CD As Pontes Feminino

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 16-17-18 MARZO

Gran vitoria do Feminino a domicilio ante o Racing de Ferrol. Triunfos de Xuvenil, Infantil, Alevín A, e ambos Benxamíns.

FEMININO
EF RACING DE FERROL-CD AS PONTES (0-3. Paula Castro, Carlota, Carolina Paz)

XUVENIL
CD NARÓN A-CD AS PONTES (0-3. Óscar, Xose, Cristian)

CADETE
CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA B (0-1)

INFANTIL
CD AS PONTES- SCDR GALICIA DE CARANZA B (5-0. Sergio, Xoel, Jandro, Eloy, Hugo)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SD O VAL B (5-4. Anxo Blanco 4, Israel Varela)
SD O VAL C-CD AS PONTES B (1-1. Andrea Cruz)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR ÁNIMAS (2-0. Nicolás Meizoso, Íker Ares)
SCDR GALICIA DE CARANZA D-CD AS PONTES B (1-6. Naúl Suárez 2, Lucas Blanco 2, David Maseda 2)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-EF RACING DE FERROL (3-8. Xoel Galego, Íker Díaz, pp)
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES B (7-2. Xalo Franco, Izan Carro)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEMIFINAL PLAY OFF. CR FENDETESTAS 20 – MURALLA LUGO RC 10

O equipo pontés xogará o ascenso contra o Zalaeta de Arteixo 

O equipo pontés de rugbi Fendetestas venceu este domingo á mañá na súa semifinal do play off de ascenso ó Muralla de Lugo, equipo que precisamente militara na Primeira Galega a tempada anterior.

Nun encontro moi complicado, como non podía ser doutra maneira, marchouse ó descanso con 3-3. E non foi ata os últimos vinte minutos cando puxeron terra de por medio os ponteses con tres ensaios, namentres os lucenses maquillaron o resultado co tempo cumprido.

Dous ensaios de Antonio, e un de Rober, que anotou tamén un golpe de castigo e un lanzamento a paus.

Xogaron Antón (Gallardo 61´), Pablo (Roberto 75´), Joel, Toño, Rober, Xose, Antonio, Javier (Luis 61´), Miguel, Iván, Andrés, Óscar, Víctor, Ángel (Asier 41´), Anxo.

O Fendetestas xogará agora á final contra o Zalaeta de Arteixo, que venceu na outra semifinal ó Santiago por 8-3.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – SD OUTEIRO DE REI 1

Cómodo triunfo do As Pontes ante o colista 

Triunfo 3-1 do As Pontes no partido disputado na tarde de hoxe no Campo do Poboado ante o colista Outeiro de Rei.

Os locais marcharon ó descanso con ventaxa no marcador de 2-0, gracias ós tantos de Rego, tras cabecear un córner (20´), e Pablo Ramos, que recolle un balón morto no lateral da área e o seu forte disparo cruzado peta na cruceta e acaba entrando (28´).

Pero puideron ser máis goles. Un centro de Fidi cabeceao Dani a rentes do pau (7´), e o propio capitán tras un pase en profundidade, centra á area e despexa a córner Alex antes de que remate a porta baleira algún xogador local (19´).

Tralos dous goles, tamén destacar un balón que non chega a rematar ben Criado en boca de gol e sae por pouco (35´), un bo disparo cruzado de Iglesias, que despexa Dieguiño (36´), e un centro moi perigoso de Pardo que por milímetros non cabecea a gol o dianteiro de Agolada (38´).

A tónica da segunda parte seguía sendo a do dominio local, e de feito o maior perigo visitante foi un mal despexe de Martínez cara á súa porta que rexeita Paco (53´).

Tras un cabezazo de Dani que despexa Dieguiño sen moitos apuros (58´), chegou o terceiro. Quique intérnase por banda dereita, quere centra a Toni que chegaba só no segundo pau, pero desvía o xusto un defensa para que o balón lle quede morto a Dani, que empala un forte zapatazo ó pau contrario e o balón acaba no fondo das mallas (62´).

Logo é Dani quen volta a cabecear a rentes do pau (75´), e nun pase en profundiade casi chega Iglesias ó balón antes que o porteiro (79´).

Concedeu moitos metros o cadro local nos últimos minutos e Pereiro realizou dous perigosos tiros cruzados, e xa na última xogada do encontro houbo un tiro ó poste, logo salvou Paco, ata que acabou marcando Muñiz de forte disparo (93´).

Sen tempo para máis, o cadro pontés é terceiro con 52 puntos, antes de visitar ó Agrupación Estudiantil, duodécimo. Resarciuse o cadro local do mal sabor de boca do empate 1-1 na ida. Segunda vitoria en partido oficial no Poboado ante o cadro lucense, tralo 2-1 da 2008-09.

3 CD As Pontes. Paco, Criado, Martínez, Rego, Maroñas (Jandro 78´), Dani, Ramos, Quique (Carba 65´), Iglesias, Fidi, Pardo (Toni 46´)

1 SD Outeiro de Rei. Dieguiño, Alex (Chufi 62´), Trigo (Roca 70´), Cholas, Muñiz, Pereiro, Aaron (Vizoso 56´), Yago, Samu, Quique, Redondo (Joni 70´).

Goles: 1-0, Rego (20´), 2-0, Ramos (28´). 3-0, Dani (62´), 3-1, Muñiz (93´).

Árbitro: Antonio Domínguez González (Vigo). Auxiliado por Simons Casasnovas e Pérez Fernández. Amarelas a Quique, Jandro, e Alex, Cholas e Yago.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores, en tarde que alternaba sol con momentos moi chuviosos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

28º CARREIRA DE SAN XOSÉ

Os vencedores absolutos foron Chema Martínez e Paula Mayobre 

Este domingo 18, nunha mañá moi chuviosa, disputouse na Carballaeira da Fraga a tradicional Carreira de San Xosé pontesa, que xa vai pola súa 28ª edición.

Organizada polo Atletismo Olympo e o Concello pontés, co patrocinio de Matojoma e Eroski Center, disputáronse varias carreiras, dende os máis pequenos, ata os máis maiores, incluida a habitual andaina.

Pero a edición deste ano non se reduciu á carreira en si, xa que o sábado tivo un gran prolegómeno, e os máis pequenos e adultos do Clube Atletismo Olympo puideron adestrar con Chema Martínez, quen ademais deu unha charla no local do Lar, nun evento que durou dúas horas.

Cabe recordar que o atleta madrileño fora Campión de Europa de 10.000 metros en Munich 2002, quedando por diante de Dieter Baumann e Jose Ríos, ademáis de subcampión de Europa de Maratón en Barcelona 2010 e tamén de 10.000 metros en Goteborg 2006.

Xa o domingo á mañá se disputaron todas as carreiras, e como non, a absoluta masculina levouna Chema Martínez (Las Rozas), seguido de Jonathan Fernández (Pasa ou Entorna), e Marcelo Vásquez (Ferrol).

Na proba feminina foi a gran Paula Mayobre (Seoane Pampín) a gañadora, seguida da non menos grande Melina Alonso (Fene), e terceira quedou Zelin Spencer (Vilalba).

Nos Veteranos o vencedor foi Jose Rey (Paula Mayobre), seguido do local Manuel López e Xesús López (Pasa ou entorna). A gañadora feminina foi Silvia Sánachez (Coruña). Destacar que nunha proba tan dura chegaron á meta incluso participantes de ata 78 anos.

Na competición xuvenil gañou Aldo Rey (Cabanas), seguido de Azziz Saidi e Samuel Dopico, ambos do Ría Ferrol. O podio feminino foi netamente local con Cristina Souto, Laura Bellas e María Prieto.

Na proba cadete tamén coparon o podio masculino os atletas locais, con Hugo Blanco, Antón García e Mario Torrente, mentres que nas rapazas gañou Ana Vallines (Lourenzá), acompañada polas locatarias Celia Durán e Irene García.

Na proba alevín houbo outro pleno pontés e do Olympo con Destaw Pellón, Mateo Núñez e Antonio Graña, mentres que nas cativas venceu Alba Pena (Narón), por diante de Irene Paz (Paula Mayobre), e a locataria Laura Vispalia.

Por último, gañou a proba benxamín o pontés Xandre Domínguez, seguido de Pablo Moreda (Cedeira) e Leandro Lopes (Vilalba). Noa Ardao (Narón) foi a gañadora feminina.

Tamén se deu premio ó 28º clasificado, en homenaxe á idéntica edición da disputa desta proba, que foi para Alberto Chamorro. Curiosamente non se puido outorgar este premio na categoría feminina dado que participaron 27 mulleres. O equipo con máis participantes foi o do Barqueiro, con 18 integrantes.

Sorteouse unha camisola e un libro asinados por Chema Martínez, e tamén se recadaron preto de mil euros, para a Asociación Ve La Luz, contra o maltrato infantil e á muller.

No evento amenizado por Xalo Maira, entregaron as diversas medallas, os concelleiros Chicho Tembrás e Isa Fornos, a presidenta do Olympo, Susana Castro, e o propio Chema Martínez.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA PONTESA VETERANOS 2018

Iniciouse este fin de semana o torneo copeiro pontés

Esta xornada iniciouse a Copa pontesa de Veteranos tralo aprazamento da semana pasada. O máis reseñable foi a goleada do As Pontes 74, 6-1 ante Galiorient, e un partido con moitos goles, decantado por 5-4, o de La Galaxia ante MMYPEN.

Comeza Anselmo como máximo goleador con catro tantos, Manuel tres, e con dous Juan e Fontao. Descansaron A Cepa e o campión de Liga Mav Abogados, que debutará a vindeira xornada.

RESULTADOS 1ª XORNADA

Farmavida-Electricidad J&O (1-2) (Rafa / Manolo, Cristóbal)
Bar Jardín Lecar 712-Muebles Eume (0-1) (Esteban)
MMYPEN-La Galaxia (4-5) (Manuel 3, Manolo / Juan 2, Fontao 2, Sergio)
Galiorient-As Pontes 74 (1-6) (Vituco / Anselmo 4, Rey, Platas)

CALENDARIO 2ª XORNADA

24/03/2018 19:30 MMYPEN – A Cepa
25/03/2018 10:00 Galiorient – La Galaxia
25/03/2018 11:00 Muebles Eume – Farmavida
25/03/2018 12:00 MAV Abogados – Bar Jardín Lecar 712

DESCANSAN:
Electricidad J&O
As Pontes 74

Nova cortesía Tino Prieto e Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s