CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 4-5 MAIO

Vitorias de Cadete, Alevín A e ambos Benxamíns 

FEMININO
CD CARIÑO-CD AS PONTES (3-1. Paula Baamonde)

Rematan a Liga na cuarta praza con 60 puntos. Campión Maniños, seguido de Caranza e Cariño.

72 goles marcados por Paula Castro (20), Paula Baamonde (19), Carlota (9), Yoli (8), Noelia (4), Indira e Xeila (3), Nerea (2), Carolina Paz (1) e tres en propia meta.

XUVENIL
MEIRÁS CF-CD AS PONTES (1-0)

Rematan a Liga segundos con 49 puntos, a 6 do Eume, antes do play off.

CADETE
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (2-1. Jandro, Antonio)

Rematan a Liga oitavos con 23 puntos.

INFANTIL
CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (3-3, Xoel, Jandro, Juan)

Rematan a Liga quintos con 40 puntos.

ALEVÍN
EF RACING DE FERROL C-CD AS PONTES A (1-2. Anxo Blanco, Antón Varela)

Rematan a Liga cuartos con 35 puntos, só por detrás de Narón O Freixo, Caranza e Ferrol C.

UD CEBARCA-CD AS PONTES B (2-2. Xalo García, Miguel Dopico)

Undécimos con 13 puntos antes de visitar ó Perlío B, quinto.

BENXAMÍN
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES A (2-3. Nicolás Meizoso, Xoel Vigo, Almahdi Belhaj)

Rematan a Liga terceiros con 37 puntos, só por detrás de Racing de Ferrol e Neda B.

CD AS PONTES B-CCRD PERLÍO B (10-3. Xandre Domínguez 4, Naúl Suárez 2, Nacho Villasuso, Bruno Bouza, Cayetano Franco, Xabi Álvarez)

Rematan quintos con 33 puntos.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA C (5-6. Xoel Galego 3, Íker Díaz, Brais Varela)

Rematan a Liga sextos con 25 puntos

EF RACING DE FERROL B-CD AS PONTES B (8-4)
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES B (2-0)

Sextos con seis puntos, reciben ó terceiro, Narón O Freixo

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 4 – UD PAIOSACO 0

Goleada do As Pontes ante o líder nun Poboado cun gran ambiente, o que o deixa a dous puntos do equipo de Laracha e o Polvorín, con tres xornadas por diante. 

Nun Poboado con un ambiente que non se recordaba, e que se foi enchendo co paso dos minutos, contundente goleada do As Pontes ante o que era líder da categoría, Paiosaco, por 4 goles a 0.

E iso que nos primeiros minutos o equipo de Riveiro amousou porque lidera os postos altos dende o inicio da Liga, un equipo forte, moi ben plantado, con moita presión e que gaña case tódolos balóns divididos.

Nunha primeira media hora de dominio verdibranco resaltar un tiro cruzado de Iván Amor que saiu a rentes do pau (19´). Pero tras un saque de córner de Bossa que Dani cabecea ó fondo das mallas os locais foronse con ventaxa ó descanso (36´), téndose que retirar Quique por unhas molestias.

Pero a segunda parte, e precisamente co ingreso de Pardo, foi un monólogo dos locais. O xogador de Ortigueira anotou o segundo tras un pase en profundidade no que se queda só ante Dani e bateo coa punteira do pé, de tiro cruzado (64´).
Pero é que anteriormente os azuis dispuxeron de dúas ocasións inmellorables para facer o segundo, nos pés de Adrián Iglesias, nunha primeira tras xogadón de Pardo, que centra e apenas cun defensa baixo paus o xogador de Agolada tira a rentes do pau (59´), e posteriormente tras un pase de Fidi en profundidade volve a quedar só e no seu disparo o balón volve marchar lamendo o poste (61´).

Gran xogada de Iglesias, que regatea a un defensa dentro da área e o seu forte disparo despexao Dani (66´), e despois zapatazo de Pardo que marcha alto por pouco (70´).

Xa nas postrimerías chegou a sentenza. O Paiosaco arriscou buscando recurtar distancias, e noutra contra cabalga o xogador de Ortigueira por banda dereita e tralo seu centro, Alex, incorporándose dende atrás marca rematando na área pequena (81´). O Mago de Viveiro sumouse á festa cun gol de falta que desviou un xogador da barreira ó segundo pau (86´).

Sen tempo para máis, tres importantísimos puntos para un As Pontes que segue vivo con 70, e está a dous de Polvorín e Paiosaco. Necesita ir a gañar a Viveiro e Arzúa e na casa ante o Ribadeo, e agardar algún pinchazo dos de arriba.

O encontro máis inmediato, complicada visita á Cantarrana, ante o histórico Viveiro, que se está a xogar a permanencia, decimoquinto con 39 puntos.

CD As Pontes. Paco, Ramos (Criado 73´), Alex, Rego, Maroñas, Dani, Martínez, Bossa, Iglesias (Carba 89´), Fidi (Troncho 86´), Quique (Pardo 41´).

UD Paiosaco: Dani, Bilal (Manjarín 75´), Popi, Iriso (Ventola 68´), Sergio, Javi Fuentes, Pablo, Josiño, Iván Amor (Bambam 75´) Aythami (Diego 60´), Juanma.

Goles: 1-0, Dani (36´), 2-0, Pardo (64´), 3-0, Alex (81´), 4-0, Bossa (86´).

Árbitro: Sergio Míguens (Vigo). Auxiliado nas bandas por Buján Vidal e Muñiz Lago. Amarelas a Ramos, Fidi, Iriso, Sergio, Josiño, Amor, Ventola e Diego.

Campo e incidencias: Uns 400 espectadores, cerca da metade visitantes, en tarde moi soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FINAL COPA DE VETERANOS

O Muebles Eume consigue nos penaltis o seu sexto título

Este domingo á mañá levábase a cabo nos Campos do Poboado a final da Copa pontesa de Veteranos, que enfrontaba a Muebles Eume e La Galaxia.
Tras un vibrante partido que rematou con empate a 1-1, tras sendos golazos de Juan Rodríguez e Cascudo, houbo que recorrer á quenda de penaltis.

Pero La Galaxia non foi quen de gañar a súa terceira eliminatoria consecutiva dende o punto fatídico e foi o equipo vermello o que venceu con solvencia 2-0, sen necesidade do terceiro lanzamento.

Consigue o cadro de Basoa a súa sexta Copa, terceira consecutiva, unida ós dous Campionatos de Liga.

Ó remate do evento, o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, e Felipe Mieres, entregaron os trofeos ós Campións de Liga, Mav Abogados, e Copa, Muebles Eume, ó máximo goleador, Juan Rodríguez (La Galaxia), á mellor portería, Hugo Ferreiro e Ito (Mav Abogados), e ó equipo máis deportivo (Farmavida).

Os xogadores dos distintos equipos participantes puideron disfrutar dunha carpa con comida e bebida para poñer fin a esta campaña 2017-18.

PALMARÉS

LIGA

2009/10 CONSTRUCCIONES GUERREIRO
2010/11 SANTABALLÉS
2011/12 MUEBLES EUME
2012/13 SANTABALLÉS
2013/14 BAR JARDÍN
2014/15 MUEBLES EUME
2015/16 SANTABALLÉS
2016/17 FISIOTERAPIA DC-HIM&HER
2017/18 MAV ABOGADOS

COPA

2010 FARMAVIDA
2011 MUEBLES EUME
2012 MUEBLES EUME
2013 AS PONTES 74
2014 MUEBLES EUME
2015 AS PONTES 74
2016 MUEBLES EUME
2017 MUEBLES EUME
2018 MUEBLES EUME

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEMIFINAIS COPA DE VETERANOS

Muebles Eume e La Galaxia veránse as caras na final 

Este sábado disputáronse as semifinais da Copa de Veteranos pontesa. Nunha emocionante primeira semifinal La Galaxia e o Campión de Liga, mav Abogados empataron a 2-2, e na quenda de penaltis vencía o equipo azul por 3-1. Na outra semifinal, o subcampión de Liga, Muebles Eume, desfacíase con maior comodidade do As Pontes 74, que xogou o partido cos efectivos xustos, por 3 goles a 1. Este domingo será a gran final e posterior entrega de trofeos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s