CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 8-9-10 FEBREIRO

O As Pontes recibe ó Ordes este domingo

O CD As Pontes tentará este domingo voltar á senda da vitoria nun encontro no que recibe ó Ordes. Tras dúas igualadas consecutivas a domicilio, e debido ao gran duelo por detrás pola segunda praza entre catro equipos, separados apenas por tres puntos, Viveiro e Sarriana recurtaronlle catro puntos, e Noia e Arzúa dous.

Seguese mantendo un colchón de 15 puntos e cinco partidos sobre o ascenso, pero aínda quedan catorce xornadas por disputarse. Este domingo no Poboado, as 16:30, en encontro arbitrado por Julián Buján Vidal (Santiago), recibese ó Ordes.

O equipo da terra do queique é un histórico do fútbol galego, aínda que non está a atravesar os seus mellores momentos. Son decimoséptimos, con 28 puntos, iso si, so dous por debaixo do Foz, noveno pola cola.

Tivo unha moi mala racha entre a xornada 4 e 12 nas que apenas conseguiu dous empates, pero dos últimos doce encontros logrou gañar a metade. Destacan un 4-0 ao Ribadeo, 0-2 e 2-1 ó Dubra, e 1-2 en Boimorto.

Incorporaron esta campaña a Iván García, que anotara 14 goles co Arzúa, e Roi Peiteado, que marcara 9 co Estudiantil, aínda que no curso deste exercicio o máximo goleador do equipo é Víctor Hervés, con 7 tantos.

O Ordes é un dos equipos cos que máis veces se enfrontou o As Pontes en competición oficial, con 17 vitorias no Poboado, cinco empates e catro triunfos visitantes.

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-ORDES SD (DOMINGO 10, 16:30)

FEMININO
CD AS PONTES-SDC GALICIA DE MUGARDOS (SÁBADO 9, 16:30)

XUVENIL A
CD AS PONTES-BETANZOS CF (SÁBADO 9, 16:30)

XUVENIL B
CD AS PONTES B-NUMANCIA DE ARES CF (SÁBADO 9, 12:00)

CADETE
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES (A GÁNDARA 1, SÁBADO 9, 10:15)

INFANTIL
SD O VAL B-CD AS PONTES (SINDE, SÁBADO 9, 12:00)

ALEVÍN

CD AS PONTES B-CD AS PONTES A (SÁBADO 9, 10:45)

BENXAMÍN
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES A (VENRES 8, 19:15)
CD AS PONTES B-RÁPIDO DE NEDA B (VENRES 8, 17:50)

PREBENXAMÍN
CEDEIRA SD B-CD AS PONTES A (O BECO, SÁBADO 9, 12:00)
CD AS PONTES B-RACING SAN PEDRO (VENRES 8, 19:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. CIDADE DE NARÓN-O ESTEO FS

O Esteo visita ó Narón no derbi

O Esteo pontés de fútbol sala visita este sábado no derbi ao Cidade de Narón. O equipo naronés é quinto con 35 puntos, un posto e tres puntos por riba dos de Óscar Vigo.

Terceiro duelo esta campaña, no que o Esteo buscará desquitarse pois nos dous anteriores, vitorias visitantes, 0-2 en Liga, e 3-4 na Copa de Galicia. No resto de duelos en Segunda B, 4-0 en 2014 e 2015, e 1-4 a campaña pasada.

SEGUNDA DIVISIÓN B (19ª xornada)
O ESTEO FS-CIDADE DE NARÓN
Sábado 9 – Febreiro – 2019 (18:00)
Pavillón da Gándara

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS – CR CORETI LALÍN

O Fendetestas recibe ó equipo de Lalín

O Fendetestas recibe este domingo ó Coreti Lalín no partido co que pechan esta primeira volta da Liguiña para eles.

Non será doado o equipo pontevedrés pois na Liga Regular xa gañou ós verdes por 11-34 e 69-12.

PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA (12ª xornada)
CR FENDETESTAS – CR CORETI LALÍN
Domingo 10 – Febreiro – 2019 (17:00 h)
Campo Artificial do Poboado

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s