CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 8-9-10 MARZO

O As Pontes visita ao Agolada

No último encontro da xornada, ás 18:00, visita o As Pontes o Agolada, no Campo do Hospitalillo, en encontro arbitrado por Diego Gándara Bello (A Coruña).

O equipo pontevedrés, o único do grupo Norte xunto ó Estudiantil, recén ascendido, é antepenúltimo pola cola con apenas 18 puntos, co resultado máis salientable dun 3-0 ó Foz.

Si ben é certo que só gañou cinco partidos e empatou tres, é un equipo moi duro e costoso de vencer, como así o atestiguan os seus encontros contra os equipos grandes, Viveiro (2-1 e 0-1), Noia (1-2 e 2-1), Sarriana (2-1 e 0-1), Ribadeo (2-1 e 2-3), ou Arzúa (1-2).

Mantén prácticamente o mesmo bloque co que conseguiu o ascenso, e o seu xogador máis reseñable é Aitor Hurtado, irmán do pichichi Íker, quinto máximo goleador da categoría con 13 tantos. Xa a máis distancia, Jemba e Bryan suman 4 dianas.

No único encontro entre ambos equipos, gañou o As Pontes 4-0, pero custoulle abrir a lata e de feito marchouse ó descanso con 0-0. Serán baixa Bossa e Bryan.

PREFERENTE NORTE
SD AGOLADA-CD AS PONTES (HOSPITALILLO, DOMINGO 10, 18:00)

FEMININO
CD ROSALÍA-CD AS PONTES (O LAMEIRO, SÁBADO 9, 17:00)

XUVENIL A
VIVEIRO CF-CD AS PONTES A (MARCOS GÓMEZ, SÁBADO 9, 18:00)

XUVENIL B
CD AS PONTES B(DESCANSA)

CADETE
CD AS PONTES-CD CARIÑO (VENRES 8, 17:30)

INFANTIL
CD AS PONTES-RACING SAN PEDRO (VENRES 8, 18:30)

ALEVÍN
ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES A (O POBOADO, SÁBADO 9, 10:30)
CD AS PONTES B-ÁNIMAS SCDR BE (SÁBADO 9, 11:40)

BENXAMÍN
GALICIA DE CARANZA C-CD AS PONTES A (VENRES 8, 18:00)
CD AS PONTES B-CEDEIRA SD (VENRES 8, 17:30)

PREBENXAMÍN
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES A (OS PINARES, VENRES 8, 17:30)
CD AS PONTES B-AD MIÑO (SÁBADO 9, 12:50)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. CD ALBENSE FS-O ESTEO FS

O Esteo visita este sábado ao Albense

O Esteo pontés de fútbol sala visita este sábado ao Albense, equipo undécimo clasificado con 25 puntos.

Conta con algunha vitoria de prestixio, como un 6-5 hai un par de xornadas ao líder Benavente, ou un 11-4 ao Xove.

Nos duelos en Salamanca, dous empates e tres derrotas, 11-4, 3-1, 2-2, 3-3 e 5-3 a campaña pasada.

SEGUNDA DIVISIÓN B (21ª xornada)
CD ALBENSE FS-O ESTEO FS
Sábado 9 – Marzo – 2019 (18:00)
Alba de Tormes

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s