CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 13-14-15 ABRIL

Vitorias do Xuvenil, Cadete, ambos Alevíns, Prebenxamíns e Benxamín A 

FEMININO
CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (0-1)

XUVENIL
CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS SD (8-0. Chema 2, Josiño, David Otero, Dani, Óscar, Cristian, Alex Casal)

CADETE
CD CARIÑO-CD AS PONTES (1-2. Alejandro Riobo, Vicente Iglesias)

INFANTIL
RACING FERROL B-CD AS PONTES (3-1. Diego Purriños)

ALEVÍN
CEDEIRA SD-CD AS PONTES A (0-12. Israel Varela 5, Anxo Blanco 4, Antón Varela 2, Destaw Pellón)
CD AS PONTES B-CD NARÓN B (5-3. Miguel Dopico 2, Augusto Sánchez, Borja Ramos, Yeray Paz)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-RÁPIDO DE NEDA (7-0. Xalo González 2, Xoel Vigo 2, Diego Ortigosa, Almahdi Belhaj, Alexander Venancio)
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES B (1-1. Xandre Domínguez)

PREBENXAMÍN
SRD NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES A (2-7. Xoel Galego 4, Brais Varela, Mario Lozano, Íker Díaz)
CD AS PONTES B-CULTURAL MANIÑOS SD (4-0. Brais Gómez 3, Raúl Tojeiro)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. SDC RESIDENCIA DE LUGO 2 – CD AS PONTES 3

Complicada vitoria do As Pontes no campo da Cheda

Comezou dominando o encontro o As Pontes, que embotellou ós locais na súa área, e estes defendíanse como podían. Destacar dous tiros altos de Troncho (12´) e Fidi (13´), xogador que tamén disparou a ras do poste (19´). A máis clara sen dúbida foi nun centro dende banda de Fidi, que peitea Iglesias e desvía o porteiro o xusto para que o balón vaia ó poste (14´).

Tras unha cesión e un libre indirecto dentro da área, Alex Cabarcos disparou por alto colando o balón preto do longueiro, superando a todos os xogadores da barreira establecendo o 0-1 no marcador. Pero pouco durou a ledicia pois tras unha perda de Dani no medio campo, chegaron os locais nunha contra e prantouse só Alexandre diante de Paco e bateuno por baixo (29´).

O As Pontes, tras unha multitude de disparos en media hora vía como os branquiazuis igualaban no primeiro disparo a porta. Adri remata por riba do escuadro (31´), ata que nun gran control de Quique e prolongación para Iglesias, o dianteiro de Agolada prantase dentro da área e marca de forte disparo establecendo o 1-2 co que se chegou ó descanso (43´), logrando o seu 13º gol da campaña.

No segundo tempo o xogo voltouse máis alterno, pero aínda así o As Pontes dispuxo de boas ocasións, sobre todo nunha internada de Ramos, hoxe lateral dereito, que centra a área, e chegando só ó segundo pau Dani non puido empalar ó fondo das mallas (56´).

Noutra contra é Quique quen remata e saca o porteiro coas pernas (61´). A falta de vinte minutos, os locais reclamaron man dentro da área, e nas protestas resultou expulsado Diego Corredoira e o adestrador.

O encontro seguía polos mesmos derroteiros, o As Pontes buscaba o perigo nas contras mentres os locais buscaban colgar o balón na área pontesa en busca de un rematador.

Centra Iglesias dende banda e toca o xusto un defensa para despexar a corner antes de que remate Carba en boca de gol (74´). Noutra boa internada por banda esquerda, o dianteiro de Agolada cede o balón cara atrás e marca Dani Carballeira de forte disparo (84´).

Semellaba a sentenza. O propio Carba tivo outra ocasión pouco despois que despexa o porteiro (86´). E xa co tempo cumprido o árbitro sinalou como penalti un suposto leve empuxón de Rego sobre un xogador local. Penalti que anotou Dani Galán, para a continuación sinalar o final do partido.

Dos equipos de arriba so pinchou o Ribadeo, que empatou na casa. O As Pontes, con 61 puntos, recibe a vindeira fin de semana ó Dubra, que hoxe venceu 3-0.
2 SDC Residencia. Diego Bravos, Fernando (Yeray 45´), Adrián (Raposo 45´), Borja, Diego Corredoira, Dani Galán, Diego López (Roberto 75´), Pablo, Isaías (Jose 77´), Alejandro, Alexandre.

3 CD As Pontes. Paco, Ramos, Alex, Rego, Maroñas, Dani, Quique (Carba 63´), Bossa, Iglesias, Fidi (Toni 85´), Troncho (Criado 78´).

Goles: 0-1, Alex Cabarcos (27´), 1-1, Alexandre (29´), 1-2, Adrián Iglesias (43´). 1-3, Carba (84´), 2-3, Dani Galán, de penalti (93´).

Campo e incidencias: Campo de A Cheda. Algo máis de cen espectadores en tarde con ceo encampotado e chuvioso por momentos.

Árbitro: Héctor Castiñeira Blanco (A Coruña). Amarelas a Pablo, Diego López, Troncho, Rego. Expulsado con dobre cartón Diego Corredoira (70´), e o adestrador local.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA PONTESA VETERANOS 2018

Cinco equipos xa están clasificados para cuartos de final e os outros tres decidiranse na derradeira xornada 

A cuarta xornada da Copa pontesa de Veteranos deixou moita emoción para a quinta e derradeira, que se disputará a semana que ven.

Xa hai cinco clasificados, pero as outras tres prazas decidiranse no último encontro. No Grupo A tan só está clasificado La Galaxia con pleno de triunfos, e tamén As Pontes 74. Galiorient, MMYPEN e A Cepa disputaranse os outros dous boletos.

No Grupo B estarán nos cuartos de final Muebles Eume, Mav Abogados e clasificación de mérito a de Electricidad J&O, xa que foi o último clasificado de Liga. O cuarto equipo que pase rolda deste grupo sairá do enfrontamento directo entre Bar Jardín e Farmavida.

Por outra banda destacar que nesta xornada xogaron o campión e subcampión de Liga, con vitoria e revancha do Muebles Eume 3-1 sobre o Mav Abogados.

Resultados 4ª Xornada
Electricidad J&O-Bar Jardín Lecar 712 (0-0)
As Pontes 74-MMYPEN (2-1) (Senén, Paz / Jenucho)
Muebles Eume–MAV Abogados (3-1) (Anxo, Esteban, Soto / Narciso)
A Cepa-La Galaxia (3-5) (Alberto 2, Piña / Juan 2, Oscar, Fontao, pp)
Descansan: Farmavida/Galiorient.

Calendario 5ª Xornada
21/04/2018 19:30 MAV Abogados – Electricidad J&O
22/04/2018 10:00 A Cepa – As Pontes 74
22/04/2018 11:00 Bar Jardín Lecard712 – Farmavida
22/04/2018 12:00 MMYPEN – Galiorient
DESCANSAN: Muebles Eume, La Galaxia

Nova cortesía Tino Prieto e Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s