CD As Pontes Feminino

NOVOS ADESTRAMENTOS DE MALENA COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB19

Levaránse a cabo do 19 ó 21 deste mes 

A xogadora pontesa do Deportivo da Coruña, Malena Mieres García, voltou a ser convocada para uns adestramentos da Selección Española Sub19, que se levarán a cabo en Las Rozas a vindeira semana, do luns 19 ó mércores 21.

Na convocatoria repiten 20 xogadoras, incluidas as tres porteiras, Noelia Ramos, María Isabel Rodríguez e Malena, e hai catro novidades, entre as que destaca a dianteira de 17 anos Lorena Navarro, máxima goleadora do Europeo Sub17 de Bielorrusia e do Mundial sub17 de Xordania, ambos no ano 2016.

As 24 convocadas son as seguintes:

Porteiras: Noelia Ramos (Levante), Isabel Rodríguez (Atlético), Malena Mieres (Deportivo)

Defensas: Laia Alexandri, Itziar Pinillos (Atlético), Lucía Rodríguez (Tacón), Anna Torrodá, Laia Codina (Barcelona), Ona Batlle (Madrid), Berta Pujadas (Espanyol)

Medios: Damaris Egurrola, Oihane Hernández (Athletic), Paula Fernández (Málaga), Tere Abelleira (Deportivo), Rosa Márquez (Betis), Nerea Eizaguirre (Real Sociedad), Alejandra Serrano (Valencia)

Dianteiras: Carla Bautista (Atlético), Athenea del Castillo (Santander), Candela Andújar (Barcelona), Nuria Rábano (Deportivo), Elena Julve (Espanyol), Lorena Navarro (Tacón), Olga Carmona (Sevilla)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FERROL ACABA CUARTA NO TORNEO GALEGO

Disputado en Cedeira con Andrea Cruz entre as convocadas 

Este martes disputouse en Cedeira a Fase Final do Torneo Galego de Seleccións Comarcais Sub12. Entre as catorce convocadas estaba a xogadora do CD As Pontes, Andrea Cruz.

Nas semifinais, Ferrol perdeu 0-2 con A Coruña, selección que caeu na final con Vigo, campiona, por 1-3. Na loita polo bronce venceu Santiago ao combinado ferrolán por 1-4.

No torneo masculino Pontevedra sorprendeu a Coruña, quedando Vigo terceira e Santiago cuarta.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía Fútbol Ferrol.

RESULTADOS CD AS PONTES 16-17-18 FEBREIRO

Vitorias do Xuvenil, Cadete, Benxamín A e Prebenxamín A 

XUVENIL
CD AS PONTES – SRD NUMANCIA DE ARES CF (6-0)

Vitoria do xuvenil pontés no seu encontro como local xogado en Maniños. Tres goles consecutivos de Dani, e un de Carlos, Andrés e Jose de penalti deron os tres puntos contra o Numancia.
Asentan a segunda praza con 28 puntos e descansan na vindeira xornada. Xogaron Meidán, Fraga, David, Pablo, Breijo, Vilela, Carlos, Chema, Dani, Xose, Andrés e despois entraron Cristian, Alex Barro, Cazás, Jose e Derick.

CADETE
SRD PORTUARIOS – CD AS PONTES (2-5)

Bo triunfo 2-5 do Cadete en Ferrol ante o Portuarios. Saiuse Vicente, que anotou catro tantos e outro de Xavi. Sétimos con 14 puntos, antes de recibir ó San Pedro, sexto con 15.

Xogaron Andrei, Eyob, Adrián, Alejandro, Antonio, Nono, Luis, Xan, Vicente, Xavi, Xoel, Joan e Edgar.

INFANTIL
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (1-0)

Derrota do infantil na súa visita a Pontedeume, 1-0. Son sextos con 20 puntos, antes de recibir ó Numancia, undécimo con tres.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Íker, Samuel, Mario Fraga, Xoel, Hugo, Diego, Jandro, Luis, Hugo, Anxo, Juan, Ángel e Sergio.

ALEVÍN
SRD NUMANCIA DE ARES CF – CD AS PONTES A (4-1)
CD AS PONTES B – CCRD PERLÍO B (0-4)

Derrota do Alevín A 4-1 na súa visita a Ares, tanto de Israel Varela. Son sextos con 13 puntos, antes de recibir Ó Ferrol C, segundo con 19. Derrota 0-4 do Alevín B ante o Perlío B, antes de visitar ó quinto clasificado Cultural Maniños.

BENXAMÍN
SCD GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES A (1-2)
CD AS PONTES B – SCDR NARÓN O FREIXO B (1-1)

Vitoria do Benxamín A 1-2 en Mugardos, tantos de Íker Ares e Xoel Vigo, sendo segundos no grupo dos mellores con 21 puntos, antes de recibir ó Perlío, terceiro con 18. O Benxamín B pola súa banda empatou 1-1 co Freixo C, gol de Nacho Villasuso, e son cuartos con 14 puntos antes de visitar ó Perlío B, noveno con tres.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A – SCDR ÁNIMAS (3-0)
CEDEIRA SD B – CD AS PONTES B (5-0)

O Prebenxamín A gañou 3-0 ó Ánimas, Íker Díaz, Brais Varela e Xoel Galego. Son cuartos con 15 puntos antes de visitar ó líder Caranza C. Derrota do Prebenxamín B 5-0 ante o Cedeira B. Sétimos con 6 puntos antes de recibir ó Caranza, cuarto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2017-18

O Mav Abogados suma o 15º triunfo e queda a unha vitoria do título

So quedan dúas xornadas na Liga de Veteranos pontesa e o Mav abogados está a un só triunfo do título, xa que gañaron 2-0 ó Bar Jardín e suma tres puntos máis na sú conta, ante un Mueble Eume que non se da por vencido e gañou pola mínima 0-1 á Cepa.

Lidera Mav Abogados con 45 puntos, por 39 e 34 de Muebles Eume e La Galaxia cun encontro menos. A Cepa suma 26, Galiorient 19, Bar Jardín 17, e 16 Farmavida e MMYPEN. Con 11 quedaría As Pontes 74 e 7 Electricidad J&O.

Segue liderando tamén a táboa de goleadores Juan con 20 tantos, por 17 de Fernández e 16 de Tomás e Kivo.

RESULTADOS 16ª XORNADA
Electricidad J&O-As Pontes 74 (2-2) (Alberto, Cristobal / Senén, Julio)
A Cepa-Muebles Eume (0-1) (Diego Soto)
MAV Abogados-Bar Jardín Lecar 712 (2-0) (Narciso 2)
Galiorient -MMYPEN (1-2) (Tomás / Luis, Manuel)
La Galaxia-Farmavida (2-1) (Oscar, Fontao / Juan)

CALENDARIO 17ª XORNADA

24/02/2018 19:00 AS PONTES 74 – MUEBLES EUME
24/02/2018 20:00 BAR JARDÍN – ELECTRICIDAD J&O
25/02/2018 10:00 MAV ABOGADOS – LA GALAXIA
25/02/2018 11:00 FARMAVIDA – GALIORIENT
25/02/2018 12:00 MMYPEM – A CEPA

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Tino Prieto

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 36 – BARBANZA RC 7

O equipo pontés gañou o partido que fora aprazado no seu día

O equipo pontés do Fendetestas venceu hoxe 36-7 ó Barbanza en encontro que fora aprazado a mediados de Decembro polo temporal. Os ponteses xa eran campións matemáticos a semana pasada, dada a incomparecencia do Zalaeta no seu encontro ante o Vigo B.

O equipo pontés xa mandaba 22-0 ó descanso, cos catro ensaios necesarios para adquirir o bonus, ensaios que correron a cargo de Andrés (2), Xose, Óscar, Anxo e Iván, con tres transformacións de Rober.

Xogaron Gallardo, Antón (Roberto 68), Toño, Rober, Xose, Javier, Iván, Andrés, Óscar, Ramón (Varela 41), Víctor, Anxo, Asier, Pablo, Jesús.

A falta de unha xornada, lidera Fendetestas con 58 puntos, por 44 de Zalaeta, 36 de Mareantes B e Santiago, 34 de Vigo B, 32 de Muralla, 23 de Barbanza e 4 de Ourense B.

Na derradeira xornada o interese está en que equipos ocuparán a terceira e cuarta praza do play off, ás que aspiran Mareantes B, Santiago, Muralla e o Vigo B, que visita o Monte Medulio.

Nova cortesía de Xose Cendán e Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – FS CUÉLLAR COJALBA (7-3)

O equipo pontés é oitavo clasificado con 23 puntos 

O Esteo pontés de fútbol sala venceu este sábado con contundencia ó Cuéllar Cojalba de Segovia por 7-3.

O equipo pontés foi un vendaval dende o inicio do partido, e así adiantaba ó equipo local Pana, quen, tras desmarcarse encarou a Cano e picoulle o balón por alto (3´). A este tanto seguiulle outro de Rober Paz, que aproveitou un bo pase de Héctor para batir por baixo ó porteiro (7´), e a continuación outro de Martín de forte disparo dende fóra da área (9´).

Nunha indecisión defensiva visitante estivo listo Pana para poñer o 4-0 (10´), pero os segovianos recurtaron distancias cando nun arriscado pase de banda a banda de Rober, que pescou o balón Raúl en boca de gol, e fusilou a Javichu (12´).

Pero antes do descanso, nun saque de banda, boa triangulación entre Héctor, Rober e Pana, e este anotaba o 5-1 chegando dende atrás (18´). Hat trick, e xa se sitúa con 20 tantos.

O gran xogador de Pontedeume, xa está a un de Jaco, que con 21 ten o récord de goles do equipo en Segunda B, aínda que Martín con 18 non se queda rezagado.

O equipo de Javi Saa chegaba ó descanso con cinco goles, dous postes de Pana e Martín, un tiro ó longueiro de Javichu dende a súa porta, e dous man a man de Gago co porteiro.

Pero complicouse a vida o cadro local no comezo do segundo período. Acostumado como está a ter poucos efectivos no equipo, os visitantes, con máis respiro e rotacións, achegáronse tras un trallazo lateral de Javi (23´), que quedou só, e de Iván, que avanzou dende media pista ata o borde da área e cun punteirazo puxo o 5-3 no electrónico (27´).

Pero respirou o cadro local nunha xogada na que un balón morto mandao Rober ó poste, e o posterior rexeite, recolleo Martín, que regatea ó defensa, e bate a Cano de tiro cruzado (30´).

A sentencia chegou xogando os visitantes con porteiro xogador, que Javi, enviou o balón cara atrás, con tan mala fortuna que non atopou ningún compañeiro seu no camiño, e o balón acabou entrando manseniño na súa portería (35´).

De ahí ó final, tan so resaltar un trallazo á cruceta de César. Os ponteses son oitavos con 23 puntos, pero non hai que descoidarse porque o Leis gañou 6-4 ó Xove, e un sorprendente Unión Arroyo gañou 3-5 ó Albense, abandonando a última praza, na que queda o Ventorrillo.

Próxima visita precisamente ó Albense, que está un posto e un punto por riba dos ponteses.

FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Javichu, Martín, Héctor, Pana, Gago – cinco inicial – Rober Paz, Dani, Gerardo, Ayrton.
FS CUÉLLAR COJALBA: Cano, David, Gonza, Chuquito, Javi – cinco inicial – Íker, Josito, Iván, Raúl, Jose, César, Piti.
ÁRBITROS: Feliz Otero, Novoa García, Quintás Crespo (Ourense). Amarelas a Jesús, Dani, Héctor e Chuquito.
GOLES: Min. 3 (1-0), Pana. Min. 7 (2-0), Rober Paz. Min.9 (3-0), Martín. Min.10 (4-0), Pana. Min. 12 (4-1), Raúl. Min. 18 (5-1), Pana. Min. 23 (5-2), Javi. Min. 27 (5-3), Iván. Min. 30 (6-3), Martín. Min. 35 (7-3), Javi, pp.
INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Partido correspondente á decimosétima xornada de Liga, novena na casa. Uns 200 espectadores.

Liga da Terra Chá
Cadete. O Esteo – Begonte (2-1)
Infantil. O Esteo B – Begonte B (0-2)
Alevín. Cospeito – O Esteo (4-7)
Benxamín. Outeiro A – O Esteo (2-1)
Prebenxamín. Castro – O Esteo (0-3)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – CD CASTRO 1

O As Pontes salva un punto no desconto cun golazo de Bossa 

O As Pontes salvou un punto no desconto no encontro disputado na tarde deste domingo no Poboado. Non conseguiu o Castro asaltar o feudo pontés en encontro oficial, que se salda cun histórico de catro triunfos locais, por tres empates.

O partido foi moi disputado entre dous bos conxuntos, se ben as mellores ocasións foron polo bando local. Voltaban ó Poboado Iván González e Diego Núñez, e comezaba o partido cun saque de falta de Bossa moi axustado ó lateral da rede (6´), e un remate de Pardo por riba a pase de Quique (8´). Responderon os visitantes cun centro de banda a banda, que remata cruzado Álvaro (10´).

Un balón que non consigue despexar Yebra, non o aproveita Alex, que remata moi desviado (11´), precedeu á mellor ocasión polo bando local. Nun balón que lle cede Quique a Iglesias, que avanza, remata cruzado o dianteiro de Agolada, pero o balón, co porteiro xa batido, vai ó poste e pasease pola portería acabando por atallalo Yebra (17´).

Comezaba apretando no segundo período o As Pontes, e, tras un bo centro de Roberto, cabecea por riba do longueiro Pardo (51´). A mellor ocasión sen dúbida chegou cando Pardo fai unha boa xogada por banda esquerda, na que arrastra aos defensas, cédelle o balón a Quique, quen so diante de Yebra manda o balón por alto (53´).

Responderon os visitantes tras un balón que perde Martíneze no que Iván González chega a liña de fondo e cede cara atrás para que Omar remate por riba da porta local (54´), e voltou ter outra o conxunto azul, nun balón que controla Quique, de costas na área pequena, cede atrás e Roberto remata fora (58´).

O que perdoa acaba pagando, e nunha contra, tras centro dende banda dereita de Fernando, chega completamente só o segundo pau Álvaro, que neste caso non perdoa e bate por baixo a Kiko (67´).

Foi o As Pontes a rescatar tan sequera un punto, necesitando algún revulsivo que acompañe a Iglesias na punta de ataque, e dispuxo de algunha que outra ocasión, como un disparo de Fidi moi axustado ó lateral do poste (72´), ou unha cabezada de Iglesias que sae a rentes do pau (82´).

Entremedias tamén tiveron a súa os visitantes nun balón que lle pasa por riba a Criado, controla Marino, e manda o balón por riba do escuadro (78´). Pero foi co tempo xa cumprido, que nunha falta ó borde da área, o Mago de Viveiro, coa súa luva, colou o balón polo escuadro a onde non puido chegar Yebra (91´).

Tralo gol foi expulsado Omar (92´), e aínda o tentou o cadro local ata o pitido final, incluso tivo unha ocasión nos pes de Ramos, pero non quixo rematar de primeiras, desbaratando o perigo o cadro vermello. Sen tempo para máis, o As Pontes é cuarto con 45 puntos, antes de visitar ó Ordes, noveno con 36.

1 CD As Pontes. Kiko, Martínez, Alex, Maroñas, Dani, Roberto (Criado 74´), Quique (Ramos 65´), Bossa, Iglesias, Fidi (Troncho 87´), Pardo.

1 CD Castro. Yebra, Fernando, Javicho, Ruchi, Dumi, Núñez, Iván (Fraga 78´), Marino, Omar, Edrosa (Nacho 84´), Álvaro (Igor 87´).

Goles: 0-1, Álvaro (67´), 1-1, Bossa (91´).

Árbitro: Rubén Pérez Martínez (Ourense). Auxiliado nas bandas por Pérez Dapia e Varela Valle. Amarelas, por un bando a Martínez, Alex, Roberto, Pardo, e polo outro, Fernando, Ruchi, Edrosa e Álvaro. Viu a segunda amarela Omar, expulsado no 92´.

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores, moitos visitantes.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s