—
PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 15-16-17 DECEMBRO
O As Pontes visita este sábado ó Ribadeo no derradeiro encontro do 2017
O As Pontes despide este sábado o 2017 visitando ó Ribadeo nun dos seus desprazamentos máis difíciles. O equipo da Mariña é sétimo con 26 puntos, pero ó marxe da súa posición clasificatoria, é un dos mellores conxuntos da categoría.
Ten dous xogadores dun perfil e nivel parecido a Bossa, que son os ex racinguistas Rafa Casanova e Mauro Poratti, e outros xogadores con experiencia en Terceira a campaña pasada, como Tichu, ex do Castro, ou David Rodríguez, ex do Ribadumia.
Tamén destaca Santi, que leva 5 goles nesta campaña, ou Criss, que anotou 15 a anterior. Por certo, no equipo celeste estivo ata hai poucas semanas o porteiro pontés Iván Parapar.
O conxunto lucense soe ser moi forte no seu campo, moi recoñecido na campaña 2014-15, a do seu retorno a Terceira. Cabe reseñar unha asumible derrota ante o líder Paiosaco e unha sorprendente derrota ante o colista Outeiro de Rei, ambas por 0-1. Polo demais, dous empates e catro vitorias, as máis reseñables, 3-0 ó Dubra, 4-3 ó Arteixo, e 1-0 ó Arzúa.
O As Pontes ten que tratar de conseguir o mellor resultado posible, pois no comezo do 2018 e para poñer fin á primeira volta recíbese a un rival directo como o Arzúa nas inoportunas datas dos Reis Magos. Nos partidos no Pepe Barrera, cinco triunfos locais, por un empate e catro derrotas.
PREFERENTE
RIBADEO FC-CD AS PONTES (SÁBADO 16, 17:00)
FEMININO
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES (DOMINGO 17, 11:30)
XUVENIL
CD AS PONTES-CD NARÓN A (SÁBADO 16, 12:00)
CADETE
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES (SÁBADO 16, 12:00)
INFANTIL
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES (SÁBADO 16, 10:00)
ALEVÍN
SD O VAL B-CD AS PONTES A (VENRES 15, 18:30)
CD AS PONTES B-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (SÁBADO 16, 10:30)
BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SD O VAL (SÁBADO 16, 11:40)
EFR RACING DE FERROL C-CD AS PONTES B (SÁBADO 16,12:15)
PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-CEDEIRA SD (SÁBADO 16, 12:50)
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES B (VENRES 15, 18:15)
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
O ESTEO FUTBOL SALA
O Esteo despide a primeira volta ante o líder Zamora
O Esteo pontés de fútbol sala visita este sábado 16, ás 19:30 horas, ó líder Zamora, que mantén un punto de ventaxa sobre o Guardo, no remate do 2017 e da primeira volta.
O equipo pontés é sétimo con 17 puntos, e avantaxa en nove a Leis e Ventorrillo e en dez ó Unión Arroyo, pero aínda queda moita Liga por diante e despois deste encontro en Zamora haberá que visitar ó Benavente e recibir ó sempre perigoso Universidade de Valladolid.
O conxunto castelán leonés, que gañou, e con solvencia, os seis encotnros na casa, xogara na División de Honra na 2009-10, e descendera por un só punto con respecto a Benicarló. Nos partidos en terras zamoranas, unha vitoria local e un empate.
SEGUNDA DIVISIÓN B (13ª xornada)
FS ZAMORA-O ESTEO FS
Sábado 16 – Decembro – 2017 (19:30)
Pavillón Ángel Nieto
Liga da Terra Chá – Sábado 16 –
Cadete. O Esteo-Pastoriza (11:00, A Magdalena)
Infantil. O Esteo A-Pastoriza (12:00, A Magdalena)
Infantil. O Esteo B-Begonte B (12:00, Monte Caxado)
Alevín. O Esteo-Begonte (10:00, Monte Caxado)
Benxamín. O Esteo-Begonte (13:00, Monte Caxado)
Prebenxamín. O Esteo-Begonte (11:00, Monte Caxado)
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS – SANTIAGO RC
Os ponteses reciben este sábado ó Santiago en partido aprazado de Liga
Importante encontro este sábado no Campo Monte Medulio entre o Fendetestas e o Santiago, aprazado da terceira xornada de Liga.
Curiosamente, tralo parón de Nadal, estes dous mesmos conxuntos volverán a enfrontarse na xornada que da a benvida ó 2018, e ambos encontros dirimirán cal dos dous conxuntos ten máis posibilidades de quedar campión.
O Santiago perdeu a pasada semana 36-3 co Zalaeta, e o Fendetestas non puido xogar o seu encontro co Barbanza por mor do temporal polo que os de Arteixo lideran a táboa con 30 puntos, por 29 de Santiago e 28 dos ponteses cun partido menos.
Tamén aínda con opcións están Pontevedra Mareantes B, que ten 25 puntos, e o Muralla, equipo de Primeira a campaña anterior, que ten 23.
SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA (3ª xornada)
CR FENDETESTAS – SANTIAGO RC
Sábado 16 – Decembro – 2017 (16:00 h)
Campo Monte Medulio
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—