CD As Pontes Feminino

ACTUACIÓN DE MIGUEL ALVARIÑO NOS XOGOS DO MEDITERRÁNEO

O equipo español masculino logrou unha medalla de bronce por equipos tras gañar ao Campión Mundial

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García acudiu esta fin de semana a Tarragona para competir nos Xogos do Mediterráneo.

Nas tiradas individuais, Miguel foi cuarto da previa con 664 puntos, por detrás do turco Gazoz (683), o esloveno Strajhar (675), e Pablo Acha (667).

Nas roldas eliminatorias, exento da primeira fase, venceu nos dezaseisavos ao serbio Beatovic (6-2), caendo nos oitavos de final co italiano Tonelli na frecha de desempate 5-6, 9-10, acabando noveno.

Na competición por equipos España (Alvariño, Pablo Acha e Antonio Fernández “Yiyo”) lograba a mellor marca da previa, vencendo despois en cuartos de final a Chipre (6-2), e caendo na semifinais ante o posterior gañador Francia (1-5).

Recompuxeronse este domingo pola mañá vencendo na loita polo bronce a Italia, actual Campión Mundial da especialidade en México 2017, por 6-2, con remontada.
España logrou catro medallas, ademais desta, a plata por equipos feminina e a de Mónica Galisteo, e o bronce de Pablo Acha.

Francia venceu nas dúas competicións por equipos, a italiana Lucilla Boari en feminino e o turco Mete Gazoz en masculino.

Miguel Alvariño consegue desta maneira a súa terceira medalla nuns Xogos, tralo ouro individual e plata por equipos nos Xogos Europeos Bakú 2015.

O outro deportista pontés que participara nuns Xogos do Mediterráneo fora Borja Prieto, que quedara cuarto en Almería 2005 e sexto en Pescara 2009.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

MIGUEL ALVARIÑO GAÑA O GRAN PREMIO DE ESPAÑA

Disputado na Coruña esta fin de semana

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García venceu este domingo no Gran Premio de España de Tiro con Arco, disputado na Coruña. Xa nas tiradas previas foi o mellor con 661 puntos, trece por riba de Pablo Acha. Dani Castro quedou sétimo con 617 puntos.

Nas roldas eliminatorias, Miguel venceu sucesivamente a Iván Loureiro (6-0), Jaime Balado (6-0), Pablo Orozco (7-3), logrando un apurado triunfo 6-5 en semis ante Carlos Iglesias, con 9-9 na frecha de desempate e maior proximidade á diana.

Brillante triunfo na final 6-4 ante Pablo Acha, con igualdade nos dous primeiros sets, ventaxa dun punto para cada un nos dous seguintes e 30-27 para Alvariño no quinto.

Pola súa banda, Dani Castro venceu a Martín Bello (6-2), Vicente Veira (7-3), caendo en cuartos de final ante Pablo Acha (0-6), acabando sétimo.

Xaquín Mira gañou na primeira rolda a Óscar Berrocal (138-125), caendo en cuartos con Jose Fernández (139-145), acabando sexto, mentres Cristina Castro perdía na primeira fase 0-6 con Celia Castaños.

Nova cortes de Xose Ferreiro

NOÉ CALVO XOGARÁ EN RUMANIA

Será a sexta Liga extranxeira na que tomará parte

O xogador pontés de fútbol sala Noé Calvo Pardo xogará na Liga rumana nesta campaña 2018-19, o que será o seu sexto país tras pasar por Portugal, Hungría, Inglaterra, Xapón e Vietnam.

O FC Autobergamo, máis coñecido como Deva, foi campión da Liga rumana na 2016-17, a súa quinta, e incluso este ano na Uefa Futsal tan só perdeu 2-1 co Campión Inter Movistar.

Esta campaña, tras unha impecable Liga Regular, na que non perdeu ningún encontro e só cedeu tres empates, caeu nas semifinais do play off ante o despois campión, Timisoara.

Para esta campaña, ademáis de Noé, o equipo contará co coruñés Chapu, o portugués Teka, e un brasileño.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ÓSCAR VIGO, NOVO ADESTRADOR DO ESTEO FS

O equipo pontés xa ten novo técnico para a temporada 2018-19

Trala anunciada non continuidade de Javi Saa ao mando do equipo, o club pontés de fútbol sala do Esteo comeza a perfilar a vindeira campaña 2018-19, a que será a súa sexta na Segunda División B. Para elo contratou ao adestrador Óscar Vigo.

O naronés de 43 anos chegou a dirixir ó Cidade de Narón na Segunda División, e a pasada temporada adestrou ao Parrulo B. Anteriormente tamén dirixiu a diversos equipos de base do clube ferrolán.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía Xose Cendán.

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s