CD As Pontes Feminino

SEGUNDA XORNADA NA COPA DO MUNDO DE SHANGHAI

España acaba na quinta posición na competición por equipos 

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García competiu na xornada de hoxe na terceira rolda da Copa do Mundo de Shanghai. Facíao contra o segundo clasificado da previa, o coreano Woo Seok Lee, que venceu 0-6, acabando decimoséptimo.

Polo bronce competirá o propio Lee contra o xaponés Furukawa, e polo ouro o estadounidense Brady Ellison contra o coreano Kim Woojin.

Na competición por equipos, España, con Acha, Pifarre e Alvariño, tras gañar onte na repesca a Gran Bretaña 6-2, venceu en oitavos de final ao terceiro da previa, Kazajistán, por un axustado 5-4 e 28-23 nas frechas de desempate.

Nos cuartos de final competían contra Xapón, co que perderon 1-5, acabando na quinta posición. Para a loita polo bronce, China contra Alemania, e polo ouro, Corea contra Xapón.

Boa actuación de Mónica Galisteo, novena en Recurvo, e Andrea Marcos foi quinta en Composto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

MIGUEL ALVARIÑO AVANZA DÚAS ROLDAS NO MUNDIAL DE MÉXICO

Competirá nos dezaseisavos de final entre os 32 mellores 

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García alcanzou neste mércores o acceso á rolda dos 32 mellores, dos 120 participantes, tras vencer nos seus dous envites.

Coa 25º mellor marca, Miguel cruzouse no primeiro enfrontamento con Nima Wangdi, de Bhutan, 88º da previa, ó que gañou por 6-2.

Na seguinte venceu 6-4 ó xaponés Sugio Tomoki, 40 da previa, nun duelo moi igualado, no que se adiantou o nipón no primeiro set, Miguel logrou o segundo, houbo sendos empates no terceiro e cuarto, e no quinto un 27-26 de Maikel deu o pase ós dezaseisavos de final nos que enfrontará ó ruso Arsalan Baldanov, oitavo da previa.

Moi ben tamén Pablo Acha, que gañou apuradamente 6-4 ó brasileño Marcelo Costa, e 6-4 tamén ó belga Nico Thiry, e competirá contra o alemán Florian Kahllund na seguinte rolda. Miguel Ángel Pifarre perdeu co xaponés Hideki Kikuchi 3-7.

Nas mulleres, a mellor foi Mónica Galisteo, que gañou 6-2 á india Saren, e 6-0 á locataria Valencia, polo que competirá en dezaseisavos contra a francesa Brianne.

Peor sorte tiveron as outras dúas españolas. Celia Castaños venceu a estonia Parnat 6-2, pero non tivo sorte na frecha de desempate coa china Cao Hui, 5-6. Alicia Marín non competiu na primeira rolda gracias a súa boa 19ª praza da previa, pero na segunda caeu ante a arxentina Leithold 1-7.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: GUARDO FS -O ESTEO FS (2-2)

Gran empate do Esteo na casa do segundo clasificado 

O Esteo pontés de fútbol sala empatou este sábado no último suspiro en Palencia na casa do segundo clasificado, o Guardo, ademáis, con apenas dúas rotacións.

Comezaban gañando os de Javi Saa, con tanto de Martín, e a pesar de que os locais deron a volta no segundo período, outro tanto de Martín de falta directa, que xa leva 26, dáballe un importante punto ó equipo.

O Esteo, oitavo con 33, que xa garante quedar por riba das catro últimas prazas, quédalle visitar ó Xove e recibir ó Zamora.

Agora toca esquecer a Liga e centrarse na Copa de Galicia, este luns na Malata.

FICHA DO PARTIDO

GUARDO FS: Alejandro, José Alberto, Montes, Héctor, Adrian– cinco inicial – Rubén, Iván, Cosgaya, David.

O ESTEO FS: Jesús, Martín, Gerardo, Héctor, Gago– cinco inicial – Dani Martínez, Rober Paz.

ÁRBITROS: Barroso García, Prieto González, Torre Asensio (Valladolid, Salamanca, Palencia). Amarelas a Cosgaya, Héctor, Rober.

GOLES: Min. 14 (0-1), Martín. Min. 24 (1-1), Jose Alberto. Min. 27 (2-1), Iván. Min. 40 (2-2), Martín.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Guardo. Uns 200 espectadores.

Copa da Terra Chá
Cadete. Pontenova-O Esteo (4-2)
Infantil. Cospeito-O Esteo B (2-4)

Nova cortesía de Moisés Fernández e Xose Ferreiro

SEMIFINAIS COPA GALICIA 2018. CD BURELA FS 7 – O ESTEO FS 0

O equipo pontés xogou este martes na Malata unhas históricas semifinais 

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo xogou este martes nas semifinais da Copa de Galicia disputadas na Malata, nas que se deron cita os tres mellores equipos galegos.

Na primeira semifinal, os de Javi Saa enfrontábanse ó CD Burela, equipo que dentro duns días afrontará a primeira eliminatoria do play off de ascenso á Primeira División contra o Real Betis.

Os lucenses marcharon ó descanso con 2-0 no marcador, tantos de Héctor de tiro cruzado e de forte disparo o gran Matamoros, ex internacional español que retornaba ás pistas tras superar unha grave enfermidade. Pero o equipo pontés tivo ás súas ocasións por medio dunha falta directa de Martín e un man a man de Héctor con Alex.

No comezo da segunda metade poñían terra de por medio os alaranxados cos tantos de Cora e Pope. E xa con porteiro-xogador anotaron, outra vez Matamoros, Renato e Colacha. Por parte do Esteo resaltar un tiro ó longueiro de Pana.

Vibrante foi a última semifinal na que despois de manter toda a tempada unha dura pelexa por evitar a praza de descenso a Segunda División, resolta a prol dos ferroláns, desta ocasión vingáronse os santiagueses.

Nun encontro que durou dúas horas e cuarto impuxéronse 4-7 ó Parrulo, e iso que os locais conseguiron remontar dun 0-6 a 4-6, ata que nos últimos segundos sentenciou o equipo da capital.

Queda para mañá a Mini Copa Infantil, cos mesmos catro equipos protagonistas, e a final desta vixéximo sétima edición da Copa Galega entre o equipo da Mariña e o da capital. O Santiago buscará o noveno título e o Burela o primeiro.

7 CD BURELA FS. Alex, Chus, Cora, Renato, Pope – cinco inicial – Víctor, Hélder, Colacha, Matamoros, Héctor, Adilson.

0 O ESTEO FS. Javichu, Martín, Héctor, Pana, Rober – cinco inicial – Gerardo, Gago, Ayala, Dani, Ayrton, Jesús.

GOLES: Min. 8 (1-0), Héctor. Min. 11 (2-0), Matamoros. Min. 23 (3-0), Cora. Min. 24 (4-0), Pope. Min. 28 (5-0), Matamoros. Min. 31 (6-0), Renato. Min. 34 (7-0), Colacha.

ÁRBITROS: Carreira Romero, Ferrero Carballal. Amarelas a Pana, Rober, Dani e Héctor Albadalejo.

INCIDENCIAS: Pavillón da Malata. Uns 1000 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. BETANZOS CF 0 – CD AS PONTES 2

O As Pontes sitúase a dous puntos dos postos de ascenso antes de recibir ó líder Paiosaco. 

Gran triunfo do As Pontes 0-2 nun terreo complicado coma o do histórico Betanzos. Nun encontro no que voltaban á que fora a súa casa Marco Roca e Carballeira, o partido foi de dominio alterno nos inicios ata que o As Pontes se foi facendo co mando do encontro co paso dos minutos, mentres os locais se ían botando cara atrás.

Antes do descanso sinalar dúas ocasións claras de Quique, unha na que se vai só e o seu remate parao o porteiro (25´), e na outra despexa un defensa xusto antes de que remate na área pequena (33´), e tamén de Carballeira, que non acertou a rematar dous servicios de Ramos (28´) e Bossa (32´). A única aproximación de perigo local chegou nun balón que se lle escapou a Patiño cando encaraba só a Paco (29´).

No inicio do segundo tempo abriu a lata o equipo azul nunha xogada de estratexia. Sirvella Bossa a Quique e o xogador de Ares marca de forte disparo dentro da área (53´). Si ben é certo que puideron empatar os locais na xogada posterior na que Pablo Blanco queda completamente só e acaba salvando Paco (55´), Roca tirou de extratexia e sacou ao campo a toda a artillería, Iglesias, Pardo e Fidi, cando máis canso estaba o equipo local, e funcionou.

Puido facer o segundo Iglesias, cando un bo pase de Fidi o deixou só, pero sorprendentemente mandou o balón a rentes do pau (63´). Pero pouco despois o propio Iglesias marcha por banda esquerda, centra a área, recolle o balón Pardo, quiebra ó defensa e acaba marcando de forte disparo por alto (67´).

De aí ó final o Betanzos buscaba recurtar distancias con máis corazón que cabeza, e o As Pontes buscaba as contras para sentenciar, e de feito un disparo de Pardo marchou por pouco por riba do escuadro (81´), ou unha boa xogada de equipo acabaa rematando Toni por alto (82´).

Sen tempo para máis o As Pontes suma 67 puntos e sitúase a dous dos postos de ascenso, recibindo ao líder Paiosaco a vindeira semana nun encontro no que se agarda unha gran entrada. Resaltar que Dani, habitual defensa e medio centro viu o primeiro cartón da campaña nesta xornada 34. Sétimo triunfo pontés no García Hermanos, por dous empates e oito triunfos locais.

0 Betanzos CF. Cedrón, Hugo, Señarís (Taín 66´), Pipo, Carneiro, Christian, Mon (Artai 50´), Jorge, Pablo Blanco (Nico 78´), Martín (Andrés 78´), Patiño.

2 CD As Pontes. Paco, Ramos, Alex, Rego, Maroñas, Dani, Martínez, Bossa (Toni 80´), Carba (Iglesias 56´), Quique (Pardo 56´), Troncho (Fidi 56´).

Goles: 0-1, Quique (53´), 0-2, Rubén Pardo (67´).

Árbitro: Rubén Pérez Martínez (Ourense). Auxiliado nas bandas por Pérez Dapia e Llorente Cuesta. Amarelas a Señarís, Patiño, Christian, Andrés, e Dani.

Campo e incidencias: Campo García Hermanos. Uns 150 espectadores en tarde moi chuviosa por momentos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 27-28 ABRIL

Vitorias de Feminino, Xuvenil, Alevín A e Benxamín A 

FEMININO
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (9-0. Carlota Pena 2, Paula Castro 2, Paula Baamonde, Yolanda Ares, Noelia Ameneiro, Xeila Adega, pp)

Contundente goleada do Feminino, 9-0 ante o Eume. Son cuartas con 60 puntos antes de visitar ó Cariño, terceiro con 63. Xogaron Leti, Yoli, Nuria, Indira, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Uxía, Carolina Paz.

XUVENIL
CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA B (1-0. Josiño)

Vitoria do Xuvenil ante o Caranza B con un tanto de Josiño nos últimos minutos. Xa matemáticamente segundos con 49 puntos, despiden a Liga ante o Meirás, quinto. Xogaron Lino, Fraga (Xosé), David, Pablo, Bruno, Breijo (Vilela), Alex (Carlos), David (Chema), Cristian (Óscar), Dani, Andrés.

Resaltar que Lino, Andrés e Josiño xogaban hoxe o seu derradeiro partido no Campo do Poboado coas categorías inferiores do CD As Pontes, pois son os únicos tres integrantes da xeneración de 1999 que pasaron por todas as categorías do clube e continuaron ata este último ano de Xuvenil.

CADETE
CD AS PONTES-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (0-3)
CD NARÓN A-CD AS PONTES (2-1. Vicente Iglesias)

Son oitavos con 20 puntos antes de rematar a Liga recibindo ó Eume, segundo con 45.

INFANTIL
SD RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (2-1)

Son quintos con 39 puntos, antes de rematar a Liga recibindo ó Portuarios, terceiro con 45

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SDR NUMANCIA DE ARES (6-2)

Son cuartos con 32 puntos antes de rematar a Liga visitando ó Ferrol C, terceiro con 38.

CD AS PONTES B-SRD PORTUARIOS (1-1)

Son undécimos con 12 puntos antes de visitar ó segundo, Cebarca.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SDC GALICIA DE MUGARDOS (6-1)

Son quintos con 34 puntos antes de rematar a Liga visitando ó Perlío, cuarto coa mesma puntuación.

SDCR NARÓN O FREIXO B-CD AS PONTES B (4-0)

Son quintos con 30 puntos, antes de rematar a Liga recibindo ó Perlío B, décimo con 3.

PREBENXAMÍN
SCDR ÁNIMAS-CD AS PONTES A (3-2)

Son cuartos con 25 puntos antes de despedir a Liga recibindo ó xa campión Caranza C

CD AS PONTES B-SDCR NARÓN O FREIXO B (2-5)

Cuartos con dúas vitorias e unha derrota na próxima xornada visitan ó Ferrol B, sexto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA PONTESA DE VETERANOS 2018

Xa se coñecen os catro semifinalistas 

Vibrante xornada a que se viviu de cuartos de final na Copa Pontesa de Veteranos, xa que os dous equipos que se prantaron nesta rolda como campións de grupo, La Galaxia e Muebles Eume, só puideron gañar por penaltis, e gracias, a Farmavida e MMYPEN, que clasificaran a esta rolda in extremis e empatados a puntos cos equipos eliminados.

Máis cómodos foron os triunfos de As Pontes 74 e Mav Abogados, que pasan tamén a semifinais, que se disputarán o vindeiro sábado e xa o domingo pola maña terá lugar a final, e posteriomente haberá pinchos e entrega de trofeos.

CUARTOS DE FINAL
La Galaxia (2*) – Farmavida (2) (Juan, Rubén / Juan, Rivas)
Muebles Eume (1*) – MMYPEN (1) (Villasuso / Alberto)
As Pontes 74 (2) – Electricidad J&O (0) (Senen, David)
Mav Abogados (3) – Galiorient (0) (Soto, Juanjo, Marcos)

SEMIFINAIS
(5) La Galaxia-Mav Abogados (19:00)
(5) Muebles Eume-As Pontes 74 (20:00)

FINAL
(6) Gañadores Semifinais (11:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FOTOS LIGA LOCAL. A COVA DOS TRASNOS-NOVOSTYLO PELUQUEROS

Empate a 2-2 entre o primeiro e o terceiro clasificado, o que lle da emoción á Liga a falta de dúas xornadas. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s