CD As Pontes Feminino

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 11 – CD CASTRO 1

O As Pontes consigue o ascenso e o campionato trala segunda maior goleada do clube en competición oficial

O As Pontes conseguiu este domingo pola mañá retornar á Terceira División dous anos despois, e fíxoo pola porta grande, proclamándose Campión do grupo Norte, e gañando 11-1 ao Castro, na segunda maior goleada en competición oficial, a anterior databa dun 13-0 ao San Mateo na 1977-78.

O partido tivo pouca historia e xa ao descanso marchouse con 5-0. Os tantos foron anotados por Carlos (4), Pardo (2), Quique, Criado, Bossa, Erni e Dani. Ademais, hai que contabilizar tres postes e varios paradóns do cancerbeiro visitante.

Carlos adiantaba aos locais con dous tantos de cabeza, tras saque de córner, que se colaban polo escuadro, e o terceiro e o cuarto, eran do propio Carlos, e do seu paisano Quique, que anotaron de tiro cruzado tras quedar sós ante o porteiro. O quinto antes do descanso era de Criado que aproveitou un balón que se paseou pola área.

No reinicio voltaba a marcar Carlos, o seu póker, tras rematar en boca de gol un centro de Criado, e o sétimo foi unha obra de arte do Mago de Viveiro Bossa, un golazo de falta polo escuadro. Pardo facía o oitavo tras rematar a pracer un servicio de Rivas, e Brais de falta directa poñía o da honra para os vermellos.

Logo era Erni o que aproveitaba un rexeite do balón no pau a tiro de Ramos para bater por alto a Rodrigo, Dani facía o décimo cun potente disparo axustado ao poste dende fóra da área, e o derradeiro antes do pitido final fíxoo Pardo chegando só dende atrás.

Quinta vitoria do As Pontes como local ante o Castro, por tres empates. Líderes e xa campións con 88 puntos, próxima xornada, visita ó Ribadeo, sexto con 58.

Nun día de récords, Carlos López sitúase con 22 goles, a catro do seu paisano Pedro Sánchez Julián, que ten o mellor rexistro goleador dos azuis na Preferente Norte, con 26 tantos na 2005-06.

Ademais, os locais xa suman un espectacular rexistro de 110 goles, o segundo mellor da historia do club, lonxe dos 146 da 1977-78 na Segunda Rexional, doutras épocas.

CD As Pontes. Paco (Pelayo 62´), Criado (Ramos 57´), Alex, Rivas, Sánchez (Martín 48´), Dani, Adrián, Bossa, Carlos (Pardo 51´), Fidi, Quique (Erni 54´).

CD Castro. Rodrigo, Joel, Brais, Asier, Miguel, Daniel, Javier (Raúl 83´), Alberto, Hugo, Nico (Sergio 79´), David.

Goles: 1-0, Carlos (5´), 2-0, Carlos (24´), 3-0, Carlos (29´), 4-0, Quique (31´), 5-0, Criado (36´), 6-0, Carlos (48´), 7-0, Bossa (56´), 8-0, Pardo (60´), 8-1, Brais (64´), 9-1, Erni (66´), 10-1, Dani (67´), 11-1, Pardo (90´).

Árbitro: Marcos Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Auxiliado por Vázquez Lema e Vilanova Antelo. Amarelas a Sánchez, Daniel, Javier e David.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 350 espectadores en mañá con ceo encapotado.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-UNIVERSIDAD DE VALLADOLID (2-1)

Bo triunfo do Esteo no día da homenaxe a Alex Montero

O Esteo pontés de fútbol sala impúxose este sábado por 2-1 ao Universidade de Valladolid nun partido moi sufrido.

No primeiro período adiantaronse os locais nunha xogada na que Héctor lle sirve o balón a Jacobo que marca sen porteiro, aínda que con varios defensas enriba (13´), pero pouco despois empataban os visitantes nunha xogada na que Sanz marcaba de tiro cruzado raso (14´).

Complicasouse moito o Esteo no inicio do segundo período pois foi expulsado Bruno por dobre cartón e aos tres minutos xa tiñan catro faltas. Pero aguantaron e incluso tiveron boas opcións para adiantarse, se ben tamén as tiveron os casteláns leoneses, desbaratadas por un inspirado Javichu, sobre todo nos dous minutos en inferioridade.

Foi preto do final, cando Cokito enganchou un forte disparo que se colou polo escuadro (37´), e puido ampliar a ventaxa o cadro de Óscar Vigo nun xogadón de Pana que acaba co balón no pau, e sen porteiro os visitantes Rober Paz despexa dende área propia e tamén acaba o esférico no poste.

Aguantaron o marcador ata o final e obtivo un valioso triunfo o cadro local, que os sitúa sétimos con 41 puntos antes de visitar ao Tres Cuñados de Valdeorras, cuarto con 46.

FICHA TÉCNICA:

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Ayala – cinco inicial – Pana, Rober, Bruno, Troncho, Jacobo, Dani.

UNIVERSIDAD DE VALLADOLID: Rubén, Sanz, Isaac, Muñoz, David – cinco inicial – Leal, Ofa, Raúl, Miguelín, Sancris.

GOLES: 1-0, Jacobo (13´), 1-1, Sanz (14´). 2-1, Cokito (37´).

ÁRBITROS: Otero Mira, Cardero Rodríguez, Fernández Dacosta (Ourense). Amarelas a Javichu e Rober Paz. Expulsado Bruno por dobre cartón (23´).

INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Uns 100 espectadores. Antes do comezo do encontro houbo un merecido homenaxe ao futbolista do Esteo Alex Montero, brillante medalla de bronce no Campionato de España Infantil.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 12-13 ABRIL

Vitorias de Feminino, Cadete, Infantil, Alevín A, Prebenxamín B e ambos Benxamíns

FEMININO

CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (4-1, Nuria, Paula Castro, Noelia, pp)

Segunda vitoria na Copa para o Feminino antes de visitar ó Rosalía de Vilaboa.

XUVENIL B

RACING SAN PEDRO A-CD AS PONTES B (4-0)

Rematan a Liga quintos con 25 puntos

CADETE

CD AS PONTES-SD RÁPIDO DE NEDA (4-0, Xoel 2, Joan 2)

Son terceiros con 41 puntos antes de visitar ó Miño, décimo con 17.

INFANTIL

CD AS PONTES-SD O VAL B (2-0, Anxo Blanco, Israel Varela)

Lideran o grupo da fase final con seis puntos antes de rematar a primeira volta visitando ao Ánimas.

ALEVÍN

ÁNIMAS SCDR BE-CD AS PONTES A (1-5, Nico Meizoso 3, Andrea Cruz, Iago Blanco)
CD AS PONTES B-ORTIGUEIRA FC (0-2)

O A, quinto con 31 puntos, recibe ao Meirás B, cuarto. O equipo B visita ao Ánimas.

BENXAMÍN

SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES A (1-2, Íker Ares, Lucas Blanco)
CD AS PONTES B-CD NARÓN B (5-2, Xoel Galego, David Otero, Brais Varela, Mateo González, Íker Díaz)

O A lidera con 40 puntos antes de recibir ao perigoso Rápido de Neda, terceiro con 35. O B é quinto con 23 puntos antes de visitar ó Neda B, oitavo con 19.

PREBENXAMÍN

SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES A (2-1, Brais Gómez)
CD AS PONTES B-RÁPIDO DE NEDA (11-0, Adrián Ameneiro 3, Daniel Corral, Ander Blanco, Pau Jorrin, Daniel Peña, Xoel Cendán, Xalo Gabeiras, Xiao Fontao, Álvaro Roca)

O A é terceiro con 26 puntos antes de recibir ao Cedeira B, cuarto con 23. A un paso da Liga quedou o B, que lidera con 38 puntos, e catro de ventaxa sobre o San Sadurniño, con dúas xornadas por xogar. Na vindeira xornada visitan ó San Pedro, sexto, e cun empate xa serían campións.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE VETERANOS 2018-19

O Muebles Eume retoma o liderato

O Muebles Eume retomou o liderato antes do parón de Semana Santa tras gañar por un sufrido 1-0 ao Jeycar, polo que se poñen un punto por diante, mailo goal average, de La Bamba, que descansou.

Muebles Eume con 38 e La Bamba con 37 nas dúas primeiras posicións. A continuación MMYPEM con 25, La Galaxia e A Cepa 23, Estanco Mari Carmen ten 20 e Jeycar 18. Na parte baixa Electricidad J&O suma 12 puntos, por 10 de Bar Encanto, 9 de Farmavida e pecha con 8 As Pontes 74.

Os resultados da xornada foron os seguintes:

Muebles Eume 1 – Jeycar 0
Electricidad J&O 2 – Farmavida 0
Estanco Mari Carmen 2 – Bar Encanto Lecar 712 1
La Galaxia 8 – As Pontes 74 0
MMYPEM 2 – A Cepa 1
Descansa La Bamba

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 27. 19:30. La Bamba-Bar Encanto Lecar 712

Día 27. 20:30. La Galaxia-Electricidad J&O

Día 28. 10:00. Estanco Mari Carmen-Farmavida

Día 28. 11:00. Muebles Eume-MMYPEM

Día 28. 12:00. A Cepa-As Pontes 74

Descansa Jeycar

Nova cortesía Xose Ferreiro, Tino Prieto e Tomás Franco

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s