CD As Pontes Feminino

CHUS CAÑIZARES CONVOCADO PARA UN NOVO PARTIDO DA SELECCIÓN GALEGA

O combinado galego xogará este mércores en Coia

O futbolista pontés Jesús Cañizares Sánchez ven de ser convocado de novo para un encontro da Selección Galega Uefa.

De cara á preparación do doble compromiso ante a Comunidade Valenciana Pichi Lucas chamou a 23 xogadores que se enfrontarán ó Coruxo, decimoterceiro clasificado da Segunda División B.

O partido disputaráse o mércores 10 ás 18:00 no Campo de Coia. Os 23 convocados son os seguintes:
Bergantiños CF: Aarón Rama, Iago López, Rodrigo Alonso
CD Barco: Cassio Luis, Ismael Quevedo, Omar Navarro
SD Compostela: Alejandro Ares, Roberto Fernández
Racing Club Vilalbés: Diego Villares, Marcos Souto
UD Somozas: Carlos Riveiro, Jacobo Millán
Silva SD: Diego Fernández, Jesús Cañizares
CD Choco: Lucas Fernández, Rubén Comesaña
Arousa SC: Javier Pazos, Julio Rey
Laracha CF: Adrián Castro, David García
Alondras CF: Álvaro Fernández
Ourense CF: Eduardo Otero
SD Negreira: Rodrigo Iglesias

Foto cortesía Futgal. Nova cortesía Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – CSD ARZÚA 0

Triunfo importantísimo dun As Pontes que desperdiciou moitas ocasións

Triunfo vital do As Pontes ante o terceiro clasificado Arzúa, o que aínda o mantén con opcións ao remate desta primeira volta. Os de Marco Roca adiantáronse cun tanto de cabeza de Roberto tras saque de falta de Bossa (9´), ao que respondeu o cadro visitante tras un mal despexe local, rematando Dani Méndez por alto (11´).

Despois dun pase dende campo propio, Pardo gañalle a partida aos dous centrais, pero quere sorprender, rematando dende moi lonxe e atallando sen complicacións Tasende (12´). Tras un centro chut de Pardo que marcha por riba do longueiro (22´) chegaron grandes ocasións para o equipo local, e así, nun balón que se pasea pola área, acaballe quedando que nin pintado a Quique que se incorpora pola dereita e remata fóra (27´).

Noutra xogada de banda a banda, boa ocasión para Rego, que dubida para rematar, cedella atrás a Martínez, que remata por alto (33´). A mellor ocasión de todo o partido chegou nun gran pase de Criado para Quique, que remata, salva o porteiro como pode, e o balón caelle morto a Fidi a medio palmo e con toda a portería, pero importunado por un defensa acaba mandando o balón fóra polo lateral (35´).

Outra gran ocasión chegou tras outro bo pase en profundidade de Criado para Eloy, e o remate do dianteiro coruñés sacao coa manopla Tasende milagreiramente (43´). Logo foi Roberto quen voltou a rematar de cabeza e despexa Tasende (44´), e un centro de Eloy quédalle un pouco atrás a Pardo en boca de gol (45´).

Ante o vendaval pontés tan só reseñar que nun mal despexe local, rematou dende fóra da área Miguel, e o seu forte disparo saiu por moi pouco (41´). Tralo descanso seguía a mesma tónica, e tras dous centros, un dende cada banda, o balón pasease pola área visitante sen atopar rematador (49´ e 50´).

Un centro de Fidi dende banda esquerda con marchamo de gol cabeceao Eloy cara atrás gañándolle a partida ó porteiro, saíndo o balón un palmo por riba do longueiro (55´). A esa ocasión seguiulle un centro chut de Roberto dende moi lonxe que marchou preto do escuadro (58´), e unha internada de Quique por banda dereita con remate a rentes do pau (66´).

Foi tras unha moi boa xogada do equipo local que dende o borde da área rematou Bossa ó poste (76´), i é que non había maneira de lograr o segundo. Por contra, houbo que sufrir ata o final, porque a pesar dos escasos remates visitantes, nalgunha que outra ocasión chegaron con certo perigo á área local solventando a situación a zaga nunhas ocasións e noutras Paco.

Pero incluso aínda centrados en defender a ventaxa seguía sendo o conxunto local o que chegaba con máis perigo nas contras, e a última do encontro foi para Bossa, que dentro da área rematou por alto (93´)

Sen tempo para máis o As Pontes segue cuarto con 34 puntos pero xa a só tres do Arzúa, e a catro do Polvorín, que perdeu hoxe. Segue estando a dez o intratable Paiosaco, que gañou en Ordes, conseguindo medio ascenso.

Tampouco debe descoidar o equipo pontés os rivais de atrás, e así o Ribadeo (32) gañou claramente, non así o Castro (33) e o Arteixo (31), que o fixeron nos últimos minutos, polo que non se puido poñer terra de por medio. O Dubra (29) pola súa banda, empatou en Boimorto 1-1.

Na seguintes xornada iniciase a segunda volta e os azuis deberán buscar os tres puntos ante o ascendido o Dumbría, antepenúltimo con 20 puntos, e que hoxe gañou 1-2 ó San Tirso. Na ida, no Conco, 2-1.

CD As Pontes. Paco, Criado, Roberto (Alex 74´), Rego, Dani, Adrián, Quique (Maroñas 69´), Bossa, Eloy (Iglesias 79´), Fidi (Ramos 84´), Pardo.

CSD Arzúa. Tasende, Carril, Rucho, García, Oregón (Parrado 84´), Dani, Miguel, Enjamio (Suso 78´), Diego, David, Manu.

Goles: 1-0, Roberto (9´).

Árbitro: Manuel Ángel Rodríguez Castiñeiras (Vigo). Auxiliado nas bandas por González Santos e Comesaña Veiga. Amarelas a Eloy, Enjamio, Rucho e Diego.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Máis de 100 espectadores en tarde moi chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s