CD As Pontes Feminino

NOÉ CAMPIÓN DA LIGA DE VIETNAM

Venceu a Final Four co Hanoi Buffaloes Futsal 

O xogador pontés de fútbol sala Noé Calvo Pardo ven de gañar esta pasada fin de semana a Liga de Vietnam 2018.

Noé, que esta tempada militou no Voscuore Sendai xaponés, unha vez rematado o seu periplo nipón, fichou nestas semanas polo Hanoi Buffaloes Futsal.

O seu equipo foi o mellor clasificado na liguilla previa que daba acceso as semifinais e da que quedaron eliminados Da Nang Dragons e Thang Long Warriors.

A Final Four tivo lugar esta fin de semana e no duelo entre segundo e terceiro clasificado Ho Chi Minh City Wings vencía a Saigon Heat 3-1 nos penaltis tras rematar 4-4 o encontro.

Algo máis doado o tivo o equipo de Noé xa que venceu 3-1 ó cuarto clasificado da liguilla, Can Tho Catfish, por 3-1.

Xa na gran final, nun trepidante encontro, o Hanoi gañaba ao Ho Chi Minh por 3-2 na quenda de penaltis, tras rematar o encontro con igualada a 6-6.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

MALENA MIERES, CONVOCADA POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB20

Para uns adestramentos con vistas ó Mundial de Francia 

A futbolista pontesa do RC Deportivo de A Coruña Malena Mieres García ven de ser convocada, xunto á súa compañeira de equipo Nuria Rabano, pola Selección Española Sub20 de cara a uns adestramentos que se levarán a cabo a vindeira semana, do 23 ó 25 de Abril, en Las Rozas.

Serán os primeiros adestramentos do combinado español de cara ó Mundial que se disputará en Francia en Agosto e no que España acude como Campiona de Europa sub19 do ano pasado, tras gañar na final precisamente a Francia 2-3.

No evento España está nun complicado Grupo C, con Estados Unidos, tres veces gañador da competición, Xapón, equipo que conta con unha gran xeneración que gañou o Mundial sub17 en 2014 e foi subcampión en 2016, e Paraguay.

Nesta convocatoria de 24 van catro porteiras, Isabel Rodríguez e Noelia Ramos, que xa acompañaron a Malena nos anteriores entrenos, e Sandra Torres, do Levante, acudindo dúas porteiras do mesmo equipo.

Isabel e Noelia foron as dúas porteiras escollidas polos seleccionadores hai apenas vinte días para a disputa da fase de clasificación ó Europeo sub19 nos que España gañou a Turquía (5-0), Irlanda (3-0) e Austria (3-0).

As 24 convocadas son as seguintes:

Porteiras: Isabel Rodríguez (Atlético), Noelia Ramos, Sandra Torres (Levante), Malena Mieres (Deportivo)

Defensas: Andrea Sierra (Athletic), Carmen Menayo, Laia Alexandri (Atletico), Lucía Rodríguez (Tacón), Ona Batlle (Madrid), Berta Pujadas (Espanyol), Cintia Montagut (Valencia)

Centrocampistas: Maite Oroz, Damaris Egurrola (Athletic), Aitana Bonmatí, Patricia Guijarro (Barcelona), Silvia Rubio, Yasmine Katie (Madrid), Paula Fernández (Málaga), Paula Sancho (Valencia)

Dianteiras: Lucía García, Ane Azcona (Athletic), Laura Pérez (Granada), Nuria Rábano (Deportivo), Candela Andújar (Barcelona)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 20-21-22 ABRIL

Vitorias de Feminino, Xuvenil, Infantil, ambos Alevíns, Benxamín B e Prebenxamín B

FEMININO
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (0-4. Noelia Ameneiro, Carlota Pena, Paula Baamonde, Yolanda Ares)

Son cuartas con 57 puntos, antes de recibir ó Eume Deportivo, décimoterceiro con 20.

XUVENIL
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (1-5. Xosé Pico, Daniel Silva, David Otero, Alex Barro, David Fernández).

O Xuvenil xa garante xogar a fase de ascenso, segundo con 46 puntos, a falta de dúas xornadas, en que recibe a Caranza B e visita ó Meirás.

CADETE
CD AS PONTES-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (MÉRCORES 25, 19:00)

INFANTIL
CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (7-0, Xoel Purriños, Juan Molina, Luis Molina, Anxo Blanco, Israel Varela, Mateo Gabeiras, pp)

Son quintos con 39 puntos, antes de visitar ó Neda, oitavo con 21.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SD O VAL (7-0, Antón Varela 2, Anxo Ardao, Israel Gabeiras, Ali Karim, Carlos Villasuso, pp)

Son cuartos con 29 puntos no grupo dos mellores antes de recibir ó Numancia, quinto con 28.

RÁPIDO DE NEDA B-CD AS PONTES B (2-3, Andrea Cruz, Miguel Dopico, Xalo García)

Boa terceira vitoria do Alevín B na Liga. Undécimos con 11 puntos antes de recibir ó Portuarios, sétimo con 20.

BENXAMÍN
SRD NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES A (6-4, Xalo González 2, Íker Ares 2)

Son quintos con 31 puntos antes de recibir ó Mugardos, noveno con 8.

CD AS PONTES B-CD NARÓN C (6-1. Xandre Domínguez 3, Nacho Villasuso 2, Lucas Blanco)

Son cuartos con 30 puntos antes de visitar ó terceiro, Narón O Freixo B, con 36.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-RÁPIDO DE NEDA (1-1. Mario Lozano)

Son cuartos con 25 puntos antes de visitar ó Ánimas, sétimo con 22.

SD O VAL-CD AS PONTES B (3-4. Brais Gómez 3, Xalo Franco)

Segunda vitoria no Torneo de Convivencia, antes de recibir ó Narón O Freixo B, tamén con pleno de vitorias.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – SD DUBRA 1

O As Pontes apuntala a terceira praza. 

Sufrida vitoria do As Pontes ante un rival moi complicado e cun gran plantel como é o Dubra. Na primeira metade xogo moi alterno. Tentaba dominar o As Pontes pero o equipo de Val do Dubra estaba moi ben prantado no céspede, con todos os xogadores defendendo de medio campo cara atrás, e buscando as contras.

De feito apenas se poden reseñar ocasións nestes primeiros 45 minutos, tan só nun mal despexe local, que acaba atrapando o balón Berto e o seu tiro cruzado desviao coa luva Paco a córner (10´), ou nunha indecisión entre un defensa e porteiro visitantes a piques está de sacar proveito Fidi (19´).

No segundo período saiu con máis ímpetu o As Pontes, que se xogaba moito máis que os amarelos, e tras un libre indirecto ó borde da área acabou marcando o Mago de Viveiro cun toque sutil ó balón que se acabou colando polo escuadro (49´).

E poñían terra de por medio tras un centro dende banda esquerda de Pablo Ramos que desvía o xusto Iglesias para despistar ó porteiro acabando por colarse o balón moi pegado ó segundo pau (67´), anotando o dianteiro de Agolada o seu 14º gol da campaña.

Nunha boa xogada entre Carballeira e Iglesias este acaba centrando a área pequena pero un defensa chega xusto antes que dous xogadores ponteses para despexar a córner (84´). Puido ser a sentenza, pero xa nas postrimerías, internase un xogador visitante por banda dereita e o colexiado entendeu que o toca por detrás Ramos o suficiente como para sinalar penalti.

Segundo penalti consecutivo no último minuto para un cadro local que recibe moitos tantos no tempo de desconto. Non desaproveitou o mítico Mariño a ocasión para recurtar distancias aínda que Paco lle adiviñou a intención (93´).

Sen tempo para máis, o As Pontes suma 64 puntos, a catro dos postos de ascenso, con cinco xornadas por diante, e apuntala a terceira praza, a de promoción, dado que hoxe perdeu o Ribadeo. Próxima visita a un complicado Betanzos. Quinta vitoria no Poboado, por un empate, ante o Dubra.

2 CD As Pontes. Paco, Ramos, Alex (Criado 63´), Rego, Maroñas, Dani, Martínez (Troncho 83´), Bossa, Iglesias, Fidi (Carba 69´), Pardo (Toni 77´).

1 SD Dubra. Couto, Pablo (Adrián 68´), Gesto, Cholo, Brais, Mariño, Borja (Ángel 81´), Caneda (Martín 68´), Berto, Moto, Gonzalo.

Goles: 1-0, Bossa (49´), 2-0, Iglesias (67´), 2-1, Mariño, de penalti (93´).

Árbitro: Renny Mazaira Rodríguez (Ourense). Auxiliado por Fernández Blanco e Novas Benavides. Amarelas a Maroñas, Pardo, Criado, Cholo, Caneda, Berto, Gonzalo, Martín.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores en tarde soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – SANTIAGO DE SAMA FS (6-5)

Décima vitoria da tempada do equipo pontés 

O Esteo pontés de fútbol sala venceu este sábado ó único equipo asturiano da categoría, o Santiago de Sama de Langreo, nun trepidante encontro, por 6-5.
E iso que non comezaban nada ben as cousas dado que ó pouco do inicio xa marchaban os visitantes con 0-2 no marcador.

Pero repúxose o Esteo cun gol de Gerardo que quedou só ante o porteiro tras pase de Ayala, e o empate do propio Ayala que empalou o balón rexeitado polo pau tras un tiro de Pana.

Voltábanse a poñer por diante os visitantes tras uns minutos nos que embotellaron o cadro local, pero afortunadamente empatou na xogada seguinte Martín de tiro raso, a pase de Pana.

Antes do intermedio seguiu apretando o cadro asturiano, incluso con porteiro-xogador, pero foi o equipo pontés o que marchou con ventaxa ao descanso tras unha xogada na que acabaron rematando a porta Pana e un defensor.

Non lle sentaron ben aos de Javi Saa os inicios de cada período pois ó pouco do reinicio empataban de penalti os visitantes tras unha infracción de Gago, pero que semella un palmo fóra da área.

Nunha contra Héctor incorporase por banda dereita e anota de tiro raso, e despois, tras unha gran xogada, Javichu habilita a Héctor, que lla cede a Martín e este acaba poñendo no marcador o 6-4 de forte disparo.

Pero tras unha perda de balón de Ayala recurtaron distancias os asturianos e houbo que sufrir ata o final co porteiro-xogador, con ocasións para ambos bandos, incluido un tiro ó poste de Martín.

O marcador non se moveu e o Esteo é oitavo con 32 puntos, e garante rematar por riba das tres últimas prazas. Quédalle visitar a Guardo e Xove e recibir ó campión Zamora.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Jesús, Héctor, Gago, Dani, Ayala– cinco inicial – Martín, Gerardo, Pana, Rober, Javichu.

SANTIAGO DE SAMA FS: Pelayo, Isi, Chino, Choki, Márquez – cinco inicial – Dani, Chus, Borja, Viti, Saúl, Milin.

ÁRBITROS: Feliz Otero, Cardero Rodríguez, Quintás Crespo (Ourense). Amarelas a Martín, Gerardo, Pelayo, Saúl, Dani. Expulsado con vermello directo o porteiro suplente.

GOLES: Min. 1 (0-1), Chino. Min. 2 (0-2), Héctor, pp. Min. 9 (1-2), Gerardo. Min. 12 (2-2), Ayala. Min. 14 (2-3), Borja. Min. 14 (3-3), Martín. Min. 20 (4-3), Pana. Min. 21 (4-4), Isi, de penalti. Min. 24 (5-4), Héctor. Min. 30 (6-4), Martín. Min. 31 (6-5), Isi.

INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Partido correspondente á vixéximo terceira xornada. Uns 150 espectadores.

Copa da Terra Chá
Cadete. O Esteo-Vilalba A (3-3*)
Infantil. O Esteo A-Begonte A (1-1)
Infantil. O Esteo B-Begonte B (3-0)
Alevín. O Esteo-Vilalba (8-2)
Benxamín. Meira-O Esteo (1-6)
Prebenxamín. O Esteo-Vilalba (1-2)

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Moisés Fernández

2º KARTING DE AS PONTES 2018

Tivo lugar esta fin de semana no circuito pontés 

Esta fin de semana disputouse a segunda edición do Karting no circuito pontés, puntuable para o Campionato Galego, no que participaron máis de 30 pilotos, catro do clube local Acap.

O sábado tiveron lugar os adetramentos libres e cronometrados e xa o domingo as semifinais e finais, nas catro categorías, Rookies, Alevín, Cadete, e X30.

En Rookies venceu Alex Rubianes, seguido de Manuel Sio e Joan Gelabert, os tres do One Seven. Adrián Dopico foi sexto e Adrián Serantes oitavo.

En Alevín gañou Hugo Sánchez (PA Arteixo), acompañado no podio por Daniel Abellón e Brais García, ambos do One Seven.

Na proba Cadete logrou vencer Chrystian Domínguez, que se impuxo nunha apretada serie a Alejandro Cagiao (Sirocco Narón) e Mario Couto (One Seven).

E xa na carreira de X30 logrou a vitoria David Represas, por diante de Adrián Vázquez e Manuel Enrique, ambos do One Seven. Borja Grandal e David Puente foron cuarto e quinto respectivamente.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA PONTESA DE VETERANOS 2018

Xa se coñecen os oito cuartofinalistas

Emoción ata o último minuto a que se viviu nesta derradeira xornada na Copa de Veteranos, xa que se coñeceron os tres últimos cuartofinalistas, e dous deles clasificaron empatados a puntos cos dous equipos que quedaron eliminados.

No grupo A perderon tanto MMYPEN como A Cepa, pero empatados a puntos acabaron pasando os primeiros.

Tamén emoción houbo no grupo B dado que empataron a 2-2 e a puntos Farmavida e Bar Jardín-Lecar 712, pasando a cuartos os primeiros.

No Grupo A pasaron La Galaxia con 12 puntos, As Pontes 74 con nove, Galiorient seis e MMYPEN con un, quedando eliminado tamén cun punto A Cepa.

No Grupo B pasaron Muebles Eume con dez puntos, Mav Abogados con nove, Electricidad J&O con catro e Farmavida con dous, quedando eliminado tamén con dous puntos Bar Jardín.

RESULTADOS 5ª XORNADA COPA
Mav Abogados (4) – Electricidad J&O (1)
As Pontes 74 (3) – A Cepa (2)
Farmavida (2) – Bar Jardín Lecar 712 (2)
Galiorient (2) – MMYPEN (0)

CUARTOS DE FINAL
28. 19:30. La Galaxia-Farmavida
29. 10:00. Mav Abogados-Galiorient
29. 11:00. As Pontes 74-Electricidad J&O
29. 12:00. Muebles Eume-MMYPEN

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Tino Prieto

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s