CD As Pontes Feminino

CHUS CAÑIZARES NO PARTIDO CONTRA O RACING DE FERROL

Segundo encontro de preparación contra o equipo departamental

O futbolista pontés Chus Cañizares foi convocado para o segundo encontro de preparación da Selección Galega Uefa, que nesta ocasión, tralo empate a 1-1 co Coruxo, terá como rival ao Racing de Ferrol, decimo sétimo clasificado da Segunda División B, e que viu como este domingo, no partido contra o líder Fuenlabrada, Sergio Otero xogaba os 90 minutos.

O partido será este mércores 22, ás 18:00 na Malata. Os 24 convocados son os seguintes:

Bergantiños CF: Aarón Rama, Iago López, Rodrigo Alonso
CD Barco: Cassio Luis, Ismael Quevedo, Omar Navarro
CD Choco: Antón Escobar, Lucas Fernández, Rubén Comesaña
UD Somozas: Carlos Riveiro, Jacobo Millán, Juan Martínez
SD Compostela: Alejandro Ares, Roberto Fernández
Silva SD: Diego Fernández, Jesús Cañizares
Arousa SC: Javier Pazos, Julio Rey
Laracha CF: Adrián Castro, David García
Alondras CF: Álvaro Fernández
Racing Club Vilalbés: Marcos Souto
Ourense CF: Eduardo Otero
SD Negreira: Rodrigo Iglesias

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-LEIS PONTEVEDRA FS (3-2)

Tres valiosos puntos dun Esteo que escala á novena praza

Sufrido pero valiosísimo triunfo do Esteo na tarde deste sábado 3-2 ante un rival directo coma o Leis de Pontevedra, equipo que militara na División de Honra na campaña 2007-08. Os ponteses pasaron do 2-0 ao 2-2, gañando cando faltaban apenas 17 segundos.

Sen embargo foi mellor o cadro pontés ó longo do encontro. Na primeira metade resaltar un disparo ó longueiro de Pana (6´), unha xogada na que Pellón se adianta ó porteiro, fóra da área, pica o balón e este sae a rentes do pau (11´), unha boa parada de Javichu (16´), e unha gran xogada entre Gerardo e Rober, que remata Martín atallando o porteiro visitante (19´).

Pero foi a falta de 12 segundos, que marcha Gago por banda dereita, dispara, rexeita o porteiro, e o balón queda morto, aproveitandoo Gerardo para rematar ó fondo das mallas, chegando antes que o defensa.

O segundo tempo non podía comezar mellor dado que a pouco do reinicio marcaba o 2-0 Rober Paz cun forte disparo dende fora da área (22´). E pese a que os visitantes ben puideron recurtar distancias un minuto despois, nunha xogada de estratexia, na que un xogador visitante, con todo a favor, disparou fóra (23´), os ponteses dominaron este segundo período.

Un cabezazo alto de Héctor (24´), un disparo cruzado de Gago (5´), gran pase de Martín a Pellón no segundo pau, que dispara e atalla o porteiro (11´), ou un centro de Gago, ó que non chega Pana no segundo pau (35´).

Ata que faltando catro minutos, un tiro dende fóra da área desviado por algún xogador sorprende por baixo a Javichu e os pontevedreses poñíanse a un tanto do empate.

Ben puido sentenciar Gago, nun remate que saca un defensa baixo paus (37´), pero sen embargo foron os pontevedreses os que empataron, trala sexta infracción local, no que os visitantes acabaron empatando tras lanzar a falta directa por dúas veces.

Pero foi faltando 17 segundos que o porteiro visitantes fixo a sexta falta, fóra da área a Rober Paz, e Martín encargouse de marcar o 3-2 definitivo e outorgar os tres valiosos puntos.

Os ponteses escalan ata a novena praza con 10 puntos, os mesmos que Xove e Santiago de Sama. Leis ten sete, Ventorrillo seis e pecha Unión Arroyo con tres.

A vindeira xornada os ponteses visitan ó único conxunto asturiano e novo na categoría, o Santiago de Sama, equipo nada doado, que gañou ó Cidade de Narón e Guardo, e ven de empatar co terceiro clasificado Los Tres Cuñados.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Martín, Héctor, Pana, Rober Paz – cinco inicial – Gerardo, Gago, Dani, Diego.

LEIS DE PONTEVEDRA FS: Alex, Nico, Martín, Miguel, Barcala – cinco inicial – Sancho, Durán, Borja, Dani, David.

ÁRBITROS: Corral Martínez, Darriba Villamor, Prados Caamaño (Lugo-Ferrol). Amarelas a Jesús, Rober, Diego, David, Miguel e o visitante Dani.

GOLES: Min. 20 (1-0), Gerardo. Min. 22 (2-0), Rober Paz. Min.36 (2-1), Durán. Min. 39 (2-2), Barcala. Min. 40 (3-2), Martín.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Partido correspondente á novena xornada de Liga, quinta na casa. Uns 150 espectadores.

LIGA DA TERRA CHÁ

Infantil. O Esteo-Mondoñedo (1-4)

Alevín. O Esteo-Mondoñedo (6-7)

Prebenxamín. O Esteo-Mondoñedo (2-1)

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Moisés Fernández

RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 17-18-19 NOVEMBRO

Importante vitoria do primeiro equipo, e tamén de Feminino, Xuvenil, Cadete, Infantil, Benxamín A e Prebenxamín A. O Alevín A clasifícase para o grupo primeiro.

PREFERENTE
SD DUBRA-CD AS PONTES (2-3)

Importantísimo triunfo no derradeiro minuto do As Pontes ante un rival directo e ex compañeiro de Terceira como o Dubra.

Pese a que se adiantaron os locais cun tanto de Iván Facal, empataba antes do descanso empatou Bossa de penalti. Fidi adiantaba ós ponteses na reanudación, pero faltando un cuarto de hora Gonzalo voltaba a restablecer a igualada.

Pero foi un ex xogador do Dubra as dúas últimas tempadas, cun trofeo pichichi de 22 tantos incluido, o coruñés Eloy Díaz, o que anotou o terceiro gol dando tres valiosos puntos a un As Pontes que segue soñando.

Inalcanzable está o Paiosaco con 36 puntos, pero o Polvorín ten 28 (magoa desa derrota no Ceao no desconto), e o Arzúa 27. Con 24 xa está o As Pontes, si ben é certo que moi preto está o Ribadeo (23), seguido de Ordes, Dubra, Arteixo (22) e o Castro (21).

Xogaron Kiko, Criado, Alex, Rego, Dani, Adrián, Ramos (Chis 86´), Bossa, Eloy (Roberto 89´), Fidi, Iglesias (Pardo 80´).

Importante encontro a vindeira xornada ante o imprevisible Betanzos, decimo terceiro con 16 puntos, no que hai que tentar lograr os tres puntos antes de visitar ó líder.

FEMININO
SD O VAL “B”-CD AS PONTES (2-4)

Moi boa vitoria do equipo feminino ante un dos grandes da categoría, O Val B. E iso que a pesar de comezar gañando con tanto de Paula Castro, remontaron as locais con tantos de Paula e Samaia. Pero a boa defensa Yoli anotaba dous tantos consecutivos para situar o 2-3 antes do descanso, e a sentenza chegou por medio da capitana Carlota faltando dez minutos.

Suben ata a cuarta praza con 18 puntos antes de recibir ó San Sadurniño, quinto na mesma situación. Xogaron Leti, Yoli, Andrea, Tania, Indira, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Carolina Paz, Lucía e Uxía.

XUVENIL
SRD NUMANCIA DE ARES-CD AS PONTES (2-6)

Con unha contundente vitoria 2-6 en Ares comezou o Xuvenil a súa andaina na Liga dos mellores. Case sentenciaron co 0-4 da primeira metade, tantos de Andrés (2), Dani e Breijo, e pese a que no inicio do segundo, Pablo e Martín situaron o 2-4, o central Pablo e de novo Andrés nas postrimerías situaban o 2-6 definitivo.

Descansan na vindeira xornada, e na terceira reciben ó Neda, que neste inicio empatou en Valdoviño (2-2). Xogaron Meidán, Fraga, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Óscar, Chema, Cazás, Xose e Andrés, entrando Dani por Vilela ós dez minutos, e no segundo tempo, Carlos, Cristian e Jose.

CADETE
CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (1-0)

Triunfo na derradeira xogada do encontro do Cadete pontés no seu inicio na Liga dos mellores. Foi tras un saque de córner no que o porteiro visitante non conseguiu atallar o balón, dando Jandro tres importantes puntos ós de Ruben Pardo.

Na vindeira xornada visitan ó San Pedro, que descansou nesta primeira xornada. Xogaron Juan, Eloy, Adrián, Eyob, Antonio, Nono, Jandro, Santi, Vicente, Xan, Joan, e despois Xoel, Andrei, Alejandro, Iván e Mohamed.

INFANTIL
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (5-3)

Boa vitoria no estreo do Infantil, 5-3 ante o Eume, con tres goles de Xoel Purriños, un de Diego Purriños, e outro de Sergio Hermida. Na vindeira xornada visitan ó Numancia, que neste debut perdeu 2-1 en Miño.

Xogaron Mario Regueiro, Luis, Xose, Anxo, Samuel, Mario Fraga, Xoel, Hugo Blanco, Sergio, Diego, Ángel, Iago, Hugo Bouza, Mateo e David.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-RÁPIDO DE NEDA “B” (5-0)
NARÓN O FREIXO “C”-CD AS PONTES B (5-2)

Moi ben o Alevín A, que tralo seu triunfo 5-0 ante o Neda B, goles de Anxo Blanco, (2), Destaw Pellón (2), e Sergio Vázquez, selou a súa presenza na Liga dos mellores como segundo do seu grupo con 25 puntos, por detrás do Ferrol C (27).

Moi ben estiveron tamén Xandre Fernández e Anxo Blanco, pois este martes a Selección de Ferrol perdeu 2-0 co Deportivo, gañou 4-2 ó Deportivo B, e empatou 1-1 coa de A Coruña, anotando ambos un tanto.

O Alevín B pola súa banda despediu esta primeira fase perdendo 5-2 ante o Narón O Freixo C, goles de Xalo García e un en propia meta, e undécimo con 3 puntos xogará no grupo cuarto.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-CD NARÓN “B” (8-0)
RÁPIDO DE NEDA “B”-CD AS PONTES B (7-0)

O Benxamín A gañou 8-0 ó Narón B e rematan a primeira fase visitando ó oitavo O Val B. De gañar, case seguro pasarían ó grupo dos mellores. Goles de Almahdi Belhaj (2), Nicolás Meizoso (2), Xalo González (2), Diego Ortigosa e Sergio Barro.

O Benxamín B pola súa banda perdeu 7-0 ante o líder Neda B. Quintos con dez puntos despiden a Liga contra o Mugardos B, o sexto cos mesmos puntos, e dependendo do resultado xogará no grupo segundo ou terceiro.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-CEDEIRA SD (4-0)
CEDEIRA SD “B”-CD AS PONTES B (4-1)

O Alevín A gañou 4-0 ó Cedeira, goles de Xoel Galego (2), David Otero e Íker Navarro, i é segundo con 18 puntos, e o Alevín B perdeu 4-1 ante o Cedeira B, gol de Sergio Jarel, i é oitavo con 3. Na derradeira xornada enfróntanse entre eles. O B xa case seguramente xogará no grupo cuarto, e o A, de gañar fariao no grupo primeiro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2017-18

A falta de unha xornada para o remate desta primeira volta, Mav Abogados e Muebles Eume quedan prácticamente coma únicos aspirantes ó título.

Oitava xornada da Liga de Veteranos, e nada cambia na parte alta da táboa, pois gañaron os dous primeiros, si ben o triunfo do Mav Abogados 3-1 sobre o terceiro La Galaxia deixa a Liga nun man a man entre o líder e o segundo clasificado, que venceu 3-0 ó As Pontes 74.

No resto de equipos a competición está moi igualada pois os dous conxuntos que ocupaban as derradeiras prazas, Farmavida e Electricidad J&O, gañaron nesta xornada.

Mav Abogados ten 24 puntos por 21 de Muebles Eume. Con 15 estaría La Galaxia, 13 A Cepa, e 12 Galiorient. Bar Jardín-Lecar 712 ten 9, e 7 Farmavida e As Pontes 74, con 6 MMYPEN e 4 Electricidad J&O.

Na táboa de goleadores descolgase Kivo (Muebles Eume) con 11 tantos, por 9 de Tomás (Galiorient) e 8 de Juan (La Galaxia).

Resultados 8ª Xornada
Muebles Eume-As Pontes 74 (3-0) (Kivo, Villa, Quinto)
Electricidad J&O-Bar Jardín Lecar 712 (2-1) (Alberto, Cristobal / Hector)
La Galaxia-MAV Abogados (1-3) (Juan / Reboredo, Narciso, Soto)
Galiorient-Farmavida (0-2) (Tino, Manolo)
A Cepa-MMYPEN (3-1) (Fernandez 2, Piña / Elo)

Calendario 9ª Xornada

25/11/2017 19:00 MMYPEM – MAV ABOGADOS
25/11/2017 20:00 BAR JARDÍN – AS PONTES 74
26/11/2017 10:00 A CEPA – ELECTRICIDAD J&O
26/11/2017 11:00 FARMAVIDA – MUEBLES EUME
26/11/2017 12:00 LA GALAXIA – GALIORIENT

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Tino Prieto

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s