CD As Pontes Feminino

TRES XOGADORES DO ESTEO NOS ADESTRAMENTOS DA SELECCIÓN DE FERROL

Levaranse a cabo durante esta semana en Narón

Tres xogadores das categorías inferiores do Esteo FS foron convocados para uns adestramentos das Seleccións da comarca de Ferrolterra.

Sergio Cabarcos Montero foi citado pola Selección Infantil este martes ás 18:30 no Pavillón Municipal de Castro.

Mentres tanto, Destaw Pellón López e Sergio Vázquez Puentes estarán coa Selección Alevín este mércores ás 19:00 no Pavillón Municipal Campo da Serra.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Fotos cortesía O Esteo. 

LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2018-19

La Bamba e Muebles Eume comparten o liderato unha semana máis

Novena xornada da Liga pontesa de veteranos e seguese mantendo o pulso entre os dous primeiros. O gran vencedor da xornada foi o Muebles Eume, que gañou 2-0 ó que era terceiro clasificado, Estanco Mari Carmen, que queda moi descolgado da loita polo título, mentres que La Bamba gañou 5-3 a MMYPEM. Por outra banda, coa vitoria 3-1 de As Pontes 74 ante Jeycar o equipo xa suma en positivo.

La Bamba e Muebles Eume teñen 22 puntos, por 16 de A Cepa, e 14 de La Galaxia, que suma catro triunfos seguidos, e con 13 queda xa Estanco Mari Carmen. MMYPEM suma 11 puntos, por 7 de Farmavida, 6 de Electricidad J&O e Jeycar, 5 de Bar Encanto e As Pontes 74 xa leva tres.

Os resultados da xornada foron os seguintes:

La Galaxia 2 – Farmavida 0
Muebles Eume 2 – Estanco Mari Carmen 0
As Pontes 74 3 – Jeycar 1
La Bamba 5 – MMYPEM 3
A Cepa 4 – Bar Encanto-Lecar 712 2
Descansa Electricidad J&O

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 23. 19:30. Electricidad J&O-Jeycar
Día 23. 20:30. Muebles Eume-Bar Encanto Lecar 712
Día 24. 10:00. La Bamba-La Galaxia
Día 24. 11:00. MMYPEM-As Pontes 74
Día 24. 12:00. A Cepa-Farmavida
Descansa Estanco Mari Carmen

Nova cortesía Xose Ferreiro e Tomás Franco

PREFERENTE NORTE. CD FOZ 0 – CD AS PONTES 1

Sufrido triunfo do As Pontes en Foz cun golazo de Quique nun partido no que dominou e tivo algunha ocasión para sentenciar

O As Pontes sumou este sábado á tarde outros tres puntos en Foz tras vencer ó conxunto locatario por 0-1 cun golazo de Quique preto do descanso, nun encontro no que non puido estar presente o adestrador Marco Roca, por cuestións de saúde, ocupando o seu lugar o seu segundo, Lillo.

O As Pontes foi o dono do balón dende o inicio si ben nos primeiros minutos apenas houbo ocasións, os locais disparaban con pouco perigo dende fóra da área, mentres as intentonas dos azuis non chegaban a concretarse na área lucense.

A primeira aproximación perigosa foi tras unha combinación entre Bossa e Dani, e o disparo de Quique vai ás mans do porteiro (28´). Logo é Dani a quen tras un córner e un rexeite caelle o balón e mandao por alto (34´). Ata que chegou o gol azul, tras un centro de banda de Criado que Quique cabecea ó fondo das mallas entrando polo escuadro (39´).

Isto espoleou ós locais e un zapatazo de Gayol fixo estirarse a Paco (41´), si ben cun remate de cabeza de Martín que marcha rozando o longueiro co porteiro xa batido chegouse ó descanso (47´).

No segundo período o mesmo guión. Destacar unha falta de Bossa que non chega a cabecear Dani e o balón perigoso vaille ás mans ao porteiro (56´), posteriormente tiro cruzado de Erni (57´), e máis clara foi a ocasión tras un pase en profundidade ó recén ingresado Pardo, que vaise só e ante a saída de Bruzos, dispara, pero este saca co corpo (64´).

Pero a oportunidade máis clara de todo o segundo tempo chegou tras unha internada de Alex con centro á area pequena e co porteiro xa superado e a porta baleira Dani que non a esperaba  deulle tan forte que a mandou por riba do longueiro (69´).

Os locais, empurrados polo seu público, buscaban o empate, sobre todo nas xogadas de estratexia, e tras saque de córner cabecea Xenxo e despexa Paco (71´), e tras outro saque de esquina acaba sacando Dani co corpo (79´).

Co equipo lucense botado cara adiante o As Pontes levou moito perigo nas contras pero non soubo finiquitar o partido. Pardo queda só ante Bruzos, e picalle o balón pero este vaise desviado (80´).

Despois tivo dúas seguidas Carlos, ao que lle acaban quitando o balón dentro da área (88´ e 91´), e xa no desconto a máis clara nunha internada de Pardo que lla cede ao propio xogador de Ares, que dispara e acaba despexando un defensa baixo paus (93´)

Sen tempo para máis o As Pontes xa se sitúa con 71 puntos antes de recibir ó Negreira. Con esta cuarta vitoria a domicilio, o As Pontes iguala o total de duelos cos focenses, que dominan no seu campo con doce vitorias, tres empates e catro derrotas, os mesmos rexistros que suma o As Pontes no Poboado, polo que ambos equipos teñen 16 vitorias por 6 empates.

0 CD Foz. Jose, Samuel (Cristian 62´), Javier, Jesús, Óscar, Daniel (Xenxo 67´), Jacob, Gonzalo (Pablo 67´), Gayol, Asier, Adrián (Miguel 81´).

1 CD As Pontes. Paco, Criado (Sánchez 88´), Alex, Martín, Rivas, Dani, Adrián, Bossa, Erni (Carlos 63´), Toni (Pardo 59´), Quique (Ramos 73´).

Goles: 0-1, Quique (39´).

Árbitro: Óscar Enríquez Pereiro (Santiago). Auxliado nas bandas por Refojo Ferreiros e Garea Quintas. Amarelas a Samuel, Gayol, Adrián e Carlos. Expulsou por doble amoestación ó local Xenxo (91´).

Campo e incidencias. Martínez Otero. Máis de 200 espectadores en tarde soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 15-16-17 FEBREIRO

Vitorias do Cadete, Infantil, Alevín A, e ambos Benxamíns e Prebenxamíns

FEMININO
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (3-0)

O feminino pontés caeu 3-0 na casa do líder, cun hat trick de Melissa, xogadora que xa leva 30 tantos. Son novenas con 19 puntos antes de recibir ó Eume Deportivo, decimo segundo con nove.

Xogaron Xeila, Nuria, Tania, Noelia, Carolina Rodríguez, Paula Castro, Carlota, Nerea, Carolina Paz e Uxía.

XUVENIL A
ATLÉTICO DE RIVEIRA-CD AS PONTES (2-0)

O Xuvenil A perdeu 2-0 ante o seu rival máis directo que xa encarrilou o encontro na primeira metade cos tantos de Bryan e Yago, sen poder conseguir traer nada positivo ante os do Barbanza que se sitúan a un punto.

Cuartos pola cola con 18, reciben ó Dumbría, sexto. Xogaron Nesi, Carlos, David Otero, Pablo, Breijo, Vilela, Iván, Chema, Brais, David, Jandro, e despois Miguel, Fraga, Edgar e Mateo.

XUVENIL B
SDCR NARÓN O FREIXO-CD AS PONTES B (2-2)

O Xuvenil B empatou este venres en Narón 2-2. Tras comezar perdendo, deulle a volta ó marcador no segundo tempo cos tantos de Mateo e Vicente, empatando os locais nos últimos minutos.

Sextos con 16 puntos reciben ó Miño, terceiro con 21. Xogaron Francisco, Nono, Elías, Santi, Antonio, Xan, Miguel, Xoel, Mateo, Derick, Vicente, e despois Jose, Brais e Mohamed.

CADETE
CD AS PONTES-CF ESTRELLA (6-2)

Goleada do Cadete 6-2 ante o Estrella, nun partido no que a estrela local foi Joan Tembrás, con catro tantos, e un de Xoel Purriños e Sergio Paz.

Son cuartos con 23 puntos, antes de visitar ó Meirás, undécimo con 10. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Adrián Bellas, Riobo, Samuel, Mario Fraga, Luis, Hugo, Xoel, Jandro e Joan, entrando no segundo tempo Edgar, Adrián Piñón, Sergio Hermida, Sergio Paz e Íker.

INFANTIL
CD AS PONTES-SDC GALICIA DE MUGARDOS (7-1)

O Infantil goleou este venres 7-1 ao Mugardos, con tantos de Anxo Blanco (2), Iago Expósito (2), Diego Purriños, Billal Belhaj e Ángel Purriños.

Segundos con 18 puntos visitan ó colista Ortigueira. Xogaron Hugo, Sergio, Antón, David, Anxo Rey, Carlos, Israel, Ángel, Anxo Blanco, Ali, Diego, Iago, Pablo, Cristian, Yeray, Billal.

ALEVÍN

CD AS PONTES A-EUME DEPORTIVO B (6-1)
EUME DEPORTIVO A-CD AS PONTES B (6-0)

Goleada do Alevín A 6-1 con tantos de Sergio Vázquez (2), Xalo García (2), Diego Lozano e un en propia. O Alevín B pola súa banda perdeu 6-0. O A é cuarto con 18 puntos e visitan ó Ortigueira, quinto con 14, mentres que o B recibe ó Cariño, sétimo.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-EF RACING DE FERROL (3-2)
MEIRÁS CF-CD AS PONTES B (1-6)

Gran vitoria do Benxamín A con remontada que gañou 3-2 ao Racing de Ferrol pese a comezar perdendo 0-2, con tres goles no segundo tempo de Lucas Blanco, Xalo Cebreiro, e Omar Penabad. Comparten o liderado co Narón O Freixo, ambos con 23 puntos, e na vindeira xornada comezan a segunda volta recibindo ó Portuarios, noveno. O Benxamín B goleou 1-6 ó Meirás, tantos de Xoel Galego (4) e Mateo González (2). Cuartos con 17 puntos visitan ó Caranza D, segundo.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA B (4-2)
FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES B (2-6)

Vitoria 4-2 do Prebenxamín A ante o Caranza B, con tantos de Brais Gómez (2), Xalo Franco, Sergio Jarel. Terceiros con 16 puntos, reciben ó Ferrol B, noveno con tres. O Prebenxamín B gañou 2-6 en Ortigueira, con tantos de Daniel Corral (3), Hugo Carballo, Adrián Ameneiro, Daniel Peña. Líderes con 19 puntos, visitan ó cuarto Cariño.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PARTIDO VETERANOS. RC CELTA DE VIGO 3 – RC DEPORTIVO DE A CORUÑA 1

Este domingo inaugurouse o campo municipal pontés

Este domingo á mañá levouse a cabo a inauguración do campo artificial de As Pontes. No acto descubriuse unha placa en honra a Evaristo Puentes Durán, pai do árbitro do mesmo nome, once tempadas trencilla en Primeira División. Puentes Durán, falecido en 2013, fora empregado do clube durante moitos anos, encargado das instalacións, do material, e mesmo masaxista.

Para conmemorar o acto levouse a cabo un partido de veteranos entre os dous mellores equipos de Galicia, o Deportivo e o Celta. No encontro, dirixido por Iglesias Villanueva, puideronse ver a xogadores da talla de Donato, Nando, César, Mallo, Ratkovic, Bajcetic ou Bermejo. Gañaron os celestes por 3 a 1 con goles de Mario Bermejo (2) e Fidalgo, anotando o tanto da honra Maikel para os herculinos. Tamén estivo Pablo López, ex adestrador e ex xogador do equipo pontés, ademais dos dous equipos en liza, actualmente no equipo técnico de Clarence Seedorf e Patrick Kluivert na Selección de Camerún.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s