CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 12-13-14 ABRIL

O As Pontes recibe ao Castro este domingo á mañá no partido no que pode conseguir o ascenso

O As Pontes recibe este domingo, 12:00, en encontro arbitrado por Marcos Ordóñez Rodríguez (A Coruña), ao Castro lucense. Un empate ante o penúltimo clasificado serviría ao As Pontes para lograr o ascenso, pero incluso perdendo ascenderían de non gañar horas despois, o Viveiro ante o Noia, ou o Arzúa ante o Ribadeo.

Pouco queda daquel Castro que apenas hai un par de tempadas, na 2016-17, compartía Terceira División co As Pontes. Cun plantel completamente novo e un equipo moi rexuvenecido, apenas suma dez puntos, en dúas vitorias e catro empates, no que o máis reseñable foi un 2-1 ante o Negreira ou un empate 2-2 ante o Ribadeo.

Sen embargo, non convén confiarse ante un equipo que sen ir máis lonxe a semana pasada so perdeu 0-1 ante o segundo clasificado Arzúa e nos últimos minutos. Javi Fraga leva 8 dos 25 goles de vermellos. Nos encontros no Poboado, catro triunfos locais e tres empates, con dúas igualadas a 1-1 nas dúas últimas campañas.

PREFERENTE NORTE

CD AS PONTES-CD CASTRO (DOMINGO 14, 12:00)

FEMININO

CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (VENRES 12, 20:30)

XUVENIL B

RACING SAN PEDRO A-CD AS PONTES B (A GÁNDARA 1, SÁBADO 13, 11:00)

CADETE

CD AS PONTES-SD RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 13, 17:00)

INFANTIL

CD AS PONTES-SD O VAL B (SÁBADO 13, 16:30)

ALEVÍN

ÁNIMAS SCDR BE-CD AS PONTES A (A GÁNDARA 3, VENRES 12, 18:00)
CD AS PONTES B-ORTIGUEIRA FC (SÁBADO 13, 10:30)

BENXAMÍN

SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES A (VENRES 12, 18:30)
CD AS PONTES B-CD NARÓN B (SÁBADO 13, 11:40)

PREBENXAMÍN

SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES A (ANEIROS, SÁBADO 13, 11:30)
CD AS PONTES B-RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 13, 12:50)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-UNIVERSIDAD DE VALLADOLID

O Esteo recibe o sábado ao Universidade de Valladolid

O Esteo recibe este sábado, 18:00, ao Universidade de Valladolid, equipo que marcha dous postos e dous puntos por debaixo dos ponteses.

O equipo vallisoletano leva unha campaña algo máis discreta con respecto a outros anos, na zona media, pero sempre foi un dos fortes da Segunda B, acabando nos postos altos.

Nos duelos na Fraga, dúas vitorias e un empate para cada equipo, 1-5, 4-4, 2-5, 3-1 e 7-2. Na ida, 4-1.

SEGUNDA DIVISIÓN B (25ª xornada)
O ESTEO FS-UNIVERSIDAD DE VALLADOLID
Sábado 13 – Abril – 2019 (18:00)
Pavillón Municipal de A Fraga

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s