CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 2-3 DECEMBRO

O As Pontes visita este domingo ao líder invicto Paiosaco

O CD As Pontes ten este domingo o seu, ata o de agora, desprazamento máis complicado no que vai de campaña. Este domingo ás 17:00 en Porta Santa, en encontro arbitrado por Gabriel Polo Fraga (Lugo), os de Marco Roca xogarán co todopoderoso líder Paiosaco, que suma doce vitorias, por tres empates e ningunha derrota.

O conxunto de Laracha fixo na 2016-17 unha gran campaña, acabando na quinta posición, pero o inicio desta está sendo espectacular. De ter un rendemento medianamente aceptable nos catro encontros que lle quedan ante As Pontes e Castro en casa, e Xallas e Ordes a domicilio, podería deixar case sentenciado o seu ascenso ó remate desta primeira volta.

O equipo de Juan Riveiro mantén o bloque do ano anterior, con tres grandes fichaxes, os xogadores, con poucos minutos no Cerceda, pero cun gran rendemento nesta categoría, Popi, Bilal e Pochi.

Ten nos seus máximos goleadores ó ex xogador do Bergantiños Iván Amor (7), Josiño (5), e Popi, Diego Lois e o arxentiño Chicho suman 4. Tres marcou o dianteiro Iván Andrade “Bambám”, que estivera no As Pontes, que ascendera a Terceira División na campaña 2009-10, aínda que acabara marchando buscando máis minutos.

Pola súa banda, o As Pontes ten que buscar polo menos sete ou nove puntos nos catro encontros que lle restan nesta primeira volta, para iniciar o 2018 con algunha opción de ascenso. O único partido oficial entre ambos, na 2002-03, acabou con empate a 0-0.

No resto de partidos, descansan os cadetes, que xogaron estes xoves, e os Benxamíns e Prebenxamíns, que aínda non inician a Liga.

PREFERENTE
UD PAIOSACO-CD AS PONTES (DOMINGO 3, 17:00)

FEMININO
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (DOMINGO 3, 12:00)

XUVENIL
CD AS PONTES-RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 2, 16:00)

INFANTIL
CD AS PONTES-SRD ÁNIMAS (SÁBADO 2, 16:00)

ALEVÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES A (SÁBADO 2, 18:00)
CD AS PONTES B-SD O VAL C (SÁBADO 2, 11:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés de fútbol sala, noveno con 13 puntos, recibe ó líder Guardo

O Esteo xoga este sábado, 18:30, contra o líder Guardo, na undécima xornada de Liga da Segunda División B. O equipo palentino suma 24 puntos, con oito triunfos e dúas derrotas pola mínima ante Santiago de Sama e Albense.

O Esteo precisamente debutou na Segunda B na tempada 2013-14 cun triunfo 4-1 ante o Guardo, pero nas seguintes visitas os palentinos acadaron un empate, 2-2 en 2014-15, e dúas vitorias, unha goleada 1-6 na 2015-16 e un 4-5 na 2016-17.

Os de Javi Saa, máis desafogados despois dos seus tres importantes puntos traídos de Asturias buscarán sumar ante o equipo castelán leonés, antes de recibir ó Xove.

SEGUNDA DIVISIÓN B (11ª xornada)
O ESTEO FS – GUARDO FS
Sábado 2 – Decembro – 2017 (18:30)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

LIGA TERRA CHÁ (SÁBADO 2)
Cadete: Vilalba A-O Esteo (13:15)
Infantil B: Guitiriz B-O Esteo B (10:30)
Infantil B: Meira-O Esteo B (12:00)
Alevín: Guitiriz B-O Esteo (11:30)
Benxamín: Guitiriz-O Esteo (12:30)
Prebenxamín: Guitiriz-O Esteo (13:30)

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s