CD As Pontes Feminino

AMIGABLE. CD NARÓN 1 – CD AS PONTES 2

Segunda vitoria da pretemporada do equipo pontés

Esta tarde noite do xoves xogouse un amigable entre o CD Narón, ascendido a campaña pasada á Primeira Autonómica, e o As Pontes, no Campo do Cadaval.

Rápidamente poñía distancia de por medio o equipo azul, tras un remate cruzado de cabeza de Quique a centro de Alex, que vai ó fondo das mallas (5´), ou unha falta moi axustada que tira Fidi e tras desviar o porteiro, acabase colando tras petar no pau (20´).

De aí ó descanso resaltar un bo remate de Pardo que desvía in extremis o gardameta, e un balón que se pasea pola área pontesa que non soubo aproveitar o cadro local.

No segundo tempo puido sentenciar varias veces o As Pontes. Resaltar dous tiros cruzados que marchan a rentes do pau, de Pardo e Unai, unha internada de Peque ó que se lle bota o porteiro enriba, un pase moi longo de Guille cando acudía a cabecear Toni, desmarcado i en boca de gol, e sobre todo a máis clara de Dani, que quedou só ante o porteiro pero disparou ó corpo.

Con todo as mellores ocasións do segundo tempo foron locais. Un disparo que salva Martín baixo paus, un tiro ó poste, e a pouco do final, Sera completamente só regatea a Paco e marca a porta baleira o 1-2 definitivo.

Polo momento o equipo azul gañou a Betanzos (0-3) e Narón (1-2), empatando co Val (1-1). Xogou o As Pontes con Paco, Criado (Peque 45´), Alex (Martín 45´), Rego, Sánchez (Guille 45´), Adrián (Bossa 45´), Ramos (Josiño 65´), Dani, Quique (Toni 45´), Fidi (Unai 65´) e Pardo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRESENTACIÓN DO EQUIPO FEMININO DO CD AS PONTES

Comezou a andar con 16 xogadoras no primeiro adestramento

Este venres á tarde presentouse ó feminino pontés de cara á nova temporada 2018-19. Todas as xogadoras fixeron o primeiro adestramento desta campaña no campo de fútbol indoor, e en ausencia de Julio Montero, o director deportivo, Iván Rodríguez, dirixiu este primeiro entreno.

Neste primeiro día acudiron 16 rapazas, Carlota, Yoli, Nuria, Noelia, Paula Castro, Paula Baamonde, Andrea, Alba, Yara, Xeila, Carolina, Nerea, Tania, Uxía Rodríguez, Uxía Cupeiro, i é nova no equipo Noemí.

Trece equipos formarán a competición feminina de Ferrolterra nesta campaña. Repiten doce, Maniños, Caranza, Cariño, As Pontes, Amistade de Meirás, San Sadurniño, Perlío, A Capela, Discalzas de Cedeira, Cebarca, Eume e Mugardos.

Non seguen Racing de Ferrol, O Val B, e Rápido de Neda, i é novo na categoría o CD Rosalía. As pontesas descansan na primeira xornada, a mediados de Setembro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRESENTACIÓN DO CADETE DO CD AS PONTES

Primeiro adestramento este luns á tarde

O equipo Cadete do CD As Pontes comezou os adestramentos este luns ás seis da tarde. Ademáis dos cadetes de segundo ano, deron o salto de categoría moitos dos rapaces que hai pouco máis de dous meses gañaban a Copa Afaco Infantil en Miño.

Despois dunhas palabras do director deportivo Iván Rodríguez, os rapaces, da man de Rubén Pardo e Alex Cabarcos, realizaron o seu primeiro adestramento no campo anexo.

Con este xa comezaron a adestrar o equipo de Preferente, ambos xuvenís, o feminino e o cadete. O resto de equipos de base do clube comezarán os entrenos a finais de Agosto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s