CD As Pontes Feminino

O AS PONTES FICHA A CARLOS LÓPEZ

Reforzo de luxo para o cadro de Marco Roca

A pouco máis de dez días do comezo da competición, o CD As Pontes ven de anunciar a contratación por unha temporada de Carlos López.

O media punta, tamén extremo, aresán, de 22 anos, formouse nas categorías inferiores do Deportivo, e chegou a xogar unha fase de ascenso a Segunda División co Racing de Ferrol, tamén en Segunda B co Cerceda a campaña pasada, e en Terceira co Galicia de Mugardos.

Carlos é a sexta fichaxe, e o xogador número vinte, a día de hoxe, do plantel pontés, e xa estaría dispoñible para os dous últimos amistosos do clube pontés antes do inicio de Liga.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía CD As Pontes

AMIGABLE PRETEMPORADA. FS PONTEDEUME-O ESTEO FS (2-7)

Triunfo pontés no primeiro encontro de pretemporada

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo iniciou este sábado a súa preparación de cara á campaña 2018-19, co seu primeiro amistoso de pretempoarda.

Vitoria contundente ante o Pontedeume 2-7, con tres tantos de Ayala e outros tres da última fichaxe, Jacobo, gran xogador que a campaña pasada estivo en Primeira División no Parrulo. Ó descanso chegouse con ventaxa de 1-2.

FS PONTEDEUME: Diego, Pablo, Varela, Carpente, Nuñez – cinco inicial – Garea, Javi Graña, Rubén, Ivan, Diego.

O ESTEO FS: Jesús, Héctor, Dani, Bruno, Ayala– cinco inicial – Cokito, Jacobo, Troncho, Sergio, Javichu.

ÁRBITROS: Amor Vizoso, Mella Brea, Prados Caamaño (Ferrol-A Coruña).

GOLES: 1-0, Javi Graña (9´), 1-1, Jacobo (15´), 1-2, Jacobo (17´). 1-3, Héctor (21´), 1-4 Jacobo (24´), 1-5, Ayala (29´), 2-5, Garea (32´), 2-6, Ayala (35´), 2-7, Ayala (36´).

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Casqueira. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía Moisés Fernández e Xose Ferreiro

47º TROFEO CONCELLO DE MUGARDOS. SDC GALICIA DE MUGARDOS 2 – CD AS PONTES 3.

O As Pontes conquista o título na última xogada.

O As Pontes conquistou onte á tarde na Pedreira o Trofeo Concello de Mugardos tras vencer no último segundo ó equipo locatario. O encontro seguiu un guión moi parecido ó acontecido no Cadaval. Aos poucos minutos o encontro parecía totalmente encarrilado pero cara ó final complicouse moito.

E así, con dominio do xogo pontés neste primeiro período, tras un pase de Quique, centrou Pardo dende banda dereita e marcou a pracer Dani chegando dende atrás (15´). Pouco despois chegaba o 0-2, logo dunha caída de Fidi dentro da área que o colexiado sinalou como penalti, que marcou Bossa (20´).

A piques estivo de recurtar distancias Chis tras cabecear ó longueiro un saque de córner (22¨). Si atinou Moi, que se aproveitou dun balón que non despexou Alex, para encarar a portería e batir a Paco por baixo (38´).

No segundo tempo tivo as mellores ocasións o cadro hoxe verdinegro, e un bo disparo de Erni foi rexeitado in extremis, o balón vai a Dani que encara a portería pero botouselle o gardamallas enriba (56´).

Entre Martín e Rego suben a cabecear un córner e o balón vai a rentes do pau (68´). Tras un centro de Peque dende banda esquerda, remata de volea o debutante Carlos López por riba do longueiro (73´).

Máis foi prácticamente na única aproximación á area do equipo local en todo o segundo período que caeu Moi, sinalando penalti o colexiado, que el mesmo se encargou de transformar estando a piques de atallar Pelayo (81´).

Foi na última xogada do encontro, tras un córner botado por Bossa, que ata tres xogadores ponteses tentaron rematar, sendo Carlos o que meteu a perna en última instancia, entrando o balón polo segundo pau, marcando o gol da vitoria o debutante ante ó seu ex equipo (94´).

Xogaron Paco (Pelayo 45´), Criado (Ramos 45´), Alex (Peque 63´), Rego (Josiño 71´), Sánchez (Martín 45´), Dani, Adrián (Sergio 75´), Bossa, Quique (Erni 45´), Fidi (Guille 71´), Pardo (Carlos 63´).

Gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Dona Cándida Leiras, nai do colexiado Evaristo Puentes Leira. Antes do comezou do encontro homenaxeouse aos socios cincuentenarios do Mugardos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

AMIGABLE. UD SOMOZAS 3 – CD AS PONTES 0

O Somozas fixo valer a súa condición de equipo dunha categoría superior

O As Pontes perdeu este sábado en Somozas no seu penúltimo encontro de preparación antes do comezo da Liga. Pronto se adiantaban ós locais tras un remate de Gerardo dende fóra da área, no que o balón rebota nun defensa e o seu segundo disparo entra pegado ó segundo pau (9´). E o segundo chegaba tras un zapatazo do asturiano dende uns 30 metros que se cola por riba superando a Paco nun auténtico golazo (27´).

Entremedias, tras un centro dende banda dereita, rematou Erni a rentes do pau (24´). Con outro zapatazo de Gerardo, que salva milagreiramente Paco, chegouse ó descanso (45´). Ao pouco do comezo do segundo tempo marcou de tiro cruzado o ex xogador pontés Alex Díaz, irmán do tamén ex futbolista azul Chicho, establecendo a sentencia no marcador (53´).

De aí ó final o As Pontes buscou maquillar o marcador e os locais tentar sumar algún tanto máis. Nunha internada por banda dereita un xogador locatario disparou por riba do longueiro (68´), ao que respostou o As Pontes nunha xogada entre Quique e Pardo na que o de Ortigueira queda completamente só pero o ex gardamallas pontés Marcos Souto salva maxistralmente (70´).

Logo é Quique quen se interna por banda esquerda e cando semella que vai centrar dispara e o balón sae un palmo por riba do escuadro (73´). Moito máis clara a tiveron os locais tras un disparo de Gerardo que despexa Paco, e tralo rexeite, roubanlle o balón a Alex e un xogador verdibranco manda o balón fora coa porta baleira (75´).

Para colmo de males, faltando dez minutos retirouse Quique tocado cos cambios xa feitos pero os azuis aguantaron o 3-0 cun xogador menos. Xogaron Paco, Criado (Martín 60´) Alex, Rego (Guille 73´), Sánchez, Adrián, Quique, Bossa (Peque 60´), Sergio (Carlos 45´), Fidi (Josiño 73´), Erni (Pardo 45´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s