CD As Pontes Feminino

ALVARIÑO E CASTRO, OURO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

No evento disputado esta fin de semana en Avilés

Os arqueiros ponteses Miguel Alvariño e Daniel Castro, do Clube Silex, lograron esta fin de semana a medalla de ouro por equipos no Campionato de España en Sala disputado en Avilés.

Ambos, xunto con Vicente Veira, do Arc Teixo, obtiveron para Galicia a mellor marca da previa, con 1732 puntos, polo que quedaron exentos na rolda de cuartos de final, gañando en semifinais 6-2 a Castela León, comandado por Pablo Acha.

Na gran final venceron polo mesmo tanteo ao combinado da Comunidade de Madrid, liderado polo gañador individual Javier García, ademais de Ángel Mérida e Jose Solera.

Os arqueiros ponteses non puideron redondear a súa actuación na competición individual, xa que Dani foi eliminado en oitavos de final e Alvariño na rolda de cuartos.

Miguel, coa cuarta marca da previa, venceu 7-1 ao asturiano Víctor Vázquez, e 6-2 ao vasco Hilario Hernández ata caer co posterior gañador 2-6.

Pola súa banda, Castro venceu ó cántabro Manuel Mora 6-2, caendo depsois 0-6 ante o balear Pablo Orozco.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. PONTEVEDRA RC 39 – CR FENDETESTAS 5

Mal debut dos verdes no play off de permanencia

Paso atrás do Fendetestas pontés de rugby no play off dos últimos clasificados pois perdeu contundentemente ante un rival directo coma o Pontevedra, que ademais logrou cinco puntos polo bonus ofensivo.

O encontro marchou igualado ó descanso, 5-5, pois os locais adiantaronse pronto, pero a pouco do descanso igualaba Álvaro.

Pero no segundo tempo os pontevedreses foron un vendaval con ata seis ensaios máis e puxeron medio pé en conseguir a permanencia un ano máis na máxima categoría do rugbi galego. Os verdes recibirán na vindeira xornada ó rival máis complicado da liguiña, o Coreti Lalín.

Xogaron Anxo, Álvaro, Gallardo, Antón, Andrés, Toño, Robert, Senen, Antonio Gómez, Marco, Miguel, Diego, Óscar, Pablo, Ansumana, entrando no segundo tempo Ramón, Xose, Asier e Alejandro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. SAN TIRSO SD 1 – CD AS PONTES 1

O As Pontes consegue salvar un empate en Abegondo

Empate do As Pontes na súa visita a Abegondo, 1-1, ante o San Tirso de Álvaro Rey e David Prieto. Mesmo resultado da semana pasada ante o Atlético Arteixo, e con dúas igualadas saldan os azuis as súas dúas saídas consecutivas.

No primeiro tempo resaltar un disparo de Xian que salva Paco (13´), e a ocasión máis clara correu a cargo dos azuis, tras unha boa internada de Ramos por banda dereita, que centra, controla Carlos o balón e con todo a favor mandouno rozando o pau (27´).

Pouco despois marcaron os locais tras botar un córner con moito perigo que ninguén despexa e case cando se colaba o balón dous xogadores azuis acaban por introducilo de cabeza na súa propia portería (30´). Antes do descanso noutro balón que se pasea pola área visitante sen que ninguén o despexe a piques está de voltar a chegar o segundo gol (33´).

No segundo tempo empatou Toni, tras unha xogada dentro da área local con varios remates e rexeites (72´). Pero puido conseguir o segundo o ex do Vilalbés Dani, que se marcha de Sánchez, encarando a Paco, e consegue salvar o meta ferrolán (76´). Sen tempo para máis, reparto de puntos no Monte, o As Pontes segue líder con 65 mentres o San Tirso suma 29. Próximo partido no Poboado ante o Ordes.

Primeiro empate no Campo do Monte, por catro vitorias locais e tres visitantes. Entre finais dos 70 e principios dos 80, xogaron seis partidos ambos conxuntos, gañando o equipo verde os tres primeiros, 4-2, 2-0 e 4-0, e os ponteses os tres últimos, 3-4, 1-3 e 0-1. Trinta e catro anos despois voltábanse a encontrar a campaña pasada onde gañaron os locais por un rotundo 3-0.

1 San Tirso SD. Diego, Nacho, Miguel, César, Roberto, David Prieto, Álvaro, Óscar, Dani (David 83´), Segade (Guillermo 89´), Xian (Fran 67´).

1 CD As Pontes. Paco, Ramos, Rivas, Sánchez, Martín, Dani, Adrián, Bossa, Carlos (Pardo 89´), Fidi (Toni 66´), Erni (Quique 66´)

Goles: 1-0, Traba, pp (30´). 1-1, Toni (72´).

Árbitro: Alberto Martínez Míguez, auxiliado por Castro Castro e Álvarez Castro. Amarelas a Xian, Miguel, Dani e Bossa.

Campo e incidencias: Campo de O Monte. Uns 100 espectadores en tarde fría e soleada.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Pepe Pena

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-SALA OURENSE (4-3)

O equipo pontés consigue impoñerse tras remontar ao ourensán no segundo período

O Esteo pontés de fútbol sala logrou a súa décima vitoria da campaña tras gañar este sábado no Pavillón da Fraga ó Sala Ourense por un sufrido 4-3.

De feito, os visitantes marcharon con ventaxa ó descanso pois mediado o primeiro período adiantábanse, e pese a que Dani situaba a igualada no electrónico co seu primeiro gol da campaña, preto do descanso os ourensáns facían o 1-2 co que se chegou ó intermedio.

Pero no reinicio empataba Pana, e tras un bo tiro do de Pontedeume recolle o rexeite Ayala para enviar o balón ó fondo das mallas logrando a remontada (25´). Despois houbo ocasións para ambos conxuntos, e a destacar dous paradóns de Javichu.

Pero a pouco do final, Martín fai unha gran xogada na que se vai de varios xogadores locais sen que ninguén lle faga falta e acaba marcando de tiro cruzado (35´).

Pero foi Pana quen quedou só na área, picalle o balón ó porteiro para desfacerse del nun magnífico quiebro, e acaba marcando de forte disparo con dous defensas baixo paus (36´).

A pouco do final foi expulsado o xogador visitante Edgar por doble cartón, e co xogo de catro xogadores sen porteiro Rober Paz enviou o balón ó pau na que podía ser a sentencia, pero os de Óscar Vigo aguantaron o marcador ata o final.

Son sextos con 32 puntos antes de visitar ó Cidade de Narón no derbi. Equipo naronés que é cuarto con 35 puntos tras vencer a domicilio ó líder Atlético Benavente 2-3.

FICHA TÉCNICA:

O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Pana, Troncho, Ayala – cinco inicial – Cokito, Rober, Jacobo, Bruno, Dani.

SALA OURENSE: Rubén, Tizón, Alli, Bermejo, Adri – cinco inicial – Dani, Edgar, Igor, Martín, Guede.

GOLES: 0-1, Dani (10´), 1-1, Dani (15´), 1-2, Tizón (18´). 2-2, Pana (22´), 3-2, Ayala (25´), 3-3, Martín (35´), 4-3, Pana (36´).

ÁRBITROS: Hevia Campa, Santoveña Martínez, Fernández Rodríguez (Asturias). Amarela a Cokito, Tizón, Adri. Expulsaron por dobre cartón a Edgar (39´).

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de A  Fraga. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

RESULTADOS CD AS PONTES 1-2-3 FEBREIRO

Vitorias do Xuvenil B, Infantil, Alevín A, Benxamín A, e ambos Prebenxamíns.

FEMININO
CF SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES (2-1)

Derrota do feminino pontés na súa visita a San Sadurniño, equipo que se adiantaba cun tanto de Paula, pero empataba Yoli antes do descanso. Pero o gol de Aldara no segundo período deulles os tres puntos ás alaranxadas.

Novenas con 16 puntos reciben ó colista con cinco Galicia de Mugardos. Xogaron Xeila, Yoli, Uxía, Tania, Noelia, Carolina Rodríguez, Sara, Paula Baamonde, Carolina Paz e Lucía.

XUVENIL A
SD O VAL-CD AS PONTES (1-0)

Derrota do Xuvenil pontés en Sinde. Pese a aguantar moitos minutos ante o segundo clasificado da Liga, acabaron perdendo no tramo final, con tanto de Manuel, os de Iván Rodríguez, que seguen decimoquintos con 15 puntos e na vindeira xornada teñen un encontro trascendental ante o penúltimo con 8 puntos Betanzos, porque o Riveira xa está a só dous.

Xogaron Brais Mariño, Pablo, David, Edgar, Matías, Breijo, Iván, Brais Dovale, Dani, Jandro e Vilela, entrando despois Chema, Carlos, Miguel e Álvaro.

XUVENIL B
CD AS PONTES B-RACING SAN PEDRO A (3-2)

Vitoria do Xuvenil B que se adiantou no inicio do segundo período con ambos tantos de Vicente, pero recurtaban distancias os ferroláns por medio de Miguel. Nono facía o 3-1 e xa nas postrimerías conseguía o 3-2 definitivo Diego.

Cuartos con 15 puntos reciben ó Numancia, segundo con 18, no inicio da segunda volta. Xogaron Fran, Nono, Alex, Antón, Antonio, Xan, Blanco, Xoel, Mateo, Miguel, Vicente, e despois Riobo, Derick, Adrián e Brais.

CADETE
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES (3-1)

Derrota do Cadete pontés na casa do líder que se puxo 3-0 con tantos de Hugo (2) e Mathias, e Sergio maquillou o marcador na recta final.

Cuartos con 19 puntos, visitan ó San Pedro, décimo con 10, no inicio da segunda volta. Xogaron con Mario Regueiro, Adrián Bellas Xose, Samuel, Riobo, Mario Fraga, Luis, Hugo, Xoel, Jandro, Joan e despois Edgar, Adrián Piñón, Dani, Sergio e Mateo.

INFANTIL
CD AS PONTES-CD CARIÑO (5-2)

Vitoria do Infantil 5-2 ante o Cariño, tantos de Anxo Blanco (3) e Diego Purriños (2). Terceiros con 15 puntos visitan ó líder O Val B, que ten os mesmo puntos, no inicio da segunda volta.

Xogaron Hugo, Sergio, Nico, Bruno, Anxo Rey, Ángel, Yeray, Ali, Anxo Blanco, Israel, Diego, Iago, Pablo, Cristian, Patricia.

ALEVÍN

CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS B (4-3)
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES B (6-0)

O Alevín A venceu 4-3 ó Portuarios B, que chegou a empatar un 2-0 e un 3-2, pero gañaron os ponteses no último minuto, con tantos de Diego Lozano (2) e Sergio Vázquez (2). Próxima semana derbi no Poboado, o A, cuarto con 12 puntos recibe ó B, aínda sen puntuar, que perdeu 6-0 en Ferrol.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA (2-1)
CD NARÓN B-CD AS PONTES B (2-2)

Gran vitoria do Benxamín A ante o Caranza 2-1. Adiantaronse no comezo do segundo tempo cun tanto de Xandre Domínguez e pese a que empataban os ferroláns, Íker Ares a pouco do final deu os tres puntos. Próxima complicada visita ó Neda, terceiro a só tres puntos. O Benxamín B empatou 2-2 cos dous tantos iniciais de Íker Díaz, aínda que igualaron os naroneses. Sextos con 11 puntos reciben ó Neda B, sétimo con 9.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS (9-1)
RÁPIDO DE NEDA SD-CD AS PONTES B (2-9)

Triunfo 9-1 do Prebenxamín A, con tantos de Brais Gómez (3), Xoel Timiraos (3), Raúl Tojeiro, Izan Carro e Pablo Mariño. Cuartos con 12 puntos visitan ó Cedeira B, terceiro con 13. Vitoria a domicilio do Prebenxamín B 2-9, goles de Daniel Peña (4), Adrián Ameneiro (3), Ander Blanco, Hugo Carballo. Seguen líderes con 16 puntos empatados co Miño, antes de recibir ó San Pedro, sexto con 3.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS AS PONTES 2019

Gañaron Antonio Serrat e Paula Mayobre

Este domingo á mañá disputouse no Lago pontés o Campionato Galego de Cross, organizado polo Atletismo Olympo e o Concello de As Pontes, no que participaron preto de 300 atletas nas seis categorías disputadas.

O vencedor masculino foi o triatleta vigués Antonio Serrat (Miler Running), prata nos Xogos do Mediiterráneo, e a gañadora feminina foi a incombustible atleta aresana Paula Mayobre (Seoane Pampín).

Os segundos postos foron para Manuel Hurtado (Pontevedra) e Sandra Mosquera (Adas Proinor) e o terceiro escalón do podio Iván Roade (Adas Proinor) e Iria Rodríguez (Pontevedra).

Destacado 17º posto do pontés Esteban Díaz, mentres o eterno Xose Manuel Meizoso “Michecho” foi 86º e Juan Carlos Barro Rochela 95º.

Na categoría Promesa Sub23 gañaron Fernando Ríal (Celta de Vigo) e a propia Iria Rodríguez (Pontevedra), e na Junior Jorge González (San Paio A Estrada) e Sara López (Atlética Lucense).

Por equipos, o Adas Proinor gañou en homes e mulleres tanto en Sénior como en Sub23, mentres que nos Junior gañou o Santiago en rapaces e o Feminino Celta nas rapazas.

O remate do evento entregararonse os diversos trofeos e medallas, estando presentes o Alcalde Valentín Formoso, o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás e o Presidente da Federación galega de Atletismo Isidoro Hornillos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro 

LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2018-19

Muebles Eume e La Bamba afianzanse no liderato

Fin de semana de goleadas na sétima xornada da Liga de Veteranos pontesa, o que lle serviu a Muebles Eume, que venceu 6-0 a As Pontes 74, e a La Bamba, que gañou 9-0 a Jeycar, para consolidarse no liderado, despois da derrota de Estanco Mari Carmen 3-2 ante La Galaxia. Outra goleada da xornada foi o 7-1 da Cepa ante Electricidad J&O.

Continúa a poxa no liderato entre Muebles Eume e La Bamba, ambos con 16 puntos, con 13 e un partido máis queda xa o Estanco Mari Carmen, A Cepa ten 10, MMYPEM e La Galaxia 8, Farmavida 7, Jeycar e Electricidad J&O 6, Bar Encanto 5 e pecha As Pontes 74 con cero puntos.

Os resultados da xornada foron os seguintes:

Muebles Eume 6 – As Pontes 74 0

A Cepa 7 – Electricidad J&O 1

LA Galaxia 3 – Estanco Mari Carmen 2

Bar Encanto 4 – Farmavida 1

La Bamba 9 – Jeycar 0

Descansa MMYPEM

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 9. 19:30. La Bamba-Farmavida

Día 9. 20:30. Muebles Eume-Electricidad J&O

Día 10. 10:00. Estanco Mari Carmen-A Cepa

Día 10. 11:00. MMYPEM-Jeycar

Día 10. 12:00. La Galaxia-Bar Encanto Lecar 712

Descansa As Pontes 74

Nova cortesía Xose Ferreiro, Tino Prieto e Tomás Franco 

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s