CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 12-13 MAIO

O As Pontes visita ó histórico Viveiro, e o Xuvenil xoga en Maniños 

Moi importante partido o do As Pontes esta fin de semana, domingo, 17:30, arbitrado por Gabriel Quintairos Rial (Vigo).

Despois de gañar ó que era líder e situarse a dous puntos dos dous primeiros faltando tres xornadas, o equipo pontés visita este domingo Cantarrana.

O histórico Viveiro non será un rival nada doado, dado que se xoga a salvación. Son decimosextos con 39 puntos, ademais, empatados con outros tres equipos.

O cadro lucense é moi atípico, xa que é o quinto máximo goleador (60), só por detrás dos catro primeiros, pero ao mesmo tempo é o terceiro máis goleado (68), só por diante de Dumbría e Outeiro, ambos con 72.

Nas últimas catro xornadas en casa logrou tres vitorias e un empate ante o mesmísimo Paiosaco. No seu campo ten resultados destacados, Ordes (3-1), Arzúa (3-1), Betanzos (5-2), Dumbría (5-1), Outeiro (5-0), Residencia (4-1), ou Escairón (4-2).

O xove dianteiro Arturo Calvo leva 12 goles, Alex Meitín 8, Xenxo e Xaime 7, e Alex Paz 6. No histórico de partidos en Cantarrana, só dúas vitorias pontesas, por nove empates e oito triunfos locais.

Retornan á que foi a súa casa os viveirenses Bossa, Rego, Kiko e Fidi, incluso Dani. Non poderá ser da partida o central Julio Camba, que cumple ciclo de tarxetas.

Por outra banda, o Xuvenil xogará o sábado en Maniños contra o Imperátor Oar a fase de ascenso.

Mala sorte para o equipo feminino, xa que na competición de Copa, nos oitavos de final, xoga a domicilio e ante o Caranza, é dicir o segundo contra o cuarto clasificado da Liga.

PREFERENTE
VIVEIRO CF-CD AS PONTES (DOMINGO 13, 17:30)

FEMININO
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (SÁBADO 12, 17:00)

XUVENIL
IMPERATOR OAR-CD AS PONTES (SÁBADO 12, 19:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés visita ó Xove na penúltima xornada 

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo visita este sábado ó Xove na penúltima xornada de Liga.

O cadro lucense é noveno con 30 puntos, un posto e tres puntos por debaixo dos ponteses. Nás dúas visitas á Mariña, derrotas 5-2 e 6-4.

Na derradeira xornada os ponteses reciben ó Zamora, xa campión con 15 puntos de ventaxa sobre o segundo clasificado.

SEGUNDA DIVISIÓN B (25ª xornada)
SD XOVE FS – O ESTEO FS
Sábado 12 – Maio – 2018 (18:00)
Pavillón do Centro Cívico

Copa da Terra Chá

Infantil. O Esteo B – Mondoñedo (Día 13. 10:20)
Alevín. Guitiriz – O Esteo (Día 12. 9:30)
Prebenxamín. Guitiriz – O Esteo (Día 12. 11:10)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s