CD As Pontes Feminino

OS CAMPIÓNS DE ESPAÑA PONTESES DA PIRAGUA

Os deportes da piragua achegaron máis de 30 Campións de España de As Pontes

A raíz da consecución do Campionato de España de Kaiak Polo por Autonomías por parte de Yanaisa Fraga hai unhas semanas, quixemos poñer de relevo a gran cantidade de deportistas ponteses que gañaron algunha vez un ouro estatal nalgún deporte practicado enriba dunha piragua.

O piragüismo é seguramente a especialidade máis prolífica do deporte pontés. Do Grupo Xuvenil Endesa xurdiron deportistas cun gran palmarés, comezando polo malogrado Jose Ramón Corral, que ademáis de competir en tres Mundiais coa Selección Española, chegou a gañar o Descenso do Sella (o único galego en conseguilo en K1 Sénior, ademáis do gran Misioné), fito que tamén lograrían Obdulia García, Susana Bellas e Javier Mieres.

Borja Prieto foi Campión de Europa Sub23 de K2-500 en Polonia 2004, xunto ao gran Saúl Craviotto, bronce no K1-200 Relevos do Europeo de Alemaña 2009 e cuarto no K4-200 no Mundial de Canadá do mesmo ano, entre outros moitos logros.

Daniel Feijoo foi doble subcampión do Mundo Junior en Finlandia 1997, ademáis de ser subcampión da Copa de Europa de Maratón en 2006 xunto con Antonio Polo, palista que foi dúas veces Campión de Europa de Veteranos e recente subcampión do Mundo hai un par de meses.

Tamén, Arturo Torrente, catro veces elixido mellor deportista de As Pontes, foi o primeiro piragüista do clube en participar nun evento internacional, sendo oitavo no Mundial Junior Austria 1991. Precisamente nese ano, Arturo, xunto con Corral, foran os primeiros medallistas de ouro do clube pontés nun Campionato de España.

Dende aquela, que se saiba, e aínda a risco de deixar algún nome polo camiño, piraguistas que conseguiran vencer en algún Campionato de España, ou lograsen medalla de ouro en algunha Copa de España, aparte dos propios Jose Ramón Corral, Borja Prieto, Daniel Feijoo, Antonio Polo e Arturo Torrente, hai outros moitos.

Nos anos 90 chegaron a ser Campións de España por Autonomías, Iván Rodríguez, do CD As Pontes, Miguel Mouta, Juan Caaveiro e Jose Otero. Campións de España e da Copa de España de C2-500 foron David Bellas e Gonzalo López. Iago Crende e Iván Pena gañaron unha Copa de España en K2-500, e Saray Fornos, Jessica Fernández, Virginia Polo e Marta Ledo foron Campionas de España en K4-500. Ernesto Gancedo tamén o foi recentemente de Veteranos.

A raíz da irrupción do deporte da piragua no Concello pontés, tamén o fixo o Kaiak Polo, deporte colectivo de gran tradición neste pobo durante moitos anos. Nesta modalidade, Serafín Fontao foi porteiro da Selección Española en cinco Mundiais e cinco Europeos, Carlos Mieres e Iván Pena tamén foron mundialistas e estiveron en Europeos coa Selección Española, e Roberto Rivera foi Campión Mundial Sub21 coma adestrador en Xapón 2004, tras gañar España na final 4-3 a Italia. Tamén estiveron coa Selección Española, Óscar Fernández, María Polo e Yani Fraga.

O Grupo Xuvenil foi Campión de España Absoluto en 2003, e varios xogadores o foron tamén coa Selección Galega. Falamos de nomes como os de Serafín Fontao, Carlos Mieres, Jaime Fontao, Roberto Rivera, Juan Carlos Pena, Manel Fraga, Ángel Pico, Iván Balsa, Iván Pena, Yanaisa Fraga e María Polo. Tamén, na categoría sub21, foron Campións de España en 2009, Diego Cebreiro, David Cebreiro, Borja Menéndez, Adán Arias e Ismael Prieto.

Nova cortesía C.M.F, A.P.C e XF

DOUS FUTBOLISTAS PONTESES EN SOUTOMAIOR

Os xogadores do CD As Pontes Jandro e Xoel xogarán coa selección Cadete de Ferrol

A Selección de Ferrol Cadete sub15 xogará este xoves non laborable en Soutomaior a primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais.

Dous xogadores ponteses estarán presentes, os dianteiros Jandro López e Xoel Purriños. Non o terá doado o cadro departamental, pois xogará ás 13:00 contra Lugo e ás 19:00 contra unha das favoritas, A Coruña.

A convocatoria completa é a seguinte:

Racing de Ferrol: Borja Blanco, Pablo Barrán, Hugo Rodríguez, Aarón Salgueiro

Galicia de Caranza; Raúl Martín, Vicente Rodríguez, Bruno Mera

Eume Deportivo: Daniel Arias, César Tenreiro

CD Cariño: Manuel Fraguela, Mario López

CD As Pontes: Xoel Purriños Justo, Alejandro López Fernández

SDC Galicia de Mugardos: David Paz

SRD Portuarios: Miguel Nouche

Estrella CF: Mario González

SD O Val: Alejandro Fernández

SDR Numancia de Ares: Óscar Domínguez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: DEPORCYL GUARDO FS-O ESTEO FS (6-5)

O Esteo fai sufrir ó segundo clasificado i é oitavo con 12 puntos

O Esteo pontés de fútbol sala perdeu este sábado en Palencia na casa do segundo clasificado Guardo por 6-5. Pelexou moito o partido o equipo de Óscar Vigo, xa que a pesar de adiantarse os locais cun 3-0, Jacobo anotaba tres tantos consecutivos e poñía o empate no taboleiro.

Pero no segundo período voltaban a poñer terra de por medio os locais con outros tres tantos que valían un 6-3 que parecía definitivo, pero dous goles consecutivos de Jacobo e Rober deixaron ós ponteses a un palmo de conseguir un resultado positivo, pero xa non houbo tempo para máis.

O Esteo é oitavo con 12 puntos, seis por riba dos postos de descenso, antes de recibir ó Ventorrillo, sexto con 15. Entremedias reciben ó Cidade de Narón o martes na Copa de Galicia.

DEPORCYL GUARDO FS: Gómez, Beto, Kuin, Iván, Chochi – cinco inicial – Joselu, Óscar, Davicín, Cifu, Borja.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Rober, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.

GOLES: 1-0, Iván (2´), 2-0, Joselu (9´), 3-0, Joselu (18´), 3-1, Jacobo (19´), 3-2, Jacobo (20´). 3-3, Jacobo (21´), 4-3, Joselu (24´), 5-3, Chochi (32´), 6-3, Gómez (38´), 6-4, Jacobo (39´), 6-5, Rober (40´).

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Guardo. Uns 200 espectadores.

ÁRBITROS: Mañas Macas, Marazuela Hernando, De La Torre Alosnso (Segovia-Palencia). Amarelas a Iván, Óscar, Davicín, Cokito e Alex.

Categorías de Base
Infantil. Cebarca 1 – O Esteo 6 / O Esteo 0 – O Parrulo C 1
Cadete. O Esteo 3 – Esteiro 2
Alevín. O Esteo 10 – Santa Mariña 0
Benxamín. O Esteo 4 – Narón O Freixo B 3
Prebenxamín. O Esteo 7 – Esteiro 5

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CRAT A CORUÑA B 79 – CR FENDETESTAS 10

O Fendetestas pecha a primeira volta na casa ante o equipo de Vilagarcía

Dura derrota do Fendetestas na Coruña ante un rival directo coma o Crat B por 79-10. Ao descanso xa marchaban 45-5

Os herculinos anotaron nin máis nin menos que trece ensaios, nove por riba dos necesarios para o bonus ofensivo, mentres os verdes só conseguiron un nos primeiros minutos a cargo de Toño e nos derradeiros instantes Roberto Río.

Segue de líder claro o Ferrol con 20 puntos, por 15 de Os Ingleses, 10 de Lalín, 9 xa do Crat B, 6 do Pontevedra, e con un o equipo pontés que recibe esta semana ós Ingleses de Vilagarcía no peche da primeira volta.

Xogaron polo Fendetestas, que acudiu sen cambios, Antón, Andrés, Víctor, Toño, Robert, Senén, Antonio Gómez, Antonio Franco, Roberto Río, Diego, Rafael, Óscar, Roberto García, Asier e Xose.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 31 OUTUBRO 1-2-3 NOVEMBRO

Vitoria do Cadete, Infantil, e ambos Benxamíns

FEMININO
CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA (1-3)

Derrota do feminino 1-3 ante o líder Caranza nun encontro no que ningún equipo xogou como local, dado que se disputou na Capela. Adiantou Zaira ás ferrolás, e Melissa ampliou o marcador e sentenciou no segundo tempo, anotando o da honra Yoli co tempo cumprido.

Son novenas con cinco puntos antes de visitar ó Eume Deportivo, undécimo con catro. Xogaron Leti, Yoli, Andrea, Tania, Sara, Noelia, Lucía, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Alba.

XUVENIL A
BERGANTIÑOS CF-CD AS PONTES (4-0)

Derrota sen paliativos do Xuvenil A pontés en Carballo, perante o terceiro clasificado, que foi anotando sucesivamente por medio de César, Jose e Diego (2), nun encontro no que estiveron no banquiño Carballo e Cascudo.

Son decimoquintos con 8 puntos e reciben ó noveno, Escola Estrada, que ten 12. Xogaron Brais Mariño, Carlos, David, Pablo, Estevo, Matías, Óscar, Edgar, Dani, Vilela, Breijo, entrando despois Chema, Álvaro, Brais Dovale, David e Nesi.

XUVENIL B
CD AS PONTES B-CCRD PERLÍO (2-2)

Empate 2-2 do Xuvenil B ante o terceiro, Perlío, nun encontro no que se puxeron por diante por dúas veces, con tantos de Elías e Derick, pero lograron igualar os de Fene.

Oitavos con 7 puntos, visitan ó Cedeira, cuarto con 11. Xogaron Juan, Nono, Alex Barro, Edgar, Santi, Vicente, Blanco, Elías, Mateo, Xoel, Derick, entrando despois Antón, Xan, Sergio e Mohamed.

CADETE
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (5-2)

Triunfo do Cadete 5-2 ante o Eume Deportivo nun partido no que pese a que os de Pontedeume empataron por dúas veces, os azuis souberon repoñerse con tres tantos nos derradeiros vinte minutos

Xogaron Mario Regueiro, Adrián Bellas, Xose (1), Riobo, Mario Fraga, Jandro López, Luis (2) Hugo, Joan (2), Xoel, Adrián Piñón, entrando despois Edgar, Samuel, Eloy, Dani e Mateo.

O equipo remata a liguiña segundo con 16 puntos, entrando no grupo dos mellores, a un palmo de clasificar para as semifinais de Copa.

INFANTIL
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES (2-3)

O infantil pontés deu a volta ó marcador para acabar gañando nos últimos minutos no encontro desputado este venres en Ferrol, con tantos de Anxo Blanco, Iago Expósito e Xandre Fernández.

Cuartos con dez puntos, descansan na vindeira xornada. Xogaron Joel, Sergio, Antón, Augusto, Anxo Rey, Carlos, Xose, Xandre, Anxo Blanco, Ángel, Diego, Nico, Hugo, Ali, Iago e Billal.

ALEVÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
CD AS PONTES B-EF RACING DE FERROL (0-10)

Descansou o Alevín A, e dura derrota do Alevín B que é cuarto con nove puntos e visitará ó Rápido de Neda, cos mesmo puntos, na vindeira xornada.

BENXAMÍN
SDCR NARÓN O FREIXO B-CD AS PONTES A (0-9)
CD AS PONTES B-SDCR NARÓN O FREIXO (2-0)

O Benxamín A continua líder con 18 puntos tras gañar en Narón 0-9, goles de Xalo Cebreiro (2), Íker Ares (2), Iván Rodríguez, Nacho Vilasuso, David Maseda, Lucas Blanco, Marco Pico, e reciben ó sexto con 8 puntos Caranza E. O Benxamín B venceu 2-0 con tantos de Xoel Galego e quintos con 10 puntos visitan ó segundo, EF Racing de Ferrol.

PREBENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES A (4-1)
CD AS PONTES B-EF RACING DE FERROL (1-8)

Derrota do Prebenxamín A 4-1 ante o líder Caranza, tanto de Xoel Timiraos, e cuartos con 12 puntos reciben ó Eume Deportivo, coa mesma puntuación. Derrota do Prebenxamín B 1-8 ante o EF Racing de Ferrol, tanto de Iván Sueiro, antes de visitar ó Galicia Mugardos, quinto con 10 puntos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – SD SOFÁN 1

O As Pontes logra igualar o récord con dous goles no desconto

O As Pontes conseguiu salvar o récord, igualou as once vitorias da 1994-95, con dous goles no desconto nun triunfo moi sufrido 3-1 ante o Sofán.

Antes de nada quixeramos resaltar un dato que se nos pasou comentar o domingo, o do porteiro Paco, que estivo imbatido dende a terceira xornada, minuto 24, do Arzúa-As Pontes, en que encaixou un penalti do pichichi Íker Hurtado, ata a décima xornada, minuto 44, do Montañeros-As Pontes, en que Javi Suso marcou o empate para os herculinos.

Entremedias, en seis partidos completos non recibiu ningún gol, si ben, no minuto 53 do encontro da quinta xornada contra o San Tirso (6-0), fora sustituido por Pelayo, así que en total, o porteiro ferrolán estivo imbatido durante 613 minutos.

Non existen moitos datos de rexistros de porteiros, pero si se sabe dun récord, o do porteiro bilbaíno Yosu, que na campaña 1986-87, en que o As Pontes ascendera a Segunda B, estivera a frioleira de 863 minutos sen encaixar ningún gol, nos partidos ligueiros disputados no Poboado.

Tratado o tema de Paco, no seu momento realizaremos unha reportaxe sobre as mellores rachas do CD As Pontes, dado que a actual aínda sigue vixente, e ímonos centrar no Boimorto. Xa no partido de hoxe, o As Pontes sufriu moito ante o equipo de Carballo nun encontro no que calquera dos dous se puido levar o gato á auga.

De feito o primeiro período foi de dominio alterno. Pelayo, hoxe titular, tivo que intervir nunha falta botada por Eibe (5´), nun remate dentro da área do mesmo xogador (11´), e tras un disparo de Alexandre (25´).

O As Pontes tentabao pero non daba chegado con claridade ata que nunha boa xogada de Erni, o seu disparo despexao a córner Rumbo (27´). Toni dispara con dirección a gol e desvía Camilo (28´), e unha falta lanzada por Bossa marcha preto do escuadro (30´).

Voltaban a avisar os visitantes cun remate de Rey a rentes do pau (33´), ata que preto do descanso é Ramos quen centra dende banda esquerda e cabecea Dani ó fondo das mallas (42´). Pero non durou moito a ledicia pois aos poucos segundos do reinicio estivo algo despistado o equipo local concedendo unha falta ó borde da área na que marcou Eibe (46´).

De ahí ó remate do encontro o As Pontes buscou o tanto da vitoria con pouco acerto, notase o desequilibrio que aporta o tanque de Ortigueira, e un Sofán que prantexou moi ben o partido estratéxicamente aguantaba atrás buscando as contras.

Bossa tentouno dende o medio do campo e o balón marchou por pouco (68´). Trillo remata a rentes do pau (79´) e Martín internase por banda esquerda pero en boa posición remata moi desviado (87´).

Cando se comezaba a asimilar o empate, nunha boa xogada de Carlos, é derrubado o xusto Sergio sobre a mesma liña que delimita a área, sendo expulsado tamén na mesma xogada Antonio. Non lle temblou o pulso ao Mago de Viveiro que anotaba o penalti (90´).

Xa co cadro visitante volcado ó ataque, puido voltar a marcar Bossa un minuto despois. Quen si o fixo foi Carlos, que regateou ó porteiro e marcou a porta baleira o 3-1 definitivo para un As Pontes que suma 33 puntos, por 31 dunha infatigable Sarriana, pero con nove sobre o Noia. Próxima visita ao complicado Boimorto que hoxe gañou 1-3 en Arzúa.

CD As Pontes. Pelayo, Criado (Martín 60´), Ramos, Rego, Sánchez, Dani, Adrián, Bossa, Erni (Carlos 60´), Fidi, Toni (Sergio 66´).

SD Sofán. Rumbo, Antonio, Félix, Rey (Rubén 66´), Raúl (Juan 58´), Pablo, Canedo, Jonathan (Matías 52´), Alexandre (Moreno 82´), Eibe, Camilo.

Goles: 1-0, Dani (42´). 1-1, Eibe (46´), 2-1, Bossa, de penalti (90´), 3-1, Carlos (93´).

Árbitro: Alberto Rey Molano. Auxiliado por Botana Rey e Vilas Lorenzo. Amarelas a Dani, Adrián, Bossa, Rey, Jonathan, Alexandre. Expulsou con vermello directo a Antonio (90´), e anteriormente ó adestrador visitante.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Máis de 100 espectadores en tarde chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. BOIMORTO CF 3 – CD AS PONTES 2

O As Pontes perde a imbatibilidade nun encontro con algúns erros, dous golazos de Nieto, tres postes, un dubidoso gol anulado, e un expulsado

O As Pontes quedou sen récord na tarde de hoxe, e o que é peor, perdeu a imbatibilidade, contra un equipo da zona media. O encontro tivo dúas partes ben diferenciadas, unha primeira para esquecer, e unha segunda inmellorable xogando cun home menos.

O partido comezou da peor maneira posible, cando por banda dereita se vai moi fácil Sergio de Ramos, fai un centro chut, e escapaselle o balón a Paco conseguindo o primeiro (3´). Pero tras unha maxistral xogada de Carlos, que se desfai de varios rivais, dalle o balón a Sergio Trillo, que bate moi ben por baixo ao porteiro local establecendo a igualada (7´).

O propio Sergio cabecea un balón por alto (10´), e pouco despois, gran ocasión dos ponteses, tras un despexe do lateral dereito Jorge que vai ao pau (16´). Pero, volveuse a marchar só o local Sergio por banda dereita, centra, e remata con moito ímpetu de cabeza Nieto anotando o segundo por alto (20´).

Preto do descanso outra ocasión do As Pontes, na que Sánchez cabecea ó poste e logo no rexeite a porta baleira é Dani quen marca, pero o árbitro anulao (36´). Pero chegou outro mazazo, tras unha falta de Sergio en terreo local, os vermellos aproveitaron moi ben o recurso do balón parado, controlando co peito Nieto e marcando polo escuadro o terceiro á reviravolta (43´).

Notaban os azuis a ausencia do mariscal Rego no centro da zaga e do revulsivo de Ortigueira no ataque, pero saiu a polo gol o As Pontes no reinicio e Dani tivo unha boa opción pero pasou o balón en lugar de tirar (47´), aínda que puido volver a anotar o cadro local tras unha xogada de estratexia que case consigue rematar Oli libre de marca (53´).

Poñíanselle as cousas imposibles os azuis cando se marchaba Figurín cara a porta i é derrubado por Martín quedando cun home menos (54´). E case sentenciou pouco despois o mesmo xogador tras quedar só e salvar Paco (56´).

Apareceu algo de esperanza, cando, tras un centro de Ramos, é Carlos quen cabecea axustado ó pau e o balón vai paseniño, e cando o atrapa Manu xa entrara pola liña (58´). Cun home menos o As Pontes deu máis das súas posibilidades. Carlos quedou só por banda esquerda e rematou a rentes do pau (71´), e dende fóra da área, Ramos mandou un balón bombeado ó longueiro (77´).

Os últimos minutos foron un toma e daca. No desconto puideron marcar Andrés e Gonzalo polos locais, e polo As Pontes Dani, tras un gran servicio de Josiño (91´), Carlos, nun balón que se lle escapa a Manu pero acaba atallando, e cun último remate de Josiño preto do poste rematou o encontro (94´).

Triste derrota, nunha xornada na que os dous equipos invictos caeron, sendo máis excusable a derrota da Sarriana na casa do favorito Noia, o gran triunfador desta duodécima xornada. Próximo partido no Poboado, toca voltar á senda da vitoria contra o Xallas de Santa Comba. A destacar, nun día de bagoas, o debut do xuvenil Breijo.

Boimorto CF. Manu, Jorge, Luisito, Joseba, Oli, Monterroso, Luismi, Sergio (Gonzalo 72´), Nieto (Borja Casal 75´), Maikel (Andrés 61´), Figurín.

CD As Pontes. Paco, Martín, Ramos, Sánchez, Dani, Adrián, Erni (Breijo 45´), Bossa (Toni 77´), Quique (Fidi 45´), Carlos, Sergio (Josiño 77´).

Goles: 1-0, Sergio (3´), 1-1, Sergio Trillo (7´), 2-1, Nieto (20´), 3-1, Nieto (43´). 3-2, Carlos (58´).

Árbitro: Amine Alaoui Soulimani. Auxliado por Martínez Barral e Blanco Ameijeiras. Amarelas a Oli, Monterroso, Sergio Trillo, Adrián, Josiño. Expulsou con vermello directo a Martín (54´).

Campo e incidencias. O Carballal. Uns 200 espectadores en tarde con moita chuvia e néboa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s