CD As Pontes Feminino

ALEX MONTERO, CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL

Este luns en Miño xunto a outros 20 xogadores 

O xogador do Esteo FS e SCDR Galicia de Caranza, Alejandro Montero Peteira, que adestrou estas semanas coa selección de Ferrolterra, foi convocado para uns adestramentos da Selección Galega Infantil.

Convocatoria de mérito pois acude sendo de primeiro ano. Con el van sete compañeiros da Selección de Ferrol.

Os adestramentos terán lugar este luns 29 en Miño, de 19:30 a 21:30. Os convocados son os seguintes:

O Parrulo Ferrol: David Barcón, Marco Cagiao, Iván Castro, Yeray Rilo, Fabián Maidana
Cinco Coruña FS: Iván Fernández, Álvaro Núñez, Alejandro López, Lukas Ramos
ADC Lugo Sala: Yerai Espiñeira, Mikel Otero, Lucas López
Colegio Liceo: Diego Pérez, Álvaro Gandoy
Cidade de Narón: Hugo García, Daniel Nieto
EDM Concello de Guitiriz: Jorge Cruz, Diego Carreira
Santiago Futsal: Ismael Brea
Burela FS: Fernando Yanes
O Esteo FS: Alex Montero

Nova cortesia de Xose Ferreiro

PARTIDOS DE FERROLTERRA EN MORAÑA

O combinado feminino clasificou para a fase final

Os futbolistas do CD As Pontes Anxo Blanco, Patricia Adega e Andrea Cruz xogaron este sábado en Moraña no Campo do Buelo na segunda fase do torneo de Seleccións Comarcais.

Non lle foi moi ben ó equipo masculino de Ferrol sub12, pois perdeu 0-4 con Ourense e 1-4 con Pontevedra.

Un pouco mellor lle foi ó combinado feminino, que pese a perder 1-2 con Ourense e empatar co gran seleccionado vigués 1-1 lograron clasificar para a fase final dos catro mellores.

Nova cortesía Xose Blanco e Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID (7-2)

Goleada do Esteo ante un dos grandes da categoría 

Contundente goleada do Esteo 7-2, que lle sirve para sumar xa 20 puntos, e poñer máis terra de por medio con respecto ós equipos de abaixo, agás o Ventorillo, que sorprendeu 0-3 ó terceiro, Guardo.

Visitaba a Fraga un dos grandes da categoría, e non é un falar por falar, dado que nas campañas que o conxunto pontés leva na segunda B, os vallisoletanos acabaron dúas veces de terceiros, unha de cuartos e a campaña pasada de quintos.

Este ano arrivaban á Fraga na terceira praza e comezaron adiantándose tras unha falta que Dani Martín enviaba ó fondo das mallas, pero antes do descanso un golazo de falta de Martín, que se colou polo escuadro, e no derradeiro minuto, outro bo lanzamento ben colocado en xogada de estratexia de Rober Paz adiantaban ós ponteses.

Poñían terra de por medio no segundo período con dous goles consecutivos de Pana, primeiro tras recibir un balón e sen deixala caer, marcando de tiro cruzado, e logo é tras un rexeite do porteiro David a tiro de Martín, que acaba marcando por alto.

A sentencia chegou tras un desmarque de Gago que queda só e bate por baixo a David, e pese a que nunha gran xogada de equipo Dani Martín recurtaba distancias, outra vez Pana, dun forte zapatazo poñía o 6-2.

Hat trick do de Pontedeume, que oposita a máximo goleador do Esteo na categoría, pois xa leva 17, polos 21 de Jaco, que é o tope de goles nunha campaña en Segunda B, por 48 de Noe e 44 de Rubi, vaia dous, en Terceira.

Non lle vai á zaga Martín, que anotou o sétimo e o seu 15º particular, tras unha falta directa na que superou ó porteiro. Sen tempo para máis os ponteses son novenos con 20 puntos antes de visitar ó colista Unión Arroyo.

FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Javichu, Martín, Héctor, Rober Paz, Ayala – cinco inicial – Gerardo, Pana, Gago, Dani.
CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID: David, Adri, Víctor, Balle, Muñoz – cinco inicial – Dani, Picolo, Leal, Raúl, Isaac, Taveras.
ÁRBITROS: Sierra Márquez, Rey Hermida (Pontevedra-Santiago). Amarelas a Gago, Rober, Adri e Dani Martín.
GOLES: Min. 11 (0-1), Dani Martín. Min. 16 (1-1), Martín. Min.19 (2-1), Rober Paz. Min.27 (3-1), Pana. Min. 29 (4-1), Pana. Min. 32 (5-1), Gago. Min. 33 (5-2), Dani Martín. Min. 34 (6-2), Pana. Min. 37 (7-2), Martín.
INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Partido correspondente á decimoquinta xornada de Liga, oitava na casa. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – SAN TIRSO SD 1

Sufrida vitoria e tres importantes puntos do As Pontes ante o equipo de Abegondo 

Triunfo do As Pontes nun encontro máis apretado do que indica o marcador final, e iso que eran os locais os que comezaron chegando con perigo, e así, un pase dende banda de Quique despexao o defensa antes de que empale Iglesias (4´), ou nunha gran saída de Maroñas acaba rematando por alto Iglesias (8´).

Máis foi o San Tirso o que tivo a ocasión máis clara e tras unha contra que pillou despistado ó equipo local é Álvaro Rey quen chega completamente só por banda dereita, e o disparo do xogador de Cabanas, ex do As Pontes a campaña pasada, desvíao milagreiramente a córner Kiko (13´).

Tamén puido marcar o As Pontes nunha falta de Bossa (21´), e sobre todo nunha gran internada de Pardo que remata Fidi con marchamo de gol, e salva un defensa (27´). Pero voltouna a ter Álvaro nun balón que lle rouba a Martínez dentro da área, e o propio xogador de Monte Alto despexa cando este encaraba a Kiko (35´).

Non atopaba o gol o As Pontes ata que xusto antes do descanso nun balón en profundidade, recolleo só Pardo e marca de forte disparo ó primeiro pau (45´). Así se chegaba ó descanso, e trala reanudación, a un forte disparo de Ares que despexa Kiko (46´) respondeu o cadro azul cun centro de Criado que remata alto Pardo (48´).

Foi pouco despois, tras un pase en profundidade que Adrián Iglesias remata, despexa Lameiro, e Pardo adiantáse a dous defensas para conseguir empurrar o balón a porta baleira (50´). Semellaba case a sentencia, pero nada máis lonxe da realidade, pois o equipo de Abegondo viuse arriba e encerrou ó As Pontes.

Tras unha cesión cara atrás, Kiko sacouse de enriba o balón como puido (63´), Dani despexa un balón moi perigoso apuradamente coa cabeza (69´), e sobre todo, un riguroso fora de xogo deixou sen validez o gol de Xian, que quedou completamente só por banda esquerda e bateu por baixo a Kiko (65´).

Logo foi o As Pontes o que buscou a sentenza, aparecendo só na área Pablo Ramos, pero remata ó boneco, salvando Lameiro (77´). Tras unha boa internada de Pardo por banda esquerda, que remata Sergio ó lateral da rede chegando só ó segundo pau (81´), chegou o terceiro local. É Iglesias o que queda só, e con tranquilidade bate por baixo a Lameiro poñendo o 3-0 e o seu noveno gol da campaña o de Agolada.

Non se rendiu o cadro de Abegondo e Kiko desviou milagreiramente a un lateral un perigoso disparo de Xián (89´), moi ao estilo de Casillas contra Robben en Sudáfrica. Pero nada puido facer despois cando tras saque de córner, marcou César (90´). Aínda tiveron outra desde lonxe os visitantes pero o disparo do vilalbés Juan voltouno a despexar Kiko (91´).

Sen tempo para máis, segue nunha moi boa posición ó As Pontes, terceiro con 41 puntos, a tres do Polvorín. Pero desgraciadamente faino bastante xusto, con apenas 18 xogadores. Mesmamente hoxe Rego estivo lesionado, e Pardo e Fidi viron a quinta cartulina. Con tanta competencia polas oito primeiras prazas e con tres xogadores menos, algunha incoporación nos próximos días sería benvida coma unha cesta de Entroido.

Próxima visita ó Escairón, do Saviñao, cuarto pola cola con 22 puntos, pero que esta campaña gañou a Ribadeo, Dubra e Betanzos, entre outros, ou empatou co líder Paiosaco.

3 CD As Pontes. Kiko, Criado, Martínez, Maroñas, Dani, Rober (Jandro 87´), Quique (Ramos 64´), Bossa (Troncho 85´), Iglesias, Fidi (Alex 72´), Pardo.

1 San Tirso SD. Lameiro, Caamaño, Damián, César, Manuel (Alejandro 84´), Óscar, Álvaro, Juan, Yago (Xián 45´), Ares (Queijeiro 78´), Babío.

Goles: 1-0, Pardo (45´). 2-0, Pardo (50´), 3-0, Adrián Iglesias (83´), 3-1, César (90´).

Árbitro: Jesús Piñeiro Lugo (Santiago). Auxiliado nas bandas por Castro Mouzo e Rodríguez Munín. Amarelas a Quique, Fidi, Pardo, Alex, Caamaño, César, Álvaro e Juan. Expulsou ó delegado visitante.

Campo e incidencias: O Poboado, uns 100 espectadores en tarde soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 26-27-28 XANEIRO

Triunfos de Feminino, Xuvenil, Infantil, Benxamín A e Prebenxamín B 

FEMININO
DISCALZAS SD-CD AS PONTES (2-4)

No encontro disputado este domingo á mañá, vitoria do equipo feminino 2-4 no seu desprazamento a Cedeira. Comezaban adiantándose con tantos de Paula Baamonde, o 11º da tempada, pero empataban as locais por medio de Lucía ó borde do descanso.

Pero tres tantos consecutivos no segundo período, de Noelia, e dous de Paula Castro, que xa leva 13, sentenciaban o partido pese a recurtar distancias María nas postrimerías.

Terceiras con 35 puntos visitan ó segundo con 39, Galicia de Caranza. Xogaron Leti, Uxía Cupeiro, Tania, Nuria, Indira, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Uxía Rodríguez, Paula Baamonde e Yara.

XUVENIL
CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (3-1)

Sufrida vitoria do Xuvenil pontés ante o colista sen puntuar, Perlío, por 3-1. Os de Fene puxéronse 0-1, tanto de Germán, preto do descanso, e xa no segundo tempo, o As Pontes foi a polo gol, e empatou nun balón que lle gañou Óscar ó porteiro visitante, e cede atrás para que Cristian marque.

Tras un saque de córner de Josiño, Cazás cabeceou ó fondo das mallas, e pese a algún momento de apuro, preto do final, Óscar controlou e fusilou por baixo ó gardamallas visitante poñendo o 3-1 definitivo,

Isto nun segundo tempo no que outra dúas boas oportunidades chegaron noutra ocasión en que Óscar lle gaña a partida ó porteiro, dispara a porta baleira, pero saca un defensa baixo paus, ou nun man a man de Josiño que desvía a córner o gardamallas visitante.

Tres puntos moi importantes que permiten ós azuis seguir na poxa polos postos altos ante un Eume intratable que goleou 0-4 ó Narón.

Os de Pontedeume teñen 27 puntos por 21 dos azuis, cun encontro menos, e que na vindeira xornada visitan ó Caranza B, sétimo con 7 puntos.

Xogaron Meidán, Fraga, Carlos, Pablo, Breijo, Vilela, Óscar, Chema, Cristian, Xose, Dani e despois David, Cazás, Derick e Jose.

CADETE
EFB AMISTADE DE MEIRÁS-CD AS PONTES (5-1)

Derrota do Cadete 5-1 ante o equipo que o apartou da final de Copa, o Amistade de Meirás. O equipo de Valdoviño xa deixou sentenciado co 3-0 na primeira media hora, e Jandro anotou no desconto o tanto da honra dende o punto de penalti.
Sétimos con 10 puntos, na vindeira xornada reciben ó Narón A, noveno con 7. Xogaron Juan, Eyob, Adrián, Alejandro, Antonio, Nono, Jandro, Santi, Vicente, Xan, Joan, e despois Xoel, Dani, Edgar e Mohamed.

INFANTIL
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (1-4)

Vitoria do infantil 1-4 na casa do colista Perlío, nun encontro máis igualado do que indica o marcador, xa que pese a dous tantos iniciais de Mario Regueiro e Luis, o 1-2 de Aitor faltando 20 minutos poñía a incertidume no marcador, pero un tanto de Sergio Hermida e outro de Hugo Blanco co tempo cumprido establecían o marcador definitivo.

Quintos con 18 puntos, reciben ó Neda, oitavo con 12. Xogaron Hugo Bouza, Israel, Anxo, Íker, Samuel, Mario, Juan, Carlos, Sergio, Hugo Blanco, Luis, Mateo, Iago, Alejandro, Billal e David.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-EUME DEPORTIVO (2-1)
EF RACING DE FERROL B-CD AS PONTES B (3-3)

Victoria do Benxamín A 2-1 ó Eume, tantos de Nicolás Meizoso, Diego Ortigosa. Terceiros con 12 puntos, visitan ó colista Rápido de Neda. O Prebenxamín B empatou 3-3 en Ferrol, nun encontro que dominaban 0-3 con tantos de Nacho Villasuso, pero con tres goles dos verdes nos derradeiros dez minutos. Terceiros con 10 puntos reciben ó líder con pleno de triunfos Portuarios.

PREBENXAMÍN
CD NARÓN-CD AS PONTES A (6-2)
CD AS PONTES B-CCRD PERLÍO (6-3)

O Prebenxamín A perdeu 6-2 en Narón. Tras comezar perdendo, dous goles de Xoel Galego puxeron o 1-2, pero logo chegaron cinco tantos máis dos naroneses. Sextos con seis puntos antes de recibir ó Numancia, sen puntuar. Pola súa banda, segunda vitoria da tempada para o Prebenxamín B, o seu primeiro triunfo databa da primeira xornada da fase clasificatoria 2-5 ó Maniños. Nesta ocasión 6-3 con dous tantos de Brais Gómez, e un de Iago Bouza, Daniel Peña, Pau Jorrin e Xoel Timiraos. Sextos cos tres primeiros puntos, na vindeira xornada visitan ó líder con pleno de vitorias, o San Sadurniño.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE VETERANOS LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2017-18

O líder suma a decimoterceira vitoria da campaña 

Segue con paso firme o Mav Abogados na Liga pontesa de Veteranos, pois gañou 2-0 ó Farmavida. Tamén venceu A Cepa 4-3 ó Bar Jardín, e no duelo dos equipos dos postos baixos, MMYPEN gañou 3-2 a Electricidad J&O.

A sorpresa da xornada foi a contundente goleada do penúltimo clasificado, As Pontes 74, sobre o Galiorient, 0-5, curiosamente o único equipo capaz de vencer ó líder no que vai de Liga.

Non se disputou o La Galaxia-Muebles Eume, polo triste falecemento de Cándido Franco Otero “Cani”, un histórico do baloncesto pontés.

Mav Abogados ten 39 puntos, Muebles Eume 33 e La Galaxia 28, ambos cun encontro menos. Cuarto clasificado A Cepa con 23, seguido de Galiorient con 19, Bar Jardín e Farmavida 16. E na parte baixa MMYPEN 12, 10 para As Pontes 74 e pecha Electricidad J&O con 6.

Poucos cambios na táboa de goleadores, que segue liderando Juan con 19 tantos, seguido de Fernández que sube ata 15, e Tomás e Kivo con 14.

RESULTADOS 14ª XORNADA
MMYPEN-Electricidad J &O (3-2) (Choupi, Pazos, Juan Esteban / Cristóbal 2)
Galiorient-As Pontes 74 (0-5) (Paz, Senén 3, Julio)
A Cepa-Bar Jardín Lecar 712 (4-3) (Fernández 2, Piña 2 / Felipe 2, Cabanela)
Farmavida-MAV Abogados (0-2) (Juanjo, Narciso)

CALENDARIO 15ª XORNADA

03/02/2017 19:00 MAV ABOGADOS – AS PONTES 74
03/02/2017 20:00 ELECTRICIDAD J&O – LA GALAXIA
04/02/2017 10:00 FARMAVIDA – A CEPA
04/02/2017 11:00 MMYPEM – BAR JARDÍN
04/02/2017 12:00 GALIORIENT – MUEBLES EUME

Nova cortesía Xose Ferreiro e Tino Prieto

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s