CD As Pontes Feminino

BORJA PRIETO LOGRA TRES OUROS NOS CAMPIONATOS DE ASTURIAS

No evento disputado esta fin de semana en Trasona

Sensacional rendemento do piragüista pontés Borja Prieto Valera, que esta fin de semana conseguiu en Avilés tres medallas de ouro nos Campionatos de Asturias, ademáis de dous quintos e un sexto posto.

Na final directa de K4-200, Borja, Oriyés, Fiuza e Gallinal lograron o ouro (32:86) por diante de Oviedo Kayak (33:95) e Los Gorilas de Candas (34:12).

No K2-500, Oriyés e Borja foron terceiros na súa semifinal, gañando despois na final (1:37:83), tamén por diante de Oviedo Kayak (1:38:29) e Los Gorilas de Candás (1:39:33).

Na final directa de K4-500, Borja, Oriyés, Gallinal e Marcos Solís foron quintos, gañando Los Gorilas de Candás.

No K1-200 foi terceiro na súa semifinal, quedando quinto na final, gañada por Oriyés.

No K2-200, Borja e Álvaro Gallinal gañaron a súa semifinal, quedando sextos na final, gañada polos seus compañeiros do Covadonga, o tricampión mundial e 8 veces gañador do Sella, Álvaro Fernández Fiuza, e o Campión Mundial sub23, Juan Oriyés.

Nunha axetreada fin de semana tamén tivo tempo Borja de competir no Campionato de Veteranos, no que quedou primeiro no K1-1000, cun tempo de 3:57:35, por diante de Jose Ramón Figaredo (4:05:68) e Efrén Riestra (4:08:62).

O Covadonga foi segundo en clubes por detrás de Los Gorilas de Candas, e cuarto en Veteranos, gañando Kayak Siero.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ALEVÍN PONTÉS CAMPIÓN DA COPA AFACO

Conseguiron cinco vitorias e un empate

Unha vez rematada a tempada, os Alevíns do CD As Pontes participaron estas semanas na Copa Afaco, torneo no que ademais de competir con equipos da Comarca, se foron iniciando no fútbol 11, adaptándose as dimensións nas que xogarán moitos deles a partir da vindeira tempada.

Torneo brillante o dos alevíns ponteses, que gañaron cinco encontros, O Val (5-4), Eume Deportivo (2-0), Perlío (1-6), Miño (6-0), Galicia Mugardos (0-5), cedendo un só empate en Cedeira (5-5).

Aínda que a derradeira xornada deste torneo xogase este venres, o equipo azul xa é campión matemático con 16 puntos, dado que ó máximo ó que poderían achegarse os rivais sería a tres puntos. Oitava Copa Afaco pontesa tras catro infantís, dúas xuvenís e unha feminina.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Xose Blanco

PRIMEIRAS RENOVACIÓNS NO CD AS PONTES

O clube xa conta con once xogadores.

Despois da triste derrota do Compostela, incapaz de gañar nin marcar na súa casa ante o Salmantino, anteriormente chamado Salamanca B, onde un 25-6-1995 lograra o Endesa de As Pontes o seu último ascenso a Segunda B, o equipo pontés comeza a preparar unha nova campaña na Preferente Norte.

E faino coas renovacións do porteiro Paco, os defensas Dani, Rego, Alex e Criado, e os medios, Pardo, Fidi, Martínez, Quique, Ramos e Toni. Tamén farán a pretemporada os xuvenís Josiño e Peque.

Nos vindeiros días agardanse mais renovacións, e algunha incorporación na punta de ataque, sobre todo trala marcha de Eloy e agora de Iglesias, os dous únicos dianteiros natos cos que contaba o equipo na pasada campaña. Continúa Marco Roca de adestrador e Iván Rodríguez coma director deportivo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRIMEIRAS RENOVACIÓNS NO ESTEO FS

O clube xa conta con cinco xogadores

Unha vez confirmado o naronés Óscar Vigo coma técnico do equipo, o Esteo pontés de fútbol sala fixo estes días as súas primeiras renovacións.

Seguen no equipo o porteiro Javichu, e os xogadores de pista Héctor, Rober Paz, Ayala e Dani Martínez.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CHUS CAÑIZARES FICHA POLO BERGANTIÑOS

É a cuarta fichaxe do equipo de Carballo

O xogador pontés de 26 anos, Jesús “Chus” Cañizares Sánchez ven de firmar polo Bergantiños.

Chus formouse nas categorías inferiores do As Pontes, xogando tamén no primeiro equipo, e en Terceira pasou polo Deportivo B, chegando a xogar varios partidos co primeiro equipo, Cerceda, e Silva a campaña pasada, quedando oitavo máximo goleador con 13 tantos.

O equipo de Carballo está buscando dende a campaña pasada o ascenso á Segunda División B, de feito acabou segundo clasificado de Liga, só por detrás do Compostela, e leva xogado dúas fases de ascenso consecutivas.

Non tivo fortuna na deste ano, xa que co Cirbonero perdeu 1-0 a domicilio, e en Carballo, gañando 2-0, os visitantes conseguiron o 2-1 no tempo de desconto pasando polo valor doble dos goles, a mesma tesitura que lle acontecera o ano anterior contra o Badajoz.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

VI CAMPUS DE FÚTBOL SALA O ESTEO

Na tarde deste xoves levouse a cabo a entrega de diplomas

Esta semana levouse a cabo a sexta edición do Campus mixto de Fútbol Sala de O Esteo, de luns a xoves, en xornadas de 10:00 a 18:00.

Preto duns 50 rapaces disfrutaron da visita de xogadores de O Parrulo, Rubi Lemos, Miguel Muñoz, e o ex futbolista local, Rubi López, e tamén de adestradores, de O Parrulo, Diego Ríos, e do corpo técnico do Santiago Futsal e da Selección Española, Mon Barreiro.

Estiveron coma monitores, o xenial porteiro do Santiago Futsal, Iago Barro, o xogador do As Pontes, Fidi, ademais de Gonzalo Iglesias, David Riveira, Dani Díaz, Fran Fernández e Tatiko.

Os rapaces, ademais do fútbol sala, practicaron diversos deportes, coma o baloncesto, beisbol, tenis ou padel, e tamén visitaron o Aquapark de Cerceda.

Ó remate do Campus sortearonse diversos agasallos e entregaronse os diplomas a todos os participantes, a cargo de Miguel, Rubi, o Presidente de O Esteo, Fran Fernández, e o Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s