CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 24-25-26 NOVEMBRO

O As Pontes recibe este domingo ó Betanzos nun encontro no que buscará os tres puntos antes de visitar ó líder Paiosaco.

O As Pontes recibe este domingo, 16:30, arbitrado por Iván Montero Piñeiro (Lugo), a un histórico coma o Betanzos.

O conxunto betanceiro é moi imprevisible. Comezou a Liga con dúas vitorias para logo encadear seis derrotas consecutivas, e recuperarse con vitorias de prestixio ante Ribadeo (3-1), Dumbría (6-0) e Sofán (1-2).

Sen embargo, voltou a perder a semana pasada, e cun dos equipos da zona baixa coma o San Tirso, que repetiu o seu mellor marcador da tempada, 0-3, o outro por desgraza fóra ante o equipo pontés.

Ten en Jesús Sayes (7), o ferrolán Artay Miraz (5), e Ramón Otero (4) ós seus máximos goleadores. Son decimo terceiros con 16 puntos, pero o As Pontes non pode buscar outra cousa que non sexa a vitoria, para encarar o encontro ante o líder na mellor situación posible.

Vellos coñecidos ambos equipos, e nos 16 encontros oficiais no Poboado, incluido o antigo Brigantium, 10 vitorias locais, por 3 empates e 3 triunfos visitantes.

No resto de categorías, o Xuvenil descansa nesta xornada, o Cadete xoga o xoves da semana que ven, o Alevín A non iniciará a segunda Liga ata a vindeira fin de semana, e rematan esta primeira fase os Benxamíns, e co derbi, ambos Prebenxamíns.

PREFERENTE
CD AS PONTES-BETANZOS CF (DOMINGO 26, 16:30)

FEMININO
CD AS PONTES-CF SAN SADURNIÑO (SÁBADO 25, 16:30)

XUVENIL
DESCANSA

CADETE
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES (XOVES 30, 17:30)

INFANTIL
SRD NUMANCIA DE ARES-CD AS PONTES (VENRES 24, 18:00)

ALEVÍN
RACING SAN PEDRO “C”-CD AS PONTES B (VENRES 24, 18:00)

BENXAMÍN
SD O VAL “B”-CD AS PONTES A (VENRES 24, 19:00)
CD AS PONTES B-GALICIA DE MUGARDOS “B” (SÁBADO 25, 11:00)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES B-CD AS PONTES A (SÁBADO 25, 12:10)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s