CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 15-16-17 MARZO

O As Pontes recibe o sábado ó Atlético Coruña Montañeros

O As Pontes recibe este sábado, 18:30, ao Atlético Coruña Montañeros, en encontro arbitrado por Pedro Castro Gómez (Lugo).

O equipo herculino dirixido por Pepe Mariño, é undécimo clasificado con 35 puntos. Tivo un mal comezo de Liga, con apenas unha vitoria nas dez primeiras xornadas, encadeando logo unha gran racha de cinco vitorias e un empate nos seis seguintes partidos, e dos últimos doce apenas gañou tres, por oito derrotas, incluindo a maior goleada no que vai de Liga, un 10-0 ao Estudiantil.

Iso si, é un dos mellores planteis da Preferente, con xente con experiencia en categorías superiores como Herbert, Hugo Criado ou Juan Pérez, que tamén conta cos ponteses Élmer Bouza e Hugo Filgueiras. Javi Suso con dez dianas, Herbert con oito e Tosca con sete son os máximos goleadores, a metade dos que leva o equipo.

Este será o primeiro encontro no Poboado co refundado equipo coruñés, e o único co antigo Montañeros foi un 0-0 na 2006-07 en que ascendeu o equipo herculino.

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF (SÁBADO 16, 18:30)

FEMININO
CD AS PONTES-UD CEBARCA (SÁBADO 16, 16:15)

XUVENIL A
CD AS PONTES A- BERGANTIÑOS CF (SÁBADO 16, 16:15)

XUVENIL B
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES B (A PEDREIRA, SÁBADO 16, 17:00)

CADETE
CEDEIRA SD-CD AS PONTES (O BECO, VENRES 15, 18:00)

INFANTIL
SCDR NARÓN O FREIXO B-CD AS PONTES (RÍO SECO, VENRES 15, 20:00)

ALEVÍN
CD AS PONTES ASRD PORTUARIOS (SÁBADO 16, 10:30)
MEIRÁS CF B-CD AS PONTES B (A MALATA 2, SÁBADO 16, 12:15)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-EUME DEPORTIVO (SÁBADO 16, 11:40)
SD O VAL-CD AS PONTES B (SINDE B, VENRES 15, 18:30)

PREBENXAMÍN

CD AS PONTES A-NUMANCIA DE ARES CF (SÁBADO 16, 12:50)
CF SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES B (A PISCINA, SÁBADO 16, 13:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. SANTIAGO DE SAMA FS-O ESTEO FS

O Esteo visita este sábado ao Santiago de Sama

O Esteo pontés de fútbol sala visita este sábado Langreo para medirse ao Santiago de Sama, equipo que vai decimocuarto con 18 puntos.

Será un encontro complicado, dado que o conxunto asturiano loita por saír dos postos baixos. Conta con algunha vitoria de prestixio, como un 4-5 en Xove, ou un 2-2 co Guardo.

No único duelo en Asturias, 3-4 a campaña pasada.

SEGUNDA DIVISIÓN B (22ª xornada)
SANTIAGO DE SAMA FS-O ESTEO FS
Sábado 16 – Marzo – 2019 (16:30)
Polideportivo Los Llerones

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s