CD As Pontes Feminino

PLAY OFF DE ASCENSO. CR FENDETESTAS 23 – CD ZALAETA ANYMAR ARTEIXO 3

O equipo pontés de rugbi consigue o ascenso á Primeira Territorial galega 

O Fendetestas pontés de rugbi conseguiu este sábado no Campo do Poboado un brillante ascenso á Primeira División galega tras gañar na final do play off de ascenso ó Zalaeta de Arteixo por 23-3.

Nun Poboado con moito público, o encontro marchou ó descanso con 7-3, tras adiantarse pronto os arteixáns, e responder os locais tras roubar o oval e rematar a xogada Toño Ferreiro e o lanzamento a paus Rober.

No comezo do segundo período o cadro local puxo terra de por medio con tres golpes de castigo transformados por Rober que situaban o 16-3 no tanteador.

Puideron recurtar distancias e darlle emoción ó encontro os visitantes nunha xogada na que quedaron ás beiras do ensaio, pero foi o Fendetestas, na contra posterior, o que conseguía sentenciar tras un ensaio de Joel, e o acerto no lanzamento a paus de Rober, que situaban o 23-3 definitivo.

O equipo pontés remata a campaña con 15 triunfos e unha soa derrota. Entregaron os diversos trofeos o alcalde Valentín González Formoso e o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, a Joel Carballeira e a un Xose Cendán que xogou todo o encontro con 49 anos, pero só no Dni. Tamén houbo tempo para homenaxear a Álvaro, que se retira tras moitos anos nos campos de rugbi.

Xogaron Asier, Moncho, Pastel, Gallardo, Moeche, Vity, Andrés, Joel, Toño, Robert, Huesy, Antón, Iván, Anxo e Miguel, entrando despois Pablo, Xose, Ramiro, Brul, Varela, Robertazo e Rafa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS (2-3)

O Esteo perdeu un punto nos últimos segundos tras remontar un 0-2 

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo perdeu este sábado ante o Pizarras Los Tres Cuñados do Barco de Valdeorras, segundo clasificado, tras un trepidante segundo período.
Tras chegar ao descanso con empate a 0-0, os ourensáns poñían terra de por medio con dous tantos de Durán, que abriu o marcador, e despois foise de Héctor, e cun brillante tiro cruzado desde o lateral bateu a Javichu.
Non se rendiu o Esteo e foi a polo gol, recurtando distancias Rober Paz de penalti tras desviar un defensa coa man na área, e despois nunha xogada de banda a banda empataba Héctor de disparo por baixo chegando só ó segundo pau.
Non se conformou o equipo pontés co empate, e foi valente a polo triunfo co porteiro xogador nos últimos segundos, pero nunha acción na que recuperou o balón o cadro visitante marca dende a súa pista Bruno.
Non tivo sorte o Esteo porque incluso faltando 15 segundos Rober Paz estrelaba un balón no pau. Sen tempo para máis os ponteses son sétimos con 29 puntos antes de visitar ó Leis de Pontevedra, undécimo con 25 puntos.
FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Pana, Rober Paz, Diego– cinco inicial – Martín, Ayala, Gerardo, Gago.

PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS: Kiko, David, Bruno, Dilin, Duran– cinco inicial – Javi, Bencho, Cris, Josiño, Maelo.

ÁRBITROS: Manteiga Rodríguez, Dans Rey, García Vázquez (A Coruña). Amarelas a Ayala, Javichu, Jesús, Bruno, David e Maelo.

GOLES: Min. 28 (0-1), Durán. Min. 31 (0-2), Durán. Min. 35 (1-2), Rober Paz. Min. 36 (2-2), Héctor. Min. 40 (2-3), Bruno.

INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Partido correspondente á vixéximo primeira xornada. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 23-24-25 MARZO

Gran vitoria do primeiro equipo na Estrada. O xuvenil pontés, tras remontar un 0-2, acabou perdendo nun insólito final despois de encaixar dous goles a causa dunha charqueira. Triunfos do Feminino, Alevín A e Prebenxamín A 

PREFERENTE
AGRUPACIÓN ESTUDIANTIL – CD AS PONTES (0-3)

Gran vitoria do primeiro equipo 0-3 na Estrada nun partido no que Bossa adiantou ós azuis, e dous goles do xogador aresán Quique sentenciaban o encontro no segundo tempo.

O As Pontes é terceiro con 55 puntos, a sete dos postos de ascenso, e este Xoves Santo afrontará o partido aprazado co Boimorto, que dada a situación se convirte en trascendental.

Xogaron Paco, Criado, Martínez, Rego, Maroñas, Dani, Ramos (Toni 87´), Bossa, Iglesias (Carba 71´), Fidi (Alex 83´), Quique (Troncho 77´).

FEMININO
CD AS PONTES-SD O VAL B (3-0. Paula Castro, Paula Baamonde, Indira)

XUVENIL
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (3-4)

O xuvenil pontés perdeu este sábado nun encontro cun final insólito. Despois dun mes e medio voltaban a xogar na casa os de Felipe Mieres. Chegaban ó descanso con poucas opcións dado que os de Pontedeume marchaban con 0-2.

Pero nun fulgurante comezo de segundo período os azuis remontaron tras un tanto de vaselina de Dani, o empate de cabeza de Pablo e unha xogada de Óscar por banda dereita na que Andrés anotaba por baixo o terceiro.

Incluso puideron sentenciar cun tiro cruzado de Josiño e un balón que Dani envía alto con todo a favor. Pero xa co tempo cumprido, nun balón que ía cómodo cara a Meidán, quedou parado nun charco, e tralo primeiro remate dun xogador visitante e o rexeite do porteiro acabou marcando un segundo dianteiro a porta baleira.

Os visitantes quedaron cun xogador menos e casi marca Vilela cun tiro de falta.
Pero no último instante, tras un balón que cedeu Pablo cara atrás, cando ía a despexalo Meidán voltou a facer un estrano o balón que se ralentizou na auga e acabou colandoselle por debaixo das pernas.

CADETE
SD O VAL-CD AS PONTES (Día 31)

INFANTIL
CD NARÓN A-CD AS PONTES (0-0)

ALEVÍN
EUME DEPORTIVO B-CD AS PONTES A (2-7. Anxo Blanco 2, Antón Varela 2, Israel Varela 2, Sergio Vázquez)
CD AS PONTES B-CCRD PERLÍO (2-4. Andrea Cruz, Alejandro Leal)

BENXAMÍN
RÁPIDO DE NEDA B-CD AS PONTES A (3-2. Nico Meizoso, Xoel Vigo)
CD AS PONTES B-SD LIBUNCA (1-3. Felipe Riveira)

PREBENXAMÍN
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES A (0-6. Xoel Galego 5, pp)
CD AS PONTES B-CF SAN SADURNIÑO (0-7)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA PONTESA VETERANOS 2018

Debutou con triunfo o campión de Liga e La Galaxia e Muebles Eume garantizan a súa presencia en cuartos 

Nesta segunda xornada da Copa de Veteranos debutou o campión de Liga, o Mav Abogados que se desfixo sen moitos apuros do Bar jardín por 3-0. Polo demais, dous empates, e goleada de La Galaxia 7-2 ante o Galiorient.

Equipos coma La Galaxia, que ten 6 puntos ou Muebles Eume, con 4, xa teñen un pé nos cuartos de final, dos que só quedará excluido o último de cada grupo. Descansaron As Pontes 74 e Electricidad J&O.

RESULTADOS 2ª XORNADA
MMYPEN-A Cepa (2-2) (Manuel, Oscar / Alberto, Pepe)
Galiorient-La Galaxia (2-7) (Juan, Suso / Sito 2, Oscar 2, Juan, Sergio, Nene)
Muebles Eume-Farmavida (0-0)
MAV Abogados-Bar Jardín Lecar 712 (3-0) (Juan Diego, Rivas, Narciso)
Descansaron Electricidad J&O e As Pontes 74

CALENDARIO 3ª XORNADA

07/04/2018 19:30 Electricidad J&O – Muebles Eume
08/04/2018 10:00 Farmavida – MAV Abogados
08/04/2018 11:00 Galiorient – A Cepa
08/04/2018 12:00 As Pontes 74 – La Galaxia
DESCANSAN: MMYPEN, Bar Jardín Lecar712

Nova cortesía Xose Ferreiro e Tino Prieto

Esta entrada foi publicada en Noticias y política. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s