CD As Pontes Feminino

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 4 – SD AGOLADA 0

Novena vitoria consecutiva dun As Pontes que se sitúa a unha de igualar o récord

O As Pontes venceu na tarde de hoxe no Poboado ó Agolada por 4 goles a 0, nun encontro que tivo dúas partes ben diferenciadas. Na primeira metade, o equipo, a pesar de dominar máis, atopouse co vento en contra ademáis da ausencia do director de orquestra habitual, Bossa, que non foi da partida.

Avisou Ramos cun remate a rentes do pau (2´), pero respostaron os pontevedreses tras un saque directo de córner moi axustado que marchou por pouco (9´). Logo foi Rego, quen, tras un saque de córner cabecea moi preto do poste (11´), e nunha boa internada de Sergio por banda dereita, non chega a rematar Erni en boca de gol (15´). Tras un mal despexe de Martín queda só Aitor, pero consigue salvar Paco (18´).

Despois dun balón que rebotou en Erni e a piques está de sorprender a Paco (29´), inmellorable ocasión dos locais, cun bo pase de Fidi, que nin Sergio nin Erni, completamente sós na área pequena, consiguen rematar (30´). Máis claras foron as dúas seguintes, tras saque de córner, primeiro cabecea Rego e saca un defensa baixo paus (33´), e no seguinte é Martín quen remata ó pau (34´).

Cun disparo de Brais que se marchou polo lateral da rede (40´), acabou a primeira metade, pero o devenir da segunda foi completamente distinto. Así, ós quince segundos da reanudación, cabalga o recén ingresado Rubén Pardo por banda esquerda, centra, e un defensa, cando chegaba só Erni, despexa o balón cara á súa porta (46´).

Despois é o propio xogador de Viveiro quen avanza só, ve ó porteiro adiantado, e colalle o balón por riba anotando o tanto da tranquilidade (49´). Logo salvou Paco ante Aitor, que voltou a quedar só (54´), e despois é Pardo quen avanza por banda dereita e remata moi pegado ó primeiro pau (58´).

Ata que chegou o gol da sentencia, tras un barullo na área, caelle ó balón a Dani, que acababa de saír, e manda o esférico ó fondo das mallas (63´), redondeando o marcador Pardo, pouco despois, que ve ó porteiro adiantado e marca por alto (68´).

O propio xogador de Ortigueira puido facer un tanto semellante apenas dous minutos despois, pero o esférico marchou un palmo por riba do longueiro (70´), e tras unha gran xogada de equipo é Criado quen queda só, pero remata moi alto (80´).

Sen tempo para máis, o As Pontes segue líder con 27 puntos, por 25 de Sarriana, 21 de Noia e 18 de Arzúa. Os azuis quedan a un paso do mellor arranque ligueiro do clube, a racha de dez triunfos consecutivos na 1972-73.

Para igualalo deberán gañar ó complicado Montañeros, que non está a ter un gran inicio de Liga, pero ten a xogadores do nivel de Herbert, Juan Pérez ou Hugo Criado, ademais dos ponteses Elmer Bouza e Hugo Filgueiras.

4 CD As Pontes. Paco, Criado, Ramos, Rego, Martín (Toni 46´), Adrián, Carlos (Dani 63´), Sánchez, Sergio (Pardo 46´), Fidi (Josiño 72´), Erni.

0 SD Agolada. Rafa, Sánchez, Santi (Pablo 84´), David García (Pacheco 69´), Brais, Joel, Alexandre, Bieito, Canutas, David Pereiro (Jemba 69´), Aitor.

Goles: 1-0, Bieito, pp (46´), 2-0, Erni (49´), 3-0, Dani (63´), 4-0, Pardo (68´).

Árbitro: Juan Carlos Pérez Carmuega (Pontevedra). Auxiliado por Sartages Bermúdez e Montoto Taboada. Amarela a Fidi.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde moi soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-ALBENSE FS (8-5)

Terceira vitoria en Liga do conxunto pontés, ante un rival directo coma o salmantino

O Esteo pontés de fútbol sala venceu este venres á noite ó Albense de Salamanca por 8 goles a 5, tras chegar ó descanso con igualada a 4-4.

Comezaron adiantándose os visitantes cando un remate de Cris é rexeitado por Javichu, pero nada pode facer a continuación ante o disparo de Pinto, que empala ó fondo das mallas (3´). Pero respostaban os locais, cun tanto de Ayala por baixo dende fóra da área (6´), e outro de Cokito, que se desfai do seu marcador e bate ó porteiro por entre as pernas (7´).

Voltaban a empatar os salmantinos, tras unha xogada na que Alex Durán se complica a vida como último defensor, roubanlle o balón, e marca Cris de tiro cruzado (9´). Despois puxeron terra de por medio os locais con dous goles de Jacobo, o primeiro tras desvíar un defensa o balón (11´), e o segundo de falta (13´).

Pero antes do descanso voltaban a empatar outra vez os visitantes tras un tanto de Cris cun tiro moi axustado ó poste (17´), e nos últimos segundos nunha contra na que Jorge queda só e marca por entres as pernas de Javichu. Cun abultado 4-4 se chegou ó descanso e o marcador puido ser máis amplio aínda xa que os locais desaproveitaron dúas faltas directas e outra os casteláns leoneses a falta de sete segundos.

No segundo período foi mellor o equipo local e pronto se voltaba a adiantar no marcador tras un xogadón de Jacobo que dispara, e está atento ó rexeite do porteiro Cokito para facer o 5-4 (23´). Ampliou o tanteo Alex Durán, que marca de tiro cruzado (31´), e despois, tras un saque de banda de Jacobo, envía o balón moi longo, non chega o porteiro, pero si Pana moi listo para anotar a porta baleira (34´).

Con porteiro xogador recurtaron distancia os visitantes por medio de Juanan (38´), pero faltando poucos segundos, nunha contra, sirvella Cokito a Jacobo que marca a pracer o 8-5 definitivo. Aínda houbo tempo para outro tanto máis, por medio de Héctor, mágoa que o seu disparo foi xusto cando sonou a bocina.

Neste segundo período foi mellor o conxunto pontés, que tivo ademáis ocasións para Pana que tirou preto do escuadro, un xogadón de Bruno, tiro de Alex Durán e paradón do porteiro, e un disparo á cruceta de Pana, se ben tamén hai que destacar dous paradóns de Javichu.

Cuarta vitoria na casa do Esteo ante o Albense na Segunda B, terceira consecutiva. A falta do grueso dos partidos da xornada, os de Óscar Vigo son sétimos con 9 puntos, e a vindeira semana xogarán na casa ante o Santiago de Sama.

O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Pana, Rober, Jacobo– cinco inicial – Cokito, Alex, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.

ALBENSE FS: Carlos, Cris, Jorge, Pinto, Juanan – cinco inicial – Nacho, Javi, Diego, Sergio, Motta, Raúl, Sierra.

GOLES: 0-1, Pinto (3´), 1-1, Ayala (6´), 2-1, Cokito (7´), 2-2, Cris (9´), 3-2, Jacobo (11´), 4-2, Jacobo (13´). 4-3, Cris (17´), 4-4, Jorge (19´). 5-4, Cokito (23´), 6-4, Alex (31´). 7-4, Pana (34´), 7-5, Juanan (38´), 8-5, Jacobo (39´).

INCIDENCIAS: Pavillón de A Fraga. Uns 150 espectadores.

ÁRBITROS: Amarela a Bruno.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 19-20 OUTUBRO

Vitorias do Xuvenil B, Infantil, Alevín B, Benxamín A e Prebenxamín A

FEMININO
CD AS PONTES-CF SAN SADURNIÑO (1-2)

Derrota do equipo feminino ante o San Sadurniño 1-2, a pesar de adiantarse pronto cun tanto de Paula Castro, dous goles de Paula Dopico deron a volta ó marcador.

Décimas con dous puntos, aínda sen ningún triunfo, visitan ó Galicia de Mugardos, colista cun punto. Xogaron Xeila, Yoli, Andrea, Tania, Noelia, Nerea, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Sara, Uxía e Carolina Paz.

XUVENIL A
CF DUMBRÍA-CD AS PONTES (1-0)

Derrota do Xuvenil A en Fisterra 1-0. Os locais aproveitaron o xogo en superioridade numérica para marcar o tanto do triunfo a falta dun cuarto de hora por medio de Diego.

Decimosegundos con 7 puntos, reciben no derbi ao Viveiro, un posto e un punto por riba. Xogaron Brais Mariño, Fraga, David, Pablo, Breijo, Vilela, Jandro, Estevo, Dani, Chema, Cristian, e despois entraron Matías, Edgar, Álvaro, Nesi e David.

XUVENIL B
CD AS PONTES B-SCDR NARÓN O FREIXO (5-2)

Segundo triunfo do Xuvenil B na Liga, neste caso 5-2 ante o Narón O Freixo, tantos de Nono, Miguel, Blanco, un cuarto de Alex Barro cun forte disparo moi axustado dende fóra da área, e un quinto de Xoel que lle roubou o balón ó porteiro.

Sextos con seis puntos, visitan ó Numancia, oitavo con catro. Xogaron Juan, Nono, Alex Barro, Santi, Antonio, Antón, Miguel, Xan, Mateo, Elías, Blanco, entrando despois Derick, Xoel, Xavi, Brais e Mohamed.

CADETE
CD AS PONTES-CEDEIRA SD (4-4)

Empate 4-4 do Cadete, que conseguiu un punto nos últimos minutos tras remontar un 2-4, con tantos de Joan Tembrás, Mario Fraga, Xoel Purriños e Adrián Piñón.

Segundos con 10 puntos, visitan ó Mugardos, sexto con catro. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Adrián Bellas, Samuel, Xose, Mario Fraga, Luis, Hugo, Xoel, Jandro, Joan, e despois Edgar, Riobó, Adrián Piñón, Dani e Sergio.

INFANTIL
EFB AMISTADE MEIRÁS-CD AS PONTES (0-12)

Goleada do Infantil en Valdoviño 0-12. Terceiros con sete puntos, reciben ó Val, segundo con nove.

Xogaron Pablo, Sergio, Nico, Augusto, Bruno, Carlos (1), Israel (2), Xandre (2), Anxo Blanco (3), Ángel, Diego (1), Yeray (1), Cristian (1), Borja (1) e Ali.

ALEVÍN
SD O VAL-CD AS PONTES A (5-1)
CD AS PONTES B-CULTURAL MANIÑOS SD B (11-2)

Derrota do Alevín A 5-1 en Sinde, tanto de Nico Meizoso. Terceiros con nove puntos, reciben ó CD Narón, quintos con tres. O Alevín B goleou 11-2 ó Maniños B, tantos de Almahdi Belhaj (3), e dous de Xalo González, Adrián Díaz, Xoel Vigo, e Diego Ortigosa. Cuartos con seis puntos, visitan ó CD Narón B, aínda sen puntuar.

BENXAMÍN
SD O VAL-CD AS PONTES A (2-6)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA B (1-2)

Vitoria 2-6 do Benxamín A que segue líder con 12 puntos antes de recibir ó San Sadurniño, quinto con sete. Dous goles de Naúl Suárez, Nacho Villasuso e Felipe Riveira. Derrota 1-2 do Benxamín B, tanto de David Otero. Sétimos con 4 puntos visitan ó Cedeira B, noveno con tres.

PREBENXAMÍN

FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES A (0-11)
CD AS PONTES B-NUMANCIA DE ARES CF (0-8)

Goleada do Prebenxamín A en Ortigueira 0-11, tantos de Xalo Franco (4), Brais Gómez (3), Xoel Timiraos (2), e un de Adrián Bouza e Pablo Mariño. Cuarto con nove puntos, reciben ó Miño, aínda sen puntuar. Derrota do Prebenxamín B antes de visitar ó Perlío.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s