CD As Pontes Feminino

PREFERENTE NORTE. CF AGRUPACIÓN ESTUDIANTIL 0 – CD AS PONTES 5

O As Pontes lidera a clasificación despois da primeira xornada

Contundente goleada do As Pontes no seu debut ligueiro, tras gañar 0-5 na Estrada.

Si ben o equipo pontevedrés finalmente quedou na Preferente, estivo a piques de comezar a Liga na Terceira Rexional e de feito en principio confeccionou un equipo para competir nesa categoría, o cal non desmerece o 0-5 pontés no debut que fai que o As Pontes lidere a táboa, con dous goles máis que a Sarriana.

O encontro xa quedou sentenciado no descanso cos tantos de Sergio, Pardo e Dani, e no segundo redondearon o marcador outra vez Rubén, e Carlos.

Na vindeira xornada haberá derbi no Poboado xa que visita As Pontes o Viveiro, que esta xornada perdeu 1-2 co Arzúa.

Xogaron Paco, Ramos (Criado 63´), Alex, Rego (Martín 63´), Sánchez, Dani, Adrián, Bossa, Sergio (Carlos 59´), Fidi, Pardo (Erni 73´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TRIANGULAR DE PONTEVEDRA

O Esteo empatou os dous partidos

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo desprazouse este sábado á cidade do Lérez para a disputa do triangular que ven sendo habitual nos veráns.

O equipo pontés empatou os dous encontros 2-2 neste torneo disputado no Pavillón Monte Carrasco de Marcón, ante a presenza duns 150 espectadores.

No primeiro e ante o locatario Leis de Pontevedra, adiantou ó equipo Cokito ó pouco do inicio e o mesmo ex xogador do Cidade de Narón conseguiu o segundo e o empate sobre a bocina. Xogaron Jesús, Héctor, Troncho, Ayala, Cokito; Dani, Bruno, Rober, Jacobo e Sergio Cal.

No segundo encontro ante o Atlético Benavente logrou o equipo pontés outro empate, tras remontar un 0-2, con tantos de Bruno, e Rober Paz tamén no último suspiro. Neste segundo encontro participaron Javichu, Héctor, Rober, Jacobo, Cokito; Bruno, Ayala, Dani e Troncho.

No ultimo partido, que decidía o gañador do torneo, venceron os casteláns leoneses 3-1 aos pontevedreses.

Nova cortesía de Moises Fernandez e Xose Ferreiro

AMIGABLE. CULTURAL MANIÑOS SD 1 – CD AS PONTES 2.

Triunfo do As Pontes, con moitos xuvenís, no último encontro da pretemporada.

Vitoria de mérito do As Pontes na tarde noite de onte no Campo do Pote, si temos en conta que, dos quince xogadores empregados, xogaron sete futbolistas do equipo xuvenil, Carlos, Breijo, Estevo, Chema, David, Vilela, Óscar, ademáis de Josiño e Peque, que o foron ata fai un par de meses. Tamén estivo convocado o porteiro Nesi.

Sen embargo, non comezaban ben as cousas para os azuis, tras un inocente penalti, que transformaban os locais (10´). Tras unha gran xogada de Ramos, caelle o balón a Josiño, pero o seu forte disparo deteno o porteiro (20´). Máis clara foi a seguinte, xa que se desmarca Josiño, encara ó porteiro, pero o seu disparo cruzado marcha a rentes do pau (23´).

A ocasión máis clara do primeiro tempo chegou tras unha internada de Peque por banda, que centra, e no disparo de Carlos, o balón vai ó longueiro (44´). Ao pouco do reinicio, tras un centro de Josiño dende banda dereita, control e remate cruzado perfecto de Sergio Trillo que acaba no fondo das mallas (50´).

Se ben puideron voltar a adiantarse os locais nunha xogada na que o atacante queda só, pero quere picar o balón estando atento Pelayo (52´). Tamén tivo doble ocasión o equipo azul, hoxe dirixido polo segundo adestrador, nunha boa internada de David Otero, no que Carlos acaba rematando por alto (58´), e a continuación doble disparo de Guille e Sergio atallados polo gardamallas (59´).

Noutra aproximación dos feneses e tras un pase cara atrás, o remate do xogador branquiazul marcha alto por pouco (68´). Ata que chegou o segundo gol pontés nunha boa combinación entre Óscar e Carlos López, na que o xogador aresán remata a pracer (73´).

Estivo a piques de chegar o terceiro, e nesta ocasión era Carlos quen lle servía un bo balón a Óscar, pero botouselle o porteiro enriba (75´). Cunha internada por banda esquerda de David que non atopa rematador (88´) acabou o encontro, o sétimo de preparación dos azuis, que o domingo debutan na Liga ante o Estudiantil.

Resólvese con catro vitorias, Betanzos (0-3), Mugardos (2-3), Narón (1-2), Maniños (1-2), dous empates, O Val (1-1), Laracha (0-0), e unha derrota ante o Somozas (3-0). Xogaron Pelayo, Carlos (David 45´), Peque, Breijo, Martín, Estevo (Chema 45´), Ramos, Guille (Vilela 65´), Sergio, Carlos, Josiño (Óscar 65´).

No equipo de Fene atopamos ao mítico centrocampista Grueiro, que xogara no As Pontes de Rexional Preferente entre as temporadas 2002-2006.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s