—
SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID-O ESTEO FS (4-1)
O Esteo é décimo con 19 puntos
O Esteo pontés de fútbol sala perdeu este sábado 4-1 no seu desprazamento a Valladolid.
O equipo vallisoletano marchou co 1-0 ó descanso, e púxose 2-0 no segundo. A falta de cinco minutos recurtou distancias Jacobo, que non marcara nas cinco primeiras xornadas pero si nas cinco seguintes e xa leva once tantos.
Pero con porteiro xogador anotaron outros dous tantos máis os locais nun encontro no que Óscar Vigo so contou con tres cambios.
Trala triste expulsión da competición do histórico Prone Lugo, que chegara a ser Campión da Recopa de Europa en 2005, agora o Esteo suma seis puntos máis, e só haberá dous descendidos, mantendo os ponteses agora dez puntos sobre os dous últimos, décimos con 19.
A próxima visita á Fraga, a do complicado Pizarras Tres Cuñados, cuarto clasificado, que chegou a liderar a clasificación.
CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID: David, Javi, Muñoz, Miguelín, David Rodríguez – cinco inicial – Parra, Raulito, Isaac, Sancris, Picolo e Rubén.
O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Rober, Troncho, Dani.
GOLES: 1-0, Javi (13´), 2-0, Miguelín (31´). 2-1, Jacobo (35´), 3-1, Rubén (38´), 4-1, Isaac (39´).
ÁRBITROS: Merino González, Moreno de Santos, Cea Manuel. (Segovia-Valladolid). Amarelas a Muñoz, Raulito, Isaac, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo. Expulsaron con vermello directo ó porteiro local David.
INCIDENCIAS: Pavillón Fuente de La Mora. Uns 100 espectadores.
Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández
—
—
PARTIDOS CD AS PONTES 16-17 NOVEMBRO
Vitorias do Feminino, Cadete, Infantil, Benxamín A e ambos Prebenxamíns
FEMININO
CD AS PONTES-CD ROSALÍA (4-2)
Vitoria 4-2 do feminino pontés ante o Rosalía de Vilaboa. Ao descanso chegouse co marcador de 1-0, tanto anotado por Paula Baamonde ao comezo, tras un forte disparo dende fóra da área que entrou axustado ó pau.
Nos primeiros minutos da reanudación chegaron outros cinco goles máis. Ampliaba o marcador Carlota, pero recurtaba distancias Irene. Pero outro tanto da capitana e o segundo de Paula, poñían o 4-1, voltando a dar emoción ó partido un gol de María, pero aguantou o marcador o equipo local cun so cambio e non se moveu ata o remate.
Oitavas con 11 puntos, visitan ó Cebarca, undécimo con 5 puntos. Xogaron Leti, Yoli, Andrea, Lucía, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Uxía.
XUVENIL A
VICTORIA CF B-CD AS PONTES (3-2)
Derrota do Xuvenil A, que se quedou coa mel nos beizos, tras ver como os locais se poñían 2-0 ós poucos minutos, e despois de conseguir igualar no segundo período con tantos de Jandro e Miguel, no último cuarto de hora un terceiro gol dos coruñeses os deixaba sen puntos.
Son decimo quintos cos oito puntos e necesitan gañar ó colista Atlético Arteixo. Xogaron Nesi, Carlos, David, Pablo, Breijo, Edgar, Jandro, Vilela, Cristian, Brais, Miguel, e despois Dani, Óscar e Álvaro.
CADETE
CF ESTRELLA-CD AS PONTES (0-2)
Dous tantos mediado o segundo período, de Joan e Jandro, deronlle os tres primeiros puntos ó Cadete na liguiña final. Sétimos con 3 puntos, reciben ó Meirás, aínda sen puntuar.
Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Adrián Bellas, Samuel, Mario Fraga, Jandro, Luis, Hugo, Joan, Xoel, Adrián Piñón, e despois Edgar, Íker, Sergio, Yadai e Dani.
INFANTIL
CD AS PONTES-SCDR NARÓN O FREIXO B (7-0)
Triunfo 7-0 do Infantil ante O Freixo B, goles de Anxo Blanco (3), Antón Varela, David Cendán, Anxo Rey e Ángel Purriños, e con esta vitoria ante un rival directo aseguraronse entrar no grupo dos mellores. Son cuartos con 13 puntos, e visitan ó Caranza C, oitavo con tres, no derradeiro encontro da liguiña.
Xogaron Hugo, Sergio, Antón, David, Anxo Rey, Carlos, Xose, Ali, Anxo Blanco, Ángel, Diego, Iago, Pablo, Israel, Bruno e Cristian.
ALEVÍN
NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES A (3-2)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA DE (1-1)
Derrota do Alevín A 3-2, tantos de Andrea Cruz e Nico Meizoso, que viu como lle remontaban un 0-2 no segundo tempo, co que os numantinos igualan na clasificación e quédalles un encontro máis dado que o As Pontes descansa na derradeira xornada, de momento, segundo con 15 puntos. Empate 1-1, gol de Almahdi Belhaj, do Alevín B, ó que lle igualaron os caranceños case co tempo cumprido. Cuartos con 13 puntos despiden a liguiña visitando ó Portuarios, terceiro con 15.
BENXAMÍN
FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES A (0-4)
CD AS PONTES B-ORTIGUEIRA FC B (0-6)
Oitava vitoria do Benxamín A que lidera con 24 puntos, e recibe ó colista San Pedro A na derradeira xornada. Goles de Lucas Blanco, Íker Ares, David Maseda, Nacho Villasuso. O Benxamín B pola súa banda perdeu 0-6, e son sétimos con 10 puntos. Despiden a liguiña visitando ó Perlío B, noveno con catro.
PREBENXAMÍN
CD CARIÑO-CD AS PONTES A (0-9)
CD AS PONTES B-EUME DEPORTIVO BE (8-1)
Goleada do Prebenxamín A, goles de Xoel Timiraos (2), Brais Gómez (2), Izan Carro (2), Xalo Franco, Anxo Paz, Pablo Mariño. Son cuartos con 15 puntos e descansan na vindeira última xornada. Primeiro triunfo do Prebenxamín B remontando o tanto inicial dos de Pontedeume, con goles de Pau Jorrin (3), Daniel Peña (2), Álvaro Roca, Adrián Ameneiro e Alejandro Durán. Cos seus tres primeiros puntos rematan a liguiña visitando ó Neda, que tamén suma tres.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—