CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 12-13-14 XANEIRO

O As Pontes recibe este domingo ó Dumbría no inicio da segunda volta

O As Pontes recibe este domingo, 16:30, ao Dumbría no inicio da segunda volta, en encontró arbitrado por Amine Alaoui Soulimani (Santiago).

Despois de gañar a un rival directo con excesivo sufrimento nun partido con moitas ocasións locais, e situarse a catro puntos do ascenso, o equipo local tratará de seguir sumando.

Ademais, é posible que durante o mes de Xaneiro chegue algunha incorporación no mercado invernal debido ás marchas de Jaime e Chis, que deixou ó plantel con apenas 17 futbolistas dos que xogan habitualmente.

O conxunto de Fisterra tivo un gran inicio de Liga, gañando catro partidos consecutivos no Conco, a As Pontes, Castro, Arteixo e Outeiro de Rei, para a continuación encadear unha racha de sete derrotas consecutivas.

Nos últimos cinco encontros arañou un empate en Arzúa e unha vitoria ante o Ribadeo rematando a primeira volta con outro triunfo na visita ó San Tirso, o que o deixa antepenúltimo a ún só punto da salivación.

Os máximos goleadores son Adrián López con seis, e con catro Jesús López e o ex pontés Jose Marcote. Por outra banda retornan á competición ligueira o resto de equipos.

PREFERENTE
CD AS PONTES-CF DUMBRÍA (DOMINGO 14, 16:30)
FEMININO
CD AS PONTES-CD CARIÑO (SÁBADO 13, 16:30)
XUVENIL
CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (SÁBADO 13, 16:00)
CADETE
SCDR ÁNIMAS-CD AS PONTES (SÁBADO 13, 11:00)
INFANTIL
SD O VAL-CD AS PONTES (SÁBADO 13, 16:00)
ALEVÍN
CD AS PONTES A-EUME DEPORTIVO B (SÁBADO 13, 10:30)
CD NARÓN B-CD AS PONTES B (VENRES 12, 19:30)
BENXAMÍN
SCDR ÁNIMAS-CD AS PONTES A (VENRES 12, 18:00)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA D (SÁBADO 13,11:40)
PREBENXAMÍN
EF RACING DE FERROL-CD AS PONTES A (SÁBADO 13, 12:15)
CD AS PONTES B-EF RACING DE FERROL D (SÁBADO 13, 12:50)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés afronta os cuartos de final da Copa de Galicia

O Esteo pontés de fútbol sala afronta este sábado os cuartos de final da Copa de Galicia. Visita ó Sport Sala Culleredo, da Terceira División. Equipo nada doado, pois é o quinto clasificado da categoría, e ademáis o máximo goleador, 75, cinco por riba do segundo.

Ambos conxuntos teñen o aliciente, non só de pasar a semifinais, senón que de gañar probablemente compartirían cartel cos tres mellores equipos galegos, Santiago Futsal e O Parrulo, de Primeira, e Burela, en postos de fase de ascenso en Segunda.

COPA DE GALICIA
SPORT SALA CULLEREDO FS-O ESTEO FS
Sábado 13 – Xaneiro – 2018 (17:30)
Tarrio

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s