CD As Pontes Feminino

ALEX MONTERO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL

Estará durante esta semana no torneo a disputar en Almería

O futbolista do Esteo FS Alejandro Montero Peteira entrou na lista definitiva de 12 xogadores que representarán a Galicia no Campionato de España que se vai a celebrar en Almería.

O combinado galego comezará a xogar o día 28, e está encadrado no grupo D xunto ás Seleccións de Castela León e Extremadura.

O equipo que logre o primeiro posto de grupo cruzarase en semifinais o día 30 co gañador do C, que compoñen Cataluña, Baleares, Comunidade Valenciana e Aragón, e a final sería ao día seguinte, o 31.

Os xogadores convocados son:

O Parrulo Ferrol: Asier Martínez, David Barcón, Marco Cagiao
Santiago Futsal: Iago Calvo
Burela FS: Fernando Yanes
Vigo Sporting: Hugo Fernández
Cinco Coruña FS: Alex Suárez
Maristas A Coruña: Álvaro Otero
Redondela FS: Antón Pérez
Ribeira FS: Manuel Ferreiro
ED Stellae: Jaime Pan
O Esteo FS: Alejandro Montero Peteira

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ALEX MONTERO CONVOCADO PARA UN PARTIDO DE ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA

Este mércores en Betanzos

A Selección Galega Infantil masculina de Fútbol Sala xogará este mércores 20 un encontro de preparación de cara ó Campionato de España.

O partido terá lugar no Pavillón Municipal de Betanzos ás 18:45. O xogador pontés do Esteo FS, Alex Montero, é un dos 12 convocados, que son os seguintes:

O Parrulo Ferrol: Asier Martínez, David Barcón, Marco Cagiao

Santiago Futsal: Iago Calvo

Burela FS: Fernando Yanes

Vigo Sporting: Hugo Fernández

Cinco Coruña FS: Alex Suárez

Maristas A Coruña: Álvaro Otero

Redondela FS: Antón Pérez

Ribeira FS: Manuel Ferreiro

ED Stellae: Jaime Pan

O Esteo FS: Alejandro Montero Peteira

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-DEPORCYL GUARDO FS (7-6)

Un espectacular Esteo gaña ao colíder Guardo, equipo que so perdera un partido en toda a Liga co líder Benavente

O Esteo pontés de fútbol sala logrou este sábado un brillante triunfo nun espectacular encontro no que se lograron once goles na segunda metade, oito deles nos últimos sete minutos.

O Guardo chegaba á Fraga empatado a 54 puntos co Benavente, e con unha soa derrota en toda a Liga contra este mesmo equipo. O equipo pontés infrinxiulle a segunda, 7-6, e curiosamente tamén o único encontro que perdera na casa o equipo de Benavente fora 3-4 co Esteo.

Adiantábanse pronto os visitantes nunha boa xogada de equipo na que Kuin marca libre de marca (3´). Pero uns segundos antes do descanso igualou o gran xogador de Pontedeume Pana, que controla e marca de tiro cruzado por raso (20´).

En toda a primeira metade resaltar dous lanzamentos ao poste de Alex Durán, un que petou no longueiro e despois na liña, un tiro á cruceta de Dani contra a súa portería, unha xogada na que o visitante Rober saca co corpo un balón que ía cara dentro, e unha magnífica doble intervención de Javichu.

O segundo tempo foi un toma e daca e un vendaval de goles. Poñíanse por diante os visitantes nunha xogada na que Iván se desfai do seu marcador e so ante Javichu marca de tiro cruzado (23´). 1-2.

Pero respostou Jacobo cun disparo á cruceta, e xogando os palentinos cun menos, nunha boa triangulación entre Jacobo, Pana e Cokito, este último acaba facendo o empate a porta baleira (26´). Pouco despois, tras un xogadón de Ayala, Bruno chegando só ao segundo pau marca de forte disparo (27´). 3-2.

Tras un disparo ao poste de Cifu, en dúas desafortunadas accións voltaban a poñerse por diante os visitantes. Tiro de Iván que desvía Troncho ás redes (33´), e nunha xogada con posible falta visitante, na que despexa o balón como pode Javichu, este caelle nos pes ao gran xogador Rober, ex do Parrulo, que marca a porta baleira (34´). 3-4.

Non se descompuxeron os locais e pouco despois igualou Ayala de tiro raso (35´), e volteaban o marcador cun saque de banda do propio xogador que moi atento en boca de gol Rober Paz manda ó fondo das mallas (36´). 5-4.

Pero foi tras unha falta directa que igualaron os visitantes por medio de Cifu (37´), pero pouco despois puxo o 6-5 Jacobo tamén dende os dez metros (37´), e o propio xogador ferrolán enviou outra falta directa ó longueiro.

Si marcou Rober Paz moi atento tras roubar un balón co xogo de porteiro xogador dos palentinos anotando o 7-5 dende a súa área (38´). Pero non se daba por vencido o Guardo e cun remate dentro da área de Iván volvían a apretar o marcador faltando un minuto (39´).

Aguantou o Esteo como puido e sumou un brillante triunfo que o sitúa sétimo con 38 puntos antes de visitar ó Ventorrillo, sexto cos mesmos puntos.

FICHA TÉCNICA:

O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Pana, Bruno, Ayala – cinco inicial – Cokito, Alex, Rober Paz, Troncho, Jacobo, Dani.

DEPORCYL GUARDO FS: Gómez, Rober, Beto, Kuin, Chochi – cinco inicial – Davicín, Albert, Iván, Cifu, Óscar.

GOLES: 0-1, Kuin (3´), 1-1, Pana (20´). 1-2, Iván (23´), 2-2, Cokito (26´), 3-2, Bruno (27´), 3-3, Iván (33´), 3-4, Rober (34´). 4-4, Ayala (35´), 5-4, Rober Paz (36´). 5-5, Cifu (37´). 6-5, Jacobo (37´), 7-5, Rober Paz (38´). 7-6, Iván (39´).

ÁRBITROS: Presedo García, Roldán Pérez, Bermúdez Abal (Santiago-Pontevedra). Amarelas a Cokito, Javichu, Troncho, Rober, Cifu, Iván, Edu, Expulsado por dobre cartón Albert (24´).

INCIDENCIAS: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 22-23-24 MARZO

O As Pontes empata 2-2 en Carballo. Gran triunfo do Xuvenil A e tamén do Xuvenill B, Infantil e Benxamín A.

PREFERENTE NORTE
SD SOFÁN-CD AS PONTES (2-2)

Punto de sabor agridoce o que trouxo o As Pontes de Carballo pois si ben é un empate ante un conxunto de categoría, estivo a piques de lograr a vitoria.

Os locais marcharon ó descanso con ventaxa no marcador tras un tanto de Raúl, o máximo goleador do conxunto carballés con dez goles.

Pero nun fulgurante inicio de segundo período os azuis voltearon o marcador nun suspiro cos tantos de Alex Sánchez e Carlos, que iguala o de Ares a Dani como máximo realizador do equipo con 17 dianas.

Pero no derradeiro minuto anotaron os locais por medio do defensa Sera selando o empate definitivo 2-2.

O As Pontes suma 79 puntos, e con 24 por xogarse, a táboa comprímese pola segunda praza co Viveiro 64, Arzúa e Noia 62, e Sarriana 60.

Partido moi interesante a vindeira xornada no Poboado xa que chega o Boimorto, o único equipo capaz de gañar ós azuis en 30 xornadas.

Xogaron Paco, Ramos (Bossa 70´), Alex, Sánchez, Rivas, Dani, Adrián, Toni, Carlos, Quique (Traba 87´), Pardo (Fidi 67´).

FEMININO
CD CARIÑO-CD AS PONTES (2-1)

Triste derrota do feminino no Poboado que viu como pese a adiantarse cun tanto de Paula Castro, dous goles de Eva no último minuto de cada período lle daban o triunfo ás cariñesas.

Novenas con 25 puntos antes de recibir ó Amistade de Meirás, terceiro con 47. Xogaron Alba, Yoli, Tania, Nuria, Indira, Noelia, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Nerea, Uxía.

XUVENIL A
ESCOLA ESTRADA FB-CD AS PONTES A (1-3)

Gran triunfo do Xuvenil A na Estrada 1-3, adiantándose cos tantos de Matías e Jandro, resultado co que semellaba que se ía chegar ó descanso, pero Adrián recurtou distancias para os locais no desconto.

Tras un sufrido segundo período, Matías anotaba o tanto da tranquilidade a falta de dez minutos dando tres valiosos puntos. Cuartos pola cola con 23 puntos, a catro do 14º Residencia, que ten que pasar por O Poboado, reciben ó Victoria B, undécimo.

Xogaron Nesi, Fraga, David Otero, Pablo, Breijo, Matías, Brais, Edgar, Vicente, Vilela, Jandro, entrando despois Miguel, Cristian, Iván e David.

XUVENIL B
CD AS PONTES B-CF SAN SADURNIÑO (5-3)

Bo triunfo do Xuvenil B ante o San Sadurniño que se adiantou, pero dous goles de Derick e un de Jose poñían o 3-1. Pese a lograr empatar os alaranxados 3-3, un tanto de Andy e outro de Brais nas postrimerías deixaron os tres puntos na casa.

Sextos con 19 puntos visitan ó colista Ortigueira. Xogaron Fran, Elías, Antonio, Nono, Santi, Xan, Mateo, Jose, Derick, Xoel, Andy, e despois Antón, Brais, Vicente e Mohamed.

CADETE
CD AS PONTES-SD O VAL (1-3)

Nun partido cun cambio de última hora que empezou hora e media máis tarde, non puido o Cadete co segundo O Val co que caeu 1-3, nun encontro no que se adiantaron pronto os valexos, e pese a que igualaba Riobo antes do descanso, dous tantos dos branquivermellos no segundo período dábanlles os tres puntos.

Quintos con 32 puntos, próxima visita ó Portuarios, cuarto cos mesmos puntos. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Adrián Bellas, Riobo, Samuel, Mario Fraga, Luis, Hugo, Xoel, Jandro e Joan, entrando despois Adrián Piñón, Sergio Hermida, Edgar, Íker e Sergio Paz.

INFANTIL
CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (5-4)

Nun encontro moi disputado vitoria do Infantil 5-4, tantos de Antón Varela (2), Anxo Blanco, Diego Purriños e Billal Belhaj, que os deixa preto do título. Líderes con 27 puntos, dous por riba do Val B, visitan ó colista Cariño na derradeira xornada.

Xogaron Hugo Bouza, Xose, Nico, Sergio, Anxo Rey, Carlos, Ali, Ángel, Anxo Blanco, Diego, Antón, Pablo, Bruno, David, Billal e Patricia.

ALEVÍN
CD AS PONTES B-SRD PORTUARIOS B (1-3)

Derrota 1-3 do Alevín B, tanto de Xoel Vigo, descansando na vindeira xornada.

BENXAMÍN
ORTIGUEIRA CF B-CD AS PONTES A (0-1)
CD AS PONTES B-NUMANCIA DE ARES CF (3-5)

Sufrida vitoria do Benxamín A na casa do cuarto clasificado Ortigueira, 0-1, tanto de Lucas Blanco nos últimos intantes, o que lle da tres valiosos puntos, e con 33 manteñen un de ventaxa sobre O Freixo. Próxima visita ó colista Ánimas. Derrota 3-5 do Benxamín B, que chegou a ir gañando 2-0, ante o Numancia, tantos de Xoel Galego (2) e Mario Lozano. Sextos con 17 puntos antes de recibir ó Miño, cuarto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FOTOS DOS EQUIPOS DE O ESTEO FS

Este sábado á tarde, previo á disputa do partido co Guardo, fixeronse as fotos dos diversos equipos do Esteo

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2018-19

La Bamba toma distancia na clasificación

Decimo terceira xornada da Liga pontesa de Veteranos e La Bamba deu un paso adiante esta fin de semana logrando unha goleada 8-0 ante Electricidad J&O, e tomando unha distancia de dous puntos tralo empate 1-1 entre Mueble Eume e A Cepa, antes do duelo desta fin de semana entre os dous primeiros clasificados.

La Bamba suma 34 puntos, por 32 de Muebles Eume. Nun segundo escalón, 21 ten MMYPEM, 20 A Cepa, 17 La Galaxia, 16 Estanco Mari Carmen e 15 Jeycar. Na zona baixa Bar Encanto suma 8, Farmavida e Electricidad J&O 7, e As Pontes 74 ten seis.

Os resultados da xornada foron os seguintes:

La Bamba 8 – Electricidad J&O 0
Muebles Eume 1 – A Cepa 1
MMYPEM 2 – Bar Encanto Lecar 712 0
Estanco Mari Carmen 1 – As Pontes 74 0
Jeycar 2 – Farmavida 0
Descansa La Galaxia

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 30. 19:30. La Galaxia-Jeycar
Día 30. 20:30. Estanco Mari Carmen-Electricidad J&O
Día 31. 10:00. Bar Encanto Lecar 712-As Pontes 74
Día 31. 11:00. MMYPEM-Farmavida
Día 31. 12:00. La Bamba-Muebles Eume
Descansa A Cepa

Nova cortesía Tino Prieto, Tomás Franco, Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s