CD As Pontes Feminino

DOUS PONTESES COA SELECCIÓN DE FERROL ALEVÍN

Xogarán este xoves en Outes

Dous futbolistas ponteses, Andrea Cruz e Diego Lozano, veñen de ser convocados para a disputa da primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais, na categoría Alevín.

Será en Outes este xoves día 6, e os rapaces xogarán ás 11:15 contra Santiago, e ás 16:45 contra Lugo. As rapazas farano ás 11:15 contra Lugo, e as 16:00 xogarán contra Santiago.

A convocatoria sub12 masculina é a seguinte:

SCRD Narón O Freixo: Rubén Piñón, Diego López, Javier Vázquez

SD O Val: Iago Estévez, Joel Tenreiro, Jorge Bértalo

EF Racing de Ferrol: Diego Rey, Hugo López

SDC Galicia de Mugardos: Mario Adelantado, Antón Álvarez

SCDR Galicia de Caranza: Pedro Martínez

Eume Deportivo: David Portela

SRD Portuarios: Sergio Baamonde

CD As Pontes: Diego Lozano Calvo

A convocatoria feminina sub12 é a seguinte:

SD Cultural Maniños: Hortensia Varela, Nuria Seijo, Ainara Vázquez

SCDR Galicia de Caranza: Iria Pita, Sara Cerdido

SD Libunca: Aitana Milan, Alba Rodríguez

SDC Galicia de Mugardos: Paula Muíños

CCRD Perlío: Aitana Vellón

SD Cedeira: Nuria Garrote

SD Rápido de Neda: Ainoa Salido

SRD Portuarios: Claudia Cumbrao

SCDR Narón O Freixo: Candela Gómez

CD As Pontes: Andrea Cruz Lago

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ÓSCAR RIVAS, NOVO XOGADOR DO CD AS PONTES

Fichaxe de luxo para suplir algunhas baixas no clube

O CD As Pontes ven de fichar nas últimas horas a Óscar Rivas, para tratar de cubrir a baixa de Peque, que marchou ó Sada en busca de minutos, a que se aveciña de Criado, por causas laborais, e quizais polo mesmo motivo tamén se perda a un dos mellores xogadores da categoría no seu posto, agardemos que non, polo fútbol que aporta.

Óscar Rivas é un xogador de gran calidade xa que sen ir máis lonxe, para desgracia do As Pontes, ascendeu a pasada campaña a Terceira División co Lugo B, quedando campión de Liga e xogando case todos os partidos. O futbolista de Ourol de 26 anos tamén xogou no Viveiro, Narón, Outeiro de Rei e Lugo Xuvenil.

Proba da valía do centrocampista é que no seu día, non hai moito tempo, despois de facer a pretemporada co primeiro equipo do Lugo rexeitou varias ofertas de equipos de Segunda B por axudar ó Viveiro a intentar ascender.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía CD As Pontes

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 6 – POBRA CF 0

Espectacular As Pontes, que pon terra de por medio antes de visitar ó complicado Dubra

Gran partido o xogado na tarde-noite de hoxe no Campo do Poboado polo As Pontes ante o equipo da Pobra do Caramiñal ó que venceu por un contundente 6-0.

E iso que para nada comezaban ben as cousas para os locais, pois tras un balón que non consigue despexar Criado, vese moi forzado Rego ante un atacante rival, sinalando o colexiado o punto fatídico, pero Treus, tras enganar a Pelayo, disparou ó poste (15´).

Tamén é certo que anteriormente Pardo marchouse do seu marcador e disparou a rentes do pau (11´), ou o Mago de Viveiro deu un excelente pase a Quique, que controlou ben dentro da área pero sobroulle un regate (14´).

Avisou Bossa cun primeiro lanzamento de falta (21´), pero despois coa súa luva colouna case polo escuadro abrindo o marcador (24´). Ben é certo que puideron empatar os visitantes tras dúas malas saídas de balón locais, e nunha salvou Pelayo ante Manoliño (26´).

Pero seguiu apretando o As Pontes e nunha boa combinación entre Criado e Toni, Pardo acabou cabeceando fóra (28´). Despois é o propio lateral dereito quen obriga a estirarse a Alberto (30´), e tras un córner cabecea Traba fóra (31´).

Ata que chegou o vendaval dos últimos minutos onde sentenciou o As Pontes. Primeiro, tras unha internada de Pardo por banda esquerda, deixa pasar Toni o balón e empala Quique por alto ao fondo das mallas (36´).

Repetiu o propio xogador de Ares pouco despois tras un maxistral pase de Fidi, que controla Alex, centra, e chegando dende atrás marca o segundo Quique a pracer (42´). Pero xusto antes do descanso noutra boa internada de Pardo, remata Quique o poste, e aproveita o balón que queda morto na área pequena Erni para marcar o cuarto (45´).

O segundo tempo foi un monólogo dos azuis, e tras unha internada moi perigosa, como é habitual no tanque de Ortigueira, Criado acaba mandando fóra unha gran ocasión chegando só no segundo pau (52´), e pouco despois é Erni que dispara a rentes do pau (53´).

O propio xogador de Viveiro vaise moi ben por banda dereita, e o seu centro enviao a pracer ó fondo da rede o recén ingresado Carlos (57´). Puido chegar o sexto pouco despois, pero estivo magnífico Alberto a unha doble ocasión de Quique e Erni (60´).

Mentres, polos visitantes tan só resaltar un centro colgado, que se paseou con perigo pola área local sen atopar rematador (68´). Nun balón moi ben colocado dende o lateral da área, como o de Denis ante a Leonesa, obrigou Carlos a estirarse ao porteiro (70´).

Puido volver a chegar o sexto nun gran centro de Erni, que cabecea Carlos, chapa Alberto, o balón queda morto sobre a liña de gol e acaba sacando un defensa (72´). Xa preto do final, tras un empurrón que recibe o propio xogador de Ares dentro da área, sinala penalti o colexiado e marca Dani o sexto enganando completamente ó porteiro (76´).

Cun lanzamento de falta con perigo de Bossa púxose fin ó partido (84´), e ó As Pontes suma uns brillantes 48 puntos, e aproveitándose de dúas derrotas seguidas da Sarriana, deixa ós lucenses á dez puntos, con 38, por 35 dun emerxente Viveiro, 34 de Arzúa, e 31 do Noia que voltou a perdoar. Sen tempo para celebracións o As Pontes visita o complicado Juan Baleato o vindeiro domingo.

CD As Pontes. Pelayo, Criado, Alex (Ramos 58´), Rego (Sánchez 45´), Martín, Toni, Quique, Bossa, Erni, Fidi (Dani 63´), Pardo (Carlos 54´).

Puebla CF: Alberto, Piñeiro, Pablo, Iago, Nacho, Manoliño (Diego 65´), Pap (Espi 45´), Treus (Aguado 45´), Jorge, Picos (Xabi 37´), Aless.

Goles: 1-0, Bossa (24´), 2-0, Quique (36´), 3-0, Quique (42´), 4-0, Erni (45´). 5-0, Carlos (57´), 6-0, Dani, de penalti (76´).

Árbitro: David Jiménez Jiménez (Lugo). Auxiliado por Polo Fernández e Ron Valle. Amarela a Aguado.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Unos 150 espectadores en tarde noite fría.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. SD DUBRA 2 – CD AS PONTES 3

O As Pontes logra tres importantísimos puntos no último suspiro

O As Pontes puxo máis terra de por medio de cara ó ascenso tras vencer apuradamente 2-3 en Dubra, tras un encontro que ía cómodo, pero que se complicou e moito no último tramo.

O Dubra prantouse moi ben ordenado sobre o campo agardando atrás e o As Pontes, a pesar de non poder facer o seu fútbol, dominaba, e destacar nos primeiros compases, un centro chut de Alex (6´), e un remate preto do escuadro de Bossa a pase de Pardo (17´).

Si ben é certo que se achegaron os locais cun lanzamento de Abelenda que atalla Paco (31´), puido inaugurar o marcador Sánchez, pero o seu remate de cabeza vai ó poste (33´). Si entrou o balón pouco despois, tras un centro dende banda de Bossa, que anota de cabeza Rego (34´).

Sensacional o traballo no que vai de campaña do gran zagueiro de Viveiro, un dos grandes centrais da categoría. Nunha contra entre Dani e Pardo, case marca na súa portería Darío (36´). Pero foi Dani, tras saque de córner de Bossa, o que facía de cabeza o 0-2 co que se chegou ó descanso (42´).

Non obstante destacar antes do intermedio unhas mans do porteiro do Dubra nun despexe que se non foi fora da área por ahí andivo (43´). Comezou dominando o As Pontes cunha boa combinación entre Carlos e Pardo que remata fóra o de Ortigueira (46´). Tras un pase maxistral de Fidi, moi xeneroso Pardo prefire pasar en lugar de tirar, pero o balón vaise un pouco e non chega Carlos en boca de gol (53´).

Sen embargo, co paso dos minutos apretaba o cadro local, e o visitante, que xogaba moitísimo dende atrás, nunha perda de balón, colgaron ó esférico á área e rematou Gonzalo de cabeza, despexando Paco a córner. Pero desgraciadamente dese córner cabeceou Brais libre de marca no primeiro pau anotando e apretando o marcador (72´).

Incomprensiblemente, tras unha contra, centra moi ben Ferreiro dende banda dereita e remataba ó fondo das mallas chegando dende atrás Gonzalo (74´) facendo a igualada en apenas dous minutos. E gracias, porque seguían achuchando os amarelos ante un As Pontes que perdeu momentáneamente a brúxula.

Pero tras unha man, viu o segundo amarelo Baleato faltando dez minutos, e tamén viu a luz o cadro azul para poder buscar o tanto da vitoria. Unha gran vaselina de Fidi desvíaa milagreiramente a córner Brais (81´).

Logo é Quique quen fai un forte remate dentro da área que saca un defensa co corpo (84´). Foi nunha gran internada de Ramos por banda esquerda que se pranta a medio palmo do porteiro, non sabe se centrar ou tirar e definitivamente é Darío quen acaba introducindo o balón na súa portería dando os tres puntos ós azuis (87´).

Sitúase o As Pontes cuns magníficos 51 puntos, por 38 de Viveiro e Sarriana, 37 de Arzúa e 34 de Noia. A vindeira semana un partido moi agardado para rematar a primeira volta, coa visita da Sarriana, equipo algo desdibuxado por tres derrotas consecutivas pero que mantivo o pulso co As Pontes case todas as semanas, está a facer un campañón, e será un encontro trascendental.

Si o Xallas é un conxunto que non se lle daba ben ó As Pontes no Poboado, todo o contrario o Dubra, equipo co que o As Pontes suma cinco vitorias por dous empates a domicilio e na casa cinco triunfos por un empate.

SD Dubra.Brais Midón, Pablo, Mariño, Leites (Martín 61´), Iván Facal, Dani Moto (Anxo 84´), Ferreiro, Brais, Gonzalo, Abelenda (Xabi 80´), Darío (Manu 89´).

CD As Pontes.Paco, Ramos, Alex (Martín 71´), Rego, Sánchez, Dani, Adrián, Bossa, Carlos (Quique 71´), Fidi, Pardo.

Goles.0-1, Rego (34´), 0-2, Dani (42´). 1-2, Brais (72´), 2-2, Gonzalo (74´), 2-3, Darío, pp (87).

Árbitro.Villar Álvarez. Auxiliado por Soage Fernández e Lareu Magdaleno. Amarelas a Gonzalo, Brais, Mariño, Bossa. Expulsado Pablo Baleato por doble amarelo (80´).

Campo e incidencias.Campo Juan Baleato. Máis de cen espectadores, en tarde soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – FS ZAMORA (7-4)

Sufrido triunfo do Esteo nos últimos instantes

O Esteo pontés de fútbol sala logrou este sábado un triunfo moi sufrido e importante ante o Zamora por 7-4, cun marcador que era de 4-4 faltando catro minutos.

Comezaron ben os locais, tras un tiro de Héctor que para Santos, pero non consiguen despexar o balón, acaba marcando Cokito por entre as pernas do porteiro (2´). E despois dun tiro de Troncho aproveita Ayala outro balón que queda morto na área para empalar o balón ó fondo das mallas (8´). Falamos do mítico porteiro Javi Santos, que o fora do Autos Puentes xa de principios dos noventa.

Pero recurtaron distancias os visitantes cando tras unha mala cesión chegou un saque de banda no que acabou marcando Guille tras desviar o balón Héctor (14´). Pero nunha xogada de tiraliñas Alex cédella a Bruno que marca a porta baleira o 3-1 co que se chegou ó descanso (16´) nun  primeiro tempo polémico no que puido ser expulsado Javichu e tamén Josico.

Na reanudación os locais estiveron algo adurmilados e tras unha xogada de Josico, non atina a despexar Héctor e acaba marcando Guille (23´), e pouco despois tras un saque de esquina ninguén cubre a Alvarito que marca a pracer (24´).

Tras uns minutos de toma e daca, Cokito de forte disparo dende fóra da área ponía en ventaxa ós ponteses (33´), pero nun balón que se pasea poal área local sen que ningúen o despexe volta a empatar o visitante Héctor de tiro cruzado (35´).

Foi nos últimos minutos nos que o Esteo conseguiu a vitoria, primeiro adiantándose tras unha boa cesión de Pana que aproveita Alex para marcar de forte punteirazo (36´), e xa con porteiro xogador faltando un minuto marcou Jacobo nun tiro que desvía un defensa (39´), e nos últimos segundos anotou Javichu dende a súa portería (40´).

Sufrido triunfo do Esteo que alonxa a un posible rival polo descenso, e os de Óscar Vigo son novenos con 20 puntos, que serán 23 a vindeira xornada que non se xogará co Prone. Antes do Nadal visita do Boal, nun complicado partido.

FICHA TÉCNICA:

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Héctor, Rober, Jacobo – cinco inicial – Alex, Pana, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.

FS ZAMORA: Santos, Josico, Nacho, Eric, Héctor – cinco inicial – Montoyita, Alvarito, Nácor, Guille.

GOLES: 1-0, Cokito (2´), 2-0, Ayala (8´), 2-1, Guille (14´). 3-1, Bruno (16´). 3-2, Guille (23´), 3-3, Alvarito (24´), 4-3, Cokito (33´), 4-4, Héctor (35´), 5-4, Alex (36´), 6-4, Jacobo (39´), 7-4, Javichu (40´).

ÁRBITROS: Muñoz García, Rodríguez Castro, Molinero Rodríguez (Asturias). Amarelas a Javichu, Héctor, Rober, Josico, Eric.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Máis de 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 5-6-7-8 DECEMBRO

Importante vitoria do Xuvenil A en Lugo. Triunfos do Xuvenil B, Cadete, Infantil, Benxamín A e ambos Prebenxamíns

FEMININO
EFB AMISTADE DE MEIRÁS-CD AS PONTES (3-2)

Derrota do feminino na cancha do segundo clasificado, Amistade de Meirás, que se adiantou con tantos de Natalia e a ex xogadora da galega Alba Permuy, pero Paula Castro recurtaba antes do descanso e despois era Noelia a que igualaba na reanudación. Pero outro tanto de Natalia dáballe os tres puntos ás verdes.

Novenas con 12 puntos, inician con descanso a segunda volta. Para este partido puido presentar Julio un equipo máis compacto formado por Alba na porta, Yoli, Andrea, Tania, Noelia, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara.

Dezanove goles nesta primeira volta de Paula Baamonde (6), a capitana Carlota (5), e dous de Yoli, Noelia, Paula Castro e Alba.

XUVENIL A
CD AS PONTES-SD COMPOSTELA (0-2)
SD RESIDENCIA A-CD AS PONTES (0-1)

Derrota do xuvenil pontés este xoves no encontro que o enfrontaba ó segundo clasificado Compostela, empatado co líder Lalín. Os visitantes aproveitaron dúas xogadas de estratexia nos primeiros compases para anotar os dous tantos e levarse os tres puntos pese ós intentos dos azuis ata o remate do encontro.

Xogaron Nesi, Carlos, Pablo, Breijo, David Otero, Vilela, Edgar, Miguel, Dani, Jandro, Cristian, entrando despois Elías, David e Álvaro.

Sen embargo, importantísima vitoria este sábado ante un rival directo coma o Residencia de Lugo, ascendido tamén hai uns meses, por 0-1 cun tanto do medio centro David cando apenas faltaban cinco minutos.

Con estes tres puntos de ouro, os azuis saen momentáneamente dos postos de descenso, decimocuartos con 14 puntos, os mesmos que o Residencia que marca agora a criba do descenso. Visitan ó Boiro na vindeira xornada pechando a primeira volta co derbi ante o Galicia de Caranza.

Xogaron Nesi, Fraga, David Otero, Pablo, Estevo, Breijo, Cristian, Edgar, Brais, Vilela, Jandro, entrando despois Miguel, David, Elías e Álvaro.

XUVENIL B
AD MIÑO-CD AS PONTES B (0-3)

Boa vitoria do Xuvenil B en Miño 0-3, con tantos de Tembrás, Vicente e Derick. Terceiros con 6 puntos descansan na vindeira xornada.

Xogaron Alejandro, Mohamed, Xan, Santi, Antonio, Jandro, Blanco, Tembrás, Vicente, Xoel, Mateo e despois Xoel, Derick e Brais.

CADETE
CD AS PONTES-CEDEIRA SD (6-1)

Este venres goleou o Cadete pontés 6-1 ó Cedeira, tantos de Joan Tembrás (2), Xoel Purriños, Sergio Paz, Luis Molina e Adrián Piñón.

Terceiros con 12 puntos visitan ó Val, cuarto cos mesmos puntos. Xogaron Edgar, Eloy, Xose, Samuel, Riobo, Mario Fraga, Luis, Hugo, Joan, Xoel, Adrián Piñón e despois Francisco, Sergio Hermida, Yadai, Sergio Paz e Mateo.

INFANTIL
CD AS PONTES-SD O VAL B (3-1)

Iniciou con bo pe a súa andaina na liga o Infantil que venceu 3-1 ó Val, con tantos da remontada na segunda parte de Carlos Villasuso, e dous de Anxo Blanco nos derradeiros instantes.

Visita ó Mugardos na vindeira xornada que se estreou con derrota 3-1 ante o Perlío. Xogaron Hugo, Sergio, Antón, David, Anxo Rey, Carlos Villasuso, Xose, Ángel, Anxo Blanco, Diego, Israel, Nico, Pablo, Bruno e Yeray.

ALEVÍN
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES A (3-1)
CD AS PONTES B-MEIRÁS CF B (0-4)

O Alevín A perdeu 3-1 en Ferrol, gol de Sergio Vázquez, mentres o Alevín B perdeu 0-4 co Meirás. O A oitavo con tres puntos, descansa, e o B aínda sen puntuar visita ó Portuarios B, na mesma situación.

BENXAMÍN
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES A (2-6)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA D (0-5)

Inicio ligueiro do Benxamín A con triunfo en Ferrol 2-6, goles de Xandre Domínguez (3), Alex Basanta, Xalo Cebreiro, Xabi Álvarez, e na vindeira xornada reciben ó Caranza C. Mentres o Benxamín B perdía 0-5 co Caranza D e visitan ó Cedeira a próxima semana.

PREBENXAMÍN
EFR RACING DE FERROL B-CD AS PONTES A (0-6)
CD AS PONTES B-CD CARIÑO (8-2)

Tamén comeza a Liga con vitoria o Prebenxamín A tras gañar 0-6 en Ferrol, tantos de Xoel Timiraos (2), Xalo Franco, Brais Gómez, Pablo Mariño e Yago Bouza, recibindo ó Perlío na vindeira xornada. Pola súa banda terceira vitoria consecutiva, primeira nesta nova liga, dos máis pequenos, tras remontar un 0-2 ante o Cariño, con oito tantos de Pau Jorrin (3), Ander Blanco, (2), Daniel Corral (2), e Xalo Gabeiras, antes de visitar ó Miño.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s