CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 21-22-23-24 FEBREIRO

O As Pontes recibe ó Negreira

O As Pontes recibe este domingo, ás 16:30, en encontro arbitrado por Avelino García Vázquez (Ourense), ao Negreira, equipo a campaña pasada na Terceira División, que agora marcha nos postos baixos da Preferente, decimo séptimo con 28 puntos.

O cadro dirixido polo mítico Juan Cabrejo tivo moitos altibaixos durante a campaña, e comezou con seis derrotas nas oito primeiras xornadas. Logo tivo unha boa recuperación nas sete seguintes con cinco triunfos e un empate, pero dos últimos once partidos obtivo nove derrotas por só dúas vitorias.

Os seus resultados máis interesantes son un 2-0 ó Ribadeo e un 0-4 ó Foz. Curiosamente so suma un empate nos 26 partidos. Perdeu a moitos xogadores da campaña en Terceira División, e comandados polo mítico Cea, trouxeron ao ex do Bergantiños, Richi, que leva sete tantos, Rial, do Estudiantil, cinco, ou a Vía Rápida, do ascendido Paiosaco.

O As Pontes ten un bo bagaxe co Negreira, equipo co que incluso a domicilio suma cinco vitorias, por catro empates e unha soa derrota, mentres que no Campo do Poboado, sete vitorias locais, por un empate e un triunfo visitante.

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-SD NEGREIRA (DOMINGO 24, 16:30)

FEMININO
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (SÁBADO 23, 16:00)

XUVENIL A
CD AS PONTES (DESCANSA)

XUVENIL B
CD AS PONTES B-AD MIÑO (SÁBADO 23, 17:30)

CADETE
MEIRÁS CF-CD AS PONTES (MISAEL PRIETO, SÁBADO 23, 11:00)

INFANTIL
FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES (SAN CLAUDIO, SÁBADO 23, 16:15)

ALEVÍN
ORTIGUEIRA-CD AS PONTES A (SAN CLAUDIO, XOVES 21, 18:15)
CD AS PONTES B-CD CARIÑO (SÁBADO 23, 10:30)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS (SÁBADO 23, 11:40)
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES B (CARANZA 3, VENRES 22, 18:15)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-EF RACING DE FERROL B (SÁBADO 23, 12:50)
CD CARIÑO-CD AS PONTES B (SÁBADO 23, 12:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-ATLÉTICO BENAVENTE

O Esteo recibe este sábado ao líder

O Esteo pontés de fútbol sala recibe este sábado ao líder da categoría, o Atlético Benavente, equipo que suma 16 vitorias e so perdeu tres encontros.

Curiosamente os de Zamora perderon na primeira xornada 4-2 ante o Xove, na quinta 3-4 ante o Esteo, a súa única derrota na casa, e sumaron trece triunfos consecutivos ata perder na anterior xornada 6-5 ante o Albense.

Nos duelos na Fraga, 2-1, 6-2 e 3-5 a campaña pasada.

SEGUNDA DIVISIÓN B (20ª xornada)
O ESTEO FS-ATLÉTICO BENAVENTE
Sábado 23 – Febreiro – 2019 (18:30)
Pavillón da Fraga

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s