CD As Pontes Feminino

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 30 NOVEMBRO- 1 DECEMBRO

Nunha xornada na que ningún equipo xogou en As Pontes, triunfos de Xuvenil B, Cadete e Alevín A

FEMININO
CD AS PONTES-CD CARIÑO (2-5)

O equipo feminino, que xogará en Cariño os dous encontros ligueiros que o enfronten con este equipo, perdeu 2-5, nun partido no que destacaron os catro goles de Eva, e no que polas azuis so puideron maquillar o marcador os tantos de Alba e Noelia.

Oitavas con 12 puntos visitan ó Amistade de Meirás, terceiro con 24. Por terceira semana so puido contar Julio cun cambio e Xeila actuou de porteira, xogando Xeila, Yoli, Noelia, Nerea, Paula Castro, Paula Baamonde, Yara, Alba e Uxía.

XUVENIL A
URAL CF B-CD AS PONTES (1-0)

O Xuvenil A non puido conseguir traer nada positivo no seu desprazamento a Coruña onde perdeu cun tanto de Hugo mediado o primeiro tempo que resultou definitivo.

Seguen decimoquintos con 11 puntos, a tres da salvación e terán un rival moi complicado o que visitará o Poboado na vindeira xornada, que será o Compostela, segundo, só por detrás do Lalín.

Xogaron Nesi, Pablo, David, Estevo, Breijo, Edgar, Álvaro, Vilela, Cristian, Matías, Miguel e despois entraron Carlos, Dani e Fraga.

XUVENIL B
CD AS PONTES B-SCDR NARÓN O FREIXO (5-1)

O Xuvenil B gañou como local en Somozas, nunha semana de pouca chuvia xogou a domicilio para golear 5-1 ó Freixo, e iso que os naroneses se adiantaron no marcador, pero os tantos de Alex Barro e Vicente deron a volta ó marcador antes do descanso, e despois redondearon Mateo, Xoel, e un en propia meta.

Suman os seus tres primeiros puntos, cuartos, antes de visitar ó Miño. Xogaron Francisco, Elías, Alex Barro, Santi, Antonio, Jandro, Xan, Xoel, Vicente, Blanco e Mateo, entrando despois Xoel, Riobo, Brais e Mohamed.

CADETE
CD CARIÑO-CD AS PONTES (3-6)

Vitoria do Cadete 3-6 en Cariño. A pesar de adiantarse os locais, os goles de Joan Tembrás (2), Adrián Piñón, Sergio Hermida, Jandro López e Xoel Purriños acabaron dando os tres puntos para un As Pontes que é terceiro con nove, e recibe ó Cedeira, sétimo con tres, na vindeira xornada.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Samuel, Mario Fraga, Jandro, Luis, Hugo, Sergio Hermida, Joan, Adrián Piñón, e despois Edgar, Xoel, Alejandro, Sergio Paz e Yadai.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-ÁNIMAS SCDR (6-5)
ÁNIMAS SCDR BE-CD AS PONTES B (4-1)

O Alevín A gañou como local en Ferrol 6-5 ó Ánimas, encontro no que chegou a ir 4-0, para logo empatarlles a 4-4, e acabar gañando con tantos de Sergio Vázquez (3), Nico Meizoso (2) e Diego Lozano. Visitan ó Portuarios. O Alevín B pola súa banda perdeu 4-1, tanto de Alejandro Díaz. Reciben ó Meirás B.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: LEIS PONTEVEDRA FS-O ESTEO FS (4-6)

O Esteo da un paso cara á salvación nun encontro no que remontou un 2-1 e un 4-2 con catro tantos de Jacobo

O Esteo pontés de fútbol sala deu este sábado na cidade do Lérez un paso de xigante cara á salvación, tras gañar 4-2 en Pontevedra ó histórico Leis, que chegara a militar na Primeira División.

Os ponteses non tiveron un partido nada doado como se agardaba, i é que os pontevedreses adiantáronse por varias veces. No primeiro período anotou Jacobo, pero Berto de falta directa empataba e despois era Miguel o que poñía ós locais con ventaxa antes de chegar ó descanso.

Trala reanudación empataba Pana, pero dous goles consecutivos de Lucas colocaban un comprometido 4-2. Nos últimos dez minutos estiveron moi ben os de Óscar vigo, xa que anotaron catro tantos por medio de Cokito e outros tres de Jacobo, que xa leva 15, que non só serviron para igualar senon tamén para darle a volta o marcador ata o 4-6 definitivo.

Primeira vitoria dos ponteses en Pontevedra na Segunda B, e son décimos con 17 puntos, que serán 20 cando lle contabilicen os do partido co Prone antes de que remate a primeira volta, mentres por abaixo o equipo de Lugo desgraciadamente xa está descendido e Puertas Deyma suma catro puntos por seis do Leis.

Os ponteses reciben na vindeira xornada ó Zamora, curioso equipo que a campaña pasada foi campión con moita ventaxa pero nesta, con moitos cambios no plantel, está na criba do descenso, cuarto pola cola con dez puntos.
LEIS PONTEVEDRA FS: Alex, Nico, Iago, Sancho, Berto – cinco inicial – Lucas, Miguel, Barcala, Toño, Ezra.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Héctor, Pana, Jacobo – cinco inicial – Alex, Rober, Bruno, Dani, Ayala.

GOLES: 0-1, Jacobo (8´), 1-1, Berto (15´), 2-1, Miguel (17´). 2-2, Pana (22´), 3-2, Lucas (24´), 4-2, Lucas (25´), 4-3, Jacobo (30´), 4-4, Cokito (32´), 4-5, Jacobo (35´), 4-6, Jacobo (37´).

ÁRBITROS: Dacal Deza, Vilas Martínez, Castro Villar (Vigo-Santiago). Amarelas a Berto, Miguel, Bruno, Dani. Expulsaron por dobre cartón a Sancho e Alex Durán.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CR FERROL 92 – CR FENDETESTAS 31

Derrota dos verdes ante o líder, conseguindo o bonus ofensivo

O Fendetestas pontés de rugbi caeu este domingo á mañá na casa do líder 92-31 nun encontro no que nunca baixou os brazos e de feito conseguiu o bonus ofensivo con cinco ensaios, ademais, xogando cos 15 xogadores xustos.

Os departamentais marcharon ó descanso con 45-24, nun encontro no que anotaron catorce ensaios mentres que os dos ponteses correron a cargo de Antonio (2), Toño, Andrés e Pablo, con tres acertos a paus de Robert.

Lidera Ferrol con 34 puntos, por 29 de Os Ingleses, Crat B e Coreti Lalín teñen 14, Pontevedra 8 e xa 6 dos ponteses que na vindeira xornada, dentro de dúas semanas, visitan ó Lalín.

Xogaron Anxo, Antón, Andrés, Víctor, Toño, Robert, Senén, Antonio, Roberto Río, Diego, Nathan, Óscar, Roberto García, Pablo e Asier.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE: NOIA CF 0 – CD AS PONTES 3

Brillante triunfo do As Pontes na casa do gran favorito

O As Pontes deu este domingo á tarde no Campo de San Lázaro un gran paso de cara ás súas opcións de ascenso tras gañar 0-3 ó Noia, pese a que aínda queda moito camiño por facer.

Despois de reclamar un posible penalti sobre Pardo (10´), os azuis poñían terra de por medio, con dous goles de Carlos. Nun primeiro, tras un pase en profundidade vaise dos defensas e bate por baixo a Pajarillo (12´), e pouco despois cabecea dentro da área un centro que chega a desvíar o porteiro pero acaba entrando (14´).

Despois, lanzamento de falta de Bossa que atalla o gardamallas (19´), e boa xogada de Pardo que dispara por alto dende fóra da área (28´), perante un equipo local, seguramente o de maior fondo de armario da categoría, pero que se viu carente de espirito, e que se achegaba tímidamente con algunha incorporación de Quintairos e Stefan.

Nos últimos minutos do primeiro período, tras un córner e un posterior rexeite, caelle o balón a Alex Cabarcos, que dispara pero o balón sacao un defensa (40´), e o propio Carlos fixo un bo disparo a media altura dentro da área que un zagueiro conseguiu desviar a córner (44´).

Xa co tempo cumprido, nunha xogada a balón parado botada por Bossa, non chega a desviar o balón Pajarillo e atento está coa cabeza Dani para mandar o esférico ó fondo da rede casi sentenciando o encontro (45´). No inicio do segundo tempo os locais buscaban recurtar distancias e o As Pontes aproveitar as contras, e nunha incorpórase moi ben o sempre incisivo Pardo, pero con todo a favor acaba liándose co balón dentro da área (55´).

Un bo remate de Quintairos despexao a córner milagreiramente Paco (63´), pero noutra contra volve a marcharse Carlos, i é derrubado cando encaraba a portería ensinando só amarela o colexiado (70´). Pouco despois chegou a xogada clave do segundo tempo, nun remate do equipo local, que saca coa man Adrián Martínez cando o balón xa entraba (75´).

Foi expulsado o coruñés con vermello directo, pero o penalti lanzouno o ex do Real Madrid B e da selección española sub17 Adrián Quintairos ó longueiro co que se esfumaron as poucas opcións de remontada local (75´).

A pesar de xogar cun futbolista menos non se descompuxo o As Pontes, que incluso dispuxo de varias contras, a máis reseñable finalizou cun remate de Alex Cabarcos que sacou o porteiro (87´). Cunha gran parada de Paco ante Piñeiro que se prantou só ante o gardameta ferrolán rematou o encontro e o As Pontes suma tres importantísimos puntos (93´).

Oitavo triunfo pontés en Noia por tres empates e tres triunfos locais. O As Pontes suma 45 puntos, por 38 da Sarriana, 32 de Viveiro, 31 de Arzúa, e 30 do Noia, nunha semana na que lle queda recibir ó Pobra e visitar ó complicado Dubra.

Noia CF. Pajarillo, Rendo (Sergio 58´), Ander, Angelo, Conde, Bendaña, Stefan, Hugo (Saviola 80´), Quintairos, Rubén (Piñeiro 72´), Jhon.

CD As Pontes. Paco, Ramos, Alex, Rego, Martín (Sánchez 83´), Dani, Adrián, Bossa, Carlos (Trillo 87´), Fidi (Toni 67´), Pardo (Erni 60´).

Goles: 0-1, Carlos (12´), 0-2, Carlos (14´), 0-3, Dani (45´).

Árbitro: Gonzalo Belmonte Martell (A Coruña). Auxiliado por Pérez Rellán e Naya Rey. Amarelas a Martín, Adrián, Conde e Bendaña. Expulsou con vermello directo a Adrián Martínez (75´).

Campo e incidencias. Campo de San Lázaro de Noia. Cunha fenomenal asistencia de máis de 300 espectadores en tarde chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s