CD As Pontes Feminino

O BERGANTIÑOS CONQUISTA A COPA RFEF

O equipo de Chus Cañizares será o representante galego nesta competición

O futbolista pontés Jesús Cañizares Sánchez, venceu este mércores na final galega da Copa Federación, na que o seu equipo, o Bergantiños, gañou na quenda de penaltis ó Ribadumia 3-2, tralo 2-2 co que remataron os 120 minutos.

Na súa traxectoria, o equipo de Carballo foi gañando sucesivamente ao Silva, nos penaltis (0-0, 8-7), ó Somozas (0-2), e 1-0 ó Arenteiro nas semifinais.

Cañizares participou en todos os encontros, sendo titular nos tres primeiros e na final saiu dende o banquiño, anotando un tanto na prórroga, nun partido que rematou 1-1 nos 90 minutos e 2-2 no tempo extra.

Na quenda de penaltis errou Chus, pero dado que os seus compañeiros Rivera, Sáez e Cano marcaron, e polos pontevedreses tan só o ex pontés Hugo Soto e Bugallo, os de Carballo lograron o título.

O xogador pontés está a ter un gran inicio de tempada co seu equipo, que é líder da Terceira, tras conseguir unha importante vitoria 2-3 na casa do anterior líder, o Compostela de Adrián López, e Cañi leva tres goles anotados en sete partidos.

Doble mérito para Chus, que xa gañara esta competición o ano pasado co Silva, tras vencer 2-1 ó Alondras.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía RFGF

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: ATLÉTICO BENAVENTE FS-O ESTEO FS (3-4)

Triunfo moi valioso do Esteo en Zamora

O Esteo pontés de fútbol sala logrou unha brillante vitoria en Zamora tras derrotar ó Benavente por 3-4.

Os ponteses adiantábanse cun tanto de Rober, pero dous goles do ex internacional español, e ex Lobelle, Santa Coloma, Navarra ou Levante, entre outros, Charlie, deixaban o electrónico no 2-1 co que se chegou ó descanso.

No segundo período empataba Ayala, Charlie selaba o seu particular hat trick, e voltaba a empatar Cokito.

Foi nos últimos instantes en que o ex xogador do Cidade de Narón colocaba no marcador o definitivo 3-4 que lle da a O Esteo tres puntos moi importantes.

Si ben seguen cuartos pola cola con 6 puntos, empatados con outros seis equipos, entre eles o seu próximo rival, deixan a Prone e a Puertas Deyma xa a seis puntos de distancia. Próxima xornada, visita do Albense.

ATLÉTICO BENAVENTE FS: Tomy, Sergio Simón, Iván, Charlie, Javi Cala – cinco inicial – Jose, Alejandro, Jiménez, Samu, Alex, Sergio Hernández.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex Durán, Héctor, Jacobo– cinco inicial – Rober, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.

ÁRBITROS: Prieto González, Molina Muñoz, Román Benito (Salamanca-Zamora). Amarela a Iván, Samu, Mañanes, Cokito, Rober. Expulsaron con doble cartón a Alex e Alex Durán.

GOLES: 0-1, Rober (5´), 1-1, Charlie (12´), 2-1, Charlie (18´). 2-2, Ayala (25´), 3-2, Charlie (26´), 3-3, Cokito (27´), 3-4, Cokito (38´).

INCIDENCIAS: Pavillón La Rosaleda.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. SD NEGREIRA 0 – CD AS PONTES 2

O As Pontes seguirá de líder unha semana máis tras unha vitoria moi traballada en Negreira

No gran arranque ligueiro en 46 anos, o As Pontes continuará de líder unha xornada máis tras gañar a domicilio a un sempre complicado Negreira por 0 goles a 2, nunha vitoria moi traballada e con moitas baixas.

Non se podían poñer mellor as cousas, cando Sergio se incorpora por banda dereita, cedelle o balón a Erni que se achegaba pola outra banda, e este sirvelle un gran balón cara atrás a Fidi que manda o esférico ó fondo das mallas (8´).

Despois, Miguel, só dentro da área manda o balón a rentes do pau na ocasión máis clara dos locais no primeiro período (12´). Respostou o equipo azul cun bo intento de Erni, que viu a Jose adiantado, e a piques estivo de sorprendelo por alto (13´).

Unha perda de balón do propio porteiro local, casi o aproveita Carlos (15´), e antes do descanso o As Pontes puido poñer terra de por medio cando Carlos deixa só a Erni, que se incorporou por banda dereita e o seu remate despexao co corpo Jose, e acaba no poste (27´).

De aí ó intermedio, dominio alterno, e xa na reanudación, ocasión inmellorable para Pablo Ramos, que subindo polo flanco esquerdo se desfai do seu marcador, e o seu tiro cruzado desviao milagreiramente a córner José (49´).

Sen embargo, os locais tiveron o seu momento de agobio ó cadro visitante, e cabe destacar un tiro por alto de Vía Rápida (52´), e dentro da área un cabezazo de Cea (58´).

Co paso dos minutos sacudíanse a presión os de Marco Roca, ata que Fidi lle fai un pase en profundidade a Carlos, que se pranta ante Jose e bateo por baixo, poñendo fin ó partido (77´).

Vitoria de prestixio dado que se conseguiu contra un equipo que fai uns meses xogaba na Terceira, e ós azuis faltábanlle ata catro posibles titulares, como o pichichi da categoría, Pardo, Dani, Alex e Quique, debutando na Liga os xoves Peque e Josiño.

Quinta vitoria do As Pontes en Negreira, por catro empates e un triunfo local. Próxima xornada no Poboado, os azuis reciben ó ascendido Agolada.

SD Negreira. Jose, Juan Diego, Paco (Nacho 66´), Santaló (Maceiras 82´), Rubén, Cea, Pereira, Miguel, Rial (Ángel 66´), Richi, Vía Rápida (Iglesias 55´).

CD As Pontes. Paco, Criado, Ramos, Rego, Martín, Adrián, Carlos (Peque 86´), Bossa, Sergio (Toni 62´), Fidi (Josiño 89´), Erni (Sánchez 68´).

Goles: 0-1, Fidi (8´), 0-2, Carlos (77´).

Árbitro: Alexandre Represas Rodríguez (A Coruña). Auxiliado por Seoane Sánchez e Agüero Seoane. Amarelas a Juan Diego, Rubén, Cea, Richi, Fidi, Adrián.

Campo e incidencias: Campo Jesús García Calvo. Uns 150 espectadores en tarde chuviosa. Gardouse un minuto de silencio polas vitimas de Sant Llorenç.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 0 – CR FERROL 55

Derrota dos ponteses ante o campión galego na segunda xornada de Liga

Derrota sen paliativos do Fendetestas pontés de Rugbi ante o CR Ferrol por 0-55 no partido xogado este domingo á mañá no Campo Monte Medulio. Os ponteses reciben dentro de dúas semanas ó Coreti Lalín.

Os verdes fixeron o que puideron ante o equipo campión galego dos dous últimos anos, que xa encarrilaba co 0-17 ó descanso, e logrou o bonus ofensivo con oito ensaios.

Lideran a táboa Os Ingleses e Ferrol con 10 puntos, seguidos de Pontevedra e Lalín con 5, con un o Fendetestas e aínda sen puntuar o Crat B.

Polos ponteses xogaron Anxo, Álvaro, Antón, Andrés, Víctor, Pablo Otero, Toño, Senén, Antonio Gómez, Antonio Franco, Javi, Miguel, Nathan, Óscar, Pablo Muíño, e despois entraron Roberto Río, Diego, Roberto García, Asier e Xose.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 11-12-13 OUTUBRO

Vitoria do Xuvenil A, Cadete, Alevín A, Benxamín A e Prebenxamín A.

FEMININO
DISCALZAS SD-CD AS PONTES (Partido suspendido)

XUVENIL A
CD AS PONTES-ATLÉTICO DE RIVEIRA (4-0)

Importante vitoria do equipo Xuvenil A, 4-0 ante o Riveira, equipo co que compartiu ascenso a campaña pasada, tantos de Breijo, Estevo, Vilela, e un último golazo de Óscar recorrendo todo o campo, e regateando a varios rivais.

Os de Mieres son novenos con 7 puntos, antes de visitar ó Dumbría, sétimo con 11. Xogaron Mariño, Carlos, David, Pablo, Breijo, Estevo, Óscar, Chema, Dani, Vilela, Jandro, entrando despois Cristian, Matías, Edgar, Nesi e Álvaro.

XUVENIL B
CD AS PONTES B (DESCANSA)

CADETE
SRD PORTUARIOS B-CD AS PONTES (4-8)

Vitoria do Cadete en Ferrol 4-8, nun partido no que chegou a ir 0-3, logo 4-4, pero que rematou gañando con soltura, con catro goles de Joan, e un de Luis, Dani, Xoel e Jandro.

Terceiros con 9 puntos, reciben ó Cedeira, quinto con 5. Xogaron Fran, Eloy, Adrián Bellas, Samuel, Riobo, Mario Fraga, Luis, Dani, Joan, Jandro, Adrián Piñón, e despois Sergio, Íker, Hugo Blanco, Xoel, e Yadai.

INFANTIL
CD AS PONTES-NUMANCIA DE ARES CF (1-1)

Empate do Infantil co Numancia 1-1 nun encontro no que Xandre Fernández anotaba para os locais ó pouco do comezo pero preto do final Juan Andrés poñía a igualada definitiva no marcador.

Quintos con 4 puntos, visitan ó Amistade de Meirás, colista sen puntuar. Xogaron Hugo, Sergio, Antón, David, Anxo Rey, Carlos, Ali, Iago, Anxo Blanco, Diego, Xandre, Pablo, Xose, Cristian, Juan e Patricia.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-MEIRÁS CF A (4-0)
RÁPIDO DE NEDA B-CD AS PONTES B (2-0)

Vitoria do Alevín A 4-0 ante o Meirás, tantos de Diego Lozano, Nico Meizoso, Destaw Pellón e Sergio Vázquez. Líderes con 9 puntos a próxima xornada visitan ó Val, segundo con 6. Derrota 2-0 do Alevín B en Neda. Sextos con tres puntos reciben ó Maniños B, aínda sen puntuar.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS (6-2)
RÁPIDO DE NEDA B-CD AS PONTES B (1-1)

Triunfo do Benxamín A 6-2 ante o Portuarios, tantos de Íker Ares (3), Naúl Suárez (2), e un en propia meta. Segundos con 9 puntos, visitan ó Val, líder cos mesmos puntos. Empate 1-1 do Benxamín B en Neda, tantos de Xoel Galego. Quintos con 4 puntos, reciben ó Caranza B, sétimo con tres.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS (3-2)
MEIRÁS CF A-CD AS PONTES B (11-0)

Vitoria 3-2 do Prebenxamín A ante o Portuarios, tantos de Brais Sabín, Pablo Mariño e Xoel Timiraos preto do final que desfixeron o empate dos visitantes por dúas veces. Cuartos con 6 puntos visitan ó Ortigueira, colista aínda sen puntuar. Derrota 11-0 do Prebenxamín B que a semana que ven recibe ó Numancia, que suma pleno de vitorias.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA DE ESPAÑA DE VAURIEN LAGO DE AS PONTES 2018

Disputouse durante a fin de semana no Lago pontés

Esta fin de semana da ponte disputouse no Lago de As Pontes a Copa de España de Vela na clase Vaurien.

Nun evento cun récord de 32 embarcacións, impúxose na categoría absoluta a dupla do Hondarribia, de Alain Arri e Alexander Díaz. Na segunda posición quedou o Campión Mundial de 2017, Pablo Cabello, acompañado por Mario Pérez.

O terceiro caixón do podio ocuparono Hugo Fernández e David Fernández, nunha proba de moito nivel na que participaron os actuais Campións do Mundo, o italiano Francesco Zampacavallo e o castellonense Carlos Francés, que acabaron cuartos, ademáis dos irmáns Jaime e Alfonso Leirós, Campións Mundiais en Francia 2012.

Na categoría feminina venceu a parella do Náutico de Vigo formada por Lucía Llópiz (catro veces campiona do mundo xunto a súa curmá Laura Llópiz), e a olímpica holandesa Angela Brandsma.

Na categoría xuvenil tamén gañou unha embarcación do Náutico vigués, neste caso as irmáns Paula e Paloma González Esteban, campionas no Mundial Xuvenil de Alemaña disputado hai tres meses.

Por motivos climatolóxicos únicamente na xornada do venres se disputaron todas as mangas, o sábado as embarcacións partiron con moito retraso, e anulouse toda a xornada do domingo.

Ao remate do evento entregaronse os trofeos aos podios de cada categoría, un diploma a todos os participantes, e uns manteigados de agasallo aos xuíces. No acto estivo presente o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s