CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 19-20 MAIO

O As Pontes recibe ó Ribadeo, o Feminino ó Maniños, e o Xuvenil xogará co Palas.

O As Pontes recibe este domingo (18:00) ó Ribadeo. Tralos dous puntos perdidos en Viveiro, o conxunto pontés ten tan complicado quedar entre os dous primeiros como non acabar de terceiro. Para elo enfrontase ao rival directo por esa praza, o Ribadeo , sobre o que leva cinco puntos de marxe.

Si os de Marco Roca chegan algo desanimados a este encontro tralo tropezo en Viveiro, non o está menos o equipo da Mariña, que perdeu 3-6 ante o San Tirso cando podería haber chegado ó Poboado a só dous puntos e dependendo deles mesmos.

Por riba, si o As Pontes perde a Alex Cabarcos por expulsión, que iso si, pérdese os tres próximos partidos, os da Mariña non poderán contar con titulares habituais, como Martín Traba e Juanma, expulsados, nin David Rodríguez, por acumulación de tarxetas.

Iso si, o conxunto lucense non virá de paseo nin moito menos xa que non deixa de ser un dos mellores planteis da categoría, baixo a batuta de xogadores de prestixio como Rafa Casanova e Mauro Poratti, e con moitos futbolistas con experiencia na Terceira División.

Ten en Santi con 13, Luki e Poratti con 9, Criss, Tichu e Casanova, con 7, ós seus máximos artilleiros.

Nesta campaña xa foi quen de vencer ó As Pontes na ida, 2-0, e ten vitorias de prestixio a domicilio, nin máis nin menos que en Paiosaco, 0-1, en Castro, 1-2, ou en Dubra, 2-5.

Nos once enfrontamentos no Poboado, dez vitorias locais e un triunfo do Ribadeo aló pola 1981-82.

Pola súa banda, o Xuvenil xogará o segundo partido da fase de ascenso co Palas de Lugo, na Gándara, mentres que o Feminino despois de vencer en oitavos da Copa ó segundo clasificado da Liga, Galicia de Caranza, recibe en cuartos nin máis nin menos que ó Campión de Liga, Maniños.

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-RIBADEO CF (DOMINGO 20, 18:00)

FEMININO
CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS SD (DOMINGO 20, 12:00)

XUVENIL
PALAS CF-CD AS PONTES (SÁBADO 19, 16:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés recibe ó campión Zamora na derreadeira xornada

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo remata a Liga este sábado recibindo ó campión Zamora, en encontro con entrada gratuita para todo o público.

O equipo pontés como mínimo rematará oitavo, e só podería superar ao sétimo Santiago de Sama, mentres os casteláns leoneses xa son campións matemáticos cunha folgada diferencia de 16 puntos sobre o segundo clasificado.

Curiosamente, nas dúas visitas do histórico equipo zamorano, que chegou a militar na Primeira División, á Fraga, derrotas 4-3 en 2014 e 4-2 en 2016.

SEGUNDA DIVISIÓN B (26ª xornada)
O ESTEO FS-FS ZAMORA
Sábado 19 – Maio – 2018 (18:30)
Pavillón da Fraga

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s