CD As Pontes Feminino

HOMENAXE A MALENA MIERES GARCÍA

Este venres á mañá no Concello pontés

A futbolista pontesa de 18 anos Malena Mieres García foi recibida este venres pola mañá no Concello pontés tralo seu flamante título de Campiona de Europa Sub19 logrado este pasado luns despois de gañar España a Alemania 1-0 na final disputada en Suiza.

Nun acto que contaba coa presenza da tenente de alcalde Montserrat García Chavarría e o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, foille entregada ademais unha placa á porteira do Deportivo.

Malena é a sétima campiona continental do deporte pontés, xunto aos piragüistas Borja Prieto e Antonio Polo, o patinador Mario Calzas, o taekwondista Gabi Tembrás, o arqueiro Miguel Alvariño, e o tamén futbolista David Rochela.

Triunfaron no seu día en Campionatos Mundiais, o propio Alvariño, Jose Cope en Kung Fu, Roberto Rivera en Kaiak Polo, Iván Pena en Waveski Surf, Artemio Formoso en Tiro, e Jose Antonio Meizoso en Futbolín.

Outros medallistas ponteses en eventos europeos e mundiais foron o piragüista Daniel Feijoo, a taekwondista Lucía Legaspi, a arqueira Gema Buitrón, a atleta Susana Castro e as patinadoras Olalla Barcia e Vanessa Carballeira.

Máis de once anos pasaron dende aquel 13 de Maio de 2007, ás 19:26, ou 19:27, en que o colexiado serbio Dejan Filipovic agarrou o seu silbato e pitou o final do partido, Inglaterra 0 – España 1, no que un gol de Bojan Krkic lle deu o título a España sub17 e ó pontes David Rochela en Bélxica.

Entremedias non podemos esquecer o meritazo de Enrique Fornos, que xogou en marzo do 2014 o Preeuropeo sub17 en Rusia coa Selección Española. Este luns 30 de Xullo, en Suiza, tralo 1-0 de España-Alemania co gol de María Llompart, Malena escribiu unha nova páxina de ouro na historia do deporte pontés.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRESENTACIÓN DE O ESTEO FS

Primeiro adestramento este luns á tarde no Pavillón de A Fraga

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo presentouse este luns á tarde de cara á que será a súa sexta campaña consecutiva no grupo primeiro da Segunda División B.

Para esta campaña 2018-19, de momento, continúan baixo os paus, os porteiros Javichu, Jesús e o xuvenil Sergio Cal, mentres que de xogadores de pista seguen Héctor, Rober Paz, Ayala, Dani e Andy.

Son novos, ademáis do adestrador Óscar Vigo, Alex Durán (Puertollano), Cokito (Cidade de Narón), Bruno (Lugo Sala), e Troncho (As Pontes).

Esta campaña o grupo primeiro amplíase á 16 equipos, dos que a metade serán galegos. Ademais do Esteo estarán o histórico Prone de Lugo, Leis de Pontevedra, Sala Ourense, Cidade de Narón, Pizarras Los Tres Cuñados, Xove e Ventorrillo.

De Castela e León estarán o campión do ano pasado, Zamora, Universidade de Valladolid, Benavente, Guardo, Albense e Puertas Deyma, mentres que haberá dous asturianos, o Boal e o Santiago de Sama.

O Esteo comeza a liga o día 15 visitando ó Puertas Deyma, conxunto de León, novo na categoría, para recibir o 22 ó Xove.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRESENTACIÓN DO XUVENIL B DO CD AS PONTES

Primeiro adestramento este luns á tarde

Este luns á tarde presentouse o equipo xuvenil B do CD As Pontes, conxunto que na súa maior parte estará composto por xogadores do equipo cadete da tempada pasada.

Dende a campaña 2011-12 non contaba o equipo pontés con dous equipos xuvenís, competindo este ano co A na Liga Galega e co B nas competicións de Ferrol.

Paco López e os que serán os seus discípulos tiveron o seu primeiro adestramento este luns á tarde no campo de fútbol indoor.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Deportistas destacados/as ponteses/as. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s