—
PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 5-6-9 DECEMBRO
O As Pontes recibe o sábado ó Viveiro nunha semana na que os equipos do clube disputan un total de trece partidos.
O CD As Pontes recibe este sábado, ó Viveiro, na décimo sétima xornada de Liga, nun encontro especial para Bossa, Fidi, Kiko e Rego.
Ó equipo pontés, a pesar do gran resultado en Paiosaco, non lle queda outra que buscar os tres puntos ante o imprevisible conxunto viveirense, que ven de perder 0-2 co San Tirso, aínda que o equipo de Abegondo e de Álvaro Rey, que no seu día sorprendeu e moito ante o As Pontes, ven de gañar en Lugo, Betanzos e Viveiro, o que non é froito da casualidade.
Dito isto, e pese á décimo cuarta posición na táboa, o Viveiro sempre é un conxunto moi perigoso, e que este ano xa gañou a Ordes (3-1), Betanzos (5-2), Dumbría (5-1), Residencia (4-0), e na última visita conseguiu a súa primeira vitoria a domicilio ante o Sofán (1-2).
Logo deste encontro, os ponteses visitan ó equipazo do Ribadeo, así que mellor facelo co maior número de puntos no peto. Alex Meitín (6), Xenxo (5) e Jon Erik (4) son os máximos goleadores do cadro lucense e no cómputo de encontros oficiais no Poboado, once triunfos locais, por catro empates e catro derrotas.
Esta será unha semana moi competitiva, xa que a pesar dos dous días festivos hai un total de trece encontros, con protagonismo do Xuvenil e Cadete, que ademais do partido de Liga xogarán a ida das semifinais de Copa.
PREFERENTE
CD AS PONTES-VIVEIRO CF (SÁBADO 9, 17:00)
FEMININO
CD AS PONTES-SD RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 9, 16:00)
XUVENIL
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES (MÉRCORES 6, 16:15)
RACING SAN PEDRO “A”-CD AS PONTES (SÁBADO 9, 16:00)
CADETE
CD AS PONTES-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (MÉRCORES 6, 16:00)
CD AS PONTES-SDC GALICIA DE MUGARDOS (SÁBADO 9, 11:00)
INFANTIL
AD MIÑO-CD AS PONTES (MARTES 5, 19:00)
ALEVÍN
CD AS PONTES A-SDC GALICIA DE MUGARDOS “B” (SÁBADO 9, 10:15)
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES B (SÁBADO 9, 12:30)
BENXAMÍN
EF RACING DE FERROL-CD AS PONTES A (MARTES 5, 19:00)
CD AS PONTES B-CEDEIRA SD (SÁBADO 9,11:25)
PREBENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA “B”-CD AS PONTES A (SÁBADO 9, 11:00)
CD AS PONTES B-CEDEIRA SD “B” (SÁBADO 9,12:35)
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
O ESTEO FUTBOL SALA
O Esteo recibe ó Xove este xoves pola noite
O Esteo recibe este xoves ás 21:00 ó Xove no Pavillón da Fraga. Logo da súa vitoria fronte o antigo líder Guardo por 4-2, os ponteses reciben ó equipo lucense, tentando sumar outra vitoria que os manteña outro ano máis na categoría, aínda sen rematar esta primeira volta.
Non será doado, pois esta é a terceira campaña na categoría do conxunto da Mariña, que é décimo con 13 puntos, e non é un bo rival para o Esteo, pois gañou nos dous encontros como local, e nas visitas á Fraga sacou un empate a 1-1, e un 3-6 a campaña pasada.
Logo deste encontro, os ponteses despedirán a primeira volta e o 2017 visitando ó actual líder Zamora.
SEGUNDA DIVISIÓN B (12ª xornada)
O ESTEO FS – SD XOVE FS
Xoves 7 – Decembro – 2017 (21:00)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS – BARBANZA RC
O equipo pontés recibe ó conxunto de Rianxo buscando seguir no liderato
O Fendetestas pontés de Rugbi recibe este domingo ó Barbanza de Rianxo ás 12:30 no seu Campo do Monte Medulio. Os ponteses tentarán gañar para continuar de líderes nun encontro no que reciben ó penúltimo clasificado.
Na ida venceu o conxunto barbanzán 40-32 aínda que por aliñación indebida dos locais acabou triunfando o Fendetestas 0-7 por resolución xudicial.
O Barbanza despois dese encontro gañou 17-67 ó Pontevedra Mareantes B, 13-12 ó Vigo B, e 31-64 ó Ourense B, perdendo os tres últimos ante Muralla (54-12) Santiago (7-39), e Zalaeta (14-41).
SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA (9ª xornada)
CR FENDETESTAS – BARBANZA RC
Domingo 10 – Decembro – 2017 (12:30 h)
Campo Monte Medulio
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—