CD As Pontes Feminino

XAIME CASTRO, PRESIDENTE DO CD AS PONTES

Ostentará a presidencia dende este 2018 ata o 2022

Xaime Castro continuará sendo presidente do clube pontés ata o ano 2022. Será o presidente con máis anos no clube, pois dende que ocupou o cargo en 2005, serían 17 anos ata acabar a lexislatura.

De candidatura única, a corporación estará formada por 22 membros. Vicepresidente deportivo será Suso Fernández, tesoureiro Jose Antonio Paz, e secretario Jose Antonio Franco “Minchi”.

Tamén haberá 18 vogais, que serán, Ana Carballeira, Belén Castro, Catalina Ciju, Mari Carmen Montes, Ángel Barro, Jose Blanco, Jose Bouza, Jesús Cabarcos, Domingo Díaz, Rodrigo Fornos, Jose López, Alejandro Montero, Juan Pablo Montero, Pepe Pena, Secundino Picos, Juan Purriños, Emilio Riobo e Antonio Sánchez.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 5 – RIBADEO FC 0

Goleada do As Pontes que terá que xogar a promoción dos terceiros

O As Pontes goleou esta tarde ó cuarto clasificado Ribadeo, 5-0, nun partido que non tivo cor. Pese a que comezaban apretando os lucenses, na primeira aproximación local adiantábase o As Pontes tras un tiro dende o lateral da área de Pardo que entra xustiño polo segundo pau (5´).

Logo era Dani quen anotaba na área pequena tras un centro dende banda esquerda de Toni (14´), e nun arriscado pase atrás dos visitantes, Pardo gáñalle a carreira ó central e marca só ante Javi Prieto de tiro cruzado (27´).

A sentencia chegaba tras un pase en profundidade de Bossa cara a Dani, que empala este ó fondo das mallas (43´), pero é que tamén puido marcar Pardo, que quedou só ante Prieto que saca co corpo (17´), Dani non acerta a cabecear un centro de Martínez (21´), un centro perigoso de Criado pasease pola área visitante (30´), e Fidi non acerta a meter o pé na área pequena a centro de Pardo (33´).

Si ben é certo que tamén puido marcar o Ribadeo, pero o tiro de falta do ex racinguista Rafa Casanova foi ó longueiro (38´), e así chegouse ó descanso.

No segundo período, con todo decidido, resaltar un remate de cabeza de Rego na área pequena que marcha por riba do longueiro (50´), e un disparo cruzado de Cris que marcha a rentes do pau (57´).

Unhas mans de Pablo dentro da área conlevaron ó penalti que Bossa lle cedeu a Pardo para que o de Ortigueira fixera o seu particular hat trick e o 5-0 definitivo (71´).

Logo é Miguel quen fai un cano a Paco e cando vai marcar a porta baleira aparece Maroñas para desbatratar a ocasión (83´). O partido pechouse con unha oportunidade do xuvenil Chema, que debutou hoxe con apenas 16 anos, e o seu disparo dende fóra da área marchou fóra por pouco (88´).

Sen tempo para máis, Polvorín e Paiosaco con 78 puntos son equipos de Terceira, As Pontes asegura a terceira praza de promoción con 74 e o Ribadeo queda con 66. Vindeira xornada, sen nada que xogarse por arriba, visita ó Arzúa.

No decimosegundo enfrontamento no Poboado undécima vitoria local por un só triunfo visitante.

5 CD As Pontes. Paco, Criado, Ramos (Jandro 67´), Rego, Maroñas, Dani, Martínez, Bossa (Iglesias 77´), Toni, Fidi (Chema 81´), Pardo (Carba 74´).

0 Ribadeo FC. Javi Prieto, Pablo, Rafa, Marcos (Cube 77´), Santi, Poratti (Miguel 62´), Tichu, Isma, Cris, Aitor (Castañal 77´), Luki (Jacob 48´).

Goles: 1-0, Pardo (5´), 2-0, Dani (14´), 3-0, Pardo (27´), 4-0, Dani (43´), 5-0, Pardo, de penalti (71´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores en tarde soleada.

Árbitro: Óscar Enríquez Pereiro (Santiago). Auxiliado nas bandas por Pérez Mindeguía e García García. Amarelas a Pardo, Santi, Tichu, Criss.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – FS ZAMORA (4-6)

O Esteo remata a tempada perdendo co campión

O Esteo despediu este sábado a Liga recibindo ó campión Zamora, encontro no que perdeu 4-6, chegando 1-3 ó descanso.

Os visitantes puxeron pronto terra de por medio, con tantos de Diego e Ángel, e pese a que os locais recurtaron cun tanto de Rober, tras pase de Héctor, antes do descanso, na xogada posterior, Héctor poñía o 1-3 co que se chegaba ó intermedio.

Ao pouco da reanudación, noutra xogada a balón parado voltaba a marcar Rober, que rematou expulsado por doble cartón, pero en dous zarpazos os visitantes Héctor e Ángel poñían o 2-5 que semellaba complicado de remontar.

Pero os locais non desistiron, e nun despexe dos zamoranos o balón rebotou en Pana e acaba no fondo das mallas. Pero os casteláns leoneses voltaban a poñerse tres arriba, con golazo de Ángel, o seu terceiro de hoxe.

Xa con porteiro xogador o Esteo conseguiu reducir distancias por medio dun tiro cruzado de Gerardo, que situaba o 4-6 definitivo.

Os ponteses rematan a Liga oitavos con 36 puntos. Gáñalle a partida Martín a Pana por un tanto, e rematan con 28 e 27 goles respectivamente, e ambos superan o récord na Segunda B de Jaco, que estaba nos 21. Rober Paz 11, Héctor e Ayala 8, Gerardo e Gago 5, Dani 4, Juan Cruz 2, e dous en propia meta conforman os 100 tantos dos de Javi Saa.

Resaltar a volta ó Pavillón da Fraga do mítico porteiro, que fora do Autos Puentes, Santos, con 48 anos pero coma un rapaz, e tamén retornaba Juan Cruz, xogador que debutara con dous goles na primeira xornada ante o Benavente, lesionouse nese encontro e a media campaña fichou polos zamoranos. Ademais os prebenxamíns ofreceron os seus títulos de Liga e Copa á afección.

Xogaron Javichu, Martín, Héctor, Pana, Rober, Gago, Gerardo, Ayrton e Jesús, nunha Fraga cuns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FASE DE ASCENSO XUVENIL. PALAS DE REI CF 0 – CD AS PONTES 3

O Xuvenil xogará contra o Porto de Burela por unha praza na Liga Galega.

O Xuvenil pontés logrou onte un brillante e sufrido triunfo na segunda eliminatoria da fase de ascenso ante o Palas de Rei por 0-3, un resultado moi enganoso, dado que prácticamente ata o tempo de desconto o marcador era de 0-1.

Comezaba ben o cadro pontés, dominando, cunha internada e disparo de Peke no primeiro minuto, e sendos centros desde banda de Dani e David que se pasean pola área pequena sen atopar rematador.

Pero conforme pasaban os minutos ían subindo liñas os lucenses, un equipo ben plantado atrás, que buscaba as contras, e a piques estiveron de marcar nunha mala saída de Lino (30´).

Certo é que puido marchar con ventaxa no marcador o cadro azul, xa que tras un saque de córner Pablo remata de cabeza ó poste (44´).

O segundo tempo comezou cun disparo raso e forte dos visitantes que marcha por pouco (50´). E chegou o primeiro do As Pontes, tras un centro dende banda esquerda que o porteiro non atalla e mete o pé o xusto Dani para marcar a porta baleira (60´).

A un tiro de Dani por alto (65´), seguiulle un susto para os ponteses, xa que tras unha xogada de estratexia un xogador amarelo anticípase a Lino e o seu remate sae a rentes do pau (68´).

Puido anotar o segundo o equipo de Felipe nunha contra coa defensa lucense desconxugada na que nin Dani nin despois Peke consiguen marcar (72´).

E xa nas postrimerías anotou Vilela, tras saque de córner, que non acerta a despexar o porteiro lucense e acaba colándose o balón chegando a sentencia cun gol olímpico (88´).

Xa co tempo cumprido, cabalgada de Óscar por banda dereita, centra, Cris non acerta a rematar, recolle o balón o propio Óscar ó que lle fan penalti que Dani se encarga de transformar no 0-3 definitivo (95´).

O As Pontes pelexará co Porto de Burela, que se desfixo 2-0 do Corme, por un posto na Liga Galega, nunha eliminatoria a doble partido. Na outra xogarán Eume Deportivo contra Atlético Arteixo.

Os dous gañadores de cada eliminatoria uniranse ó Residencia de Lugo e Atlético Riveira, que xa están ascendidos.

Xogaron polos de Felipe Mieres, Lino, Carlos (Fraga 95´), David (Bruno 93´), Pablo, Breijo, Vilela (David 90´), Óscar, Chema, Dani, Xosé (Cris 81´), Peke

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA FEMININA. CD AS PONTES 1 – CULTURAL MANIÑOS SD 0

O As Pontes elimina ao Campión de Liga

Sensacional partido do equipo feminino este domingo nos Campos do Poboado, no que gañou o Campión de Liga Cultural Maniños por 1-0.

Despois de vencer na anterior eliminatoria de oitavos de final ao subcampión ligueiro, Galicia de Caranza, por 0-2, nesta rolda de cuartos agardaba o Campión, con 29 vitorias e un só empate, e que levaba dous anos invicto.

O equipo de Julio Montero adiantábase a pouco do descanso cun tanto de Paula Castro, e nos segundos trinta minutos entre a defensa e Leti aguantaron as embestidas como gato panza arriba para acabar logrando unha histórica vitoria.

Pasan as semifinais, Racing de Ferrol, As Pontes, San Sadurniño e Rápido de Neda ou Amistade de Meirás.

Xogaron Leti, Yoli, Tania, Nuria, Indira, Noelia, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Lucía.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s