CD As Pontes Feminino

ASEMBLEA CLUBE DEPORTIVO AS PONTES

Terá lugar este xoves día 3 na Casa Dopeso

O Clube Deportivo As Pontes convocou para este xoves unha asemblea na que se prega a asistencia de todos os socios e na que se tratará o tema das eleccións á presidencia do clube.

Terá lugar na Casa Dopeso, nunha primeira convocatoria ás 19:30 e unha segunda ás 20:00.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ESTEO FÚTBOL SALA

O equipo pontés xoga este luns en Ferrol as semifinais de Copa

O equipo pontés do Esteo vivirá este luns na Malata unha xornada histórica xa que clasificou para xogar as semifinais da Copa de Galicia xunto aos tres mellores equipos galegos, O Parrulo e Santiago Futsal, de Primeira, e o Burela, de Segunda División.

O equipo pontés enfrontarase na primeira semifinal (19:00) ó cadro lucense, que este sábado clasificou para xogar os play offs de ascenso a Primeira División como o mellor dos catro que optan a subir, por diante de Antequera, Puertollano e Betis.

Na outra semifinal (21:15), O Parrulo e Santiago Futsal prolongarán o litixio que mantiveron durante esta campaña pola salvación, e que se resolveu nas derradeiras xornadas a prol dos ferroláns, que lograron a permanencia cinco puntos por riba dos santiagueses, disputa que estivo igualadísima case ata o final.

Os dous equipos gañadores xogarán a gran final o martes festivo día 1. Ao mesmo tempo xogarase a Mini Copa Infantil, cos mesmos equipos protagonistas e cruces eliminatorios.

COPA DE GALICIA
CD BURELA FS – O ESTEO FS
Luns 30 – Abril – 2018 (19:00)
Pavillón de A Malata (Ferrol)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s