (1-1)
Empate do Feminino 1-1 ante o Racing de Ferrol, cos goles no primeiro tempo de Paula Baamonde e pouco despois, de Sofía.
As de Julio Montero son novenas con 15 puntos antes de visitar ó Val B, sexto con 16.
Xogaron Leti, Yoli, Carolina Paz, Tania, Indira, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Lucía e Uxía.
ALEVÍN
MEIRÁS CF B-CD AS PONTES A (0-13)
CD AS PONTES B-SRD PORTUARIOS B (0-3)
O Alevín A gañou 0-13 en Valdoviño, con oito goles de Anxo Blanco, e un de Alexo Platas, Israel Varela, Ali Karim, Xandre Fernández e Diego Lozano. Terceiros con 22 puntos, reciben na derradeira xornada ó sexto, Rápido de Neda B. Para entrar no grupo dos mellores deben gañar e facelo por un gol máis do que o poda facer o Caranza ante o Cariño.
O Alevín B perdeu 0-3 ante o Portuarios B. Undécimos con 3 puntos visitan ó sexto, Narón O Freixo C, que ten 12, na derradeira xornada, xa sendo equipo do grupo cuarto.
BENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES A (1-3)
CD AS PONTES B-CF SAN SADURNIÑO (8-2)
Gran triunfo do Benxamín A 1-3 ante o líder Galicia de Caranza, goles de Xoel Vigo, Alexander Venancio e Xalo González, co que aínda manteñen opcións de meterse no grupo dos mellores equipos. Terceiros con 19 puntos, reciben ó décimo, CD Narón B.
O Benxamín B venceu 8-2 ó San Sadurniño, dous goles de Xandre Domínguez, Luis Fresco, Lucas Blanco e un de Nacho Villasuso e David Maseda. Son quintos con 10 puntos antes de visitar ó líder con pleno de vitorias Rápido de Neda B.
PREBENXAMÍN
ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES A (3-1)
CD AS PONTES B-RÁPIDO DE NEDA (0-13)
Derrota do Alevín A 3-1 ante o Ánimas, gol de Xoel Galego, co que os ferroláns poñen terra de por medio na clasificación con 19 puntos, por 15 dos ponteses, antes de recibir ó Cedeira, quinto. O Prebenxamín B perdeu 0-13 ante o Neda, e sendo oitavo visita ó sétimo Cedeira B, ambos con tres puntos.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
CAMPIONATO DE TAEKWONDO CONCELLO DE AS PONTES
Tivo lugar este sábado no Pavillón da Fraga
Este sábado celebrouse no Pavillón de As Pontes o Campionato Galego de Taekwondo. Previamente, pola mañá, houbo talleres gratuitos desta modalidade deportiva.
Xa pola tarde, no evento, cun carácter de exhibición, preto dun cento de deportistas realizaron a súa participación nos tres tatamis, que consistía en acrobacias, técnica e Freestyle, recibindo cadansúa medalla ó remate.
Polo Pavillón da Fraga puidose ver ao adestrador Antonio Montes, ó Campión de Europa Gabi Tembrás e tamén a Bea Felpeto.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2017-18
Sufrido triunfo do Mav Abogados, que continúa de líder, seguido de preto por un desatado Muebles Eume
Sétima xornada da Liga de Veteranos e o líder Mav Abogados continúa co seu pleno de triunfos, aínda que nesta xornada custoulle gañar ó sexto clasificado Bar Jardín por un apurado 1-0.
Serviulle de moito ese gol de Juanjo pois mantén os tres puntos de ventaxa sobre un Muebles Eume, que esta xornada se desatou e rubricou a maior goleada no que vai de Liga, 9-1 ó quinto clasificado, A Cepa.
Neste momento o Mav Abogados ten 21 puntos, por 18 de Muebles Eume, 15 de La Galaxia e 12 de Galiorient. Con 10 está A Cepa, 9 Bar Jardín-Lecar 712 e 7 As Pontes 74. Nos derradeiros postos atópanse MMYPEN con 6, Farmavida con 4 e Electricidad J & O cun punto.
Esta xornada deixounos cambios na lista de goleadores, i é que Kivo, do Muebles Eume, que esta xornada anotou catro, leva 10 tantos, por 9 de Tomás (Galiorient) e 7 de Juan (La Galaxia).
Resultados 7ª Xornada
As Pontes 74 – Electricidad J&O (1-0) (Paz)
Muebles Eume – A Cepa (9-1) (Kivo 4, Oscar Dorado 3, Lucho 2 / Fernández)
Bar Jardín Lecar 712 – MAV Abogados (0-1) (Juanjo)
MMYPEN – Galiorent (2-4) (Chavo 2 / Tomás 2, Manel, Juan)
Farmavida – La Galaxia (0-2) (Juán, Senén)
Calendario 8ª Xornada
18/11/2017 19:00 MUEBLES EUME – AS PONTES 74
18/11/2017 20:00 ELECTRICIDAD J&O – BAR JARDÍN
19/11/2017 10:00 LA GALAXIA – MAV ABOGADOS
19/11/2017 11:00 GALIORIENT – FARMAVIDA
19/11/2017 12:00 A CEPA – MMYPEM
Nova cortesía Tino Prieto e Xose Ferreiro
—