CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 1-2-3 FEBREIRO

O As Pontes xoga o sábado en Abegondo

No único encontro da xornada que se disputará o sábado visita o As Pontes ó campo do Monte en partido que se disputará ás 16:00 contra o San Tirso, arbitrado por Alberto Martínez Míguez (Santiago).

O equipo de Abegondo é decimoquinto con 28 puntos, pero ten meritorios resultados ó longo da tempada. Un triunfo en Viveiro 2-3, doble empate co Arzúa, 3-3 e 0-0, e tamén igualadas co Noia, 2-2, Sarriana, 0-0, ou 2-2 en Ribadeo.

Tamén gañou 3-0 ó Ordes, e 2-0 a Arteixo e Dubra. Ademais, o campo do Monte non trae bos recordos pois aló perdeu o As Pontes no inicio da campaña pasada por un rotundo 3-0.

O ex pontés Álvaro Rey (6), e Xian e Dani Xelo (5), suman 16 dos 30 goles do equipo. Manteñen o bloque da campaña pasada coa incorporación máis reseñable de Zalo, do ascendido Paiosaco.

Á marxe da derrota da campaña pasada, entre finais dos 70 e principios dos 80 San Tirso e As Pontes enfrontaronse en seis ocasións, con tres primeiros triunfos locais e os tres últimos ponteses.

PREFERENTE NORTE
SAN TIRSO SD -CD AS PONTES (O MONTE, SÁBADO 2, 16:00)

FEMININO
CF SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES (A PISCINA, SÁBADO 2, 20:15)

XUVENIL A
SD O VAL-CD AS PONTES (SINDE, SÁBADO 2, 17:00)
XUVENIL B
CD AS PONTES B-RACING SAN PEDRO A (VENRES 1, 18:15)

CADETE
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES (SÁBADO 2, 16:30)

INFANTIL
CD AS PONTES-CD CARIÑO (SÁBADO 2, 16:30)

ALEVÍN

CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS B (SÁBADO 2, 10:30)
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES B (ANEIROS, SÁBADO 2, 11:30)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA (SÁBADO 2, 11:40)
CD NARÓN B-CD AS PONTES B (O CADAVAL, VENRES 1, 18:10)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS (SÁBADO 2, 12:50)
RÁPIDO DE NEDA SD-CD AS PONTES B (SÁBADO 2, 12:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-SALA OURENSE

O Esteo recibe ó Sala Ourense

O Esteo pontés de fútbol sala recibe este sábado ó Sala Ourense, equipo que é oitavo clasificado con 27 puntos, só dous por debaixo dos ponteses, e que xa gañaron 6-2 na ida.

Ademáis teñen importantes vitorias este ano como un 1-5 ao Boal, 5-7 ó Santiago ou 3-0 ó Universidad de Valladolid.

Ademais do partido de ida, os únicos antecedentes do Esteo co equipo da cidade das Burgas, datan da campaña 2015-16 con doble vitoria pontesa por 3-2 e 0-4.

SEGUNDA DIVISIÓN B (19ª xornada)
O ESTEO FS-SALA OURENSE
Sábado 2 – Febreiro – 2019 (17:00)
Pavillón Municipal da Fraga

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s