CD As Pontes Feminino

MIGUEL ALVARIÑO E DANI CASTRO, CAMPIÓNS DE ESPAÑA EN SALA

Lograron o ouro na competición por equipos. Miguel tamén foi prata, e Dani cuarto, en individual 

Esta fin de semana disputouse en Ibiza o Campionato de España en Sala. Cara aló desprazáronse tres representantes do Clube Sílex.

Na competición individual, nas tiradas previas, Maikel foi o mellor, con 587 puntos, dous máis que Pablo Acha. Dani foi sétimo con 570.

Nas roldas eliminatorias, Alvariño foise desfacendo sucesivamente de Mario Rico, de Castela A Mancha, 7-1 en dezaseisavos, apuradamente 6-4 en oitavos de final de Daniel García, de Castela León, e tamén 6-4 do madrileño Enrique Cavanillas en cuartos.

Pola súa banda Dani gañou 6-2 ao canario Manuel Mora, 6-4 ao balear Raúl Riera, e tivo unha vitoria de moito mérito por 6-0 nin máis nin menos que ante o castelán leonés Pablo Acha, o máis prometedor dos arqueiros estatais nos últimos tempos.

Alcanzaban por tanto os dous ponteses as semifinais. Alvariño vencía 6-0 ao madrileño Sergio Del Olmo, pero na final caía ante o seu compañeiro de selección, o catalán Miguel Ángel Pifarre, co que comezou perdendo 0-4 e quedouse sen máis sets por diante para poder remontar acabando cun axustado 4-6.

Por desgracia Dani caía na penúltima ronda ante Pifarre 7-3, e na loita polo bronce ante Del Olmo por 7-1.

Cristina Castro pola súa banda foi 24ª con 498 puntos, e na primeira eliminatoria caeu 6-0 ante Oceanía Morago, de Madrid.

Mellor lles foi ós ponteses na competición por equipos, xa que Miguel, Dani e Vicente Veira, do Arc-Teixo, foron os mellores nas tiradas previas, con 1728 puntos, dous por riba de Castela León.

Dada a súa condición de primeiros, quedaron exentos na primeira rolda, e na seguinte venceron por un apurado 5-4, con 30-29, nas frechas de desempate, á locataria Illas Baleares.

Xa na final, venceron con máis soltura, 5-1, a un bo combinado madrileño con Sergio Del Olmo, Enrique Cavanillas e Ken Sánchez.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ACTUACIÓN DE SERGIO OTERO E DANI PAJARO EN MADRID

Galicia sub18 remata a competición con catro puntos 

Os futbolistas ponteses, do Racing de Ferrol, Sergio Otero, e do Ural coruñés, Dani Pajaro, estiveron esta fin de semana en Colmenar Viejo na segunda fase do Campionato de España Xuvenil sub18.

Non estivo moi atinada Galicia o sábado xa que perdeu 7-0 contra a locataria Madrid, despedíndose con bo sabor de boca o domingo tras gañar 2-1 a Castela e León, con tantos do deportivista Mujaid Sadick e do porriñés Sergio Ramilo co tempo cumprido.

Dani Pajaro xogou os dous partidos completos, e incluso no segundo actuou como capitán. Sergio Otero participou no primeiro encontro ata ser sustituido no minuto 69.

A selección xuvenil remata a competición con catro puntos, dado que na primeira fase perdeu coa locataria Illas Canarias (1-0) e empatou con Cantabria (2-2).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CD ALBENSE FS-O ESTEO FS (5-3)

O Esteo é noveno con 23 puntos

Derrota do Esteo 5-3 na súa visita a Alba de Tormes. E iso que comezaron con 0-2 os de Javi Saa, pero sentenciaron os locais empatando antes do descanso e con tres goles na reanudación, con apenas dúas rotacións do Esteo. 

Dos rivais de abaixo só perdeu o Unión Arroyo 3-8 ante o Narón, pero gañaron o Leis 2-3 en Benavente e o Ventorrillo 2-0 ó Cuéllar.

Precisamente o equipo coruñés visita a Fraga este sábado nun encontro no que o cadro local non poderá contar con Martín, e dado que hai que alonxar as derradeiras prazas o máximo posible o partido será moi importante.

FICHA DO PARTIDO

CD ALBENSE FS: Miguel, Cristian, Morales, Oscar, Pablo– cinco inicial – Javi, Jaime, Pibe, Sierro, Moasín, Juanto, Borja.

O ESTEO FS: Jesús, Martín, Héctor, Rober, Gago – cinco inicial – Dani, Gerardo.

ÁRBITROS: Merino González, Moreno De Santos, Calvo Martín (Segovia). Amarelas a Juanto, Javi, Jaime, Morales, Miguel, Rober e Gago. Expulsado por dobre cartón Martín.

GOLES: Min. 11 (0-1), Martín. Min. 13 (0-2), Rober. Min.14 (1-2), Jaime. Min.20 (2-2), Óscar. Min. 22 (3-2), Morales. Min. 29 (4-2), Sierro. Min. 31 (5-2), Cristian. Min. 31 (5-3), Dani.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal Alba de Tormes. Uns 150 espectadores.

Liga da Terra Chá
Cadete. Guitiriz-O Esteo (3-2)
Infantil. Mondoñedo-O Esteo A (3-3)
Infantil. O Esteo B-Outeiro (1-4)
Alevín. O Esteo-Outeiro (4-2)
Benxamín. O Esteo-Xermade (1-2)
Prebenxamín. O Esteo-Outeiro (3-1)

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 23-24-25 FEBREIRO

Empate en Ordes do primeiro equipo. Vitoria do Feminino, Infantil, Benxamín B 

PREFERENTE
ORDES SD-CD AS PONTES (1-1)

Empate do As Pontes no Campo de Vista Alegre. Decidiuse todo no derradeiros instantes, i é que se adiantou o cadro azul faltando poucos minutos tras un tanto do seu único dianteiro, trala marcha de Eloy, Adrián Iglesias, que xa leva once tantos o de Agolada.

Pero non soubo manter a ventaxa o cadro azul e no desconto empataba o Ordes por medio de David Suárez. Segue tamén a igualdade na terra do queique, con dez triunfos para cada equipo e seis empates.

Paiosaco (57) e Polvorín (56) teñen pe e medio en terceira, seguidos de Ribadeo (48), As Pontes (46) e Arteixo e Arzúa, que retorna, ambos con 45.

Precisamente o cadro arteixán visita a vindeira xornada o Poboado, un equipo que cando o visitou o As Pontes estaba en postos de descenso e subiu como a escuma ata situarse a un punto dos azuis.

Xogaron Paco, Criado (Fidi 62´), Alex, Rego, Dani, Maroñas, Martínez (Troncho 80´), Bossa, Iglesias, Quique, Pardo (Ramos 46´).

FEMININO
CD AS PONTES-SCD GALICIA DE MUGARDOS (6-0)

Goleada do feminino ante o Galicia de Mugardos, que marchaba 2-0 ós dez minutos de xogo, e nos últimos dez de encontro anotaron outros catro. Dous tantos de Paula Castro e Paula Baamonde, e un de Yoli e Indira.

Terceiras con 44 puntos, visitan ó Cebarca, undécimo. Xogaron Leti, Yoli, Carolina Paz, Indira, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Uxía.

CADETE
CD AS PONTES-RACING SAN PEDRO (3-5)

O Cadete perdeu 3-5 co San Pedro. Nun encontro con moitas alternativas no marcador, os ferroláns marchaban 3-4 e acabaron sentenciando no desconto. Tantos de Jandro, Luis e Vicente.

Sétimos con 14 puntos, descansan na vindeira xornada. Xogaron Andrei, Adrián, Santi, Samuel, Antonio, Nono, Luis, Xan, Vicente, Jandro, Xavi, e despois Xoel, Xose, Xoel Purriños, Mohamed e Iván.

INFANTIL
CD AS PONTES-SDR NUMANCIA DE ARES CF (4-3)

Triunfo do infantil 4-3 ante o Numancia. Partido moi disputado que os de Ares igualaron ata por tres ocasións, ata que no desconto chegou o tanto da vitoria.

Quintos con 23 puntos, reciben ó Ánimas, noveno. Xogaron Hugo, Xose, Íker, Anxo, Mario, Sergio, Ángel, David (1), Hugo, Diego (1), Eloy, e despois Xoel (2), Alejandro, Mateo, Iago e Francisco.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-EF RACING DE FERROL C (3-3)
CULTURAL MANIÑOS SD-CD AS PONTES B (5-1)

Empate 3-3 do Alevín A ante o Ferrol C, que conseguiu remontar un 1-3 con tres tantos de Anxo Blanco. Quintos con 14 puntos, reciben ó Galicia de Caranza, segundo. O Alevín B perdeu 5-1 co Maniños, Xalo González, e cun punto reciben ó penúltimo con catro Meirás B.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-CCRD PERLÍO (1-2)
CCRD PERLÍO B-CD AS PONTES B (0-4)

Derrota do Benxamín A 1-2 ante o Perlío, xa que a pesar do tanto de Nicolás Meizoso, os de Fene remontaron no segundo tempo e ascenden á segunda praza, pola terceira dos ponteses, ambos con 21 puntos. Na vindeira xornada reciben ó líder Racing de Ferrol. O Benxamín B pola súa banda gañou 0-4 ó Perlío B, con dous tantos de Naúl Suárez e Omar Penabad. Cuartos con 17 puntos visitan ó colista sen puntuar Cedeira.

PREBENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA C-CD AS PONTES A (5-1)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA (0-4)

Derrota do Prebenxamín A 5-1 ante o líder Caranza C, pese ao tanto inicial de David Otero. Cuartos con 15 puntos, reciben ó Caranza B, sétimo. O Prebenxamín B pola súa banda perdeu 0-4 ante o Caranza, e sétimos con seis puntos visitan ó Ferrol C, sexto con nove.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 19 – KALEIDO UNIVERSIDADE DE VIGO B 10

O equipo pontés remata a Liga con trece triunfos e unha soa derrota 

O Fendetestas pontés de rugbi venceu este domingo 19-10 ó Vigo B polo que remata a Liga con outra vitoria.

Os verdes chegaban ó descanso con 12-0, con dous ensaios de Javier e unha transformación de Rober. Pero os vigueses, que se xogaban a súa praza no play off recurtaron distancias no segundo tempo cun ensaio, transformación e un golpe de castigo, situándose co 12-10 a unha soa acción de remontar.

Pero foron os ponteses os que sentenciaron nos derradeiros instantes cun ensaio de Antonio e a transformación de Rober, situando o definitivo 19-10 no marcador.

Teñen os verdes unha inmaculada traxectoria de trece vitorias, por unha soa derrota, na visita ó segundo Zalaeta (29-14). Rematan con 62 puntos, con 13 de ventaxa sobre o segundo.

Xogarán o play off como campións ante o cuarto, o Muralla de Lugo. Na outra semifinal, segundo contra terceiro, Zalaeta contra Santiago.

Xogaron Antón, Pablo (Roberto 73´), Joel, Toño, Rober, Xose, Antonio, Javier (Varela 41´), Iván, Andrés, Óscar, Rafael, Ramón (Jesús 1´), Víctor, Anxo.

Nova cortesía Xose Ferreiro

LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2017-18

O Mav Abogados gaña o título de Liga tras vencer 5-2 a La Galaxia 

O Mav Abogados proclamouse esta fin de semana matemáticamente campión da Liga pontesa de Veteranos a falta de unha xornada.

Fíxoo pola porta grande, goleando 5-2 a un grande como La Galaxia, nun encontro máis complicado do que indica o marcador e no que chegou a ir 0-2.

Aínda que tamén conseguirá gañar o sábado o Muebles Eume, dado que o Mav tiña o goal average a favor e no peor dos casos empataría a puntos co equipo de Basoa e tamén sería campión de Liga, pero o empate do propio Muebles Eume co As Pontes 74 deixou as cousas aínda máis claras.

A falta de unha xornada, Mav Abogados suma 48 puntos, por 40 de Muebles Eume e 34 de La Galaxia, ambos cun encontro menos. A Cepa ten 29, e xa máis abaixo Farmavida e Galiorient teñen 19, Bar Jardín 17, MMYPEN 16, 12 para As Pontes 74 e Electricidad J&O, que sumou o seu terceiro triunfo, ten 10.

Juan segue como máximo goleador con 21, pero achégaselle Fernández con 19. Con 17 están Tomás e Kivo.

RESULTADOS 17ª XORNADA
As Pontes 74-Muebles Eume (1-1) (Damián / Kivo)
Bar Jardín Lecar 712-Electricidad J&O (0-2) (Cristóbal 2)
MAV Abogados-La Galaxia (5-2) (Iván 3, Juanjo, Soto / Juan, Fontao)
Farmavida-Galiorient (2-1) (Juan, Rafa / Tomás)
MMYPEN-A Cepa (3-4) (Manuel 2, Juan Esteban / Fernández 2, Lolo, Ramón)

CALENDARIO 18ª XORNADA
03/03/2018 19:00 MAV ABOGADOS – MMYPEM
03/03/2018 20:00 AS PONTES 74 – BAR JARDÍN
04/03/2018 10:00 ELECTRICIDAD J&O – A CEPA
04/03/2018 11:00 MUEBLES EUME – FARMAVIDA
04/03/2018 12:00 GALIORIENT – LA GALAXIA

Nova cortesía Xose Ferreiro e Tino Prieto

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s