CD As Pontes Feminino

DOUS XOGADORES DO ESTEO COA SELECCIÓN CADETE DE FERROL

Dous futbolistas do clube pontés entre os vinte convocados

Dous xogadores do Esteo, Pablo Casal Fernández (3), e Agustín García Míguez (10), foron convocados para uns adestramentos da Selección de Ferrol Cadete Sub16.

Terán lugar este mércores 21, no Pavillón da Casqueira, en Pontedeume, de 19:30 a 21:00.

Os 20 convocados son os seguintes:

Cidade de Narón: Hugo García, Roberto Gómez, Lucas González, Juan Lamigueiro, Daniel Prieto, Iván Villadóniga

O Parrulo Ferrol FS: Javier Castro, Adrián Martínez, Aarón Montero, Iago Rodríguez, Yago Tenreiro

CMI Unidade de Fene: Daniel Crespo, Raúl Rey, Ismael Carballeira

Narón Futsal: Miguel Oliveira, Daniel Rodríguez

O Esteo FS: Agustín García Míguez, Pablo Casal Fernández

Pontedeume FS: Diego Rodríguez

SCR Esteiro: Brais Sueiras

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía O Esteo FS.

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 4 – RIBADEO FC 0

Goleada do As Pontes ao Ribadeo antes de visitar ao Noia

Brillante triunfo do As Pontes 4-0 na tarde de hoxe ante o Ribadeo, o que lle sirve para afianzar o liderato, antes dos complicados envites que lle agardan.

O cadro dirixido por Rafa Casanova non era doado, baste dicir que só perdera dous encontros e pola mínima, pero nun fulgurante comezo local, adiantabanse os azuis nunha combinación perfecta entre Fidi, Alex e Pardo, centrando o de Ortigueira de banda a banda e chegando dende atrás empala Ramos o balón e tras petar no poste vai ao fondo das mallas (6´).

Inmediatamente despois era Toni quen daba un bo pase en profundidade e Pardo moi rápido regatea a Hugo e algo escorado marca a porta baleira (9´). E antes de cumprirse a media hora de encontro era Ramos o que se incorporaba por banda dereita, centra, desvía o xusto un defensa para que Fidi chegando dende atrás coloque o balón polo escadro deixando medio sentenciado o partido (27´).

De aí ó descanso resaltar dous remates de Dani de cabeza, un tiro de Toni a rentes do pau, e un disparo de Pardo e Carlos. Polos visitantes, unha contra que salvan entre Fidi e Paco, e no costume de arriscar co balón controlado polo último home esvarou Toni pero por sorte conseguiu despexar o balón.

No inicio do segundo tempo arrincou algo destemplado o cadro local e puido marcar Brais, pero rematou mordido (47´) e logo salvou Paco (50´), chegando a temerse por un segundo tempo semellante ao do Xallas. Pero foise refacendo o cadro local e incluso Carlos tivo unha boa ocasión pero non rematou de primeiras (55´).

Coa entrada de Bossa, Quique e Erni voltou a xerar perigo o cadro azul. Resaltar un tiro de Ramos preto do escuadro (72´) ata que Quique cun forte disparo dende fóra da área puxo o cuarto e redondeou o marcador (79´).

O propio xogador de Ares disparou a rentes do pau en sendos envíos de Ramos (80´) e Erni (82´), e Bossa tamén lanzou unha falta que marchou por moi pouco (85´). Cunha boa ocasión de Vizoso que rematou moi desviado finalizou o encontro (90´).

Duodécima vitoria pontesa no Poboado contra o Ribadeo, por un triunfo visitante. O As Pontes suma 42 puntos, por 38 da infatigable Sarriana, 30 de Arzúa e Noia e 29 do Viveiro. Sen tempo para celebracións a vindeira semana toca visitar ó Noia, o mellor plantel da categoría, e que necesita gañar si ou si.

CD As Pontes. Paco, Ramos, Alex (Sánchez 78´), Rego, Martín, Dani, Adrián (Bossa 64´), Toni, Carlos (Quique 64´), Fidi, Pardo (Erni 57´).

Ribadeo FC. Hugo, Rivas, Mario, Roi (Adrián 81´), Luki (Aitor) 76´, Brais (Dani 66´), Santi, Javicho, Isma, Criss (Vizoso 62´), Samu.

Goles. 1-0, Ramos (6´), 2-0, Pardo (9´), 3-0, Fidi (27´). 4-0, Quique (79´).

Árbitro: Óscar Enríquez Pereiro (Santiago). Auxiliado por Maldonado González e Villamor Rial. Amarela a Rego.

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde moi fría.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PARTIDOS CD AS PONTES 23-24 NOVEMBRO

Vitorias do Xuvenil A, Cadete, Infantil, ambos Benxamíns e Prebenxamín B.

FEMININO
UD CEBARCA-CD AS PONTES (0-0)

Empate do Feminino 0-0 en Cerdido. Oitavas con 12 puntos, na vindeira xornada reciben ó quinto clasificado Cariño.

Nun encontro no que voltou a dispoñer dun só cambio xogou Julio con Leti, Yoli, Noelia, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Nerea e Uxía.

XUVENIL A
CD AS PONTES-ATLÉTICO ARTEIXO (6-2)

Gran vitoria do Xuvenil A ante o colista por 6-2, nun encontro no que pese a comezar perdendo, tres goles de Vilela, Pablo e Jandro de penalti poñían terra de por medio antes do descanso.

No inicio do segundo período Estevo aproveitabase dunhaa indecisión da zaga visitante para cabecear totalmente libre de marca ao fondo das mallas e despois era Matías, quen dentro da área marcaba tras petar o balón no pau.

Xa nas postrimerías recurtaron distancias os arteixáns, pero Álvaro co tempo cumprido sentenciaba o encontro.

Seguen decimoquintos, pero xa con 11 puntos, antes de visitar ó Ural B, sétimo con 18. Xogaron Nesi, Carlos, Breijo, Pablo, Estevo, Edgar, Jandro, Vilela, Cristian, Matías e Miguel, entrando despois Fraga, Álvaro, David e Dani.

XUVENIL B
NUMANCIA DE ARES FC-CD AS PONTES B (4-1)

Derrota do Xuvenil B 4-1 no seu debut en Ares, gol de Mateo. Na vindeira xornada reciben ó Narón O Freixo.

Xogaron Juan, Nono, Alex Barro, Santi, Antonio, Vicente, Blanco, Elías, Mateo, Xoel, Derick, e despois Mario, Xan, Mohamed e Brais.

CADETE
CD AS PONTES-MEIRÁS CF (5-0)

Vitoria do Cadete 5-0 con tantos de Luis Molina (2), Xoel Purriños (2) e Joan Tembrás. Terceiros con seis puntos visitan ó Cariño, noveno con un.

Xogaron Edgar, Eloy, Xose, Samuel, Mario, Jandro, Luis, Hugo, Joan, Xoel, Adrián, e despois Francisco, Dani, Yadai, Mateo e Sergio.

INFANTIL
SCDR GALICIA DE CARANZA C-CD AS PONTES (2-4)

O Infantil A soubo remontar o 2-1 dos locais, no segundo tempo, goles de Anxo Blanco (2), Israel Varela e Anxo Rey. Rematan a previa cuartos con 16 puntos e xogarán no grupo dos mellores.

Xogaron Joel, Sergio, Nico, David, Anxo Rey, Bruno, Yeray, Ali, Cristian, Iago, Israel, Augusto, Carlos, Billal, Anxo e Diego.

ALEVÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES B (5-1)

Derrota do Alevín B 5-1, gol de Alejandro Díaz, e rematan a liguiña cuartos con 13 puntos.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-RACING SAN PEDRO A (13-0)
CCRD PERLÍO B-CD AS PONTES B (1-7)

Goleada do Benxamín A, goles de Nacho Villasuso (5), Lucas Blanco (4), David Maseda (2), Xandre Domínguez (2), que remata a liguiña con pleno de triunfos e 27 puntos pasando ó grupo dos mellores. O Benxamín B pola súa banda gañou 1-7 en Fene, tantos de Mario Lozano (2), Xoel Galego (2), Martín Laherrán, Mario Criado e David Otero. Rematan quintos con 13 puntos.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES B (2-12)

Segunda vitoria, e ademais consecutiva, do Prebenxamín B, goles de Daniel Peña (3), Álvaro Roca (3), Pau Jorrin (2), Hugo López (2), Xalo Gabeiras e Ander Blanco, que rematan con seis puntos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS (2-2)

O Esteo perdeu dous puntos tras pésimas decisións arbitrais nos últimos minutos

O Esteo pontés de fútbol sala empatou na tarde de onte ante o Tres Cuñados de Valdeorras un encontro que gañaba 2-0 ó descanso e vía como nun final polémico lle empataban nos últimos segundos, ante un equipo valdeorrés ó que non consigue gañar na Fraga e co que suma tres empates por tres derrotas.

Ao descanso marcharon os locais con 2-0 no marcador, con dous goles de Pana, que culmina a porta baleira unha boa xogada de Bruno (10´), e despois tras un pase de Héctor pica maxistralmente ante a saída do porteiro (18´). Neste primeiro período resaltar tamén un tiro ó longueiro de Dilin (17´) e outro de Cokito (20´).

O segundo período comezaba de mala maneira, tras unha perda de balón de Jacobo, e por riba no disparo de Bruno, desviao Alex e colase por entre as pernas de Javichu (23´).

Despois houbo alternativas, polos visitantes Bencho quedou so e disparou ó lateral da rede (28´), Javi en boca de gol mandou o balón por alto (32´) e Bruno tirou ó poste (37´). Polos locais, resaltar unha xogada na que Cokito a un palmo de portería, co porteiro batido, rematou moi mal marchando o balón a saque de banda (30´), e unha cesión que casi empala Pana ó fondo das mallas (35´).

Pero preto do final chegou un despropósito arbitral. Faltando dous minutos viu o segundo cartón Cokito, non sendo amarela ningunha das dúas accións, cando menos a primeira, e por riba de todo o Esteo viu como en inferioridade Héctor remataba ó poste (39´).

Pero é que nunha xogada na que Jacobo é empurrado, despois de zarandeado roubanlle o balón, este trastabilla levemente por detrás a Bruno, e aí si que viron infracción os colexiados, e o propio xogador marcou o empate de penalti faltando medio minuto (40´).

Os ponteses son décimos con 14 puntos, oito por riba dos postos de descenso, antes de visitar precisamente ó terceiro pola cola, o histórico Leis de Pontevedra.
O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Pana, Rober, Bruno, Dani.

PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS: Kiko, Dilin, Bruno, Juanma, Durán – cinco inicial – Maelo, Raúl, Cristian, David, Javi, Bencho.

GOLES: 1-0, Pana (10´), 2-0, Pana (18´). 2-1, Bruno (23´), 2-2, Bruno de penalti (40´).

ÁRBITROS: R.A.M, M.S.G, J.F.P.C. Amarelas a ambos Bruno, Héctor, Jacobo. Expulsado Cokito.

INCIDENCIAS: Pavillón de A Fraga. Máis de 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 10 – PONTEVEDRA RC 7

Sufrida primeira vitoria do conxunto pontés

O Fendetestas pontés de rugbi venceu na mañá deste domingo ó seu homólogo do Pontevedra por 10-7 logrando a súa primeira vitoria da tempada e achegarse así un pouco na táboa ó equipo da cidade do Lérez.

Os verdes marchaban ó descanso con 10-0 con ambos ensaios de Antonio, pero no comezo do segundo período os visitantes recurtaron distancias cun ensaio e o posterior lanzamento a paus, co que se poñían a tres puntos.

A pesar de sufrir moito nos últimos minutos, os ponteses defenderonse como gato panza arriba e logran a súa primeira vitoria e os conseguintes catro puntos.

Lidera Ferrol con 29 puntos, por 24 de Os Ingleses, 14 de Crat B, 10 de Coreti Lalín, 7 de Pontevedra e 5 xa do Fendetestas.

Xogaron Anxo, Gallardo, Antón, Andrés, Víctor, Pablo, Toño, Robert, Antonio, Roberto Río, Diego, Nathan, Rafa, Óscar e Asier, entrando despois Xose, Ramón, Alejandro e Roberto García.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s