CD As Pontes Feminino

ALEX MONTERO, CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA

Para uns adestramentos en O Pino

O xogador pontés do Esteo de fútbol sala e do Galicia Caranza de fútbol campo Alejandro Montero Peteira  foi convocado pola Selección Galega Infantil de Fútbol Sala.

Alex xa fora chamado no seu día pola Selección Galega Alevín, coa que quedou subcampión de España en 2017 tras perder na final contra Andalucía.

O xogador pontés adestrará este mércores co resto dos seus compañeiros de 18:30 a 20:00 en O Pino, no Pavillón de Lameiro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 19 – CRAT CORUÑA B 24

Os verdes consiguen un punto insuficiente ante o cadro herculino

O Fendetestas pontés de rugbi caeu este domingo á maña no seu campo de Monte Medulio no encontro que o enfrontaba ao Crat B por 19-24.

Os herculinos marcharon ó descanso con 0-12, e nos comezos do segundo período pese ao ensaio de Pablo puxeronse 5-19, e co posterior ensaio de Miguel e transformación de Robert, replicaron ata o 12-24 mediado o período.

Non desistiron os verdes ata os últimos minutos e un ensaio e posterior acerto entre paus de Robert certificaron o definitivo 19-24 que conlevou a que os ponteses sumaran o bonus defensivo.

A clasificación queda liderada por Ferrol e Os Ingleses con 39 puntos, seguidos de Crat B 24, Coreti Lalín 19, Pontevedra 8 e Fendetestas 7.

Como na derradeira xornada os verdes visitan ós Ingleses e o Pontevedra ó Ferrol, equipos que se xogan a Liga, todo indica que por abaixo a cousa quedará tal como está e os de Joel terán que xogar o play off de salvación.

Xogaron Antón, Andrés, Pablo, Toño, Robert, Senen, Antonio Gómez, Iván, Roberto Río, Xose, Rafael, Alejandro, Asier, Miguel e Ansumana, entrando despois Ángel, Óscar, Antonio Franco, Roberto García e Javier.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. VIVEIRO CF 1 – CD AS PONTES 2

O As Pontes da un paso de xigante cara o ascenso ó gañar en Viveiro antes de recibir ó segundo clasificado Arzúa

O As Pontes deu hoxe en Viveiro un paso de xigante de cara ó ascenso tras gañar ó que era segundo clasificado por 1-2 e ter momentáneamente un colchón de 17 puntos sobre o terceiro clasificado, antes de recibir ó actual segundo que é o Arzúa.

Na primeira metade comezaron dominando algo máis os locais, que se xogaban moito, e xa nada máis comezar nun balón mal despexado por Martín, centro que se pasea pola área sen atopar rematador (1´). Si ben é certo que o propio xogador de Fisterra puido marcar pouco despois pero o seu remate de cabeza, coma contra o Agolada, desafortunadamente foi ó poste (9´).

Tras un centro de Criado por banda que desvía un defensa moi axustado ó pau (32´), puido chegar o primeiro gol local, con Martín tirado no chan, continuou o Viveiro a xogada, e tras un centro de banda empala Alex Meitín o balón na área pequena ó fondo das mallas, anulado nun fora de xogo dubidoso (33´).

Apretou moito o cadro local nos últimos minutos, ante un As Pontes que quería saír demasiadas veces co balón controlado, en lugar de optar por pases longos para desafogar a presión, e en varias perdas ou roubos de balón chegaron con perigo os celestes, como no caso de Iván, que se desfixo de varios rivais dentro da área, o seu disparo despexao Paco, queda o balón morto, e Criado acaba salvando o perigo (36´), ou tras un córner botado polos ponteses, na contra a piques está de marcar Marino que dispara por alto (45´).

Comezou con brío o hoxe equipo verdinegro na segunda metade, e nunha boa xogada de Carlos, cedelle o balón a Pardo, que remata moi axustado ó pau (46´), e despois é Toni o que recolle un balón morto no borde da área para disparar alto por pouco (53´).

Pero a continuación chegou o peor momento para os de Marco Roca. Avisou Tichu cun trallazo que se foi preto do escuadro (54´), ata que tras unha perda de balón do recén ingresado Óscar, acabou en centro á área, e moi ben resolve Marino que bate por baixo a Paco (56´). Puido firmar o segundo e case a sentencia tal e como estaban as cousas Alex Meitín, que avanza na área e dispara cruzado ó poste, e o balón acabase paseando pola área pontesa sen atopar rematador (58´).

Non se arredrou o As Pontes e foi a polo empate. Nunha boa internada de Toni na área acaba sacando un defensa co corpo (61´), e tras un gran avance de Pardo por banda dereita, centra e marca Carlos coa punteira chegando dende atrás nun gol anulado bastante dubidoso coma o do primeiro tempo (68´).

Foi tras unha absurda á par que instintiva man de Yoel dentro da área, en lugar de despexar o balón coa cabeza, que o Mago de Viveiro Bossa anotaba o penalti polo escuadro batendo a Kiko e establecendo a igualada no marcador (75´), bonito gol do que por superstición e nervios non se fixeron fotos.

O empate sentou mal os locais, que ademais perderon a Marino por lesión nunha dura entrada de Alex para cortar unha contra, e tras outro ingreso na área era Pardo o que remataba de primeiras sacando Kiko como puido (82´). Xa cando ambos equipos comezaban a dar o empate por bo, internase Erni dende banda dereita, remata, desvía o balón Poceiro, e este acaba entrandolle por alto a Kiko e colandose polo escuadro (88´).

O As Pontes é líder con 60 puntos, e o agora segundo Arzúa suma 44, equipo que visita O Poboado na vindeira xornada, co pichichi Íker Hurtado nas súas filas (23), e tamén o ex dianteiro pontés, ex internacional español xuvenil céltico, Adrián Iglesias (10), que en principio non poderá ser da partida.

Dous goles viveirenses dan ó As Pontes o seu terceiro triunfo en Cantarrana. As únicas vitorias databan da campaña 1986-87, ano do primeiro ascenso a Segunda B, 2-3, e na 1999-2000, 0-1, tamén na Terceira División. Polo demais dez empates e oito triunfos locais.

Viveiro CF. Kiko, Agus, Pablo, Roi, Uriol (Poceiro 78´), Iván (Yoel 66´), Rolle (Arturo 81´), Xaime, Meitín, Tichu, Marino (Juan 74´).

CD As Pontes. Paco, Criado, Alex, Rego, Martín (Óscar 46´), Adrián (Ramos 74´), Toni, Bossa, Carlos (Erni 74´), Fidi (Sánchez 89´), Pardo.

Goles: 1-0, Marino (56´), Bossa, de penalti (75´), 1-2, Erni (88´).

Árbitro: Óscar López Fernández (A Coruña). Auxiliado por Fraga Viñuelas e Cusset Ramírez. Amarelas a Meitín, Xaime, Tichu, Yoel, Paco, Alex, Martín, Carlos. Expulsado o adestrador local Jesús Gómez (70´).

Campo e incidencias: Cantarrana. Estupenda entrada cuns 400 espectadores en mañá con ceo encapotado.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – PUERTAS DEYMA FS (6-1)

O equipo pontés segue nos postos altos tras golear ó conxunto leonés.

O Esteo pontés de fútbol sala venceu na tarde deste sábado 6-1 ó ascendido Puertas Deyma. O conxunto castelán leonés prantou cara durante todo o encontro pese a empregar un só recambio, e pese a que Cokito, que picou o balón ante a saída do porteiro, marcou nada máis comezar (1´), non foi case ata o descanso, que nun bo roubo de balón, tamén de Cokito, este sirve a Pana para que o de Pontedeume metendo a punteira faga o segundo (19´).

Nestes primeiros vinte minutos resaltar un tiro ó pau de Alex Durán e algunha parada de Javichu. No segundo período, un máis fresco equipo pontés comezou a poñer terra de por medio e aparecendo desmarcado por banda dereita marcou Troncho de tiro cruzado (26´), e pouco despois, noutra boa combinación pontesa, Dani lle servía o balón a Bruno que marcaba dentro da área (29´).

Recurtaban distancias os visitantes tras unha desafortunada xogada na que Alex Durán desviaba o balón cara a súa portería (32´), pero o mesmo xogador facía o quinto dun forte disparo dende fóra da área (35´) e despois era Ayala quen recibía un pase de Pana, recurtaba ó defensa, e marcaba de tiro cruzado (36´). O Esteo é cuarto con 29 puntos antes de visitar ó Xove, noveno con 25.

FICHA TÉCNICA:

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Ayala – cinco inicial – Pana, Bruno, Troncho, Jacobo, Dani.

PUERTAS DEYMA FS: Diego, Alejo, Germán, Ángel, Alex – cinco inicial – Rubén.

GOLES: 1-0, Cokito (1´), 2-0, Pana (19´). 3-0, Troncho (26´), 4-0, Bruno (29´), 4-1, Alex, pp (32´), 5-1, Alex (35´), 6-1, Ayala (36´).

ÁRBITROS: Vieito Rodríguez, Corral Martínez, Prados Caamaño (A Mariña-Lugo-Ferrol). Amarelas a Cokito e Germán.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 11-12 XANEIRO

Triunfos do Feminino, Cadete, Alevín A, Benxamín A e Prebenxamín B

FEMININO
CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (1-0)

Vitoria do equipo feminino ante o Perlío cun solitario tanto de Paula Castro, iso si, golazo, pois a xogadora pontesa colleu o balón botando e dende fóra da área lanzou un zapatazo que se lle colou por riba á porteira de Fene que nada puido facer.

Novenas con 15 puntos antes de visitar á Capela, un posto e seis puntos por riba. Xogaron Alba, Yoli, Carolina Paz, Indira, Noelia, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Lucía.

XUVENIL A
CD AS PONTES-ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF (1-1)

Empate do Xuvenil pontés de Liga Galega ante o Montañeros no debut de Iván Rodríguez no banquiño, e iso que Jandro adiantaba ós azuis ó pouco do comezo pero antes do descanso empataron os visitantes.

No segundo tempo non se moveu o marcador e o As Pontes segue decimoquinto con 15 puntos antes de visitar ó líder EF Lalín.

Xogaron Nesi, Pablo, David, Matías, Breijo, Edgar, Carlos, Vilela, Brais, Chema, Jandro e despois Miguel, Cristian, Fraga e David.

XUVENIL B
CF SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES B (3-2)

Derrota do Xuvenil B nun encontro no que se chegou a poñer por diante por dúas veces, con tantos de Alex Barro e Vicente, pero que acabaron levándose nos últimos minutos os alaranxados.

Quintos con seis puntos na vindeira xornada reciben ó Ortigueira, que ten un. Xogaron Edgar, Nono, Xan, Santi, Antonio, Jose, Blanco, Vicente, Mateo, Elías, Alex Barro, e despois Derick, Antón, Xoel, Brais e Mohamed.

CADETE
CD NARÓN B-CD AS PONTES (0-2)

Boa vitoria do cadete pontés con dous tantos de Joan Tembrás, un en cada tempo.  Son cuartos con 15 puntos antes de visitar ó Neda, sexto con 12.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Riobo, Mario Fraga, Jandro, Luis, Hugo, Joan, Xoel, Adrián Piñón, e despois Samuel, Dani, Adrián Bellas, Sergio e Íker.

INFANTIL
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES (3-2)

Derrota do Infantil 3-2 na súa visita a Ferrol, goles de Antón Varela e Anxo Rey. Son cuartos con 9 puntos antes de recibir ó Narón o Freixo B, que ten a mesma puntuación.

Xogaron Hugo, Sergio, Antón, David, Anxo Rey, Carlos, Israel, Ángel, Anxo Blanco, Ali, Diego, Augusto, Pablo, Bruno, Yeray e Iago.

ALEVÍN
CD CARIÑO-CD AS PONTES A (0-5)
CD AS PONTES B-EUME DEPORTIVO B (1-4)

Triunfo 0-5 do Alevín A en Cariño, con tantos de Nico Meizoso, Destaw Pellón, Miguel Dopico, Sergio Vázquez e Diego Lozano. Son quintos con 6 puntos e reciben ó Ánimas BE, que ten tres. Derrota 1-4 do Alevín B, gol de Xalo González, aínda sen  puntuar, visitan ó Ortigueira, cuarto con 7 puntos.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-ORTIGUEIRA FC B (3-0)
NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES B (4-3)

Vitoria do Benxamín A 3-0 con tantos de Íker Ares, Alex Basanta, Felipe Riveira, e líderes con 12 puntos reciben ó colista sen puntuar Ánimas. Derrota do Benxamín B en Ares 4-3, goles de Xoel Galego (2) e Brais Varela. Son sextos con 6 puntos, antes de visitar ó Miño, terceiro con 9.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES B (1-8)

Moi ben ó Prebenxamín B que gañou 1-8 en Ferrol, tantos de Ander Blanco (2), Hugo Carballo (2), Pau Jorrin, Daniel Peña, Adrián Ameneiro e Daniel Corral, e marchan líderes con 10 puntos descansando na vindeira xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2018-19

La Bamba comanda a clasificación tras gañar ao anterior líder Estanco Mari Carmen

Primeira xornada do ano na Liga de Veteranos, na que o encontro máis interesante sen dúbida era o que enfrontaba a La Bamba, que asaltou o mando da clasificación, con 10 puntos, gañando 2-1 ó anterior líder Estanco Mari Carmen, que queda con 9.

Na segunda posición estarían Muebles Eume e MMYPEM, con sete puntos, Jeycar e Electricidad J&O con seis, Farmavida ten catro, A Cepa tres, e cun punto están Bar Encanto e La Galaxia. Pecha a clasificación As Pontes 74, que co empate desta xornada rebaixa a puntuación a menos 1.

Os resultados da xornada foron os seguintes:

La Galaxia 1 – MMYPEM 1

Electricidad J & O 4 – Bar Encanto-Lecar 712 2

A Cepa 2 – Jeycar 1

La Bamba 2 – Estanco Mari Carmen 1

Farmavida 0 – As Pontes 74 0

Descansa Muebles Eume

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 19. 19:30. Muebles Eume-Jeycar

Día 19. 20:30. Farmavida-Electricidad J&O

Día 20. 10:00. Bar Encanto Lecar 712-Estanco Mari Carmen

Día 20. 11:00. La Galaxia-As Pontes 74

Día 20. 12:00. A Cepa-MMYPEM

Descansa La Bamba

Nova cortesía Xose Ferreiro, Tomás Franco, Tino Prieto

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s