CD As Pontes Feminino

ACTUACIÓN DE BORJA PRIETO NA COPA DE ESPAÑA

O piragüista pontés acadou unha medalla de prata

O piragüista pontés Borja Prieto Valera competiu esta fin de semana en Trasona (Avilés) na Copa de España de 1000 e 500 metros.

Participou nunha soa proba, o K4 500, nos que competía xunto ós seus compañeiros do RGC Covadonga, o tricampión mundial e oito veces gañador do Sella, Álvaro Fernández Fiuza, o Campión Mundial sub23, Juan Oriyés, e Daniel García Barón.

Foron segundos na súa semifinal, mesmo posto que acadaron na final. O equipo que os venceu nas dúas regatas, o campión, foi o Kayak Tudense, de Roi Rodríguez, Rubén Millán, Pedro Vázquez e Aarón Diéguez. O bronce foi para o Ría de Aldán liderado polo campión olímpico Carlos Pérez Rial “Perucho”.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

EYOB SANTAMARIÑA E JANDRO LÓPEZ NO TORNEO DE SELECCIÓNS COMARCAIS

Este martes 27 xogouse a segunda fase en Xinzo 

Os xogadores do CD As Pontes Eyob Santamariña e Jandro López estiveron este martes en Xinzo disputando co combinado de Ferrol a segunda Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais.

Ferrol perdeu no primeiro partido 0-5 coa selección de A Coruña, o único equipo dos oito que logrou pleno de vitorias, e despediuse con bo sabor de boca gañando 4-1 a Ourense no último encontro, o que os deixou, nuncha clasificación moi apretada, a un punto dos semifinalistas.

Ademáis de Eyob e Jandro acudiron a este torneo Mateo Rey, Yago Tenreiro, Elías González, Gerardo Eguren (Galicia Caranza), Pablo Herba, Luis Dopico e Isaac González (Racing Ferrol), Erick Sulze, Alejandro Pena (Cariño), Adrián Martínez (CD Narón), Miguel Oliveira (Numancia Ares), Iago Fernández (SD O Val), Mateo Leira (Eume Deportivo), Kevin Pérez (Racing San Pedro), Aaron Martínez (CCRD Perlío), e Javier Vizoso (CD San Sadurniño).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. BOIMORTO CF 0 – CD AS PONTES 1

O As Pontes sitúase a catro puntos dos postos de ascenso 

Triunfo vital do As Pontes na tarde de hoxe na súa visita a Boimorto, dado que os azuis venceron o cadro local por 0-1 no partido que fora aprazado no seu día polo temporal.

Un solitario gol de Rego ao borde do descanso outorga tres importantes puntos, que afianzan ao As Pontes na terceira praza con 58, a catro dos dous primeiros, Polvorín e Paiosaco, que teñen 62 puntos.

Quedan oito xornadas por diante, e sen ir máis lonxe dentro de 10 días o equipo pontés recibe nin máis nin menos que ó líder da categoría, o filial do Lugo, o Polvorín. O único pero, a lesión de Quique, que agardemos sexa o máis leve posible.

Tamén se deu a circunstancia anecdótica de que Dani deixou de xogar os seus primeiros minutos co equipo, xa que saiu no inicio do segundo tempo e ata o de agora xogara os 29 partidos anteriores completos e sin tarxetas.

Xogaron Paco, Criado, Alex, Rego, Maroñas, Martínez (Dani 45´), Ramos, Bossa, Carba (Pardo 72´), Fidi (Troncho 83´), Quique (Iglesias 39´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: LEIS PONTEVEDRA FS -O ESTEO FS (6-2)

Derrota do cadro pontés na súa visita a Pontevedra 

O Esteo pontés de fútbol sala perdeu claramente 6-2 este sábado na súa visita a Pontevedra, partido no que xa perdía 2-0 ao pouco do comezo, 3-0 ó descanso e 5-0 no inicio do segundo período.

O equipo pontevedrés, que está nunha gran dinámica, xa escala ata a décima praza con 28 puntos, un menos que o Esteo que é oitavo, seis puntos por riba dos tres postos baixos.

O equipo pontés recibe dentro de dúas semanas ó único conxunto asturiano da categoría, o Santiago de Sama, que está a realizar unha sensacional campaña no seu estreo, xa que é cuarto con 35 puntos.

FICHA DO PARTIDO

LEIS PONTEVEDRA FS: Jorge, Nico, Sancho, Borja, Berto – cinco inicial – Pablo Durán, Barcala, Mauro, Carreiro, Dani.

O ESTEO FS: Javichu, Martín, Gerardo, Rober, Dani– cinco inicial – Gago, Héctor, Ayrton.

ÁRBITROS: Vilas Martínez, JL Rey Hermida, M Rey Hermida (Santiago). Amarelas a Nico, Gerardo, Héctor e Dani.

GOLES: Min. 4 (1-0), Pablo. Min. 6 (2-0), Berto. Min. 15 (3-0), Sancho. Min. 21 (4-0), Barcala. Min. 22 (5-0), Borja. Min. 25 (5-1), Martín. Min. 31 (5-2), Gago. Min. 38 (6-2), Mauro.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Partido correspondente á vixéximo segunda xornada. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía de Moisés Fernández e Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 6-7-8 ABRIL

Vitorias do Feminino, Xuvenil, Infantil, Prebenxamín B e ambos alevíns 

FEMININO
CF SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES (3-4. Xeila Adega, Indira Medrano, Paula Baamonde)

XUVENIL
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES (1-7. Dani Silva 2, Chema Franco, Andrés Pita, Marcos Vilela, Óscar Calvo, Derick Sakpa)

CADETE
CD AS PONTES-SCDR ÁNIMAS (0-3)

INFANTIL
CD AS PONTES-SD O VAL (3-0. Xoel Purriños 2, Jandro López)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SCDR NARÓN O FREIXO (0-2)
EFB AMISTADE DE MEIRÁS-CD AS PONTES B (4-3. Xalo García, Alejandro Leal, Augusto Sánchez)

BENXAMÍN
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES A (1-3. Nicolás Meizoso, Xalo González, Diego Ortigosa)
CD AS PONTES B-EF RACING DE FERROL B (3-1. Xandre Domínguez 3)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-CD NARÓN (1-3. Iker Díaz)
CULTURAL MANIÑOS-CD AS PONTES B (3-5. Xoel Timiraos 2, Brais Gómez 2, Xalo Franco)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – POLVORÍN SD 2

Triste derrota do As Pontes nos últimos minutos ante o líder

Triste derrota do As Pontes na tarde de hoxe ante o líder Polvorín 1-2, xa que foi gañando gran parte do encontro. O equipo visitante dominou o encontro ante un As Pontes ó que lle custaba crear xogo e que lle pitaran faltas a favor.

Nun Poboado cun ambiente que non se recordaba, e pese a ser un horario pouco habitual, chegaba ao campo pontés o Polvorín, que aparcou os seus dous últimos tropezos para amosar porque é o filial do Lugo e o mellor equipo da categoría, sen por elo ser o encontro moi aberto e con alternativas.

Pese a embotellar os visitantes ós locais nos primeiros minutos, foi o As Pontes o que se adiantou no marcador, tras un centro de Criado dende banda dereita que, na área pequena, mete a perna Iglesias e vai ó balón ó fondo das mallas (22´), conseguindo o seu 12º gol da campaña.

Incluso o As Pontes puido poñer terra de por medio, xa que Dani cabeceou un centro dende banda esquerda e co porteiro batido salvou un defensa baixo paus, e incluso rematou o rexeite Criado e Cacharrón botado no chan parou como puido (30´). Ben é certo que entremedias nunha contra, Dani Escriche cabeceou ó poste (25´), ó que tamén lle foi anulado un gol en fora de xogo.

O segundo tempo comezou co mesmo guión, dominaban os visitantes e agardaba atrás o cadro local cun gran traballo de Rego e Maroñas. Javi Rey dispara por riba do longueiro (52´), ata que tras un centro dende banda dereita que Criado non acerta a despexar de cabeza, aproveitao o extremo visitante para meter o balón á área, onde non perdoa Fernando Cuadrado anotando o seu 24º gol da campaña (64´).

O gol calmou ó equipo lucense e o xogo voltouse máis alterno. Puido marcar o As Pontes nun centro de banda a banda que acaba nos pés de Alex no segundo pau e o seu remate con marchamo de gol acabao sacando co corpo un defensa (75´).

Cando parecía que ambos equipos daban por bo o empate Javi Rey sacouse un xogadón da chisteira, deixou sentados a dous rivais, despois a Paco, e acabou mandando o balón ó segundo pau case sen ángulo (83´).

O Polvorín sentencia o ascenso con 65 puntos, mentres o As Pontes, con 58, está a cinco do Paiosaco e da segunda praza, e non debe desistir tendo en conta que os de Laracha teñen que pasar por O Poboado. Proxima visita ó Residencia de Lugo, decimosexto con 34.

As Pontes. Paco, Criado, Alex, Rego, Maroñas, Dani, Martínez (Troncho 76´), Bossa, Iglesias, Fidi (Ramos 60´), Pardo (Carba 76´).

Polvorín. Cacharrón, Asier, Pablo, Mariña, Óscar, Manu, Renda (Marcos 77´), Luis, Cuadrado (Morais 87´), Javi Rey (Facu 93´), Escriche (Coqui 94´).

Goles: 1-0, Iglesias (22´), 1-1, Cuadrado (64´), 1-2, Javi Rey (83´).

Árbitro: Carlos Alberto González Fernández (Vigo). Auxiliado por González Santos e Álvarez Fernández. Amarelas a Alex, Maroñas, Martínez, Pardo, Troncho, Óscar, Manu, Luis e Escriche.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Máis de 300 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FINAIS LIGA DA TERRA CHÁ

O Prebenxamín do Esteo quedou campión 

Este sábado á maña disputáronse en Baamonde as finais da Liga da Terra Chá, nas que estaban presentes catro equipos do Esteo. Poucas opcións para o Cadete (6-0) e Infantil (7-1) que caeron contundentemente ante o Concello de Guitiriz. Máis dolorosa foi a derrota do Alevín ante o equipo lucense, xa que comezaron gañando 0-2, e prácticamente ata os últimos cinco minutos o encontro marchaba con 1-2 no electrónico, pero o rival acabou remontando ata o 4-2 definitivo. Deu a alegría o Prebenxamín, que gañou 3 sets a 1 (5-3 no número de goles), con 4 tantos de Xoel Galego.

Finais Liga da Terra Chá
Cadete
Concello de Guitiriz 6 – O Esteo 0
Infantil
Concello de Guitiriz 7 – O Esteo 1
Alevín
Concello de Guitiriz 4 – O Esteo 2
Benxamín
Concello de Guitiriz 7 – Meira 3
Prebenxamín
O Esteo 3 – Concello de Guitiriz 1

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA PONTESA VETERANOS 2018

Con tres xornadas xa disputadas a clasificación está tan igualada que aínda quedan por coñecerse cinco prazas dos clasificados a cuartos de final

Pese a disputa xa da terceira xornada da Copa de Veteranos, tan só tres equipos conseguiron o pase ós cuartos de final, curiosamente os tres mellores de Liga, La Galaxia, Muebles Eume e Mav Abogados.

Pese a que só o último de cada grupo queda fora da seguinte fase, están tan igualadas as clasificacións que as cinco prazas restantes se decidirán nas dúas últimas xornadas.

Nesta xornada resaltar a goleada de La Galaxia, a maior de toda a campaña, 11-1, sobre o As Pontes 74, equipo que pese a todo aínda ten moitas opcións de clasificarse.

3ª XORNADA

Electricidad J&O-Muebles Eume (1-3) (Manolo / Cascudo, Alfonso, pp)
Farmavida-MAV Abogados (0-4) (Fornos, Narciso 3)
Galiorient-A Cepa (2-1) (Juan 2 / Fernández)
As Pontes 74-La Galaxia (1-11) (Damián / Fontao 3, Juan 2, Sito 2, Sergio, Senén, Oscar, Nené)
Descanso: MMYPEN, Bar Jardín Lecar 712.

XORNADA 4

14/04/2018 19:30 Electricidad J&O – Bar Jardín Lecard712
15/04/2018 10:00 As Pontes 74 – MMYPEN
15/04/2018 11:00 Muebles Eume – MAV Abogados
15/04/2018 12:00 A Cepa – La Galaxia

DESCANSAN: Farmavida, Galiorient

Nova cortesía Xose Ferreiro e Tino Prieto

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s