CD As Pontes Feminino

ACTUACIÓN DE MALENA MIERES EN ALCUDIA

Galicia sub18 concluiu a competición con tres vitorias e unha derrota

As Seleccións Galegas Cadete e Xuvenil xogaron esta fin de semana nas Illas Baleares a segunda fase do Campionato de España.

O venres a selección sub18 gañou 1-5 á locataria Baleares, con hat trick de Tere Abelleira, e un tanto de María Calvo, da Milagrosa, e outro de Sara Deben, do Matamá.

Onte sábado Galicia goleou tamén a Extremadura por 0-4, con goles de María Calvo, Carolina Brañas, do Victoria, e Marta López, do Friol.

Malena xogou os dous partidos completos. Na primeira fase Galicia gañara 4-1 ó País Vasco, perdendo 3-0 contra a Comunidade Valenciana polo que rematan a competición con 9 puntos.

A sub 16 pola súa banda empatou 1-1 tanto con Baleares como con Extremadura, o que unido á vitoria na primeira fase ante o País Vasco (1-0), e o empate con Comunidade Valenciana (1-1), rematan a competición con seis puntos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. PONTEVEDRA MAREANTES RC B 12 – CR FENDETESTAS 45

O equipo pontés queda a un triunfo do título

O Fendetestas pontés de rugbi xogou esta fin de senana de Entroido en Pontevedra, onde gañou por 12-45 ó Mareantes B en Monteporreiro.

Ao descanso xa mandaban os verdes por 5-21, e iso que afrontaron o encontro con quince efectivos xustos, sen cambios.

Xogaron Antón, Pablo, Toño, Rober, Xose, Antonio, Javier, Miguel, Iván, Andrés, Óscar, Ramón, Víctor, Roberto, Ángel.

Tres ensaios de Antonio, e un de Toño, Ramón e Roberto. Rober acertou tamén os seis lanzamentos a paus e un golpe de castigo.

Co bonus ofensivo, suman xa 53 puntos na táboa, e só lles queda pendente recibir ó Vigo B, e ó Barbanza no encontro aprazado. Gañando un destes dous partidos sería campións.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 9-10 FEBREIRO

Vitoria do Feminino, Alevín A, e ambos Benxamíns e Prebenxamíns.

PREFERENTE
XALLAS FC-CD AS PONTES (2-1)

O As Pontes perdeu na súa visita a Santa Comba por 2-1. Como comenta o compañeiro David Castro, o equipo pontés tivo o dominio do xogo todo o encontro pero sen apenas crear ocasións e o conxunto local aproveitou dous erros defensivos para marchar ó descanso con 2-0, froito tamén dun penalti enviado por Bossa ó longueiro. O mesmo guión viviuse no segundo tempo onde Iglesias acabou por recurtar distancias pero co tempo xa cumprido.

No encontro da xornada o Polvorín venceu 2-0 ó Paiosaco, e ambos, con 50 e 51 puntos respectivamente teñen pe e medio no ascenso. Pola terceira praza honorífica pelexarán As Pontes 44, Arteixo, e Ribadeo (cun encontro menos), 42, Castro 41, e Arzúa 39. O equipo local, que chegou a estar colista mediada a primeira volta, xa é oitavo con 35.

Xogaron Kiko, Alex, Martínez, Rego (Criado 80´), Dani, Roberto (Pardo 53´), Maroñas, Bossa (Troncho 80´), Iglesias, Fidi, Quique.

Tamén, capítulo negativo, nun equipo tan curto de efectivos, é a quinta amarela de Rego, que non poderá xogar contra o perigoso Castro.

FEMININO
CD AS PONTES-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (1-0)

Vitoria do equipo feminino cun solitario tanto de Paula Baamonde mediado o primeiro tempo. Terceiras con 38 puntos, descansan na vindeira xornada, porque lles correspondería visitar ó Santa Mariña, equipo retirado antes do comezo da competición.

Xogaron Leti, Yoli, Carolina Paz, Tania, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Uxía.

XUVENIL
CD AS PONTES-MEIRÁS CF (0-0)

A pesar das ocasións, non puido o Xuvenil contra o Meirás que sacou un punto do Poboado. Golpe de man do Eume, que lle sobraron os goles na súa vitoria 3-0 ante o Portuarios, xa no descanso, e ten medio título rematada a primeira volta.

Eume 30, As Pontes 25, Portuarios 22, Narón 21. No comezo da segunda volta recíbese ó Numancia. Xogaron Meidán, Fraga, David, Pablo, Breijo, Vilela, Carlos, Chema, Cristian, Josiño, Pita e no segundo tempo entraron Dani e Alex Barro

CADETE
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES (8-0)

Goleada do Cadete 8-0 na visita ó líder Eume. Sétimos con 11 puntos, visitan ó Portuarios, décimo con 9. Xogaron Juan, Eyob, Xavi, Alejandro, Antonio, Nono, Joan, Xan, Vicente, Jandro, Santi, e despois Adrián, Daniel, Xoel, Edgar e Mohamed.

INFANTIL
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES (2-2)

Empate do Infantil 2-2 na súa visita ó Portuarios, si ben, a pesar dos dous tantos de Jandro López no primeiro período, voltáronlle a empatar co tempo cumprido. Quintos con 20 puntos visitan ó Eume, sexto con 18, no comezo da segunda volta.

Xogaron Mario, Eloy, Xose, Íker, Samuel, Mario, Xoel, Jandro, Diego, Hugo, Juan, Iago, Ángel, Anxo, Sergio e Francisco.

ALEVÍN
SD O VAL-CD AS PONTES A (5-6)
CD AS PONTES B-UD CEBARCA (1-5)

Vitoria do Alevín A que é cuarto con 13 puntos antes de visitar ó Numancia, quinto con 12. Dobletes de Israel Varela, Anxo Blanco e Alexo Platas. Derrota do Alevín B 1-5, gol de Andrea Cruz, antes de recibir ó Perlío B, cuarto.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD NUMANCIA DE ARES (5-1)
CD NARÓN C-CD AS PONTES B (2-3)

O Benxamín A gañou 5-1, Diego Ortigosa, Xavi Regueiro, Nicolás Meizoso, Alexander Venancio, Almahdi Belhaj. É segundo con 18 puntos antes de visitar ó Mugardos, sétimo. O Benxamín B gañou 2-3 na súa visita a Narón, remontando un 2-0, con dous tantos de Naúl Suárez e un en propia meta, e cuartos con 13 puntos reciben ó segundo Narón O Freixo B.

PREBENXAMÍN

CD AS PONTES A-SRD NUMANCIA DE ARES CF (4-0)
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES A (0-1)
CD AS PONTES B-CULTURAL MANIÑOS SD (7-1)

O martes o Prebenxamín A gañaba 4-0 ó Numancia de Ares, con doblete de Íker Díaz e Xoel Galego, e xa o sábado venceron 0-1 ó Neda, gol de Xoel. Son cuartos con 12 puntos, antes de recibir ó Ánimas, sétimo. O Prebenxamín B pola súa banda gañou 7-1 ó colista Cultural Maniños, con cinco goles de Brais Gómez, e un de Daniel Peña e Izan Carro, e xa suma dúas vitorias antes de visitar ó Cedeira B, segundo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s